2007-2008
ACTIVIDADES
1.- Le:
Un amigo de ma di que se na India e na China a xente usase papel hixiénico non habería árbores para producilo todo. A min faime moita graza que diga iso, pero seguramente ten razón porque vivo nun dos países con máis poboación do mundo, o cal fai un total de moitos cus, e se puidesemos facer un cálculo creo que non me darían as táboas de multiplicar para facer tantos números..... cantas veces vai un ao baño ......canto papel usa ....... cantas árbores hai que cortar para facer un metro de papel.....
A.-
GALICIA Que poboación tén Galicia? Que densidade media de poboación hai? Cal é a esperanza de vida media para o home e para a muller? Que productos forman a dieta diaria? |
INDIA Que poboación tén a India? e Karnataka? Que densidade media de poboación hai? Cal é a esperanza de vida media para o home e para a muller? Que productos forman a dieta diaria?
|
B.- Que árbores se empregan para a pasta de celulosa? Cantas árbores hai que cortar para unha tonelada de papel?
C.- Resolve: Considerando que a poboación da India é de ______________ habitantes; no suposto de que cada persoa gaste un rolo de papel semanal de ________ gramos, calcular o número de rolos que gastaría nun ano.
2- Le: A rapaza galega, que acompañaba a súa nai, membro dunha ONG, rememora a vida cotiá da súa escola india. Alí amigou con Lakshmi e Deepak, aprendeu canarés, coñeceu novos costumes e lendas, enfrentouse con dificultades imprevistas e unha nova visión da vida descoñecida para ela. Usha aprendeu na India que alí o seu nome significa a primeira luz do mencer.
A- Cales son as aspiracións de Usha na vida? e as de Lakshmi e Deepak?
B- María Raimóndez fálanos en USHA das súas experiencias como cooperante na India. Coñeces algún escritor Rianxeiro que fale nas súas obras da súa de cousas que lle pasaron cando era neno? En que países viviron?
C .-As aspiracións das persoas dependen da sociedade na que viven?
Sexa como sexa a esencia da vida ten connotacións semellantes entre as diferentes culturas, diriamos que é unha cinta de MOEBIUS, que tén unha soa cara
O artista gráfico Escher (1898-1972) ten gravados nos que aparece a CINTA DE MOBIUS
Podes visitar http//www.artico.com/escher/
TEN UNHA SOA CARA
No gravado de Escher reprodúcese esta propiedade.
Unha formiga percorre a cinta completa volvendo ó punto de partida.
Comproba pintando cunha cor.
AS TRES CASAS E OS TRES POZOS
Debuxar tres casas e tres pozos. Os vecinos queren instalar traídas desde cada pozo de xeito que non haxa cruces. Proba se é posible.
Pois non: calquer disposición das casas, dos pozos e dos camiños implica a presencia dun cruce
¿Que lle pasará a este problema na banda de Moebius?
Se os granxeiros viviran na cinta máxica que imos construir agora, o problema resólvese facilmente.
Colle unha tira de papel así
Plega os bordes MN con PQ, pero antes de facelo daslle media volta á dereita. Así
A continuación pégalos de xeito que Q vaia a M y P a N. Queda algo como esto que che pinto
Coloca as túas casas e os teus pozos. Así
Trata de resolver. Desde A saes por unha liña á mesma distancia do borde que A e verás que chegas ó punto 3... ¡só que por detrás! Así mesmo, saindo de C por unha liña á mesma distancia do borde que C verás que chegas ó punto 1...
Completar as outras conducións é cousa fácil.
INVESTIGA sobre propostas artísticas e prácticas da CINTA DE MOEBIUS
3.- Na viaxe de Usha, en avión, entre Galicia e Karnataka, que países atravesa? Se fai a viaxe en tren ou autobús cales recorrería? e se o transporte o fai en barco, que rotas podería facer?
4.- Se entre Galicia e Devastana hai .......................cm. (míde na pantalla) e tén unha escala 1:44000000, calcula a distancia real.