CASTELAO: RETRINCOS
O SEGREDO
Tiña eu once anos cando meu pai, que estaba na Arxentina, nos chamou cabo de si |
alá fomos embarcados, a miña nai e máis eu, nun paquebote alemán. |
Axiña ao arribar a Buenos Aires collemos un tren que corría moito, |
un tren que corría pouco. |
logo outro tren que corría pouco. |
despois un coche de cabalo que nos levou a tombos polo deserto da Pampa |
A nosa casa era o centro comercial de dez légoas á redonda. Alí vendiamoa de todo e alí mercabamos todo canto producía o país. |
un día chegou ao comercio un vello "gaucho" enxebremente vestido e atrangallado con mil adobíos de prata. O seu cabalo rechinaba no palenque e os nos cans ouveábanlle |
cando viña en dereitura do mostrador bambeouse a maneira dun trompo que morre |
e deseguida caeu, redondo, batendo a cabeza no chan. Acudiron os homes da casa |
Sen ningunha oración, deitaron ao morto enriba da mesa do billar, |
puxéronlle catro velas acesas e deixárono só.Meu pai dispuxo que o dependente saíse en procura do xuiz de paz |
no punto que para min chegaba xa o fin do mundo, preguntou meu pai sorrindo -Queres durmir con nós rapaz? |
![]() Cando iamos deitarnos os ollos de miña nai albiscaron nas tebras unha fita de luz -Anda, meu fillo, imos apagar a luz da sala de billar, que quedou acesa. A derradeira verba callouse nos beizos de miña nai e da miña gorxa rachada fuxiu un chío arrepiante... Miña nai seguiu preguntando, meu pai ríndose dela... mais eu vin que de tanto falar da luz meu pai mesmo colleu medo. I eu souben gardar o segredo. |