DEIXAO MEDRAR
SILVESTRE GÓMEZ XURXO
ANASTASIA GUBAREVA O libro gustoume moito. Nese libro fálase das cousas que poden pasar na vida real, tamén se falado maor, que é moi bonito. Tamén tén uns momentos graciosos, divertidos e moi importantes. Están escritas as cousas das que podemos aprender moito. Fálase tamén da educación. Os debuxos do libro son moi e cando lin ese libro imaginaba moitas cousas, os momentos importantes, divertidos, románticos…
|
MIRIAN QUEIRUGA IGLESIAS. Opino que "Déixao medrar" intenta transmitirnos os problemas que teñen os adolescentes e por iso creo que é un libro que debería ler todos oa rapaces e todas as rapazas. Os nosos pais queren o mellor para nós, pero hai veces que intentan realizar, a través de nós, os soños que eles non puideron facer realidade. Iso e exactamente o que pasa no libro. o pai de Paio presiónao para ser futbolista profesional, para que sexa algo no mundo do fútbol, pero en realidade parece que o fai máis por el, por facer que o seu fillocumpra o soño que el tiña. E a nai é un caso parecido, pois ela arrepentíase de non ter esdudado e agora quería (como case todas as nais) que o seu fillo Paio estudara unha boa carreira. Este libro fíxome pensar no que pasaría se me encontrase na situación de ter que escollar entre o que me gustaría ser e o que teño que facer. Iso é algo no que todos os mozos deberiamos pensar, polo menos unha vez, na nosa idade e por iso recomendo ler este libro. |
LAURA PÉREZ PIÑEIRO: Este libro ao principio non me gustou porque ía sobre as discusións de Miro e Paio. Ademais as ilustracións parécenme feas. Ao final gustoume porque se resolveu todo |
JESSICA RODRÍGUEZ GÓMEZ: O libro gustoume moito, porque é moi entretido e fala un pouco de todas as cousas que nos pasan aos rapaces e esa idade. Para min enseña un valor que é moi importante, porque os nosos pais queren o mellor para nós, pero ás veces agóbiannos. En verdade non hai ningunha cousa que non me gustase. |
||||||||||||||||||||||
BRENDA PÉREZ CASTAÑO: En xeral estivo ben pero non me gustou como se comportou seu pai en case toda a historia, menos no final que acabou razoando. A parte disto para o meu gustor ematou un pouco incompleto. Do demais estivo ben
|
SERGIO RODRÍGUEZ IGLESIAS: O libro “Déixao medrar” de Silvestre Gómez Xurxo, paréceme un pouco aburrido. Hai partes nas que se pasa ao falar de algo. A verdade é que non me gustou moito, sempre fala do mesmo e non son temas moi bos. O único que me gustou foron as descricións das xogadas e dalgúns ex-xogadores.
|
ALDARA BETANZOS FREIRE: Está moi ben escrito, moi agradable de ler cun vocabulario fácil. Consegue manter o interés pola historia ata o final. Paréceme moi interesante o problema que plantexa da oposición entre a fama e a riqueza, e o valor da amizade, da solidariedade. Paio representa xunto con Anan¡, Suso e a súa mamá a busqueda de valores. O que máis me gustou foi o final, onde Paio lle agradece toda a axuda e comprensión co xesto de enseñar a camiseta co nome: ANA. Disfrutei moito coa lectura, emocioneime e tamén me alegrei. É un libro que aconsellería ler a máis nenos e a máis nenas. |
AIDA CAROU VARELA Este libro está moi ben para os adolescentes porque explica os problemas dun neno que non sabe como reaccionar. O libro pódenos axudar a entender algunhas cousas, e tamén, como a sentirse nalgunhas situacións. Se tivera que avalialo, poríalle un 8,5. |