LOIS PEREIRO
17 DE MAIO 2011
Este 17 de maio lembramos a .............................
-Fai unha biografía deste autor.
- Que obras publicou?.
.......................... fixo moitas viaxes, podes enumeralas?.
Imitando a ................................ :
Se un alumno do IES "Félix Muriel" de Rianxo quere ir a Monforte a visitar a terra natal do personaxe homenaxeado o 17 de maio de 2011, que itinerarios pode seguir:
-En coche? - En tren?
-A que provincia pertence o concello de Monforte - Que parroquias forman este Concello?
- Que extensión tén o concello de Monforte? e o de Rianxo? - Indica a densidade de poboación de Monforte e Rianxo,
- No mapa anterior, pon os nomes dos concellos
limítrofres?
POLAS TERRAS DE LOIS PEREIRO. A COMARCA DE LEMOS
Que Concellos a forman?
Orixe ? Nobreza?. Fortalezas? Quen foi o VII Conde de Lemos?. Que familia posúe na actualidade, entre outros títulos, o Condado de Lemos
Museos?
Vías de comunicación: Rede de estradas. O tren. Importancia deste medio de comunicación no desarrollo de Monforte no século XX?
Que industria hai na actualidade?
Produción vitivinícula?. Que é o Centro de interpretación da "Ribeira Sacra"?
As telleiras? A súa importancia.
O Incio:
Fontes e balnearios. Augas medicinais en Galicia?
Igrexas . Por que destaca San Pedro de Fiz?
Lois Pereiro está enterrado en Santa Cristiña do Viso (no Incio), que pón o seu epitafio?.
Ánxel Fole é un escritor que viviu un tempo no Incio, como aparecen estas terras na súa obra?
Que persoa, nada no Incio, está de actualidade no mundo da música?
No rueiro de MONFORTE marca as rúas que recordan a escritores
|
"Que
é Galicia?" é un guión de televisión de LOIS PEREIRO
emitido pola TVG o 25 de xullo de 1988.
Galicia… data... Run…
a. Auga. Ar. A Amnesia do vencido, a Atracción do Abismo, a Arbre ó pé da Arbre, e a Ledicia do espacio circundante. O Atlántico é a Alma e o Acantilado o corpo da súa chamada Atroz. b. Barroco: a Beleza cotiá feita materia en pedra á Beira do Bosque omnipresente. c. Calma. Castelao, Curros, Cunqueiro, Cultura, Celebración e Culpa: unha conciencia Céltica do Cosmos. d. Difícil é definir esa Dor, Dobrega-lo Destino, e facer que o Desexo siga sendo útil. (Diluvia) e. Espiral no Espacio Esférico. Emigración: o Estímulo do noso Exilio interior que nos leva polo Leste cara a Europa, polo mar cara ó Éxito, e a Enfermidade, e sempre ó eterno Estrañamento do espírito. f. Fogar. Fantasía. Fábricas, Fevre, e as Formas do Futuro, Figuras do pasado. O Fenómeno atmosférico da Felicidade, e tódalas Festas do mañá… g. Gráficas do Granito, auga e silenzo, onde transborda a alma da Gulfstream. O xemido das Gaitas, e no carácter esa amable presencia da Graxa. h. Historia: Herbicida o olvido. A Humidade, o “Horror vacui”, e a Humildade impídennos converti-la Historia en Heroísmo. A nosa Herdanza adestrada na fuxida, coa sabedoría das vellas feridas, vencidos somentes por nós mesmos. i. Ironía: a arte de converti-lo Inferno nun conto de Inverno. j. Son oriental. Rotundidade sureña. k. Kilowatios por terra sulagada. l. Loito: manchas na paisaxe, bolas negras sobre o tapete verde. m. O Misterio da Música doa mortos, pero o Miño vai levando ese Misterio ó Mar. n. Norte. Noite. Néboa. Negro: materia poética nacional. ñ. Nh/gn/ñ. o. Oeste: “Galicia atende e obedece a chamada do Oeste” (R. Otero Pedrayo). Tantos séculos de Ofensas e Olvido crean Anticorpos no Organismo dun pobo, e esa continua Ofensa da Historia vai xenerar no Orgullo deste pobo apacible o Destructivo Osíxeno do Odio, a Obsesión do fracaso e da Culpa. |
p. Poesía. Patria. Paixón. Perigo de extinción, perdidos na propia Pureza, da necesidade de ser un Pobo. A nosa indiferencia alimentará o Proceso de autoxenocidio que vivimos. Paisaxes espalladas, enfiadas entre os Perfiles do Pasado, coa Presencia dunha vexetal sensación de eternidade. Paixón e Poses “punk”, reflexos Postmodernos e altas horas nos Peiraos urbáns da noite. q. Química da dor Quintaesencia do medo. ¿Quen ri aí ó meu carón? r. Río: o Rumor da vida, a Relixión das augas. Os Risos xorden sempre onde Reina a calma, no fondo acougo de quen coñece o Risco e o domina. Rural: corre sangue rural por estas veas; e se algunha vez a Razón opón Resistencia, o galego Recoñécese na terra, na lenta vitalidade da arbre, na invencible resignación da herba. s. O Son da Soedade e o Silenzo. O Salvaxe Sarcasmo dos Soños do presente, e a Silente atracción polo Suicidio: o Sil. O Miño é o noso Sangue, e o Sil a súa Sombra. Sereos e Sombríos, finalmente trascende o Sorriso astuto. t. Terra. E o Tempo, o Trastorno e as súas Tebras. A Tradición dunha triste Tenrura. A Terra é o principio, e todo existe nela e para ela. u. Utopía: compaxina-lo desexo e a necesidade nos nosos soños. v. Vacas en Vales mollados, e a férrea Vontade dos Vellos encadeados á terra, co Vicio do seu fatalismo escéptico. Verde. Verde, e máis Verde sobre outros Verdes, e por tras: Verde. w. Whisky: noite urbana. Galicia é Wagneriana, ou é mais ben un Wolfgang Amadeus enfermo de paisaxe, soñando con Sibelius? x. 25 de Xullo. y. y z. Fin. |
- Culpa: unha conciencia Céltica do Cosmos. ¿Quen foron os celtas?.
- Kilowatios por terra sulagada. ¿Cales son os grandes encoros de Galiza?. ¿Qué pasou cos labregos cando se fixo o encoro de Castrelo de Miño?.
¿Cantos metros cúbicos de auga poderían recoller?. ¿Cantos litros?
- O Miño é o noso Sangue, e o Sil a súa Sombra. Sitúa no mapa estes ríos. ¿Qué importancia teñen para Galicia?. ¿Cal é a lonxitude destes ríos?. ¿Cantos metros?.
- Aceite desnaturalizado de colza. ¿Qué pasou con este produto?. ¿ De cantas pesetas foi a indemnización fixada na sentenza da Colza?. ¿Cantos euros serían?.
- Fai unha comparanza de Manuel Antonio con Lois Pereiro. ¿ Cantos lustros viviron cada un?. ¿Cantos días?.
- Compón o teu guión coas palabras que máis che gusten. Pon, polo menos, dúas con cada letra. ¿Cantas sílabas empregaches?. Multiplica o número de sílabas por si mesmo e logo faille a raíz cadrada (Podería ser unha proposta de Pereiro).