Índice

 CADRO ARTÍSTICO AIRIÑOS :

 75 ANIVERSARIO

1933-2008

      No nadal de 1933 créase en Asados o grupo Airiños integrado dentro das Mocedades Galeguistas. Rafael Piñeiro, Ricardo Rodríguez e Xosé Otero Rial serán os grandes impulsores.

         As primeira obra representada foi A retirada de Napoleón á que seguirían Almas sinxelas Todo ten goberno... A guerra civil truncou as actividades.

         Nos anos corenta Ramón Pimentel toma a dirección do grupo Airiños: Na casa do Ciruxano; Trato a cegas; O cego de Xestosa; Xacobe Farruco e Xoana.. serán algunhas das obras coas que subiran aos escenarios.

         Nos anos sesenta volta A fiestra baldeira de Rafael Dieste, case trinta anos despois da representación dirixida polos Irmáns Insua.

         Os vellos non deben de namorarse; Na casa do ciruxano; O rei da carballeira; Un home de sorte; A morriña; mal ollo; A casa dos líos; Non lle busques tres pés ao alcalde; A farsa do avogado, serán algunhas das obras adaptadas. Jesús Santos relevaría a Ramón Pimentel na dirección do grupo.

          No 1982, baixo a dirección de Ramón Pimentel apararece o Grupo de Teatro Infantil e Xuvenil. Estréanse co, Xantar de memoria, á que seguirían Os casados de pouco, O Estebiño...

       

 

               No 2011 O grupo Airiños segue a súa andaina baixo a dirección de Esther Fernández Carrodeguas.

          

ESCOLA DE TEATRO DO GRUPO AIRIÑOS.

No ano 1998 creouse a Escola de Teatro do Grupo Airiños de Asados baixo a dirección de X. Antón González Vilariño

A primeira obra que representou foi: “Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela” de Manuel María.

Xa  metidos no Nadal de 1998 púxose en escena  “O Esparramado”, unha adaptación do conto de Xan das Canicas,  O sejuro  da enfermidade. Seguindo  co ambiente navideño represéntase “A árbore de Nadal”. De carácter popular, nesta obra escenifícase un Nacemento.

No  ano 1999 a Escola de Teatro do Grupo Airiños preparou e  representou:

          -Memorias dun neno labrego  de Neira Vilas.

                     - ¿Quen viu ó meu neno? De Andrés García Vilariño.

O ano 2000 foi moi produtivo para a Escola, pois representando  O menciñeiro a fungueirazos de Molière,  deron o salto a escenarios fóra de  Rianxo chegando, entre moitos outros lugares  a Noia (Noela), Corcubión, Ferrol…

2001. No verán estréase a obra “Tanis I o  Mocos”. É unha adaptación teatral da novela  do mesmo nome de Manuel  Lourenzo González.

2002. Lévase  “Tanis I o  Mocos” por moitos lugares da provincia de A Coruña. Remátase o ano representando  Estación de  Buses.

2003. É o ano de “Futuro, futuro”. Outra adaptación da  obra de Molière.

2004.A consolidación da Escola cun grupo de mozas e mozos  moi afeccionados ao teatro, leva a representar obras creadas para estes actores e actrices. Cambiazo 26 será  composta por J.Antón G. Vilariño pensando nas características do grupo.

2005. Lévase Cambiazo 26 por toda a Barbanza, a Arzúa, Ferrol… á vez que xa se ensaia outra obra de Antón Vilariño: O Barqueiro de Pradeda.

2006.Será o ano do Barqueiro. Pasado o verán empezarán os ensaios do Campelo.

2007. Representacións de O Campelo de Pradeda, tamén de Antón Vilariño.

2008. No mes de marzo a Escola de Teatro do grupo Airiños deixa de funcionar