Minas de volframio     

                                                                                                                                                                                                                                           Volver

                O wolframio ou volframio, tamén chamado tungsteno, e un  elemento químico de número atómico 74 que se encontra no grupo 6 da tabla periódica dos elementos.  

                É un metal escaso na corteza terrestre,  encontrase  en forma de óxido e de sales en ciertos minerais. Seu símbolo e o  W.  E de cor gris acerado, moi duro e denso, ten o  punto de fusión máis elevado de todos os metais  e o punto de ebullición máis alto de todos os elementos coñecidos.1 Úsase nos filamentos de las lámparas incandescentes, nos electrodos non consumibles de soldaduras, en resistencias eléctricas, e aleado co  aceiro, na fabricación de aceiros espaciais.

AS MINAS EN GALICIA

 

Houbo/hai minas de Wolframio en:

Minas en Rianxo

         Había unha mina de wolfram xunto á fábrica de madeira de Escurís, despois da ponte do río Te, no lugar de Salto do Lobo.

          Aínda tiña actividade no 1950. A pedra quitouse para o peirao de Rianxo.

         Tense constancia de actividades mineiras no lugar de Villanustre en Asados, onde agora hai edificios. Quitábase estaño e lembran un pozo e unha galería. Os propietarios eran os de Os Fornos

         Traballaría sobre os anos 50 do século XX.

 

         San Finx – Lousame

         En Noia había tres galerías, unha real en Santa Cristina, outra na que se gardaba o mineral, e unha terceira noutro lugar

         Pobra  Houbo pequenas actividades mineiras en S. Isidro de Postmarcos, nos arredores do polígono industrial da Tomada e na Lomba

          Ademais empezaron a xurdir en toda a bisbarra de Barbanza depósitos, a maior parte deles, negocios de carácter case familiar: A mina de Llovo en Corrubedo, Mondelo en Palmeira e outras en A Pobra, Rianxo, Porto do Son e a ría de Muros-Noia. Quizais pola súa proximidade a Lousame, Boiro tivo un par de explotacións dignas de destacar: A Mina de Santiago de Lampón, que Estañería de Arousa explotou durante uns trinta anos, ata a década dos sesenta; e “ La Esperanza ”en Moimenta, onde chegaron a traballar máis de duascentas persoas.

Santa Comba

Monteneme - Malpica

As Sombras - Serra do Xurés

Fontao (Vila de Cruces)

.

-Que  países  compraban  o  volframio  na  2ª  guerra  mundial?                     Alemaña  e  Inglaterra

            Durante a segunda guerra mundial, en Galicia,  encontrouse un metal tan precioso como o ouro: o wolframio, o ouro negro, indispensable para a fabricación de armamento e material militar. Alcanzou  a súa época de máximo esplendor desde finais de la Guerra Civil hasta 1955, ao abrigo da II Guerra Mundial e a Guerra de Corea.

          Na Segunda Guerra Mundial bisbarra coruñesa de O Barbanza mantivo unha posición estratéxica para alemáns e británicos, as minas de San Fins de Lousame convertéronse nun foco industrial de interese estratéxico con motivo da chamada “ Febre do volframio”.

          Calcúlase que, entre os anos 1939 e 1953, Galicia alcanzou o 69% do total da produción de tungsteno en España.

          O equipo de traballadores da mina foi en aumento e no ámbito do depósito foi xurdindo un poboado, no que boa parte dos catrocentos empregados residían coas súas familias. Ademais de vivendas, na aldea construíronse todo tipo de infraestruturas e servizos, dende unha escola ata un centro médico.

         A Lousame chegaban tamén diariamente centos de persoas dende os concellos limítrofes e outros non tan próximos como consecuencia da fame coa que se convivía nos primeros anos da posguerra española. Foi cando se estendeu a práctica da “roubacha”, que permitiu a moitos barbanzanos subsistir e a algúns, facerse mesmo con importantes fortunas.

        Esta xente traballaba extraendo wolfram a nivel superficial na chamada "zona libre" (área que non estaba incluida na concesión mineira que explotaba “Industrias Gallegas S.A.” dende o ano 1941, despois de ser nacionalizada a mina ó final da Guerra Civil).

       TESTEMUÑOS

      1.- Meu tío, en parte meu avó, contáronme algunhas historias que sucederon na mina de San Finx, entre elas:

         Unha familia de Asados, por falta de recursos víronse obrigados a ir ao estraperlo. Na mina atoparon unha bolsa, esta estaba ata arriba de wolfram, seguramente outras persoas o recolleran pero non puidero fuxir con el, por eso o abandoaron. Pero eles tiveron máis sorte, collérona e marcharon sen problemas. Co diñeiro que sacaran foron quen de saír da probeza e puideron construír as paredes máis o tellado dunha casa.

          Eran tempos difíciles, e o wolframio pagábase ben. Por eso moita xente nova decidía ir ao ‘’estraperlo’’. Viñan xentes de todos os concellos. Sempre ían de noite, cargados con picos, pas e un bo saco. Normalmente rebuscaban nos escombros que deixaran os traballadores, pero amiudo adentrábanse nas galerías a rebuscar, sabendo que era moi perigoso estar alí por dúas razóns; os gardas, que lles propinaba verdadeiras palizas e os derrubamentos que podían acabar coa súa vida

                                                                                                                                                                                                    Marcos Iglesias

              2.- Contase de que cando meu avó era rapaz en Asados nun monte no que agora atopase o campo da Santa Lucía extraíase wolframio a pequena escala.Pois eran veciños que abrían galerías e adentrábanse nelas cun saco e unha piqueta, ata atoparen vetas de cuarzo nas que estaban impregnado o metal do cal o separaban.E logo viña un comprador que llo pesaba e o tasaba pagandolle unha cantidade de diñeiro que era moi elevada para esa época

                                                                                                                                                                                                          Antón García

             3.-  Carme Romero, veciña de Leiro de 70 anos pero natural de Asados, lembra o xacemento do mineral no que traballaba o seu pai a partir do ano 1.950, aproximadamente. No lugar coñecido como “As Folgueiras”, detrás do vello campo de fútbol da Unión, traballaron varios veciños de Asados “ó xornal” ,extraendo sen maquinaria, en túneles e pozos, o mineral de wolfram. Os montóns de terra que se formaban na extracción eran aproveitados por outros veciños na procura de pequenas pedras que despois venderían en Santa Lucía a un comprador que se desplazaba ata alí periodicamente. Conta Carmen como ela mesma e as súas irmás lavaban cunha palangana nun regato a “terra cativa” ata que a auga quedaba transparente e no fondo podían observar as pedriñas de volframio.

                                                                                                                                                                                                             Aida Saco

           4.- Nas explotacións mineiras soía haber un vixilante, ao que lle era moi difícil enfrontarse coas cuadrillas; conta o Señor José como lle ían rogar se podían quitar algún quiliño para ir tirando. E ante a súa negativa, convencíano ou... deixábase convencer, para deixalos ir “botar unha ollada” ao interior. Os visitantes levaban unha media colgada xunto aos xenitais dentro do pantalón, e metían nela o mineral que  podían.

             Estrela Suárez

     5.- Miña bisavoa Dolores ía buscar terra á mina de San Finx para lavala no río cunha palangana e aproveitar o mineral. Unha das noites veu un garda. As mulleres agacharon os sacos co mineral. O garda en represalia esmagoulle unha  palangana nova que levaba. Foi detras dela ata Silvarredonda, uns 3 km. Unha muller do Curral de Taragona, colleu un pau e ameazou ao garda .

                                                                                                                                                                                                       Marcos Saborido