índice

LIBROFORUM

RAMÓN CARIDE

                O pasado xoves visitounos Ramón Caride, escritor de “ Ameaza na Antártida”, libro que lemos no segundo trimestre os alumnos e alumnas de 1º de E.S.O. Presentouse de xeito gracioso, xa que nos dixo que para facer a fotografía que aparece no libro (onde está moito máis novo ) tivera que tinguir o pelo.

              Díxonos que dende sempre lle encantara ler. Sobre todo gústalle a poesía, libros de aventuras e os relatos curtos. Cando era neno,mentres os outros xogaban á corda, el prefería ler; gustábanlle as novelas ambientadas no futuro.

             O primeiro libro que escribiu foi “ A paisaxe verde chuvia ”. É un libro de poemas que relata experiencias vividas por el cando era neno. Como ningunha editora o quería publicar, imprimiuno el mesmo e repartiullo aos seus amigos e familiares ata que finalmente saíu á venda.

             Ameaza na Antártida ” é o cuarto libro dunha serie que está escribindo. Conta empezar o quinto en breve. Adiantounos que fará sete libros desta colección , que trata temas como o cambio climático e a enerxía nuclear.

           Cando está escribindo, a súa filla Sara é quen lle vai dando a súa opinión e valoración sobre o traballo.

         Unha compañeira da miña clase, preguntoulle se iso de escribir, para el era unha aficción ou simplemente o seu traballo... e, para sorpresa de todos/as dixo que: agora ler é unha afición mentres que escribir xa se convirtiu nun traballo.

           Ao final, cando se acabaron as preguntas, asinounos os libros, fotografámonos con el e prometeunos mirar os nosos cómics na páxina web.

           E despois, todos e todas moi contentos/as pola visita de Ramón Caride, saímos ao recreo e comentamos a súa visita

 

 

 

 

 

 

 

                                                                                Andrea Iglesias Rodríguez & Carlos Penas García & Marcos Saborido Rey & Aida Saco Beiroa