índice

HISTORIA DA LINGUA GALEGA

PEPE CARREIRO

A GALICIA MEDIEVAL

Que pobos dividiron o Imperio Romano de Occidente?

Os Visigodos que se establecen no sur de Francia e parte da península Ibérica.Os ostrogodos e vandalos en Italia.Os francos en Francia. Os Alanos, no norte de África.

 

Na parte noroccidental da península ( norte de Portugal, Galicia, Asturias, León; Zamora....) os suevos fundaran o seu reino na Gallaecia romana con capital en Braga. O seu primeiro rei foi Hermerico. Requila, Requiario levaron a cabo unha etapa expansionista que rematou coa derrota ante Teodorico II. Teodomiro (559-570) restableceu o catolicismo e convocou o Concilio de Braga.  O visigodo Leovixildo incorporou á Gallecia  como provincia ao reino  despois das victorias de Porto e Braga sobre o rei suevo Andeca (585).

Consecuencias: A guerra para os pobos bárbaros era unha actividade económica da que tiraban riqueza, e as frecuentes razias e saqueos crearon un clima de terror entre a poboación.. A prosperidade do comercio desapareceu por mor da inseguridade. A agricultura convertiuse na actividade dominante e a misieria provocou que a poboación abandonase as cidades. O latín, lingua da administración romana, vai perdendo a súa influancia. A cultura quedará limitada ás igrexas, mosteiros e catedrais. (Noelia Martínez Figueira)

 A transmisión oral das linguas dará lugar a aparición das linguas romanicas ou romances: Galego, portugués, castelán, catalán, bable, aranés, italiano, francés, romano, sardo, romanche...

Que palabras nos deixaron: Os pobos xermánicos dentro da península fixéronse co poder político e militar, mais dado que o seu número era pequeno, a sociedade hispanorromana , moi superior en número, acabou prevalecendo culturalmente. Hoxe conservamos algunhas palabras: Nomes propios: Afonso, Aldán Aldara, Álvaro, Branca, Alberte, Lois, Allariz, Guitiriz,  Suevos, A Gudiña...

Nomes comúns e verbos: agasallar, bando, bosque, espía, gañar, guerra, pota, rifar, roubar, xardín, napia, ranquear, venda, sala, leverca...

LINGUAS ROMANICAS

LATÍN GALEGO PORTUGUÉS CASTELÁN CATALÁN FRANCÉS ITALIANO

Complexus

Aperta

Abraço

Abrazo

Abraçada

Embrassement

Abbraccio

Sacchus

Bolsa

Saco

Bolsa

Borsa

Sac

Borsa

Castanea

Castaña

Castanha

Castaña

Castanya

Chataigne

Cortagna

Tempus

Data

Data

Fecha

Data

Date

Data

Expertus

Experto

Perito

Experto

Expert

Expert

Esperto

Locus

Lugar

Lugar

Lugar

Lloc

Lieu

Luogo

Natural

Natural

Natural

Natural

Natural

Naturel

Naturale

Ovis

Ovella

Ovelha

Oveja

Ovella

Brebis

Pecora

Polipus

Polvo

Polvo

Pulpo

Pot

Poulpe

Polipo

Sobrius

Sobrio

Sóbrio

Sobrio

Sobri

Sobre

Sobrio

          Como se crea o reino de Portugal? Alfonso  VI de León dividiu As Galicias en dous condados que concedeu aos seus xenros. A Raimundo de Borgoña casado con Urraca, as terras ao norte do río Miño.  A Enrique de Borgoña, casado coa súa filla Tareixa,  a "terra portucalense". Desta maneira ao condado do sur do río Miño separouse do condado do norte ao que debía vasallaxe. Enrique conseguiu de Roma a elevación de Braga a arzobispado. Á súa morte, Tareixa fíxose co poder coa axuda do Conde Fernando Pérez de Trava. A nobreza portuguesa, baixo a dirección de Afonso Henriquez,  fillo de Enrique de Borgoña e Tereixa venceu a sua nai na batalla de Sâo Mamede, cerca de Guimarâes, conseguindo á independencia de Portugal.

  

A LITERATURA GALEGO-PORTUGUESA

Os trobadores: Eran os compositores das cantigas.

Os xograres: Eran os interpretes das cantigas: moitas veces estaban ao servizo dos trobadores.

Os segreis: Trobadores profesionais, que aceptaban paga pola interpretación das cantigas.

Afonso X, Bernaldo de Bonaval, Martim Codax, Don Dinis, Macías " O Namorado, Paio Gomez Chariño,  Meendinho, Xoán Rodriguez de Padrón , Xohán de Cangas, Martín Soarez, Lopo, Pêro Meogo, D. Sancho I, Martín de Requeixo...

TIPOS DE CANTIGAS:

CANTIGA DE AMIGO: Son composición postas en boca dunha muller, poe é a namorada quen se queixa da ausencia do seu amor, ou de que súa nai entorpece as relacións amorosas co seu amado.

CANTIGA DE AMOR: O home canta dirixindo a composición a unha muller ou facendo unha reflexión amorosa.

CANTIGA DE ESCARNIO MALDIZER :Composición onde se critica a persoas particulares ou a toda a sociedade.

OS CANCIONEIROS: Recopilacións de cantigas medievais.

Cancioneiros profanos: Cancioneiro da Ajuda. Chámase así polo palacio lisboeta deste nome.

                                       Cancioneiro da Vaticana. Conservado na biblioteca do Vaticano

                                       Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa ou Colocci_Brancuti

Cancioneiros sacros:  Cantigas de Santa María, feito por Afonso X "O Sabio"

CANTIGA DE AMIGO CANTIGA DE AMOR CANTIGA DE ESCARNIO MALDIZER CANTIGA SACRA

  

¡Ai, Sant´Iago, padrón sabido,
vós mi adugades o meu amigo!

Sobre mar ven quen frores d´amor ten:
mirarei, madre, as torres de Geen.

¡Ai, Sant´Iago, padrón provado,
vós mi adugades o meu amado!

Sobre mar ven quen frores d´amor ten:
mirarei, madre, as torres de Geen

Paio Gomes Charinho

A dona que eu ame tenho por senhor
amostrádemi-a, Deus, se vos en pracer for,
senón, dádemi a morte.

A que tenh'eu por lume destes olhos meus
e por que choran sempr', amostrádemi-a, Deus,
senón, dádemi a morte.

Esa que Vos fezestes mellor parecer
de quantas sei, ¡ai Deus!, fázedemi a veer,
senón, dádemi a morte.

¡Ai, Deus!, que mi-a fezestes máis ca min amar,
¡Ai, Deus!, mosrtrádemi-aa ú posa con ela falar,
senón, dádemi-a morte.

               Bernal de Bonaval

Foi un dia Lopo jograr

á cas dun infançón cantar:

e mandou-lh’ele por don dar

tres couces ena garganta;

e fui-lh’escass’, a meu cuidar,

segundo com’el canta.

 

Escasso foi o infançón

en seus couces partir entón,

ca non deu a Lopo entón

mais de tres ena garganta;

e mais merece o jograrón

segundo com’el canta.

 

Martín Soares

Rosa das rosas e Fror das frores,
Dona das donas, Sennor das sennores.
1.
Rosa de beldad' e de parecer
e Fror d'alegria e de prazer,
Dona en mui piadosa ser
Sennor en toller coitas e doores.
Rosa das rosas e Fror das frores,
Dona das donas, Sennor das sennores.

2.
Atal Sennor dev' ome muit' amar,
que de todo mal o pode guardar;
e pode-ll' os peccados perdõar,
que faz no mundo per maos sabores.
Rosa das rosas e Fror das frores,
Dona das donas, Sennor das sennores.

                    Afonso X "O Sabio"

 

PROSA

            Eno ano da Encarnaçom de Nostro sennor de mil e çento e quatro anos, un romeu, tornando de Jesrusalem para a sua terra, vina por mar em ûa nave: E senndo eno bordodela caeu eno mar e começou  de chamar Santiago que lle acorrese. Outro seu companeiro lançoulle um escudo eno mar e diso-lle: - O glorioso apóstolo Santiago, cuja merçee e ajuda tu chamas, ese che ocorra agora

                                                                                                                                                            Miragres de Santiago

 

-Ai senhor! E quen sodes, que aquí assi entrastes armado?

-Donzela, disse el, eu soom uû cavaleiro andante, e a ventura me troixo aquí. Non hajades pavor de min, pero hei sabor de vos olhar assí, ca se vos olho, non é maravilha,ca, assí Deus me ajude, vos sodes a mais fremosa cousa que eu nunca vi.

A donzela  lhe disse:

Nunca eu vi cavaleiro andante.

Non? disse el: pois donde sodes?

Eu som, disse ela, de ûa terra mui longe daquí e muito estranha, mais a ventuira e maa-andança me trouxe aquí agora, que aadur o podeíades cuidar. E ainda pior me aveo, despois que de aquí vin, ca de antes.

                                                                                                                                                                       A Demanda do Santo Graal

 

    Elena, sua irmana, foi espelho et flor das outras donas, et mais nobre de todas as que deus fezo en parecer, et sobre todas houbo prez de apostura et de beldade; ca, así como a rosavence a todas outras flores en parecer, así vencía elas todas outras donas do mundo

.........

    Ca fui  por hû lugar hu viviâ as sereas que son aleivosas et enganhosas muito. Ca elas am as vozes claras, que semelhâ aias, e seu canto tâ saboroso he, que despois que as ome oir, nô pode aver sabor a outra cousa, et elas sempre cantâ en lugar que enten´ê que a perigoo mais grande e maior, et hu os penedos grandes.

                                                                                                                                                                                                                   Crónica Troiana