índice

HISTORIA DA LINGUA GALEGA

PEPE CARREIRO

O REXURDIMENTO

O PROVINCIALISMO: É o movimento cultural que pretendía unha autonomía lexdislativa e tributaria para Galicia. Opóñense a división de Galicia en 4 provincias e reinvidican a unión do país nunha nunha administración única que mantivera a unidade administrativa, social, cultural e económica. Son nomes destacados Antolín Faraldo, Neira de Mosquera, Romero Ortiz. Algunhas das súas publicación foron: "El Emancipador Gallego", "La Aurora de Galicia"...

OS MARTIRES DE CARRAL:

          Sendo raíña de España Isabel II, o 2 de abril de 1846 levantouse en Lugo o batallón mandado polo coronel Miguel Solís, disolvendo o Consello Provincial e a Deputación. O 15 de abril constituíuse en Compostela a Xunta Superior do Reino de Galicia, que reclamou as liberdades e dereitos que Narváez abolira e un trato máis xusto para Galiza, que os sublevados consideraban literalmente tratada como "verdadeira colonia da corte".

          O xeneral Narváez enviou tropas baixo o mando do xeneral Gutiérrez de la Concha. Na batalla de Cacheiras os galeguistas de Solís foron derrotadas. Solís foi xulgado tres días despois en Carral, nun xuízo sumarísimo, e condenado a morte xunto ós seus compañeiros sublevados. O coronel Solís, o comandante Víctor Velasco e dez oficiais máis foron pasados polas armas  no cemiterio de Paleo. O párroco, que presenciou o fusilamento, na acta de defunción engadiu: "Espectáculo horroroso. Triste Memoria".

Precursores do rexurdimento: So uns homes vencellados ao provincialismo, denuncian a marxinación de Galicia e defenden a necesidade do noso idioma.

AMOR APRESURADO

    Mirachesme, mireite, nos miramos;            sorricheste, sorrinme, nos sorrimos;                       nos nosos ollos a nosa imaxe vimos:                           ti nos meus, eu nos teus nos retratamos.

    Desde entón de amor nos abrasamos;                     un mesmo gusto ou pena os dous sentimos,               e anque a paraxes diferentes imos,                     decote no camiño tropezamos.

    Xa que de corazón libre dispomos,                        os paxaros dos bosques imitemos,                       nosa dóce ventura apresuremos.

    Que o niño fan entre ramaxes e gromos;               que a vida é curta e responsable somos                  do tempo tan precioso que perdemos

                                   Francisco Añón

SONETO ACRÓSTICO

 Queira Deus que esta gaita ben tocada               Un recordo lle valla ao bo gaiteiro,                       E que millenta máis onda o primeiro                 Veñan tocar tamén a gaita amada.

 Inda perm ita Deus que sexa soada           Voando moi vistoso o meu plumeiro          Arrolado cos chíos do punteiro                  Garrido se mostrando coa alborada

 Avante vai en todas romerías                     Levada polas vilas e arredores,                       Inda sexa mestra de folías. 

 Calada nunca estea, e de primores                  Inzando os sons preñados, e alegrías,                  A busquen homes legos e doctores

                                Xoán Manuel Pintos

O APARELLO FROUXO

Camiña un burro pequeno                                      cóbrelle o aparello as ancas                              vese nel montado un neno                                     e ao lado, en faco rabeno,                                     o avó de guedellas brancas.

Co traqueteo afrouzando                            correuse a albarda e ¡abofellas!                         berra o neno ao ir adiantando:                  "Váiseme o burro acabando                               non quedan máis cás orellas.

                          X. Pérez Ballesteros               

          

            O REXURDIMENTO: É un amplo movimento cultural que tivo de principal logro o de se expresar en lingua galega e dignificar deste modo un idioma que non tiña tradición literararia. Segundo Luis Obellerio o nome venlle dun artigo que publicou Manuel Murguía el "La Región Gallega" no que definía a Galicia como unha nación, a cal constituía unha das rexións que integraban o territorio do Estado Español.

           Alfredo Brañas publicou en 1889 El regionalismo. Estado sociólogico, histórico y literario (1889)(

           Na procura das raíces históricas do feito diferente que era Galicia destacaron Benitto Vicetto autor dunha Historia de Galicia (1865) e Manuel Murguía coa súa Historia de Galicia (de 1865 a 1891).

    Rosalía de Castro

Manuel Curros Enriquez

Eduardo Pondal Abente

Outros escritores desta etapa.

Leiras Pulpeiro, Evaristo Martelo Paumán, Manuel Lugris Freire, Eladio Rodríguez,

 

              Evaristo Martelo Pauman, Marqués de Almeiras e Vizconde de Andeiro, nace en A Coruña. A súa vida será por A Coruña, Laxe, Rianxo e Vimianzo.

de Landras e baias

"...Falar galego non é falar mal, é falar diferente..."

Aparecen as primeiras Gramaticas e os dicionarios:  

   Sacco e Arce           Marcial Valladares    

Juan Cubeiro Piñol        Francisco Javier Rodríguez          

 Unha  lingua social: Valentín Lamas Carvajal