HISTORIA DA LINGUA GALEGA
PEPE CARREIRO
OS SÉCULOS ESCUROS
A que chamamos séculos escuros? Aos séculos XVI, XVII, XVIII durante os cales a lingua galega entra nun período de decadencia e perde o seu uso nos rexistros oficiais
Por que o galego desapareceu da administración?
Durante a baixa idade media os galego foi lengua habitual na relación entre vasalos e señores, e redatábanse testamentos: “feito con saúde e con todo o seu siso” , ceremonias religiosas: “feceron logo palabras de casamento ambos e dous…”
As revoltas dos nobres galegos ante os reis de Castela e a súa derrota fixo que viñeran para Galicia nobres de castela que traian criados recudadorees e escribnos polo que o uso do galego vai per dendo o seu uso na escrita. Os bispos e arzobispos das dioceses galegas tamén serán foráneos, e o galego irá desaprecendo da liturgia. Despois das guerras irmandiñas e da guerra entre Isabel, casada con Fernando de Aragón, e Juana de Castilla, filla de Enrique IV de Castela, apoiada por Afonso V, rei de Portugal, e gran parte dos nobres galegos (subditos moitos deles dos reis de Castela e Portugal), os Reis Católicos crearon a Real Audiencia, que xunto coas Cortes do Reino , chamadas máis tarde Xunta. Despois da derrota dos nobres galegos, (execución de Pardo Cela, desaparición de Pedro Álrez de Soutomaior…) a chegada de nobres, eclesiásticos e cargos públicos incrementarase e o uso do galego, se ben a nivel popular manterase oralmente, será residual na administración.
Na igrexa en 300 anos houbo 15 bispos galegos por 152 foráneos.
A lei dada en 1480 a petición dos procuradores das cortes de Toledo, pola que se manda que de entón en diante non se dea tidoo de escribano sin ensame e sin licencia do real Consello, será definitiva. (Xesús Ferro Couselo. Homenaxe a Otero Pedrayo, 1958)
A regulación do oficio do escribano voltará a ser regulada por “La Pragmática de Alcala” (1503),en tempos dos Reis Católicos e por “la instrucción para escribanos numerarios y reales” (1750) en tempos de Fernando VI
Por que se separan o galego e o portugués?
A independencia de Portugal do reino de Castela fixo que o galego e o portugués se foran distanciando. No século XIII o rei Afonso II, imporá a grafía provenzal “lh”, “nh”.
O galego manterase no pobo, sobre todo oralmente. O portugués, lingua oficial do reino; seguirá o esplendor da literatura medieval con Luís Vaz de Camões, Os Lusiadas.
(Noelia Martínez Figueira& Marcos Iglesias Santos)
Os
Luisadas
Canto I
1
|
Os Lusiadas Canto X
155 |
Verdes são os campos, |
Algúns escritores desta etapa.
Martín Torrado; Frei Martín Sarmiento; Frei Benito Feixoo; Xosé Andrés Cornide; Antonio Cernadas de Castro, cura de Fruíme; Xosé Fernández Neira; Manuel Pardo Andrade, Xoán Pérez Tonel...
Santo da barba dourada, |
¿Elo é que non podés? |
Meu Santo, agora digo eu, |
Diglosia: Vén do grego δίγλωσσος (dúas linguas). É a situación de convivencia de dúas variedadea lingüísticas no seno dunha mesma población ou territorio, na que un dos idiomas tén un estatus de prestixio frente ao outro, que é relegado ás situacións socialmente inferiores da oralidade, vida familiar ou folklore.
"O SÉCULO DAS LUCES": Así é chamado o século XVIII e caráterizaxe pola ilustración, movemento cultural que tiña a finalidade de disipar as "tebras" da humanidade mediante as "luces" da razón. Abarcou desde o racionalismo ao empirismo do século XVII ata a revolución industrial e a revolución francesa do XVIII.
O ilustrados defenden de que a razón humana podía combatir a ignorancia e a superstición, a tironía e construír un mundo mellor. Discuten a orixe divina do poder real.
Que cultivos Melloraron a economía galega no século XVIII? A introdución da pataca e do millo, cultivos provinte do continente américano, posibilitou unha mellrora na alimentación que sacou fame e medrou a autoestima.
A mellora económica posibilitou a construción e restauracións de pazos, igrexas, novas fachadas nas catedrais...
(Noelia Martínez Figueira& Marcos Iglesias Santos)