ANIMALARIO                                                                                                                                índice

LIBROFORUM

PEPE CARREIRO

 

                           O martes, catorce de decembro de 2010, visitou o IES "Félix Muriel" de Rianxo o debuxante, caricaturista, ilustrador... Pepe Carreiro, autor de entre outras obras " Os Boleñas", "Os Barbanzóns"; Historia da Lingua Galega, do latín ao acento de Burgos ( con versión infantil e para adultos) ...

                        Naceu e Vigo. Xa desde pequeno lle gustaba debuxar as cousas que lle chamaban a atención: militares, a xente no ban que rexentaba a familia, os carros de cabalos que levaban mercancía. Aficionado aos tebeos: Capitán Trueno; Mortadelo e Filemón... Con doce anos envioulle á editorial Bruguera as súas primeiras viñetas, pero non foron publicadas. Pasado un tempo a editorial mandoulle un guion para elaborar unha banda deseñada, mais tampouco logrou nesta ocasión a súa publicación.

                     Entre os dezaoito e vinte anos  comezou a traballar como debuxante publicitario, en xornais... Crea o seu primeiro personaxe, un castrexo humorístico "fillo de Breogán", utilizado para unha tira cómica que se publicaba nunha revista que trataba temas sociais. Neses momentos un dos problemas de Galicia era o da pataca da Limia. No Departamento da Historia da Universidade de Santiago de Compostela, conseguiu a información da época castrexa. O casco de Leiro, que hoxe se conserva no Castelo de San Antón (A Coruña), foi outra fonte de inspiración

                   Para crear un personaxe é fundamental manter sempre as súas proporcións. O canon grego variaba entre as sete e as nove cabezas, na proporción entrre a cabeza e o corpo das estatuas.. Os Bolechas teñen unha proporción de dúas cabezas e media, aproximadamente, no corpo. Debuxou a Carlos Bolechas, o maior, de perfil. Trazou liñas por diferentes partes do corpo para poder facer a proporción no debuxo que faría a continuación.

                  A expresión dos personaxes é fundamental para poder reflexar o que acontece na historia.O fundamental nas expresións é a forma dos ollos, cellas, e a boca.

    

                 Cando rematou a súa explicación foi o noso momento para facer preguntas.

                 - En que inspiras para debuxar?  Depende, para facer tiras sobre a política, inspírome en opinións de cidadáns; para os Bolechas, nos nenos pequenos.

                 - Que libro estás facendo? Agora estou para publicar un novo libro doa Barbanzóns. Están pendentes un libro para o Concello de Narón, sobre uns extraterrestres que chegan á vila. Outro sobre Celanova e Curros Enríquez, en plan cómico. Unha historia dos Bolechas cos irmáns en idade adulta...

                  - Gustaríache levar algún premio?   Déronme hai catro ou cinco anoso premio Banda Deseñada en Ourense, e premio Lector, que foi o que máis me gustou.

                  -Que é o que máis che gustou? O que máis me satisface é o éxito que lograron os meus libros. 

                  Para finalizar o encontro con Pepe Carreiro, asinounos os libros, o que deu lugar ao noso animalario particular.

                                                                                                                                                                            Aida Saco,  Aldara Muíños, Andrea Iglesias, Marcos Iglesias