ACRÓSTICO

Pola ventá do fogar
Asomaba contenta
Unha cadela ao ceo miraba,
Lúa que empeza a brillar,
A noite ía chegar.


Voaba no ceo,
A gaivota azul,
Zumbando dun lado a outro,
Que ía cara ao sur.
Unha vez alí,
Estirou as ás, coa ledicia,
Zumbando caeu ao chan

Rúas molladas, neva e trona no meu corazón
Outro día, sol, fará moita calor.
Mañá? podería ser.
Imaxínome preto de ti. Pédeste ver.
Na miña vida sufrín moito, moito por ti.
A noite chega. hai lúa. Estou sen ti

                                    Romina Piñeiro Rial

Cando estou soa leo
Historia de
Ogros e demos.
Recordos.
Ás veces,
Rísas e choros.

                       Rita Mirón Rubio

 

Nunca esquecerei
O teu sorriso
Esa mostra de estar
Ledo, ese aviso
Imaxinar que un día, este se vai acabar
Acabaría con todos os meus días sumisosez

                                                          Noelia Martínez Figueira

Remar é a miña paixón.
Une o meu corazón.
Brinco coas ondas do mar.
Espiro o vento ao navegar.
Nobre me sinto no mar.

                           Luis Rubén Iglesias Rodríguez

Antes,
Nunca,
Despois.
Raro é o tempo,
Enimigo das horas,
Aborrécense na súa historia

            Andrea Iglesias Rodríguez

 

UN SOÑO

 

O MEU SOÑO

Cando era pequena, soñaba moitas veces que saía da habitación e que baixaba as escaleiras, pero dunha forma moi especial... VOANDO!!!!
E todas, todas as noites soñaba o mesmo!!

E nunha noite tamén soñei, que tiña un cabalo e que daba a volta ao mundo xunto ó meu cabalo... Xunto cos meus amigos/as e pasabámolo moi ben. Ao final, xusto cando estaba a punto de acabar a volta ao mundo... ESPERTEI!!!!

Sempre me pasa que cando estou a punto de acabar o que quero ESPERTO!!!! , e... Dame moitisima rabia!!! .

                                                                                                                                                                         Andrea Iglesias Rodríguez  

        

           Unha noite soñei que ía a praia e encontraba unha balea. A balea falaba e díxome que montara nela, eu agarreime a súa húmida pel e comenzamos a viaxe. Cada vez íase facendo máis pequena a praia e cando me din de conta apareceu... Río de Janeiro!! diante dos meu ollos. Era unha cidade magnífica, ao lonxe escoitábase unha música moi marchosa. Estabamos no Entroido!!!

        A balea proseguíu a súa viaxe e a seguinte parada foi.... Manhattan!!!!!! A estatua da Liberdade desde o mar  dáche sensación de que che vai caer enriba. Disfrutei un pouco das vistas e seguimos a viaxe. A balea cruzou o Atlántico e parou en Londres. Observei o Big Ben e avistei os tellados do palacio de W logo cruzou o canal da Mancha e meteuse por un río e acabamos en París navegando polo Sena. Vin a Torre Eiffel. Quen me dera poder subir!  pero...  pasear pola capital da moda en pixama!.. bueno xa me entendedes. Logo díxome que collera aire que ía mergullarse para chegar antes. Cando me metín na auga foi unha sensación moi diferente a mergullarse no mar ou na piscina. Cando volvemos saír estabamos en Rianxo de novo e..  pola noite, desde unha balea, Rianxo é precioso.

                                                                                                                                                                                  Aldara Muíños Rodríguez

 

O MEU SOÑO

       Unha noite de verán soñei que ía de viaxe con uns amigos a unha illa deserta. Pero cando cheguei non sabia que me esperaba unha gran sorpresa. Nesa illa habitaban unhas vivoras malditas. Intentei fuxir como puiden pero seguíanme.cando menos o esperei capturaronme e ao final acabaronme comendo.

                                                                                                            Rita Mirón Rubio

UN SOÑO XENIAL

         Fun para a cama toda tranquila, como un día calquera, por suposto, despois de ler un bo libro. Custoume quedar a durmir, acórdome perfectamente. Espertei, recordo que estaba na praia econ meus pais. De súpeto vexo que todo o mundo comeza a voar. Eu non o podía crer e pregunteille que facían. Non contestaban. Griteilles que eu non era capaz de voar e dixéronme que si, que era capaz, que non dixera parvadas. Fixeime no que facían eles e axitei os brazos o máis rápido e forte que podía. De súpeto comecei a voar eu tamén. Era xenial, imaxínate sobrevoar Rianxodesde o mar, ver os diferentes paxaros. Era incrible!!! Sobrevoei a ría e cheguei ata Vilagarcía. Foi unha sensación extraordinaria. Recoméndovos que vós vos esforcedes por soñar con voar.

                                                                                                                                                                              Noelia Martínez Figueira  

O meu soño 

          Eu moitas veces soño o mesmo.   

           Un dos soños que tiven foi o seguinte.

           Un día de moita calor saía ó xardín. De súpeto comezou a soprar un vento forte,  moi forte, cada vez máis e máis forte..

           Intentei entrar na casa pero o vento impedíamo!. Agarreime a unha árbore. O vento non me deixaba. Aguantei a respiración .....e....... de súpeto comecei a notar como cada vez pesaba menos...  comecei a elevarme lentamente. Foi unha sensación maravillosa. Voaba!!!!!!!!!!!!!

         Tempo despois ,cando xa pasara todo, saín de novo ó xardin e acordeime moi vagamente do que me acontecera aquel día .Aguantei de novo a respiración e... voaba!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

                                                                                                                                                                                  Aida Saco Beiroa