COMUNICADO
URXENTE PARA 1º A Tiliña foi separada
da súa familia nunha “poda
rutinaria”; por sorte foi salvada do lume porque a unha persoa lle
pareceu “curiosa”, e
chegou á aula de 1º A: ¡ Que mala sorte a súa!. Un “tipiño” (
prefiro non dicir o nome, por
non ofender) dixo que era unha “transformación” dun becho de “cen
patas”, ese ten que ir a un bo
oculista!. Logo fixestes con
ela unha serie de cousas que
me puxeron os poucos pelos que
me quedan de punta:
unha mamá de prestado, vestila de trapalladas, mandala de viaxe
polo mundo adiante, ela que nunca saíra dunha horta de Rianxo, ¡Lobato
mandouna ó Polo Norte!. A ese rapaz chóvelle na cabeza!. E Paula,
por non ser menos, á China!. A algúns e algunhas voulles dar eu
un bo escarmento e mandalos a paseo… Púxenme moi
cabreada e fun por ela para que volvese para a súa casa, pero non quixo,
díxome que estaba con vós de marabilla: ¡ COMÉSTESLLE O COCO!. Ata me
chamou “abu”, como se eu
fora un can!. Debía darvos un bo escarmento… Tiliña convenceume
de que vos portarades con ela moi ben. Por iso deixeina quedar uns días máis
con vós. Agora quere quedar: ¡Para sempre!... Tedes que pensar ben
o que ides facer con ela e poñermo por escrito. Senón me convencedes: ¡Métoa monxa
encerrada!. Teredes
máis novas. Agora tedes que falar ( mellor dito escribir) Vós.
|
ATENDEDE BEN… Se queredes negociar
teredes que cumprir,
toda a clase, o seguinte: Na hora de titoría debedes
realizar as seguintes “probas” (unha amiga ben vale un esforzo): Nº 1. Explicar
durante un minuto a dona Tila por
que se debe falar galego. Nº2. Cantarlle
unha “nana” á avoa de Tiliña para que durma ben. Nº3. Bailar
un pasodobre durante un minuto, diante de toda a clase, con dona Tila. Nº4. Estar
subida nunha cadeira, cun libro nunha man, un minuto. Nº5. Amasar pan un minuto dicindo: amasar, amasarei
e; pan, pan comerei… Nº6. Conducir
un camión un minuto, cambiando de marchas ( ten 8). Nº7. Cantar a
Rianxeira, facendo a ola, pola aula durante un minuto. Nº8. Contar
ata cen, dando palmas, entre cada número. Nº9. Mandar
calar 5 veces a David Galbán. Nº10. Varrer a aula, sen vasoira, durante un minuto. Nº11. Facerlle
unha poesía con vinte piropos a dona Tila e declamarlla amorosamente. Nº12. Pasear, collidos da man, con dona Tila pola aula
durante un minuto. Nº13. Cantar como unha galiña, cando pon o ovo; medio
minuto. Nº14. Andar en moto pola aula durante un minuto. Nº15. Facerlle reverencias, sen repetirse,
a cinco compañeiros/as. Nº16. Cantar a lotería de Nadal durante un minuto. Nº17. Predicar, como se foses un cura, durante un minuto. Nº18.. Pasear “á pata coxa” durante un minuto pola
aula. Nº19. Dicir os meses do ano empezando polo último e
rematando en xaneiro. Nº20. Falar por teléfono cun neno
portugués durante un minuto. Nº 21. Falar das árbores de Galicia un minuto, premendo
o nariz con dous dedos. N22. Escribir á máquina cun dedo de cada man, dicindo o
texto en alto, un minuto. Nº23. Cantar a táboa de multiplicar durante un minuto. Nº24. Explicar o tempo que fai
en 5 sitios diferentes. TILA
MULTIPATA. |