ABRAHAM CARREIRO
libroforum
Hoxe, martes, 20 de decembro de 2011, Abraham Carreiro veu ao noso Centro a
visitarnos
e a contarnos como creara a Xoeliki; libro de lectura para os alumnos
de 1º de E.S.O. na asignatura de Lingua Galega.
Durante a charla Abraham díxonos
como era o seu lugar de traballo: unha mesa, ordenador, altofalantes para a música...
Como se inspirou para os personaxes. Ensinounos os folios nos que debuxara a
Xoeliki e fomos vendo evolución da imaxe ata o Xoeliki final.que foi o
personaxe que máis lle custou debuxar. Os demais: Barbabranca, o director, Ari...
debuxounos sen ter que repetilos tantas veces. Tamén nos
adiantou unha imaxe da nai de
Xoeliki.
Algúns rapaces foron afortunados e levaron a súa caricatura para a casa.
Un compañeiro preguntoulle se o final quedaba así ou ía facer outra historia.
Contestoulle que dentro de 4 meses sairía a
segunda parte
Antes de rematar asinou e debuxou a Xoeliki nos libros que lle presentamos.
Pasamos un tempo agradable e entretido.
Teresa Novo García & Fátima Ordóñez Muñiz