CONCHI REGUEIRO
libroforum
O
pasado luns 16 de xaneiro de 2012, veu ao noso instituto Conchi Regueiro ( unha
gran escritora ) xa que no primeiro trimestre lemos: ‘A
herdanza do marqués ‘ . Conchi Regueiro é unha escritora viguesa, foi
nada en Lugo no 1968, viviu en varios lugares coma: O Carballiño, Neixón...
Comentounos moitas
cousas interesantes sobre o seu libro, pero amais deunos as grazas,( aos
profesores que se encargaron de que viñera para facerlle esta ‘entrevista’,
e a nós tamén por ler o libro ) por tela invitado a vir ao Instituto Félix
Muriel, xa que ela lle ten moito aprecio debido a que foi o primeiro instituto
que lle ofreceu vir a comentar os seus libros (o xoves 2 de xuño do2005), veu
comentar o seu primeiro libro “Un marciano neste mundo”. E agora , de novo,
enriba do estrado do salón de actos, falou
en que se baseou para facer o libro, como fixo os personaxes e
contestando as nosas preguntas:
‘A
herdanza do marqués’ foi o seu último libro;a súa primeira obra foi 'Tempos
agradables”.Ela quería escribir un libro de terror,pero ao final saíulle
un pouco contaminada pola ciencia ficción. Pensou nalgúns personaxes que
puideran dar algo de medo, como ben son os lobishomes. Amais a ela tamén lle
interesaba o tema da evolución de Darwin, polo que lle decidiu dar a Xandra ( a
súa personaxe) unha descendencia lobishome debido á evolución tan estraña
dos membros da súa familia. Conchi Regueiro , como ben ela aclarou, é , por
suposto, unha escritora de ciencia ficción ( xénero que inventou Mary Shelley
, escritora de Frankestain), aínda que sempre ten en conta unha base real, xa
que tamén se intentou ambientar en cousas cotiás e comúns na nosa vida. Por
exemplo que a historia se desenrolase nun pobo, que moitas escenas fosen nun
centro comercial ou por exemplo o uso da tecnoloxía. Tamén se basea en algo
cotián como o que é o rexeitamento social. Recoñece que se tivera escrito ese
libro máis tarde e soubera máis sobre como sería internet no futuro , poría
algunhas redes sociais en vez de empregar o correo electrónico como medio de
comunicación entre Zoila e os seus amigos da cidade. Tamén contou que ao ter
un protagonista tiña que haber, como non, un antagonista. Decidiu non facelo
malvado de todo; a pesar de ser o antagonista ofrecíalles “boas
oportunidades” á familia dos Negro, aínda que isto fose a cambio de ter que
ser mercenarios; a autora decidiu xogar un pouco con isto.
Outra cousa moi
interesante foi o de que escribía os seus contos co ritmo da música, é dicir,
dalgunha canción ou peza, como por exemplo Pear Jam.
Logo respondeu a
algunhas preguntas que o alumnado de 2º ESO:
Para facer os seus
personaxes, neste caso,non se baseou en ningunha persoa coñecida, senón que
decidiu inventar as características e sentimentos dos personaxes. O nome do
lugar onde se desenrola a historia, Vilacardoso non é real, pero só o nome, xa
que se parece a moitos visitados por
ela, como por exemplo Arbo no río Miño . A cardosina, substancia moi
importante na historia, tamén é ficticia e de aí é de onde ven o nome do
pobo.
A Conchi Regueiro non lle
importaría ter que levar as súas obras ao cine, só que por agora non houbo
ninguén que llo propuxera, pero sempre cando respectasen o libro sen variar o
guión da historia.
Xa comezou a escribir
a segunda parte de ‘A herdanza
do marqués’ , díxonos que
seguían os mesmos personaxes, pero que sempre había algún novo para poder ir
facendo a historia. Esta segunda parte ( que seguramente a maioría da xente ao
igual ca min está desexando que saía á venta ) terá un título diferente e
basearase nunha historia amorosa. A diferenza doutros autores , afirmou que lle
gusta empregar os dous idiomas ( galego, castelán, ou incluso estes dous
mesturados ). Colaborou nun libro en inglés chamado “Cielo mío” en 2008, e
escribiu moitos outos como: Tempos agradables ( 2002 ), Un marciano neste
mundo (2004), La estirpe de Tordón (2005), O tesouro das ánimas (2006), Vistas
al río (2007), La moderna Atenea (2008)...
Conchi Regueiro gañou
varios premios: O premio de literatura, o premio de relato e o premio de
mulleres progresistas. Dixo que lle
gustaran moito os nosos cómics e que lle gustaría escribir un.
Esperamoso que siga
escribindo moitos máis libros e, como non, gañando moitos máis premios.
Noelia Martínez Figueira, Andrea Iglesias Rodríguez, Sara Figueira Moares...