Inicio

  MANOLA TRONCOLA VAI DE FRAGA...

       

     

     Manola acabara coas entrevistas, e, entre todos, decidimos que xa era hora de comunicarlle a triste noticia... Manola é adoptada. Ela non o tomou a mal, porque xa deducira algo diferente entre ela e nós, e preguntou de onde viñera, nós dixésemoslle que non o sabiamos. A nosa querida amiga comezou a pensar todo o día, e acabou coa conclusión de que quería aprender máis sobre as árbores, ata investigar de cal procedía ela. E, como de costume, pediulle axuda aos alumnos de 1ºA, e así comezou a nosa investigación.

David Galbán Ces

A fraga de Manola

     Manola Troncola, a mascota de 1ºA durante todo este curso, viviu grandes aventuras, foi de vacacións, tivo unha desaparición que molestou moito e ata que a conseguimos non paramos… Tamén visitou aos traballadores de Rianxo, para coñecer como eran e todos os segredos dos traballos e,  agora, decidiu coñecer as árbores autóctonas de Galicia facendo a “Fraga de Manola” na que os alumnos de 1ºA  buscarán información sobre as árbores para que Manola as coñeza.  Un traballo moi interesante e curioso...

Francisco Hernández Varela

 

     Manola quería coñecer algunhas das árbores típicas de Galicia. Entón decidimos facer fichas dalgunhas árbores; pois ela quería coñecer de que árbore proviña… Nas fichas que fixemos puxemos fotos de árbores, e de paso trouxémolas á clase,  para sacarlle fotos con todas as árbores (a Manola)  e saber a cal se parecía máis. Ela como é tan tranquila, pensamos que pode ser que proveña do “tilo”, xa que está na clase e non di nin unha palabra.

Nerea Iglesias

A Fraga de Manola

     Manola está descubrindo moitas cousas, e agora tocoulle aprender algunhas das árbores que se encontran en Galicia. Por exemplo, o castiñeiro, o carballo, o piñeiro, o acivro etc. Todos estivemos buscando información sobre elas e agora veredes cousas que seguro que non sabiades.

Laura Conde

 

     Manola quere descansar un pouco despois de entrevistar a algúns traballadores de Rianxo. Agora quere facer algo un pouco máis tranquilo e relaxado. Como non sabía o que facer pediu a nosa opinión e dixémoslle que podía investigar un pouco sobre as árbores e fragas de toda Galicia. Creo que vai facer un moi bo traballo, coa nosa axuda, claro.

Sara García

O ACIVRO

     O acivro  (Ilex  aquifolium L.) é unha árbore perenne da familia aquifoliáceas. Medra en bosques no oeste, centro e sur de Europa. En Galicia dáse sobre todo nas zonas montañosas e chuviosas do centro e interior. Podemos atopalo tamén con frecuencia como planta ornamental nos xardíns, onde se dan numerosas variedades.

     Descrición: Tén unha altura de 2 a 5 m., aínda que hai exemplares de ata 15 m. A súa copa, cónica, tén forma de espiral con pólas ascendentes nas árbores novas, pero co tempo volvese mesta e irregular.

     Tradicións: Os celtas considerábano unha árbore sagrada, con capacidade para atraer a boa sorte. Segundo a tradición popular galega, cando un mozo quere namorar a unha moza, tiña que cortar unha póla de acivro ás doce da noite de SAN XOÁN, pasala trece veces baixo as ondas do mar mentres rezaba un credo de cada vez. Así a moza á que toque con esta póla, chamada aciviño, quedará namorada del sen remedio.

      A árbore Emprégase en moitos países como motivo ornamental dunrante as festas de NADAL, o que pode pór en perigoa propia existencia do acivro. A especie está protexida pola lei e o seu comercio ou extracción procedente de exmplares silvestres está prohido.

     Utilidade:    

     Alimento: os froitos do acivro son o único alimento durante o inverno da pita do monte (Tetrao urogallus)

     Uso medicinal:

     As follas úsanse como laxantes, e os froitos como purgantes ou eméticos (a pesar do perigo do seu uso). O acivro tamén é bo como diurético e contra a bronquite, a reuma e a artrite. Tamén se utilizou no tratamento das frieiras.

     Segundo o Padre Sobreira, os menciñeiros utilizaban o acivro para curar o torzón (cólico) dos cabalos, dándolles pequenos golpes cunha variña de acivro.

 

Rodrigo Figueira Couselo e David Lodeiro Leis

O CASTIÑEIRO

     O castiñeiro (Castanea sativa) é unha árbore caducifolia. Pódese atopar en toda Galicia. Os soutos son moi abundantes en Ourense e no sur de Lugo. O castiñeiro habita nos lugares frescos, sobre solos lixeiros e profundos. É unha especie cultivada desde hai moito tempo.

     Procede de Asia Menor e foi introducido polos romanos en moitos países mediterráneos (dado que co seu froito elaboraban pan para alimentar as súas tropas e alimento para os seus cabalos), e tamén o trouxeron a Galicia

     Descrición: O nome do castiñeiro procede da cidade turca Kastanon. Pode alcanzar os 30m de altura. O seu tronco é groso e con copa ancha. Os primeiros anos o crecemento do castiñeiro é lento. Ten unha vida longa. A folla do castiñeiro é caduca porque lle caen as follas no outono. A forma das follas é a seguinte: son estreitas e miden de 10 a 25cm de longo e 6cm de ancho. A súa forma é lanceolada e o bordo é dentado.

      As flores do castiñeiro nacen entre o mes de maio e xuño. As flores son espidas, non teñen sépalos nin pétalos.O froito do castiñeiro chámase castaña. Está cuberta polo ourizo. Dentro dun ourizo pode haber tres castañas.  Cando o froito madura o ourizo pártese en dous ou catro ocos e deixa caer as castaña

     Tradicións: De tódalas árbores que hai en Europa o castiñeiro é o que máis anos pode chegar a vivir. O máis famoso do mundo está en Catania (Italia) e dise que ten uns 3.000 anos. É a árbore viva máis vella de Europa. En Galicia pénsase que o castiñeiro máis vello é o de Pumbariños, no  concello de Manzaneda (Ourense)

     Utilidade: En Galicia é común comer as castañas nos magostos de outono. O "marrón-glacé" é un doce con receita francesa que aumenta enormemente o valor engadido. En Galicia só hai unha fábrica deste produto, en Ourense. Outros produtos tradicionais, como a augardente de castaña ou a crema de castañas, ou outros usos, como o reaproveitamento de biomasa, non conseguen frear a caída de produción e consumo desta especie que acompaña aos galegos desde hai dous milenios.    A súa madeira é moi apreciada  utilizase para facer mobles, bocois, xugos, trabes...                         

     O castiñeiro tradicionalmente utilizouse para o tratamento da diarrea e a tose. En uso externo para a curación de feridas. O castiñeiro é unha planta que contén moitos taninos.

Paula Baamonde Romero e Sara García Alcalde

O AGUACATE

     O aguacate (persea americana), provén de México, Colombia e Venezuela. Os primeiros españois que chegaron  a América bautizaron a este froito co nome de "pera das Indias", dada a súa semellanza externa coas peras españolas. Pertencente á familia Lauraceae. O froito é comestible, e a árbore é coñecida como, aguacate,cura, aguacate outarefa, dependendo da rexión. Algúns arqueólogos atoparon sementes do aguacate en Perú, que foron  enterradas  con  momias  no 750  a C.  e hai  evidencias de que esta árbore  foi cultivada  en México aproximadamente no 1.500 a.C. Logo  da  chegada dos  españois  e da  conquista de América, a especie estendeuse a outras partes do mundo.  Pode vivir moi ben en Rianxo e dar froitos  

     Descrición:A árbore pode alcanzar 20 m de altura. As follas son de cor  verde escuro. Están dispostas alternadamente. Teñen de  12 a 25 cm de lonxitude. As flores son minúsculas (5 a 10 mm de diámetro) dunha cor  amarela-verde. O froito ten forma de pera e pode pesar  de 100 a 1.000 g. A pel do froito é verde escura  e  ás veces  vermello, case  negro, dependendo  da  variedade e  madurez. O seu tamaño, aínda que dependendo da  variedade,  é  de case 7 a 20 cm de lonxitude  e o  seu  diámetro máximo está preto de 6 cm, cunha semente de centro grande (5 a 6,4 cm de lonxitude)

     Tradicións: O nome deste froito ten procedencia azteca e deriva da palabra -ahuacatl-, que fai  referencia a súa forma de testículo. Existe la  crenza popular de que pola súa forma e riqueza en vitamina E (relacionada coa  reprodución), ten propiedades afrodisíacas.

     O aguacate é un froito que xeralmente se emprega  a  modo de hortaliza ou verdura, de sabor delicado e de fácil consumo, rico en graxas monoinsaturadas,  antioxidantes e  minerais; aliadas da nosa  saúde. Tendo en conta ditas propiedades nutritivas, é moi recomendable para todos os segmentos da poboación: nenos,  xoves, adultos, deportistas, mulleres embarazadas, nais lactantes e persoas maiores.

     Ademais de ser un excelente alimento, dos aguacates maduros extraese un aceite, similar ao de oliva, que é moi utilizado na industria farmacéutica  e cosmética

Sarai Delgado Mariño e Laura Conde Iglesias

A AMEIXEIRA

     Nome: Ameixeira, Claudieira  ou cirola. Nome científico: Prunus domestica

     Hábitat: A súa orixe está situado no Caúcaso e Persia. Son abundantes en Galicia e tamén se encontran en gran parte de España. 

     Descrición: Trátase dunha árbore de folla caduca de tamaño mediano cunha altura máxima de 6 metros. A súa cortiza pardo-azulada  é brillante, produce ramas alternas, pequenas e delgadas. Sen pinchos. Follas pequenas, ovais, dentadas e con longos pecíolos. As flores son pedunculadas e brancas aparecendo antes que as follas. O froito é unha drupa que varía de tamaño e cor, aínda que normalmente é de cor morada. É unha especie froiteira cultivada desde antigo. Hai dous grandes grupos de variedades cultivadas. As denominadas europeas (Prunus domestica) e as asiáticas (Prunus salicina). Na actualidade son as variedades asiáticas as que máis se cultivan, un dos motivos é a menor necesidade de frío invernal destas variedades polo cal se pode cultivar en zonas menos frías e son máis precoces. Algunhas das variedades europeas son : Claudia, Agen, Fellemberg, Stanley, President, etc. Entre as xaponesas : Rede Beaut, Santa Rosa, Angeleno, Laroda etc. Actualmente  as variedades de ameixeira difundidas por España son unhas trinta , pero pódense agrupar en tres grupos segundo o  tempo  en que tardan os froitos en madurar.

     Tradicións: Diurética como é, recoméndase contra as afeccións de carácter inflamatorio das vías urinarias.É, aínda, "desobstruente" do fígado, "depurativa" do sangue e "desintoxicante" do aparello dixestivo, polo que se emprega con éxito nas afeccións febrís do estómago e do intestino. Tamén se recomendano tratamento das afeccións das vías respiratorias (anxinas, catarros etc...)

     Utilidade: Os seus froitos son consumidos tanto en fresco como en xugos e marmeladas.Tamén e poden ser usadas para conserva, xelea e doces.Deste  froito obtense por destilación diversos licores, destacando o denominado “Silvovica” en Bosnia- Herzegovina.Uso medicinal:Grazas ao seu contido en fibra (especialmente pectina), carboidratos, magnesio, sodio e potasio, a ameixa é laxativa. A ameixa fresca é indicada contra as hemorroides e a hipocondría

Nerea Iglesias Carou e Laura Losada Miguéns 

A NOGUEIRA

     As nogueiras ou croucheiras  (Juglans regia L.) son plantas da familia Juglandaceae. Son árbores de folla caduca, de 10 a 40 metros de alto, con follas pinnadas.

     As 21 especies do xénero espállanse polas zonas temperadas de Eurasia e, en América, dende o sueste de Canadá ata a Arxentina. O nome latino Juglans deriva de Jovis glans, "noces de Xúpiter". As nogueiras son usadas como alimento polas larvas de varios lepidópteros e coleópteros.

     A especie máis coñecida en Europa e a de máis importancia comercial é a nogueira común (Juglans regia). A nogueira negra (Juglans nigra) e común na súa área nativa do leste de Norteamérica e cultívase tamén noutras zonas do mundo. As noces son comestibles, pero máis pequenas que ás da Juglans regia e de casca moi dura. A nogueira xaponesa (Juglans atlantifolia) caracterízase polas súas noces redondas.

     Cultivos e usos:

     As dúas especies de máis importancia comercial son Juglans regia, pola madeira e as noces, e Juglans nigra, pola madeira principalmente. As esixencias das dúas especies son semellantes e ámbalas dúas son de cultivo frecuente en areas de clima temperado.

     As nogueiras precisan niveis de luz solar elevados e a produción mellora se están protexidas do vento. A utilización de plantas fixadoras do nitróxeno nos solos das plantacións de nogueira favorece o crecemento da árbore. Cando se cultivan para a produción de noces é preciso escoller plantas que sexan compatibles coa polinización, que adoitan ser máis produtivos que as “auto- fértiles”. Hai moitas variedades con diferentes pautas de crecemento, florecemento, sabor e groso de casca. En zonas setentrionais procúranse variedades que florezan máis tarde, para reducir as perdas causadas por xeadas en primavera.

     As noces de tódalas especies de nogueiras son comestibles, pero as que se aproveitan comercialmente son, en xeral, as da nogueira común, que son as de tamaño maior e de pel interior máis fina. As noces son ricas en aceite e pódense consumir crúas ou cociñadas. O aceite empregase a miúdo na pintura ó óleo. As noces son unha fonte de ácidos graxos omega-3 e demostráronse eficaces na redución do colesterol. Necesitan conservarse en fresco, xa que en condicións cálidas teñen tendencia a se pór rancias en poucas semanas.

     Nalgúns países as noces verdes consérvanse en vinagre coa súa casca. A noz e a casca son usados tamén para producir substancias para tinxir.

David Galbán Ces e Francisco Hernández Varela

O EUCALIPTO

     Eucalipto (Eucalyptus) é un xénero de árbores (e arbustos) da familia Myrtaceae. Existen preto de 700 especies nativas, sobre todo en Australia. Dise que foi Frei Rosendo Salvado (1814-1900), que evanxelizouAustralia, quen trouxo a árbore a Galicia a mediados do século XIX, malia que outras fontes aseguran que as nosas árbores foron importadas dende Portuga. Non hai coincidencia na data exacta da súa introdución. Actualmente están distribuídas na maior parte do mundo e debido ao seu rápido crecemento úsase en plantacións forestais para a industria de papel, madeira ou para facer produtos químicos, e para decorar.

      DESCRIPCIÓN:  É unha  árbore magnífica, espectacularmente  alta, pode chegar a 70 m de altura e 2 m de diámetro. Os eucaliptos foron descritos xa polos exploradores españois, portugueses e holandeses a finais do século XVI, tralas súas expedicións polas costas australianas. No século XVIII, estas expedicións foron acompañadas por botánicos e naturalistas que, seguindo o modelo de Linneo, recolleron exemplares da flora e fauna das terras exploradas, entre eles o material sobre o que o botánico francés L'Héritier describiu a especie en 1788, bautizándoa como eucalipto.

     CURIOSIDADES:  O  eucalipto vivo máis grande do  mundo é o  Icarus Dream  que  vive na illa australiana de Tasmania. Este exemplar de la especie regnans mide 97 metros de altura. Para facerse unha idea da súa  extraordinaria talla, este exemplar supera en catro metros á  Estatua da Liberdade de Nova York. En España, o eucalipto máis alto está en Galicia e, ademais, está considerado como a árbore máis grande do país. Este xigante da natureza vive ao norte da provincia de Lugo, concretamente no paraxe  Souto de Retorta. Coñecido como o "Avó de Chavín", este exemplar de E. globulus mide 71,40 metros de altura, 10,5 de perímetro  e  supera  os 130 anos.

     UTILIDADE: A principal utilidade é a da pasta de papel e a madeireira, aínda que tamén se emprega para a medicina. O aceite  das follas de eucalipto úsase como desconxestiónante , e para untar nas feridas, tamén se usa para as dores musculares e das articulacións e  para a herpes labial  . O   mel de eucalipto, producido a partir do seu néctar, é moi estimado. Do eucalipto pode extraerse tamén o xilitol, un alcohol de azucres amplamente utilizado como edulcorante na industria alimentaria, especialmente para facer goma de mascar.Os vapores de eucalipto son desinfectantes e serven para curar os refreados; para curar a diabetes  úsase o viño quente con estrugas e follas de eucalipto. Tamén se utiliza na medicina veterinaria popular: as espullas do gando cúranse con auga de eucalipto.

     

Diego Fernández Dieste e Pablo Alexandre Lorenzo Sebastiâo

O CARBALLO

     Carballo (Quercus robur) da familia das fagáceas.

     Descrición: É unha árbore de gran talla.A súa altura é moi variable, algúns son baixos e outros pasan dos 40 metros. A súa vida pode alcanzar os 1000 anos.

      Caracterízanse por ser árbores rexas e fortes.  O carballo é común en toda Galicia. É unha especie en regresión debido á  influencia humana, xa que foi e inda é substituída polo piñeiro e o eucalipto de máis rápido crecemento.Pódese atopar por tódolos lugares, o seu tronco dereito, a cortiza grisácea, as follas caedizas, simples alternas e membranosas; as flores  e o seu froito é un aquenio ovoide - oblongo.Chámase landra e mide entre 1-2 cms. Preséntase sobre un pedúnculo máis ou menos longo (4-8 cm) e cunha cúpula escamosa. Florece en abril ou  maio e da froito no outono: as landras, estas son aquenios protexidos por unha cúpula de escamas planas.

      Precisan climas cun mínimo de humidade 600 mm por ano.

      HÁBITAT:  Bosques caducifolios, en terreos profundos, frescos e soltos. Tamén é común en toda Galicia.

      O carballo  é unha árbore máxica e lendaria nas tradicións europeas. A máis grande, a máis forte, a árbore dos deuses. Segundo os celtas, todas as xuntanzas importantes tiñan que ter lugar baixo un carballo. O culto a esta árbore era como o culto ao fogar. Plinio di que os carballos precederon ós homes na creación

      O visco de carballo era recollido cunha grande cerimonia polos druídas, que logo na maceración, repartían esta “auga lustral” para sanar enfermidades e protexer dos males.

   Utilidade: A madeira do carballo é unha das madeiras comerciais máis apreciadas. A súa madeira é dura é de moi boa calidade e de difícil putrefacción, mesmo na auga, polo que foi usada para a construción naval, doelas dos bocois, etc. Tamén se utiliza en carpintería e ebanistería. Nas casas metíanse para trabes, puntós e táboas  para o piso. A súa leña ten un alto poder calorífico (carbón).

     A cortiza contén taninos de utilidade para curtir peles e posúe propiedades astrinxentes

Marcos Gómez Ramos e Francisco Hernández Varela

O LIMOEIRO

     O limoeiro ( citrus limonum) é unha pequenaárbore perenne, da familia das rutáceas

     Descrición: Pode alcanzar os 6 m de altura; posúe cortiza lisa e madeira dura e amarelenta . Forma unha copa aberta con gran profusión de pólas, as súas follas son elípticas, coriáceas de cor verde mate (de 5 a 10 cm), acabadas en punta e con bordos ondulados ou finamente dentados. As aromáticas flores presentan grosos pétalos brancos tinxidos de rosa ou violeta na parte externa, con numerosos estames (20-40). Surxen  illadas ou formando pares a partir de xemas coloradas.

     O limoeiro é orixinario de Asia. O seu cultivo non foi desenvolvido no oeste até despois da conquista árabe, estendéndose entón por toda a costa mediterránea onde se cultiva abundantemente, debido á benignidade do clima,  para consumo interno e de exportación. Cultívase moito en Galicia, sobre todo no litoral. Hai moitos  no concello de Rianxo.

     Existe unha ampla gama de variedades de limoeiros, existindo limóns doces (máis grandes e con pel agradábel) e limóns de tamaño medio (máis agres). Hai variedades de colleita estacional (no outono e inverno), e hai outros de colleita perpetua (case todo o ano).

     Tamén hai variedades delima, que son uns pequenos limóns de cor verde e moito máis agres. En América son moi populares.

   Tradicións: A mitoloxía grega fálanos da existencia dun “árbore das mazáns de ouro”, que era a xoia do mitolóxico xardín das hespérides. Esta árbore -que era custodiada por ladón, un dragón-serpe-, representábao como un laranxeiro ou un limoeiro.

   Utilidade: O seu froito, o limón, posúe un alto contido en vitamina C  (501,6 miligramos) e ácido cítrico (49,88 gramos) por litro. Utilízase para elaborar sobremesas ou bebidas naturais como a limoada .  Mestura ben o seu zume cos mexillóns. Era moi utilizado entre os antigos mariñeiros que pasaban longos períodos no mar sen acceso a outras froitas ou hortalizas, para evitar o escorbuto.  A madeira é  moi apreciada para traballos de ebanistaría.

Nuria Muñiz Ordóñez e Jennifer Riobó Abuín 

A NESPEREIRA

     A nespereira é a árbore que da como froito a néspera/manolito.. A grandes trazos  diferéncianse dous tipos de nespereira, do Xapón ou común (Eriobotryae Japonica Lindl) e a europea (Mespilus germanica), ambas da mesma familia botánica (Rosáceas), pero de distinto xénero e características.

   Orixe: Aínda que nativa do sueste de China, a nespereira veu a Europa de Xapón no século XVIII (grazas aos mariñeiros mercantes que recorrían as rutas de oriente) como unha árbore ornamental. No século XIX, iniciouse o consumo das súas froitas na rexión do Mediterráneo, onde se adaptou ben a áreas de cultivo de cítricos. Danse ben en Rianxo onde moitos veciños/as chámanlles “Manoleiros”/"Manoliteiros" ás nespereiras.

   Descrición: árbore alta (6-9 m),  de redondeada coroa, tronco curto con ramas de abaixo para alto.Folla: árbore perenne con follas coriáceas, subsentadas moi longas e grandes, lanceoladas. A floración ( con flores brancas)  ocorre a finais do outono ou inverno, de outubro a febreiro, os froitos madurecen de abril a xuño. A néspera europea presenta un sabor áspero y agridoce, debido principalmente ao seu  gran contido en taninos, o que impide  o seu consumo en fresco, sendo máis apreciada neste sentido a néspera do Xapón, de sabor máis suave e menos astrínxente.

   Curiosidades: Como a maioría das plantas relacionadas, a semente e as follas máis novas son levemente velenosas por conteren unha pequena cantidade de glicósidos cianoxénicos que producen cianato cando  son dixeridos, pero a pequena concentración e o sabor amargo xeralmente preveñen de que unha cantidade   que poda facer mal sexa consumida.

   Utilidade: A néspera pode ser  consumida ao natural e tamén combina ben con  outras froitas frescas ou en ensalada de froitas. Tamén son  usadas para xeleas e son moi  apreciadas en compotas. Un tipo de nésperas cocidas é usado namedicina tradicional como expectorante para calmar a gorxa. As nésperas poden  tamén  ser usadas para facer licor ou viño.

   As árbores de néspera medran moito e, por iso, tamén son  cultivadas como árbores ornamentais pola súa cor, frondosidade, etc

Iria Alcalde Sobradelo e Ana Carou Varela

 

O PIÑEIRO

     O piñeiro é un xénero de árbores ( raramente arbustos) perennes da familia Pinaceae e da subfamilia Pinoideae, e xa que logo abrangue diversas especies, a maior parte delas nativas do hemisferio Norte. O piñeiro pertence ao xénero Pinus.

     Descrición:A copa pode ser piramidal ou redondeada e, nas árbores adultas, ancha e deprimida. Os estróbilos ou 'piñas' presentan escamas persistentes. As sementes son aladas coa testa máis ou menos lignificada. Ás veces son comestíbeis (piñóns).Os piñeiros producen resina. A casca da maioría dos piñeiros é grosa e nalgunhas especies é escamosa. Os piñeiros teñen catro tipos de follas que van aparecendo progresivamente na planta:follas de sementes (cotiledóns),follas xuvenís nas plantas novas, follas protectoras, que substitúen as anteriores,as follas adultas ou agullas. Os piñeiros son monoicos, é dicir, conteñen órganos masculinos e femininos (conos) na mesma árbore. 

    Hábitat: Os piñeiros desenvólvense ben nos solos ácidos e algúns tamén nos solos calcáreos; a grande maioría require solos ben drenados, é dicir, máis ben areosos. Son, na súa maioría, nativos do Hemisferio Norte. En América do Norte, con diversidade máis alta en México e en California. En Eurasia, aparecen dende Portugal e o leste de Escocia ata o extremo oriental de Rusia, Xapón, norte deÁfrica, ou O Himalaia.

     Tradicións: Algunhas especies úsanse como árbores de Nadal e as súas piñas (conos con piñóns) e ramos empréganse adoito en decoracións. Existe unha longa tradición oriental, especialmente na China e no Xapón, e ben difundida entre as culturas occidentais modernas, de cultivar miniaturas artísticas das máis diversas especies de piñeiros, os bonsais, un termo emprestado do xaponés.

     Utilidade: O piñeiro é a especie comercialmente máis importante para a produción de madeira nas rexións temperadas e tropicais do planeta. Moitos deles son utilizados como materia prima para a produción da celulosa,  que se emprega na fabricación depapel. A resina dalgunhas especies é importante fonte de brea da cal se extrae trementina e outros aceites esenciais. Algunhas especies teñen sementes comestíbeis que se poden cociñar ou asar.. Moitos piñeiros úsanse tamén como plantas ornamentais en parques e xardíns, en especial as especies ananas.

David Lobato Rey e Samuel Iglesias Rodríguez

    O SALGUEIRO

       O salgueiro ( salix ) pertence a familia Salicaceae. É unha árbore de folla perenne. Os salgueiros distribúense polas zonas frías e trempradas do Hemisferio Norte principalmente en terras húmidas. Algunhas especies, en especial as árticas e alpinas, son arbustos de crecemento baixo ou rastreiro como o salgueiro que Carlos Linneo considerou a árbore máis pequena do mundo que non superaba os 6cm de altura aínda que se extendía lixeiramente  polo solo.

     Descrición: o salgueiro pode chegar a medir uns 35 metros. A corteza do seu tronco é acuosa e a  madeira dura, flexible e normalmente suave. O salgueiro posúe delgadas e fibrosas ramas que conteñen numerosas follas estreitas, alongadas e normalmente serradas.

          Usos medicinais: a corteza do salgueiro foi mencionada nos antigos textos de Asiria, Sumeria e Exipto como un remedio contra as dores e febre e que o médico grego Hipócrates escribeu sobre as súas propiedades medicinais no siglo V a. C. Os indíxenas  americanos centraron nela a base dos seus tratamentos medicinais.

              Curiosidades: en 1897 un farmacéutico francés descubreu que esta medicina era inflamable. Isto deulle unha grande importancia ao clasificarse como medicamento non esteroideo  antiinflamatorio.

Fátima Ordóñez Muñiz

 a SOBREIRA

     A sobreira (Quercus suber ) é unha árbore da familia do Carballo e a aciñeira. Cultivada no sur de Europa e no norte de África e a partir do cal é o único medio de onde se pode extraer a cortiza.

     Descrición:  É una  árbore de folla perenne  e tamaño medio, rara vez alcanza os 20m. Tronco groso e copa amplia. as súas follas son simple entre 2,5 e 10 cm de longo entre 1,2 e 6,5cm de ancho de forma denticular perenne, verde escura con nervación principal algo sinuosa e nerviación entre 5 e 8 pares de canais,sen pelos e con estípulas caducas.

       Florece por abril ou maio. As landras maduran de setembro a febreiro e serven de alimento a distintos animais.

       Hábitat: terras desprovistas de cal e climas suavizados pola influencia do mar, algo húmedos e sin xeadas. Desde o nivel do mar ata mil metros.

     Curiosidades:   A Quercus súber é a única quercínea produtora de cortiza da rexión mediterránea. Entre as características que o distinguen dos demais carballos, sobresaen: - A capacidade de rexenerar a súa cortiza, 

                                 - A homoxeneidade e pureza do tecido suberoso e as súas notables propiedades físicas, mecánicas e química

        La casca é moi rica en taninos polo que se utiliza para curtir coiros.s

       Ademais de cultivada, a sobreira é unha especie natural e autóctona da Península Ibérica; En España e Portugal formou frondosos bosques en asociación con outras especies de quercíneas (quercentum), por iso se tén dito que é unha árbore de clima mediterráneo.

Andrea Refojo Otero

A CERDEIRA / CEREIXEIRA

     A cerdeira ou cereixeira (e cereixal na maior parte do dominio do galego oriental), (Prunus cerasus) é unha árbore que pertence á familia das Rosaceae e ao xénero Prunus (como as amendoeiras, os pexegueiros, as ameixeiras, e os albaricoqueiros). Hai varios tipos de cerdeiras:  cerdeira común, gregoriana, silvestre, xaponesa... 

     Esta árbore é orixinaria de Europa e de Asia occidental.

     Descrición: É unha árbore caducifolia  que pode acadar ata os 25 m de altura, coa casca lisa  de cor marrón avermellado. As follas de 7 a 12 cm coa marxe irregularmente serrada. Flores brancas de 2 a 3 cm de diámetro que aparecen antes ou ao tempo que as follas.

     Hábitat: Existen grandes hortas comerciais desde a Península Ibérica ata  Anatolia e as cerdeiras cultívanse ata Gran Bretaña e o sur de Escandinavia. En América do Norte as doces cultívanse sobre todo no oeste e as ácidas na rexión dos Grandes Lagos.

     Curiosidades: As cerdeiras plántanse moitas veces polas súas flores que aparecen na primavera. Unhas variedades ornamentais teñen os estames transformados en pétalos adicionais, así que non dan froitas senón que se cultivan só polo seu valor decorativo. En especial, o xaponés  (sakura) é un símbolo nacional celebrado na festa anual "Hanami".

     Utilidade: O fruto das cerdeiras son as cereixas, de  forma redonda, cor vermella e carne doce con moito zume, que están unidas á árbore  por un rabo delgado e longo. A cereixa é un froito que pode consumirse fresco ou empregarse na elaboración de tortas, mousses, marmeladas e compotas. Tamén hai cereixas en conserva. Hai que as mete en augardente de viño e delas pode facerse un viño que destilado proporciona un licor denominado Kirsch.  A madeira das cerdeiras é dura e de cor castaña clara, e úsase para a fabricación de mobles.

David Lodeiro Leis e Ivan Figueira Rodríguez

 

O CIPRÉS

     Descrición:O ciprés é unha árbore de folla perenne da familia das Cupresáceas. Poden chegar a medir entre 25 e 30 metros; aínda que tamén poden chegar aos 35 metros.

   Orixe: é orixinal de rexións do leste mediterráneo. O ciprés común foi cultivado no mundo greco-romano, comverténdose nun elemento común do xardín mediterráneo; os gregos considerábano como símbolo da beleza feminina ademais de como funerario.

    En Galicia o seu uso decorativo era frecuente nos pazos e nos camposantos: "Capela, pombal e ciprés, pazo é".

   Tamén se emprega para formar valos vexetais.

  Usos: A madeira do ciprés común utilizase en ebanistería fina, carpintería, construción e escultura.

Uxía Rial Brea

 

AS HERBAS DE SAN XOÁN

     Manola Troncola seguía co seu afán de coñecer novos costumes. Íase achegando o día no que se celebra a festa de San Xoán. Unha amiga súa explicoulle que era unha festa pagana que se celebra na noite do 23 ao 24 de Xuño, que se fai de distinto modo dependendo do país que se celebre. A Manola pareceulle moi interesante e quixo averiguar máis. A súa amiga díxolle que si quería podía quedar con ela para poder ver a fogueira  e pola mañá, lavar a cara coa auga aromatizada polas herbas de San Xoán. A Manola gustoulle a idea e decidiu quedar con ela.

     A vésperas da festa, pola tardiña, foron coller: lavanda, tomiño, chopo branco, hortensias, herba luísa, abelleira...

     O que non sabía Manola era que a súa amiga tiña unha pequena sorpresa para ela. Chegou a noite, e xa podían ver os primeiors lumes nos que se asaban as sardiñas que se acompañaban con pan de millo. Que ricas estaban!  "En San Xoán, a sardiña molla o pan"

     Chegou a medianoite e as cacharelas deron luz nesta noite máxica. Cando xa estaban ao carón da fogueira viu como  numerosas persoas saltaban a fogueira. Ela tamén quería, pero era moi grande. "Fogueira de San Xoán, que non pase cadela nin can" 

     Chegou a hora de ir para a casa. As dúas marcharon, pero antes de ir a durmir, romperon un ovo e puxeron a clara nun vaso con auga. Á mañá seguinte, madrugaron polo refrán: "  No día de San Xoán baila o sol pola mañán", viron que a clara tiña forma de flor, ou era de vela, ou de lúa nun ceo estrelado ou.... Que máis daba! Era o que era ou o que cada un de nós imaxinaba. 

     A Manola parecíalle un pouco raro lavar a cara coa auga na que botaran aquelas herbas, pero ao final decidiu facelo e puido ulir aquel recendo que desprendían. As herbas poranse a secar e irán a un lume purificador.

     Manola Troncola sempre lembraríá o seu San Xoán rianxeiro!.   

     

                                

María Teresa Novo García, Fátima Ordóñez Muñiz, Uxía Rial Brea

 

      Eva Castaño Torrado naceu en Asados (Rianxo) en 1975. Estudou o Bacharelato no I.E.S Felix Muriel de Rianxo e Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela.

     -Que traballos realizaches relacionados coa túa carreira?

     -Fun técnica de medio ambiente en concellos.

     -Que fai un técnico de medio ambiente en concellos?

     -Xestiona aquelas cuestións sobre o medio ambiente no Concello como o control de verquidos, proxectos medioambientais, estudos de impacto ambiental de actuacións ou intervencións, educación ambiental... Sobre a educación ambiental realizamos unha campaña de sensibilización sobre os residuos en colexios e instituto.

     -Ensinámoslle a páxina na que fomos expoñendo os traballos e quixo dicirnos algo máis sobre estas árbores:

O acivro

     -Tamén se emprega como planta ornamental. Esta árbore coñécese polo Nadal. Tén pés machos e femias, en Galicia hai bosques que conservan unha gran diversidade, por iso son importantes.

A ameixeira

     -Encántame a ameixeira hai moitas variedades, pero estas fóronse perdendo, a máis común tentase de recuperar.

Carballo

     -É unha árbore típica de Galicia onde se consevan grandes carballeiras. A súa follaxe é moi empregada cando se quere dar ambiente galego.

     Démonos conta de que Manola procede dun tilo e decidimos preguntarlle a esta bióloga para coñecer un un pouco da nosa amiga.

     -É unha árbore que se usa fundamentalmente de maneira ornamental. A forma de agruparse as súas flores chámase inflorescencia.

     -Que enfermidades pode ter un tilo?

     -Coma calquera outro arbore, as principais enfermidades son fungos. Tamén lle poden afectar os insectos. A mellor forma de prevención de enfermidades dos vexetais, é a prevención integrada dado que actualmente case só se usan herbicidas ou pesticidas

     -Que é a prevención integrada?

     -É combinar tratamentos ecolóxicos con tratamentos tradicionais.

     -Cales son os principais riscos medio ambientais?

     -Os principais riscos ambientais son os producidos polas accións humanas, como por exemplo os incendios, a contaminación... sobre todo a contaminación mariña, que parece que non inflúe pero sen embargo é unha das contaminacións máis importantes, pode limitar a biodiversidade e facer que algunhas especies de aves emigren, e que moitos peixes morran por causa dos vertidos.

     -Que consecuencias medioambientais tivo o prestige en Galicia?

     -A pesar de moitas, moi malas; tivo unha boa, que foi espertar unha lección de conciencia nas persoas, aínda que seguimos igual que no 2003 (ano no que foi o prestige). Pero ao fin e ao cabo parece que non foi tan grave como parecía. Foron moitas persoas axudar a limpar praias. Pero non se sabe si vai haber un acúmulo de materiais pesados (son os que non se degradan) nos corpos dos animais mariños.

     -Que con secuencias tivo en Rianxo?

     -Non tivo moitas consecuencias; a Rianxo non chegou moito chapapote.  Sen embargo chegou moito ás praias de Sálvora

     -Cales son as árbores que mais che gusta?

     -O laranxo.

     -E as hortalizas?

     -As hortalizas gústanme todas.

     -Que porías na entrada de Rianxo?

     -Plantaría unha sebe de buxos.

     Despedímonos de Eva agradecéndolle o tempo que non dedícara, cando...

     -Eva, cantos mobles de “castaño” tés na casa? - deixou caer Manola Troncola

     -Ningún, pero teño pensado comprar algún. (ha, ha, ha)

Laura Losada Miguéns