E TI, QUEN VES SENDO E QUE FAS?
![]() Manola Troncola fala con: Amancio Losada Vicente
No ano 1963 nace en Rianxo Amancio Losada Vicente, estuda no colexio público
de Rianxo e no Instituto de Padrón (cando aínda non existía instituto na localidade).
En 1990 acada o titulo de arquitecto pola ETSA de A Coruña e gaña o premio COAG
fin de carreira co tema: Biblioteca Nacional na Horta de San Martiño
Pinario en Santiago de Compostela.
En 1993 crea un estudo de arquitectura en Rianxo, adicado á realización de
proxectos de arquitectura e urbanismo así como á dirección de obra.
No 1995 consegue o Dolmen de Ouro, concedido pola Federación de
Empresarios do Barbanza, polo uso da lingua galega, na empresa.
-Redactar proxectos para todo tipo
de obras de edificación e de urbanización .Tamén se dedica á planificación
do territorio mediante a elaboración de plans de ámbito territorial .
-Que te levou a estudar arquitectura?
-Gustábame proxectar, imaxinar cousas que despois podían construírse .Gustábame
ver como as cousas que se debuxaban nun papel, pasaban a ser edificios reais nos
que un podía recuperar os espazos que tiña imaxinado .
-O Pazo de Martelo é dos máis bonitos e importantes. É Monumento
Nacional. É una pena que estea tan
mutilado. Velo nos debuxos antigos coa súa torre e almeas, impresiona. Pero
para min, un dos máis bonitos é una
pequena capela que hai no San Pedro de Vilas .
-O primeiro é redactar o proxecto. Iso xa require pasar por varias fases onde se
materializa a idea inicial e se vai dando forma e adaptándoa as necesidades do
uso. A obra de arquitectura tén unha compoñente funcional e construtiva que
deben de conxugarse coa compoñente estética. Unha vez feito o proxecto, hai una
serie de trámites administrativos que hai que cumprir antes de empezar a
construír . A execución material da obra, é a derradeira fase. O tempo que se
tarda en rematar todo o proceso é moi variado
e depende da complexidade do proxecto. Hai proxectos que en menos dun ano poden
pasar da idea inicial a plasmarse na realidade, e outros poden tardar varios
anos.
-Hai varios edificios que son necesarios ( vivendas sociais, centro de día ,
… ) pero sobre todo conseguir a musealización da obra literaria dos
rianxeiros ilustres. Xa se comezou coa Casa de Manuel Antonio, pero completar o
proxecto da Academia Literaria, que inclúe as Casas de Dieste e Castelao e o
Pazo de Martelo, sería
moi importante para Rianxo .
No eido deportivo, cubriuse gran parte da demanda (piscina, campos de fútbol ,
polideportivas descubertas ,…). Penso que o que se necesitan son espazos para
a realización d
-Hai uns anos tirouse o edificio do mercado que estaba na praza da Manuela. Foi
una actuación que recuperou un espazo público ao lado do mar que cambiou de
forma significativa todo o paseo da Ribeira. Fronte á capela de Guadalupe, hai
un edificio que se pretende derrubar e que aportaría unha mellora moi
importante na entrada de Rianxo e ao entorno da Capela .
-Que porías ti na entrada de
Rianxo?
-Eu poría unha poesía. Pero iso non é fácil de plasmar. A entrada e a saída
dunha vila como Rianxo, debería
plasmarse dunha forma moi sutil, o
mellor referencias
coas estreliñas, cos ronseis ou
con vellos namorados. Non sería fácil, pero
sería un proxecto bonito de facer.
-Que materiais son os máis axeitados para construír en Rianxo?
-Os materiais nobres como a pedra, a forxa e a madeira poden ser adecuados. Non só
utilizados da maneira tradicional, se non tamén como aposta de linguaxes máis
contemporáneos. Pero os materiais non son inadecuados en si mesmos. Non hai
que poñer reparos á incorporación doutros
materiais. Utilizados coa
sensibilidade axeitada, poden conseguirse resultados de gran calidade .
-Como convencerías a Manola para que se quede a vivir en Rianxo?
-Levaríaa a pasear pola ribeira, un día de vento ao mar, ou un
día de calma chicha. Mesmo valería
un día de temporal de abaixo. Despois diríalle de pasear polas rúas e
ir polo Cabo da Vila, pola
Praciña, pola Praza da Fonte e poñeríaa a
debuxar, sentada no chán,
na Praza da Igrexa. Aí, un namorase de
Rianxo . Laura Losada e Nerea Iglesias
|
Manola Troncola fala con: José Francisco Domínguez Santos Estes días pasados Manola Troncola andaba moi preocupada por se se poñía mala estando en Rianxo. Para tranquilizala, sabendo que se fora o caso, estaría en boas mans, presentámoslle a un amigo noso que é veterinario. José Francisco Domínguez Santos, naceu en 1960 e estudou a carreira de veterinario. Tivo con nós as tres (Carla, Paula e Manola) unha moi interesante charla.
-Como te
decidiches por esta Profesión? -Foi de casualidade…
-Pero, gústache este oficio. -Si.
-En que consiste a túa profesión ? -En atender aos animais.
-Para ser veterinario, cales foron as
principais materias que tiveches que
estudar? -Patoloxía médica e Anatomía.
-Ti tés animais?
-Si.
-Que animais soes curar? -Cans, gatos, vacas, cabalos, ovellas, porcos, burros, cabuxas, tartarugas, galiñas, furóns, iguanas, etc.
-Que sentes ó curar un animal? -Unha grande satisfacción.
-Se queremos ter un animal, que
precisamos?
-Depende do animal que sexa o que queirades ter. Pero hai que asumir sempre unha
serie de responsabilidades…
-Cales son os principais problemas
dos animais domésticos como por exemplo o gato?. -Os atropelos e o veleno. Ademais poden ter catarros ou outras enfermidades como as persoas.
-No noso entorno,
sabes dalgún animal que
estea en perigo de se extinguir? -Os burros.
-Cal foi o animal máis raro que
atendiches nos teus anos de profesión? -Unha víbora e un elefante.
-Podes explicarnos que é a rabia? -É unha zoonose. Unha doenza infecciosa aguda, orixinada por un virus, que se manifesta en alteracións dos centros nerviosos e das glándulas salivares. É unha enfermidade que padecen animais e homes tamén. Hai 45 anos que en España non hai, pero noutros países aínda a hai.
-Que é a gripe aviar? -É unha infección respiratoria, producida por un virus, que afecta a diversas especies de aves.
-Por que
as persoas controladoras de carne ou peixe saben se
os podemos consumir e
están ben? -Porque son especialistas. Fan inspeccións directas dos produtos. Cando se considera oportuno, fanse unha serie de análises para ver o estado dos alimentos que saen ós mercados. -Agradecémoslle a José Francisco o tempo que se parou con nós e marchamos moi contentas, porque a nosa amiga Manola pode estar tranquila en Rianxo, pois ante calquera problema de saúde, sabe que conta cun bo veterinario. Carla Dasilva Cebreiro e Paula Trigo Rey |
Manola Troncola fala con: Enrique García Moure
Enrique García Moure,
naceu o 15 de xullo de 1958 en
Catoira (Pontevedra) o seu traballo era de torneiro. -Explícanos
o que fan os torneiros. -Todo
tipo de pezas para maquinaria industrial. -Como
aprendiches o oficio? -Polo
P.P.O (antiga F.P). -Que
materias usabas no teu posto de traballo? -Metais:
ferro, aceiro,
bronce,
latón,
cobre,
nailon,etc… -Que
ferramentas usabas no teu posto de traballo? -Coitelas,
brocas,limas,etc… -En
que lugares traballaches? -Sempre
no mesmo, en Irmáns
Longa, pero
despois cambiouse o nome a Talleres
J Longa. -Cale
é a peza máis difícil de facer? -A
esfera. -Se
Manola quere traballar de torneira,
a onde a mandarías traballar? -Agora
mesmo, estaría
no paro. -Porque
traballaches nisto? -Porque
me gustaba
e porque era unha
saída de comezar á traballar. -De
que che gustaría traballar se non fose de torneiro?
Por
que? -De
ebanista. Porque
é artesanía. -Que
diferenzas hai en traballar con madeira ou aceiro? -Que
as ferramentas de corte duran máis coa
madeira,e a precisión coa
que se traballa é mellor que co aceiro. -Ata
cando traballaches de torneiro? -Ata
fai 11 anos, no
2001 parei de traballar. -Que
futuro ves para este oficio? -Si,
ten futuro porque hai algunhas pezas que se necesitan reparar con persoas. -Agora
vives en Rianxo, queremos animar a Manola para que se quede neste pobo, ti poderíasnos
dicir, que é o que máis che gusta de Rianxo? -A
Ribeira. -Que
porías na entrada de Rianxo? -A
min non me desgusta o pavo real. -Que
opinas da crise actual? -Todo
o que está ocorrendo é por culpa dos políticos porque non hai esquerda nin
dereita nin centro.
Ás veces dánme
ganas de converterme en ácrata. -Que
nos recomendas á
xente nova? -Estudade
moitísimo porque todo o
estudo non é suficiente. -Grazas por todo o tempo que nos dedicaches e ata outra visita que che fagamos. Manola e moitos compañeiros sabemos máis cousas da profesión dos torneiros. Paula
Baamonde Romero e Sara García Alcalde |
Manola Troncola fala con: Yaiza
Ageitos Sobradelo Yaiza Ageitos Sobradelo naceu o 8 de xullo de 1988 en Rianxo -Tés máis estudos aparte do de interprete? -Maxisterio de primaria e actualmente grado de pedagoxia -Porque decidiches estudar isto? -Porque fixen un curso de iniciación, gustoume e fixen un ciclo superior de iniciacion de lingua de signos española (LSE) -En que consiste o teu traballo? -Estou nunha asociación de xordos e eles veñen a pedir servizos para que vaiamos a interpretar as súas xestións da vida diaria
-Tiveches que ir á universidade? -Non porque é un ciclo superior que se estuda nun instituto -Cantos anos estudaches ? -Estudiei 2 anos. Son 5 meses teóricos e 1 de prácticas -Onde fixeches as prácticas ? -Na asociacion de xordos de Ourense -Pasalo ben falando cos xordos ? Por que? -Si, porque é unha lingua en desenvolvemento e sempre aprendes algo novo
-Como foi o teu preimeiro día de traballo? -Moi difícil, porque ao rematar os estudos non saes co nivel suficiente -De pequena non pensaches en traballar noutra cousa? Cal? -Si, quería facer hosteleria profesional -Costouche moito aprender a súa lingua? -Aprender a súa lingua non é complicado, o difícil e interpretala simultaneamente -Que roupa tés que levas para traballar? -Eu como interprete teño que levar roupa escura para que se me destaquen as mans e os interpretes negros roupa clara -Cales son os teus usuarios? -Persoas xordas: o termo xordo-mudo aínda que está moi estendido está mal utilizado. Porque o seu sistema fonador non está danado e hai moitos sistemas para ensinarlles a falar Persoas oíntes: por exemplo se hai unha charla no concello poden pedir un servizo de interprete se hai algun asistente xordo Persoas xordo-cegas: eles utilizan a lingua de signos apoiada -Que é a lingua de signos apoiada? -A lingua de signos, aínda que moita xente o crea así, non é universal. Aquí falamos lingua de signos española. E a lingua de signos apoiada é a lingua de signos española pero tocando as mans -Que lle dirías a Manola para que se quedase a traballar no teu oficio en Rianxo? -Pois que ensinar LSE é outra das facetas das interpretes e podería facelo en Rianxo como actividade extraescolar no Instituto Iria Alcalde Sobradelo e Ana Carou Varela |
Manola Troncola fala con: DON PACO
Nome: Francisco Pena Calvar
Idade: 60 anos Don Paco é o noso profesor. Manola xa ten estado nas súas clases, pero quere saber algo máis del. Para satisfacer a curiosidade de Manolita fixémoslle estas preguntas: 02- Cantos anos tiñas cando entraches e cantos cando saíches?
-Si, bastante. -Moitas, unha era: Cando viña o cardeal, comíase moi ben. 19- Poden botarte de cura? Este é o noso cura. Manola tén claro que cando precise dun cura, este será don Paco. Samuel Iglesias Rodríguez e David Lobato Rey |
Manola Troncola fala con: Bernardo Figueira González Naceu o 20 de agosto de 1984 en Rianxo, fillo de Vicenta e Bernardo, ten 4 irmáns. Estudou no Lamas de Abade (Santiago de Compostela) ata 2002. Empezou a traballar no “Paz Nogueira” ata 2003 cando cambia para a cadea de “Ocotels”. En 2008 foi para Brasil e ao volver entrou no “Hotel Rio Azor” no que se encontra actualmente 1.- Por que decidiches facerte cociñeiro? -Porque
me gusta moito a cociña 2.- Acertaches co teu oficio? -Si 3.-Que é o que máis che gusta del? -Anovar pratos. 4.-Que prefires inventar comidas ou seguir receitas? -Inventar comidas, que é no que consiste o meu traballo 5.-En que cociñas traballaches? -Paz Nogueira, Hotel Cachalote, Galatea, Katiuska, Riazor, Miramar, Garagalli, Ver bar e Punta Luceiro. 6.-En que outros restaurantes che gustaría traballar?
No que estou;
estase bastante ben. 7.-Onde sería o sitio ideal para traballar? -Brasil. 8.- Cal é a comida típica de Brasil ? -Feixoada (Fabas negras, con zume de laranxa e cachos de porco) 9.-Que tés que facer ao longo do día? -Darlle de comer a unha media de 60 persoas diaria.
10.-De onde
conseguides tanta comida? -Comprámola a través de provedores 11.- Cantas persoas traballan contigo ? -Neste momento eu só, pero no verán traballo con 4 persoas. 12.- Cal é o teu prato de comida favorito?
A vieira en pan de
boroa. Está riquísima
(Manola
afía os dentes...) 13.-Poderías dicirnos un prato típico de Rianxo? - Empanada de millo con xoubas ou con xoubiñas (Manola xa non pode máis...) 14.- Algunha vez tiveches algún problema na cociña? -Un incendio a través da lavandería e tiven que apagalo eu. Deixaron a roupa onda un enchufe, caeu auga encima e prendeu todo...
15.- Cociñaches
para algún famoso ? Para quen? -Si: Fraga, Isabel Gemio, Bustamante, El Sueño de Morfeo, Rosendo, Chenoa, Manolo Escobar, Georgina Santos, para os actores de “El barco” etc... Manola é moi curiosa… Non para ata que lle preguntamos 16.- Algunha vez caeuche a comida e volvíchela a poñer no prato para servila? -Non, non colle na cabeza de ninguén facer iso. ( Para que se chinche Manola). 17.- Que é o que mais che sole pedir a xente para comer? -Peixe, dado que traballo ao lado da praia 8.-Se che deran a oportunidade de saír de España para traballar, aceptaría? Tería que ver as condicións laborais, pero, si. Manola segue coa teima de saber cousas de Rianxo. Quere saber o que pensa Bernardo e sobre todo sacarlle unha receita pola cara… O bo de Bernardo moito ten que aguantar con Manola! 19.- Que porías na entrada de Rianxo? -Unha estatua de Castelao, xa que Rianxo é famoso por el. 20.- Cal é a rúa que máis che gusta de Rianxo ? Por que? -A Praciña, porqué é a zona mais vella. A receita que máis lle gusta a Bernardo é “Vieiras en pan de boroa” (aquí a temos) 1 vieira/ media cebola/ allo/ tomate verde frito/ pemento doce/ viño branco/ alioli/ boroa. Nunha tixola fritimos o allo co aceite e a cebola, cando estea cocida botamos viño branco e deixamos reducir. Engadimos salsa de tomate e pemento doce e con esa salsa cubrimos a vieira, cubrímola con alioli e desbroamos pan de boroa encima. Metémola no forno 7 minutos a 200ºC e listo!! Laura Conde Iglesias e Sarai Delgado Mariño |
Aurora Lijó Dávila Sergio,
Óscar e Manola en Xefatura (Desta vez por algo bo). Manola
xa leva uns meses no noso IES e aínda non tivo a
oportunidade de visitar a Xefatura de Estudos. Xa sabemos o “sabicha”
que é, polo que lle pediu a dous
amigos de Aurora que a acompañaran para saber “algo máis” da Xefa. Nome: Aurora Lijó Dávila. Nacín na Pobra Do Caramiñal, xa levo bastante tempo sendo moza. De pequena gustábame moito xogar ó “escondite” e ir aos morotes. Estudei na unitaria da miña aldea, despois fun para o Colexio e o Instituto de Ribeira, que daquela era o único que había, ese máis o de Padrón, fun á Universidade de Santiago e desde o 88 traballo de profesora de Relixión. Encántame cociñar. -A parte que máis traballo me dá é levar as incidencias das alumnas e dos alumnos e sancionar. -Dar as clases de Relixión -Sancionar as faltas graves. -Non. -Canta xente soe pasar por xefatura de estudos no día? -A medida que
avanza o curso, cada vez máis xente. Hoxe: 7 alumnos, 2 pais, e 3 profesores con partes de incidencias -Depende do tipo de alumno, síntome como un pouco fracasada, porque antes de expulsalo/a xa foi amoestado varias veces.Cando o alumno é moi complicado tamén me parece que quedo aliviada porque os demais terán un día de clase tranquilos. -No Regulamento de Réxime Interno e na Lei de Convivencia, no que di o profesor e o titor. Se un caso non está claro, reúnese a Comisión de Convivencia, -Cantas expulsións van no que levamos de curso? -32 alumnos/as,
algúns deles varias veces. -Son traballos diferentes, en horas traballa máis o director. A min paréceme máis estressante o meu traballo, porque estou seguido atendendo alumnos, pais e profesores… -Si oh, moitas veces. -Habería moitos problemas de comportamento, porque estarían parte das medidas correctoras sen anotar e os meus compañeiros protestaríanme. -Que prefires: ser
xefa de estudos, ou profesora de relixión? -Profesora de relixión. Eu non coñecín a ningún xefe ou xefa de estudos que lle gustase selo. -Vivo mellor que un cura, por se non o sabedes non teño ningunha parroquia ao meu cargo. -Os rapaces, sobre todo por incidentes nas pistas e nos cambios de clase… -O que peor me parece son as agresións, e unhas persoas de ciclo que houbo que expulsar por fumar dentro do recinto. -Un alumno que lle puxeron un parte e mandárono a X.E e el tirouno nas escaleiras; eu pasei por alí e vino. -Porque me gusta. É o rato de descanso, falo cos compañeiros, sobre todo con Don Paco. A miña profesión, onde me esixe estar é en xefatura. -Eu estou moi contenta con Rianxo, coa xente de Rianxo, hai uns anos tiña unha praza no I.E.S de A Pobra do Caramiñal e non a quixen. -Algo relacionado co mar, porque é un pobo pesqueiro; ou algo relacionado coa Rianxeira. -A zona marítima de Isorna. |
Juan
Antonio Hernández Naveiro
A Manola coméronlle o coco asegurándolle que en Rianxo só se come peixe. A
ela as xoubas non lle desgustan, pero unha carniña de cando en vez…
Levamos á nosa amiga a falar cun profesional da carne, despois da entrevista,
Manola quedou máis tranquila, pois sabe que se quere carne, en Rianxo tena de
primeira calidade…
-Chámome Juan Antonio Hernández Naveiro, nacín en Rianxo. De pequeno gustábame
moito xogar pola rúa. Estudei primaria no colexio de Rianxo. Despois terminei
os estudos na Salle, en Santiago. Na Universidade da Coruña estudei un ciclo de
segundo grado na rama de mecánico naval.
-Sabemos que eres carniceiro, pero en que consiste o teu oficio?
-En vender carne ao pormenor ( aos clientes).
-Cando empezaches nisto?
-Fai vinte anos.
-O traballo xa che viña de familia?
-Si, é a terceira xeración familiar.
-Gústache o teu oficio?
-Si, aínda que é moi sacrificado.
-Que tipo de carnes traballas?
-Vacún, porco, aves e cordeiro.
-Cal e o proceso para conseguir carne?
-Comprar os tenreiros vivos, e logo levalos a un matadoiro. No caso das aves,
comprarllas a un maiorista.
-Entre as seis e sete da mañá.
-Que ferramentas utilizas?
-Coitelos, machetes e usamos proteccións como mandís ante corte.
-Canto tempo dedicas ao teu traballo?
-Unhas doce horas diarias.
-Cal foi a cousa máis rara que che ocorreu? Conta
unha anécdota.
-Recordo un día que nos escapou un becerro, botouse ó mar no molle (peirao)
de Sete Fogas, coa axuda dos veciños conseguimos recuperalo.
-Quen che da mais a tabarra: os homes ou as mulleres?
-Sen dúbida, as mulleres.
-Cal foi a carne que máis criticas trouxo?
-O vacún cando foi a crise das vacas tolas.
-Cal é o tipo de carne que mais lles gusta aos rianxeiros/as?
-O porco e o polo.
-Cal é a carne máis sa?
-As carnes menos graxas coma o pavo, o magro de tenreira e o magro de porco.
-Que opinas da competencia?
-A competencia é sa. Obríganos a superarnos a nos mesmos e procuras
ofrecer un produto de maior calidade. -Unha árbore autóctona de Galiza.
-Cal é a zona de Rianxo que máis che gusta?
-A Praciña, Sete Fogas e a Praia de Tanxil.
-Onde se debería poñer o “mercadillo”?
-No mesmo sitio, onde está,
negociando con Portos para que o lugar fora concesión do Concello. -Teñen problemas os teus clientes para aparcar?
-Non
moito, porque a maioría dos meus clientes veñen a pé.
-Como convencerías a Manola para que se quede a vivir e a traballar en Rianxo?
-Pola calidade de vida que temos, a nosa tranquilidade e as boas xentes. Se
non é suficiente, levámola a dar unha volta polos lugares tan fermosos que por
aquí temos.
Deixamos traballando ao noso amigo, pois Manola xa está a botar unha olladas
cara certos produtos… |
Manola Troncola fala con: Antón Alcalde Rodríguez
Manola
é unha “apasionada” da música. Gústanlle todos os estilos e ten
visto pola TV a un montón de artistas, aínda que cando se atopou cun músico
“de verdade” non sabía onde meterse. Presentámoslle a Antón Alcalde!! - Aos 8 - Cando empezaches, xa tiñas en mente a percusión? - Si - Cando eras pequeno, querías ser profesor ou compositor? - Quería ser compositor - Cal foi a primeira obra que escribiches para banda? - As cruciñas (muiñeira) - (Esta pregunta
“sopróunola” Vilariño). Quen comezou a compoñer máis novo, ti ou Mozart? - Mozart, desde logo. - Cal é a obra coa que máis te identificas, por que a escribiches? - Con “Marea Negra”. Pola impresión do desastre natural. - Canto tempo che leva aproximadamente compoñer unha obra? - Depende da obra e da envergadura que teña. -Dos premios que recibiches, cal foi o que máis che molou? - Todos os premios son pequenas vitorias xD. - Que lles dirías ós que te acusan de plaxio? - Que me denuncien. - Soes tocar a percusión diariamente? - Non. - Con cantos anos empezaches o conservatorio? E con cantos anos remataches? - Con 11 anos empecei e con 16 rematei. - Cal é a banda sonora que máis che gusta? - Non teño ningunha preferida, todas as do xénero. - Fixehes ou vas facer algunha banda sonora? - Si, teño una banda sonora para a película chamada “Oro Blanco” e tamén compuxen a banda sonora do espectáculo de maxia do mago Alán -Tés algún lugar especial que che inspire? - Non o teño, pero Rianxo inspira bastante. -Algún compositor famoso deuche consellos, cales? - Si, Patrick Doyle, Wataru Hokoyama, Andres Valero ... -Cal é o teu compositor favorito? - Gustab Holst. -Cal é o instrumento que máis che gusta tocar? - Piano. -Din que a música amansa as feras, gústache dar clases? (Sen resposta.) -Cal dos teus alumnos dirías que é a túa man dereita? - Os irmáns Galbán… - Se alguén che di que o mellor das túas obras son os silencios, que lle dirías? - Es xordo? - Que pensas deste IES? - EN CONSTRUCIÓN - Que porías na entrada de Rianxo? - Outro pavo real - (Vilariño quería preguntar isto, pero que non se soubera que era el o interesado…) Que tal músico é o alcalde de Rianxo? - Se me sobe o soldo, excelente. -
Que instrumento podería tocar Manola? (Sen resposta, “It´s free") David Galbán Ces e Francisco Hernández Varela |
Manola Troncola fala con: MAICA (María del Carmen Caramés Gorgal)
1.
Pequena biografía: Nacín
en Santa Comba no 1966. Estiven alí ata os catro anos e logo vivín en Rial,
Val do Dubra, ata os doce. Volvín para Santa Comba e aos catorce marchei
definitivamente para Santiago coa miña familia. Estudei o bacharelato no
Instituto Xelmírez e posteriormente fixen Psicoloxía. E cando rematei, empecei
a traballar como mestra de Pedagoxía Terapéutica ata hoxe.
2.
Por que escolliches esta profesión? Gústache? Non
tiña pensado dedicarme ao ensino, pero traballar con rapaces e rapazas é moi
gratificante. Encántame o que fago.
3.
En que consiste o teu traballo? Trato
de que cada alumno e alumna desenvolva ao máximo as súas capacidades,
especialmente aqueles que teñen algunhas dificultades.
4.
Cantos alumnos tés? Non
teño un número exacto de alumnos/as, a miña especialidade é moi flexible
nese aspecto.
5.
Quen é máis guapo David ou Rodrigo? A
guapura está en quen mira, e eu míroos aos dous con “bos ollos”.
6.
Dixéronnos que tés libros escritos, tés algúns para
nenos? Non
son especificamente para nenos, pero pódenos ler.
7.
Que sentes cando acabas de traballar? Nunca
teño a sensación de ter acabado de traballar, sempre teño demasiadas cousas
pendentes, moito por facer.
8.
Cal é o alumno/a que máis che fai doer a cabeza ? Os
alumnos e alumnas nunca me fan doer a cabeza, iso non quita de que, ás veces,
algún ou algunha me enfade un pouco.
9.
Cantas horas traballas á semana? Non
levo conta.
10.
Cal é o alumno máis curioso que tiveches? Pódesnos
contar unha anécdota? Non
sabería dicir, non me acordo de ningún en particular, pero teño tido alumnos
e alumnas ben “curiosos/as” (En todas as súas acepcións)
11.
-Se algún de 1º A quixera ser profesor, que consellos
lle darías? Que
estea moi seguro de que lle gusta, de querer traballar con rapaces e rapazas.
Estar no ensino a desgusto tén que ser un suplicio tanto para o/a docente como
para o seu alumnado. Hai que ter moita paciencia!
12.
-Ti vives en Santiago, por que non vives en Rianxo? Porque
alí está toda a miña familia e as miñas amizades, e eu son moi morriñenta.
13.
Que é o que máis che gusta de Santiago? Cada
vez gústame menos, pero a parte antiga ségueme a parecer preciosa.
14.
-Que é o que máis che gusta de Rianxo? A
ría, sen dúbida.
15.
-Manola quere poñer máis bonito Rianxo, que poñerías
xunto ao pavo real? Non
sei, pero eu pode que quitase o pavo.
16.
-Que é o que levarías para Santiago? O
mar.
17.
-Hai algunha comida preferida de Rianxo para ti? Se
me gustase o peixe, serían as xoubas. Rodrigo Figueira Couselo e David Lodeiro Leis |
NUCO (Robustiano Losada Romero)
O
17 de abril quixemos amosarlle a Manola Troncola unha parte de Rianxo, a zona de
Rianxiño. Fomos paseando ata que nos atopamos cun letreiro que nos chamou a
atención: “Museo De Nós Nuco,
museo de escultura”, sen dubidalo entramos, alí
atopámonos a Antonio Calvo xunto co artista Robustiano Losado Romero, máis coñecido
coma Nuco. Ensinounos o taller onde
traballa e ten expostas as súas obras, cada unha moi fermosa e interesante. - De
que lle ven o sobrenome de "Nuco"?
- Cando neno eu tiña un problema, na escola ao mestre tiña que dicirlle que me chamaba Robustiano ( o
meu nome) pero na rúa todo o mundo me chamaba Nuco. Acabei por
acostumarme, hoxe o noventa por cento da xente só me coñece polo nome de Nuco.
Creo que vén de Robustiano: Robustia-nuco: Nuco.
- Con
que idade comezou a dedicarse ao de ser escultor? -
Comecei coa escultura hai 35 anos e, tamén con 35 anos de idade, esculpindo un
deus maorí en Nova Zelandia. Antes tiña pintado cadros ó óleo, aínda
existen algúns: na Coruña, San Sebastián etc., non me enchía o que facía e
deixeino. -
Algunha vez tirou algunha escultura a medio facer porque non che convencía ou
saénlle todas á primeira que as fai? -
Ata o de agora saíron sempre á primeira, unhas con máis traballo ca outras.
O que si repetín foi o acabado, pintura por exemplo. -
Cal foi a obra que máis lle custou realizar? -
Houbo varias pero quizais a que máis traballo me custou , foi unha feita en
aceiro doce co título " A Vara de Aguillón". -
Dedícalle a alguén as súas esculturas? -Dedícollas
a elas mesmas, ou mellor dito, ás persoas ou feitos que representan. - Ponlle nomes? - Si,
iso axúdalle ó espectador a pórse no camiño de entender un pouco máis o que
eu quero expresar, aínda que moitas veces o espectador
ve algo moi diferente e iso é bo. -
Que soen representar? -
Representan cousas da vida das persoas: seus traballos , penas e alegrías, as súas
miserias algunhas veces, tamén cousas da nosa tradición... - Tén
pensado transmitir a alguén os seus coñecementos como escultor? -
Se vostede se refire a dar clases de escultura, en principio non, pero, non
tería inconveniente en ensinarlle o que sei a quen teña vocación artística e
queira aprender.
- Ensinoulle alguén como realizar esculturas?
- Pois non, son quen se lle chama un autodidacta, como sabedes Borges
dicía " el arte no puede enseñarse, se puede enseñar el amor al arte
" - Afecta
a crise ao seu traballo? - A crise afecta a todo, no meu caso pode impedir, por exemplo, que alguén
che acepte un traballo para por nun espazo público.
- Que ferramentas emprega?
-Un pouco de todo: ferramentas tradicionais de sempre, eléctricas, e
desde logo mesturadas de diferentes oficios - Que é o máis custoso deste traballo?
- Crear, chegar a conseguir a
idea. Se consegues saber o que queres facer sempre chegas a un fin.
- Que significa para vostede a escultura?
- A escultura enche a miña vida de
satisfaccións. A sociedade necesita de cousas fermosas para equilibrar a
fealdade coa que se nos presenta a vida moitas veces. O artista, a través da súa
obra, tamén nos pode mostrar camiños a seguir. - Que
meta se tén proposto alcanzar con este traballo? - A miña meta, coma a de toda a xente que soña, pode ser unha utopía:
Gustaríame ter a oportunidade de facer obras en gran formato. - Tén algún soño, como por exemplo o de ser coñecido en todo o mundo? - A
miña prioridade non é ser coñecido en todo o mundo, senón chegar a coñecer
eu o mundo e deixar unha escultura en cada lugar, aínda que fose de xeito anónimo. - Mostra
as súas obras só en Rianxo ou tamén as expón noutros lugares? - Fixen exposicións en case toda a Comarca, tamén Ourense, a Coruña… - Disfruta
do seu traballo como afección ou vostede o ten máis ben como traballo?
- Isto meu é simplemente unha forma de transmitir cultura. Para min a
cultura é un dos feitos principais que nos diferencian doutras criaturas que
tamén existen na terra. - Se
lle ofrecesen unha boa oferta de traballo cambiaríao polo mundo da escultura - Neste intre non cambiaría isto por nada. Tampouco seria rendible para
ninguén pois a miña mente permanecería por sempre aquí, no meu obradoiro. - Parécelle Rianxo un bo
lugar para o desenvolvemento do seu traballo? - Iso aínda non tiven a oportunidade de comprobalo, o tempo contestará
esta pregunta. - Como
se lle ocorreu montar un museo? - Sempre tiven o desexo de facer algo que perdurase no tempo, entón,
cando entendín que tiña a capacidade de facelo en escultura púxenme a elo con
toda a miñ - Canto
tarda en facer unha peza? - É tan difícil saber canto tempo me vai levar un traballo, como saber
hoxe como vou estar de humor mañá, cal será o meu estado de ánimo, porque hai intres
de claridade total e outros nos que unha especie de brétema cobre o cerebro. - Cal
é a súa peza preferida? - Difícil resposta, é como preguntarlle a un pai cal dos seus fillos é
o preferido. (Manola sorrí porque lle teñen falado do Emigrante, a Rianxeira, Amor labrego...)
- Cantas pezas ten? - Dentro do museo debería haber unhas duascentas esculturas. A miña obra
total estaría sobre as trescentas. Máis ou menos. - Con
que materiais as fabrica? - Ata agora os materiais empregados foron: Pedra, aceiro, arame e fibra de
vidro. Madeira pouco.
- Cando era pequeno xa
lle gustaba a arte? - De pequeno, eu era un trasno inquedo sempre a busca de non sei que, gustábame
adornar as cousas, que tiveran estética. Un dia encontrei unha postal e fíxenlle
un marco de buxo, penso que sen eu saber xa me gustaba a arte. Para cada cousa
hai que nacer dentro dunhas coordenadas. Creo. - En
que se soe inspirar á hora de facer as pezas? - Preguntáronlle a Picasso algo sobre a inspiración, el respostou: Nos
meus traballos o 1% é inspiración,
o 99% restante é transpiración. A min dáme moito resultado observar a
natureza, nela hai máis arte da que ningún ser humano creou nunca, polo tanto
creo a partir do que xa está creado, non me sinto un creador, só me limito a
retratar o que a terra a través da natureza e dos animais que nela viven se
encargan de crear. Polo mesmo intento, en todo caso, servir de vehículo
transportador entre o creado e o espectador. Digamos, un simple retratista. - Por
que se lle deu dedicarse á escultura?
- Por
casualidade, como en moitas cousas, pasas a vida buscando algo para o que valer
ata que o encontras, entón dedícaste a elo con toda a túa forza buscando
sempre a superación.
- En que material prefire traballar as pezas? - Diría que en fibra de vidro, na que estou a traballar agora. Toda
materia tén a dignidade suficiente se cae nas mans axeitadas. -
Cal foi a peza que máis tardou en facer? - Un gaiteiro no que empreguei: fibra de vidro, aceiro e madeira de
oliveira. - Que faría para convencer a Manola Troncola para que quedase a Rianxo? - Diríalle
que quedase en
Rianxo polos escritores (Rafael Dieste, Castelao), porque é un
pobo moi bonito e porque tén as mellores postas de sol do Barbanza - Que poría na entrada de Rianxo? -
Poría unha escultura que representara ao espírito rianxeiro, algo
significativo. Xa era hora de irnos, pero a Manola non lle apetecía marchar. Fora una tarde moi entretida sacando fotos e vendo todas as esculturas, ademáis do simpático que lle caeu Nuco. Manola quedou prendada en Rianxiño do "Museo De Nós Nuco, museo de escultura", ao que prometera voltar. Como facía bo tempo, aproveitaron para camiñar polo paseo marítimo de Rianxo e contemplar o solpor na Ría de Arousa. Marta
Figueira Martínez, Andrea Iglesias Rodríguez, Noelia
Martínez Figueira, Nerea Grela
Lesende |
Manola Troncola fala con: FORJÁN (José Luis Forján Seoane) Manola decide coñecer outras vilas do Barbanza e xunto con Clara e Estrela vai ata Boiro, lugar moi coñecido pola súa "movida" da fin de semana. Na rúa peonil encóntranse cun vello coñecido das dúas rapazas, un antigo profesor seu no IES "Félix Muriel" de Rianxo
-Como se describiría?
-Ola!, ante todo. Xa vexo que empezamos con preguntas fáciles. Esto da
autodescrición éche un asunto complexo, físicamente máis ben baixiño e
regordete pero psicolóxicamente vai ti a saber, digamos que son amigo dos meus
amigos. -Como é a vida de vostede sen vir traballar ao Instituto?
- Que ben, agora chamádesme de vostede, antes era Forxán.Bueno, a miña
vida cotiá aparte de non ir cada día á clase non variou gran cousa, sego a
fecer o mesmo pero con máis calma.
-Ás veces sinto certa nostalxia pero pronto me entreteño con outras
cousas, en canto á segunda parte da pregunta nunca tuven a sensación de estar
aguantando a ninguén, algúns alumnos foron másis difíciles ca outros pero
nunca vivín o traballo coma un sufrimeto para min.
-A miña época de universitario aínda non sei se rematou, agora doume
pola escola de idiomas...os anos sesenta quedan moi lonxe e os tempos pasados
non foron mellores.
- Que é o que máis
lle divirte na súa nova vida? -Eu sonche bastante fácil de conformar, entusiásmome con calquera afición
salo a pasear coa miña familia ou co can, leo e ata vou de pesca ou cultivo
leitugas.
-Nunca fixen moitos partes nin botei a ninguén fora salvo nos
poucos casos en que non me deixaron outra alternativa e iso para nada o boto de
menos. -As afeccións son as mesmas de sempre, algunhas xa as mencionei antes.
-Entendo que se trata de equipos de fútbol, toda a vida fun do Depor
que sempre medou máis disgustos ca alegrías, este ano pode ser un dos
bos. -Como din que o saber non ocupa lugar pois aí está no almacén por se
fai falla.
-Leo case de todo , non me gusta moito a poesía ni a cienciaficción,
prefiro o ensaio ou a novela histórica.
-Non creas que me sobra o tempo pero si que lle
adico bastante máis á familia. -Entre os alumnos e alumnas gardo moi bos recordos de bastantes e alégrame
cando teño boas novas deles, dos profesores diría que me lembro dalgúns bos
amigos e amigas.
-Os
centros escolares son coma organismos vivos que cambian constantemente, cada ano
varían os alumnos e tamén bo número de profesores ademais non son comparables
dous centros tan distintos polo tipo e a idade dos alumnos e a distinta forma de
traballar que determinan esas condicións. Estiven en sete ou oit Grazas por acordarvos de min. Despois de deixar ao querido profesor, Manola e as súas amigas seguen o seu paseo. Estrela Suárez Somoza e Clara Varela Gómez |
Manola Troncola fala con: JOSÉ
MANUEL FERNÁNDEZ MUÑIZ A
Manola o de comer é que lle priva… Cando se fala dunha mariscada ponse
polas nubes. Preguntouse
moitas veces de onde virá o
marisco. Levámola a falar con alguén que coñece o secreto: José
Manuel Fernández Muñiz naceu en Rianxo no 1972. No ano 2004 decidiu, cos seus irmáns, crear unha cetaria ( Criadeiro de animais mariños, especialmente mariscos). 1. En que se basea a vosa empresa? Na produción e na comercialización de marisco. 2.Como se chama? O nome comercial é: Proafer. 3. Por que elixiches este oficio? Porque meus pais eran produtores de mexillón e seguimos facendo o mesmo. 4. Gustaríache dedicarte a outro oficio?
Non. 5. Cantas horas traballas ó día? Traballo 12 horas. 6. Traballas ti só ou tés máis traballadores? Temos máis traballadores. 7. Que tipos de mariscos tedes?
Toda clase de mariscos e crustáceos. 8. Cal é o máis vendido en Rianxo? Mexillón e berberecho. 9. A que sitios distribuídes? Distribuímos a toda España. 10. Tedes pensado distribuír a algún sitio máis? Queremos facelo a outros sitios ou mercados aos que aínda non distribuímos. 11.
Onde comprades a mercadoría? Comprámola nas lonxas de todo Galicia. 12. Canto tempo pasa desde que a comprades ata que a vendedes? Un día, que é o tempo que necesita para a súa depuración. 13. Cal é a época de máis traballo? Verán e Nadal. 14. Cal é a mellor tempada da ameixa?
Outubro e setembro. 15. Onde colledes a ameixa? Nos bancos marisqueiros que hai nas nosas rías. 16. Que tipos hai? Ameixa xaponesa , ameixa babosa , ameixa fina e ameixa rubia. 17. Que problemas ocasionan os furtivos?
Basicamente ocasionan dous problemas, un é que
collen o marisco nas praias que non son deles, posto que son das
mariscadoras e dous solen poñer o marisco cun baixo custe o que prexudica
ós comercializadores. 18. Cal é o marisco máis abundante que tedes? Mexillón 19. Ides a ampliar a empresa? Posiblemente si. 20. Pensades contratar a alguén máis?
En principio, non. 21. Tedes pensado vender peixe? Non. 22. Gañastes algún premio con esta empresa? Si, o Dolmen 2011 23.Que habería que mellorar na zona portuaria? Habería que poñer puntos para reciclar os residuos. 24. Onde debería estar o mercadillo? Había que buscar un sitio idóneo para todos, onde haxa sitio para aparcar e estean todos os servizos á man. 25. Que porías na entrada de Rianxo? Eu poría unha fonte. 26. Como convencerías a Manola para que se quedase a vivir en Rianxo? Dicíndolle que é un sitio moi bonito, que a xente é moi agradable e que dispoñemos dunha gastronomía moi boa. ( A Manola o último encántalle…) Diego Fernández Dieste e Pablo Alexandre Lorenzo Sebastián |
Manola Troncola fala con: JOSÉ
Manola quere coñecer a toda a
xente de Rianxo. Tiña moitas ganas de botar
unha “parrafada” con José, pois este home é o
-Levo en Rianxo xa 20 anos
-Decidín traballar nisto pola seguridade do posto de traballo.
-Si, e tamén se pode ser pequeno e rabudo. (Debía
estar pensando en alguén, segundo Manola).
-Traballo 37 horas semanais, partidas
conforme ás necesidades do
Centro
-Éme indiferente… -Antes de traballar aquí, traballaches noutros sitios? -Si, de camareiro e na produción forestal -Que soles facer cos elementos que se portan mal? -Avisar ao titor ou á Xefa de Estudos -Por onde solen escapar os "elementos"? -Pola porta, polo valado... -Logo podemos deducir que che escapou algún? -Si, uns poucos!
-Quen che da máis a lata, os profesores ou as profesoras? -Son igual de pesadas/os -Se perdes as chaves un día ás 2,10, que farías co alumnado e cos profes? -Hai chaves de reposto para iso -Cantos balóns se perden durante todo o ano? -Sobre dúas ducias -Que che gustaría facer no recreo? -Xogar ao fútbol cos alumnos
-É
moi difícil “retrasar” o reló do timbre o final do recreo?
-Si, bastante.
-Ningúns, aguántoos ben.
-Din por aí que non se che
escapa nin rata, Manola foi secuestrada hai certo tempo, sabes algo diso?
-As ratas non me escapan, pero
Manola non é unha rata… (Manola
pensa que algo sabe)
-Que se quedou un alumno na clase.
-De todo, agás ciencia-ficción.
-Un libro que estou lendo agora mesmo : A nosa cinza de Xabier Alcalá ou Memorias dun neno labrego
de Neira Vilas.
-Siii!!
-En Rianxiño, en concreto,
unha limpeza máis a
fondo.
-Nada, está ben como está.
-Correctamente.
-A ría. |
Manola Troncola fala con: Cristina Ordóñez Comojo
Manola, nos seus paseos por Rianxo,
ve saír moitas mulleres xuntas dunhas casas grandes…Quen serán e que farán
todas xuntas alí dentro?. Alguén lle
díxo que eran “as da fábrica”,
outra persoa dixo que eran “as da conserva". Nuria e Jenniffer lévana
a falar cunha desas mulleres que lle resolverá
a súa curiosidade… Cristina Ordóñez Comojo naceu en Rianxo no1979, estudou no A.D.R. Castelao e seguidamente no I.E.S. Félix Muriel. 1.-En que consiste o teu traballo? -Na
limpeza e enlatado do peixe. 2.- Que outros traballos hai na fábrica? -Os que cocen o peixe, os que o limpan, as que empacan e logo as máquinas onde se cerran as latas. (A
Manola parécelle que da fábrica só saen mulleres…) 3.-Cantos homes e mulleres traballan no mesmo sitio ca ti? -70 mulleres e 4 homes. 4.-Que coñecementos hai que ter para traballar nisto? -Riscos laborais e manipulador de alimentos. 5.-Con que materias primas traballades? -Atún, xouba, sardiña, agulla e mexillón. 6.-De onde recibides a mercancía? -Dos peiraos onde o descargan. 7.- A onde a enviades? -Ás tendas e supermercados. 8.-Cal
é o peixe que máis vendedes? -O atún. 9.-Cales son os meses de máis traballo? -No verán e antes do Nadal. 10.-Canto tempo levas traballando aquí? -Un ano e medio. 11.-Por que empezaches a traballar nisto? -Non atopaba traballo noutras cousas. 12.-Gústache o teu posto de traballo? -Si, porque me estou a mover. 13.-Que
opinas do cheiro do peixe? -O principio pásase mal pero logo non te enteiras. 14.-Cal é o peixe que máis che gusta? -As xoubiñas da ría. 15.-Comes moito do peixe co que traballas? -Si, porque vexo a limpeza que hai. (A
Manola isto encántalle) 16.-De que querías traballar cando eras pequena? -Quería ser enfermeira ou policía. (Manola
xa pensa en dúas entrevistas máis) 17.-Como convencerías a Manola para que se quedase a vivir en Rianxo? -Un sitio tranquilo con boa xente, peixe fresco recén pescado,o mar,a boa comida. 18.-Que porías na entrada de Rianxo? -Unha parada de autobús, e sacaríaos de onde están. 19.-Que opinas do tráfico para entrar e saír? -Non nos podemos queixar, pero gustábame máis o dobre sentido da calle de Rinlo, agora para saír de Rianxo tés que dar a volta por Rianxiño. 20.-Que é o que máis che gusta de Rianxo? -O peirao e ver chegar os barcos ó porto. 21.-A praia de Tanxil está mellor agora ou antes? -A min persoalmente gustábame máis antes; máis pequena, máis acolledora e os diques e o "muelle” onde nos tirabamos todos os rapaces á auga. 22.-Que opinas do paseo marítimo? -Está moi ben aínda que as baldosas se van movendo arriba e abaixo e vanche doendo os pés. 23.-Que peixe lle prepararías a Manola? Pódesnos dar a receita. -Xoubas
fritas: Manola,
pensando na comida, nin as grazas lle dá a Cristina. É que as xoubas de
Rianxo, de Rianxo son... |