Volver

 PROXECTO INTERDISCIPLINAR

1º A E.S.O. 2011-2012

A VIAXE AO MUNDO DE MANOLA TRONCOLA

Manola

          Aquel luns (16/01/2012), pola mañá, Willi apareceu na nosa clase sen previo aviso. Non era moi guapo que digamos, con tantas patas, e esas antenas... Baleirón quixo collelo cun sobre que lle dera Vilariño para botalo pola ventá abaixo. Pero non contabamos co dióxido de carbono que lle meteron os técnicos cando parou en boxes (para máis información, consultade a un alumno/a de 1ºA)... Pero, con paciencia e fatiga, acabou defenestrado. Ninguén contaba co que ía pasar despois… Só eu o intuíra, porque oíra gritar cando lanzamos a Willi:

        -Willi-transformación!

       Os meus temores fixéronse realidade, o noso Willi, ese mesmo día, despois do recreo, reapareceu como Manola!. Agora Manola é o noso tronco viaxeiro, pero ninguén máis, aparte de min, sabe que polas noites, as dez e media, vólvese transformar en Willi; nun Willi mellor: Super-Willi! (Williman, para amigos), e combate contra as malvadas cocarachas do subsolo e, as sete da mañá… ¡volve ser Manola!.

David Galbán Ces.

Manola detective

     Manola é unha  gata que ten moitas aventuras. Hoxe (17/01/12)  está en Londres traballando  de detective. Ela  ten una axencia de detectives. Está  a resolver un roubo e un crime. Sospeitaba da mesma persoa… Foi mirar ó banco se había algo; non encontrou nada. Foi onde estaba o cadáver e viu unha pegatina que deixara o asasino. Decatouse de que esa mesma imaxe estaba colgada no banco: ¡Era o símbolo que identificaba o banco!. Entón Manola xa adiviñou quen era o asasino: o director do banco e  tamén sabía porque morrera aquel home, era o seu veciño e non se levaba moi ben con el. Por iso  matouno. O do roubo só fora para disimular.  Manola resolveu o misterio e meteu no cárcere ó culpable. Moi leda,  regresou  para Rianxo.

Nerea Iglesias Carou.

 

 

 Manola no Brasil

      Manola é unha gata viaxeira porque quere explorar lugares e coñecer xente nova.

    Hoxe colleu un avión e marchou para o Brasil porque lle gusta moito cambiar de roupa, logo disfrazarse… por iso foi  coñecer o país onde se atopan os mellores carnavais do mundo .

   Alí aprendeu a bailar a “Samba da Bahia” e o “Ai Se Eu Te Pego”. Estivo bailando toda a mañá “Amen Toi”. Pola tarde , despois de visitar moitos monumentos , foi  ver o adestramento do Santos, equipo de fútbol brasileiro onde xoga Neimar, un dos seus xogadores favoritos. Xa pola noite, antes de coller o avión, preguntábase a onde me lavará a miña próxima viaxe?

                                                  Samuel Iglesias Rodríguez

Manola no Polo Norte

      Hoxe, día 19 de xaneiro de 2012,  Manola  estivo no Polo Norte. Alí había moito frío; tanto frío había que se tivo que vestir coma un esquimó. Vestiuse toda de branco. Cando estaba alí,   foi a un iglú onde vivían cinco esquimós, despois de ir ao iglú foi esquiar, e logo volveu para Rianxo.     

                     David Lobato Rey. 19/01/12  

Manola nas Hawai

    Luns, 23 de xaneiro de 2012,  Manola  está nas Illas Hawai en busca de bo tempo. Durmiu nun hotel de cinco estrelas. Cando foi á praia atopouse cun antigo compañeiro de clase: Pepe. Manola e Pepe non se viran desde primeiro de Primaria. Cando Manola lle contou as súas viaxes, Pepe díxolle que tamén el fixera o mesmo recorrido. Despois da conversa decidiron  continuar  a viaxe xuntos…

       Pablo Alexandre Lorenzo Sebastiao.

 Manola, aventura caribeña

    Hoxe, martes, (24/01/12), Manola e o seu amigo Pepe Pelao foron ás illas do Caribe.Navegaron nun barco,  asaltaron navíos e incluso atoparon tesouros perdidos en illas piratas. É despois, cando estaban regresando á terra , encontráronse co barco máis veloz e máis temido de todos os mares e océanos “O Esqueleto Dourado”que estaba capitaneado por un feroz pirata coñecido no mundo enteiro pola súa maldade: Cola de Sapo. Viron como toda a tripulación do “Esqueleto  Dourado” se abalanzaba sobre eles. Manola é Pepe estaban moi asustados e  decidiron esconderse, de súpeto Manola tivo unha idea , subirían ao mastro, collerían unha das cordas e saltarían con ela ata o outro barco. E así foi,  Manola e Pepe puideron escapar e fóronse relaxar á praia das Perlas. Ata onde os levará  a súa próxima aventura?

                                                         Laura Losada Miguéns

 Manola en Francia.

    Hoxe Manola  chegou a Francia nun avión. Cando foi visitar a Torre  Eiffel sorprendeuse de que non estaba… Estivo investigando por todo París e o misterio resolveuse cando se decatou de que a torre estaba aparecendo e desaparecendo continuamente… O causante de todo isto fora un científico que estaba desenrolando unha fórmula de invisibilidade. Despois Manola e o científico foron a un restaurante a comer caracois e queixo francés.

                                                           Nuria Muñiz Ordóñez.

   Manola en Arabia

  A mascota Manola  hoxe está en Arabia, na gran península desértica  no suroeste  de Asia, para  pasar un día de vacacións lonxe de aquí.

Para ela foi un día moi especial: visitou o deserto e viu moi de cerca os camelos…

Tivo un guía moi especial que lle ensinou sitios preciosos e totalmente  sorprendentes para Manola: o deserto é outro mundo…

Despois da súa longa viaxe, Manola  volveu sen  ningunha novidade.

                            Jennifer Riobó Abuín.

 

 

Manola vai á China

      Manola esta vez foi á China co seu amigo Pepe. Está investigando un caso moi importante e interesante: “O caso do ladrón dos sete diamantes”.

      Este ladrón vai ós museos  e sempre debuxa nunha parede con pintura amarela os seguintes signos: &cQXJcSDP∑. Os detectives de toda China están confusos. Mais Manola, ao velos, soubo o que dicían: “Roubo diamantes, non diñeiro”. Manola  explicoullo á policía e entón deixárona participar no caso a ela e a o seu amigo.

     Pepe e Manola están moi contentos por poder participar neste caso e despois de seguir moitas pistas lograron atopar ó ladrón. Era un chino que estaba agochado nun almacén que usaba para vender os diamantes aos coleccionistas; pois o diamantes que roubaba eran pezas únicas e extraordinarias polo que tiña moitos compradores.

     Aínda que non se puideron  recuperar todos os diamantes, polo menos, grazas a Manola e a Pepe, detívose un ladrón moi perigoso. Manola e Pepe son agora moi coñecidos e queridos en China.

     Como mostra de afecto polo bo trato recibido, Manola obsequiou ó emperador da China cun dos seus guantes preferidos. É por iso que Manola retornou da súa viaxe cun guante menos.

                                                                   Paula Trigo Rey.

     Manola en Nova York

     Hoxe, día 30/1/2012, Manola foi a Nova York ó concurso de moda da compañía PSCLI e tamén para ver un pouco a cidade e, en especial, a Estatua da Liberdade. Cando acabou o concurso, que por suposto gañou ela, foi ver o que ían facer no lugar onde antigamente estaban as Torres Xemelgas...Pero aínda non había gran cousa.

    Logo foi de compras, pero como non atopou nada do seu agrado, non mercou nada de nada. E o último que fixo foi ir á Estatua da Liberdade porque lle encantaba. Por suposto, como ela é detective, tivo un pase especial para ver dende a antorcha a cidade. Manola, hoxe, quedará en Nova York a durmir para seguir pensando a onde vai viaxar o próximo día.

                                           Iria Alcalde Sobradelo

 

 Manola en Italia

     Manola Troncola estivo visitando a gran nación de Italia. Buscou traballo e ao final contratárona  nun restaurante moi coñecido que se atopa ao lado da famosa Torre de  Pisa. Alí  foi comer o Papa Benedicto XVI  e Manola sacou unha foto con el, e subiuna ao “tuenti”. Manola resultou ser  moi boa cociñeira e, en só un día, todos falaban xenial dela e dos seus riquísimos espaguetes!

     Tamén estivo visitando moitos sitios como por exemplo o Coliseo, a basílica de San Pedro, a fontana De Trevi e alí pediu un desexo; o desexo de volver estar con nós moi rápido!.  Na tenda de Wuzhe comprou  as súas telas para facer o uniforme de chef, moi elegante  cos seus pequenos botóns vermellos. Tamén  se lembrou de traernos un pequeno detalle a case todo o alumnado  de  1ºA.

     Foi visitar Florencia: viu cadros , estatuas etc…

Gustoulle moito todo, aínda  que o que máis lle gustou desta viaxe foi  a Torre de Pisa.

     Tivo un día moi axitado e rematou índose para o hotel e alí tomar o seu descanso, para mañá seguir viaxando ao redor do mundo.

                                             Paula Baamonde Romero

   

   Manola, a Sevillana

     Manola foi á "feria de abril" de Sevilla. O primeiro que fixo foi mercar catro cousas para o seu amigo Pepe Pelao.

    Co seu traxe vermello e a súa flor na cabeza, que chamaba a atención, entrou en moitas casetas, bailando e cantando sevillanas como unha flamenca máis. Iso pola mañá; pola tarde, foi dar un paseo: recorreu Triana, pasou pola "Torre del Oro", visitou a Xiralda, Santa Cruz e a Sierpes e non se perdeu unha viaxe en barca polo río Guadalquívir . Foi á rúa do Inferno, ó Parque de Atraccións.

     Pola noite foi cear o "péscaito", con manzanilla e viño fino. Déspois colleu un carro de cabalos para ir ó aeroporto, que mañá lle espera outra longa viaxe ...

                                    Ana Carou Varela

Manola, entroido en Canarias

     Manola, a gata viaxeira, decidiu ter unhas vacacións en Canarias. Colleu o avión para dirixirse ás illas. Primeiro, foi á praia a tomar o sol e poñerse algo morena. Deu moitos paseos pola praza, e comprou un bikini moi chulo. Como estamos en carnavais, viu unha cabalgata onde ela tamén participou. Ao mediodía, montou nun barco que a levou a Tenerife. Foi ver o Teide. Despois foi comer algo. Á tarde decidiu ir a unha pequena festa na praia. E á noite volveu á súa casa.

                                        Laura Conde Iglesias.

Manola  en Miami.

     Manola   tivo unha invitación do  famosísimo Tom Hurckly  para posar nunha sesión de fotografía en Miami. Tan pronto como chegou  á cidade da Florida foi conducida polo artista en persoa  ao estudo para  realizar a sesión.

     Manola non se sentiu moi contenta coa forma de traballar de Tom, polo que rompeu o contrato, e marchou á praia de  South Beach e ao Lummus Park, onde a vemos nas fotos que nos enviou.

                                         Carla Dasilva Cebreiro.

Manola en México

     Estes días dixeron no telexornal que ía facer moito frío, mesmo que podería nevar, así que Manola pensou en ir uns días de vacacións a algún sitio onde fixese máis calor. Foise a Acapulco, en México. Alí mercou un traxe típico e probou o tequila.         Mandounos esta foto.

                                                                                         Rianxo, 6\2\2012

                                            David Lodeiro Leis e Rodrigo Figueira Couselo 1ºA      

 Manola en Galicia

     Manola Troncola estivo viaxando ao redor de todo o mundo… Hoxe quería facer un pequeno descanso e visitar a súa Terra (Galicia).

     Unha vez chegada aquí hospedouse en Rianxo, e foi visitando cada unha das cidades máis importantes e os sitios máis bonitos, porque aínda que pareza mentira, non coñecía a metade dos sitios aos que foi, e iso que é de aquí.

     Empezou pola capital, Santiago de Compostela. Despois Lugo, para recorrer as murallas enteiriñas; tamén estivo en Ourense, nas Burgas e na A Coruña visitando o estadio do Deportivo da Coruña, como non!

     Tampouco se esqueceu das cidades importantes como Vigo, Tui, Baamonde, Arzúa, Silleda, Ribadeo, Monforte, Vilagarcía de Arousa e,  como boa galega que é,  tamén foi visitas as illas, posiblemente das mais bonitas do mundo, as Illas Cíes.

     Despois, de camiño,  parou na Pobra do Caramiñal a comer un bo polbo e un bo peixiño da ría.

     Mentres que estivo visitando todos eses sitios, quería facer algo para non aburrirse, polo que se meteu de  guía para os estranxeiros, e como vos imaxinaredes: moi ben non podía explicar...

     E este foi o corto percorrido de Manola hoxe por Galicia, como sabedes, nun día, moito máis non se pode facer, pero isto non acaba aquí senón que mañá seguirá viaxando polo mundo adiante.

                                                                                                                               Saray Delgado Mariño

 

NÓS QUEREMOS SABELO...

     Presentadora: Bos días,  estamos de novo en …“Nós queremos sabelo”. Hoxe temos con nós unha invitada moi especial: recibide cun aplauso a…  Manola Troncola

(Manola entra na sala mentres o público aplaude fortemente)

     - Bos días Manola..-Di Laura, a presentadora, mentres Manola se senta

     Manola: Bos días Laura.

     Presentadora: Manola, podías responder a unhas preguntas sobre as túas viaxes?

     Manola: Por suposto, pregunta  o que queiras.

     Presentadora: Na túa primeira viaxe fas de detective.  Que é o que máis che gusta desta profesión?

     Manola: A verdade é que me encanta todo. Dende pequena resolvía os asuntos  que me propoñía meu tío. Sempre foi algo que me gustou moito, icluso no fin de semana pasábame as  tardes vendo películas de misterio.Encántame as  películas policíacas; unha das miñas películas preferidas é “Vértigo” de Alfred Hitchock.

     Presentadora: Moi interesante.A verdade , tamén é unha das miñas  películas preferidas xunto a "vacaciones en Roma" e, por certo, que tal a túa experiencia de "chef"?

     Manola: Cando cheguei  alí non era para traballar de chef dado que non me gustaba moito cociñar  pero cando o probei  foi algo que me gustou moitísimo.E ademais en Roma tiven a sorte de coñecer ao Papa Benedicto XVI que é unha persoa marabillosa.

     Presentadora: Manola, Como  o pasaches en Hawai? Víase  que te querías relaxar uns días.

     Manola: Si a verdade e que me intentei relaxar e creo que foi unha decisión acertada ,dado que empezaba a estresarme un pouco, e ademáis tiven a sorte de reunirme de novo con Pepe que sempre foi un gran amigo para min.

     Presentadora: A isto quería chegar eu. Ti e Pepe… só sodes amigos?

     Manola: Bueno…é un gato moi simpático , moi agradable pero...só somos amigos.(Responde Manola ruborizándose).

     Presentadora: Vale, é so un amigo, pero, con el compartiches moitas aventuras coma a do Caribe, a de China…Que tal o pasastes?

     Manola: Pasámolo moi ben  xuntos, rímonos moito e vivimos moitas aventuras inolvidables. Nalgunhas ocasións, coma no Caribe,  pasamos moito medo pero ao final saíunos todo ben. En China foime todo xenial porque puiden facer dúas das cousas que máis me gustan: traballar como detective e estar cos meus amigos.

     Presentadora: Falando dos teus amigos Hai moito que  non ves aos teus compañeiros de 1ºA?

     Manola:   Fai pouco que os vin. Na miña viaxe a España,  fixen unha parada en Rianxo.

     Presentadora: Que fixeches na túa viaxe a España?

     Manola: Estiven en Sevilla na “Feira de abril” pasei polas fermosas calles desta cidade  e paseino moi ben nas atraccións. Foi unha experiencia inesquecible.

     Presentadora: Quería facerche unha pregunta porque  o meu marido está pensando en ir ao Polo Norte. Vai moito frío?

     Manola: Non che vou  mentir a verdade é que si aínda que ben é certo que me gustan os climas fríos.  Podes lévalo ben se pós varias pezas de roupa e vas moi abrigada, pero tés que ter en conta que ten paisaxes marabillosas e esquíase moi ben, e podes ter a sorte de coñecer a cultura esquimó,  que é moi peculiar.

     Presentadora: Síntoo moito Manola, pero acabóusenos o tempo. Moitísimas grazas por vir.

     Manola: Adeus

(O público, posto en pé,  aplaude fortemente)

                                                                                                                                Laura Losada Miguéns

 

CRÓNICA DUNHA DESESPERACIÓN

 Mércores, 08/02/2012, 10:30 Horas.

     Diego:  - Isto non é Manolaaaaaaaaaaaa!!!!!!!!.

     Todos:    (Asombro xeral. Todo tipo de exclamacións....)

     Anónimo: - ¡ Vaia merda…! ¡Isto é un pau de merda, merda!.

     Todos:  - ¿Onde está a NOSA MANOLA?. ¡Queremos a  NOSA MANOLA!

     10:31 Horas. Chega Baleirón. Infórmano do acaecido. Ten un encontro co “Visitante”. O “Aparesido” (Tamén chamado o Imbécil por algúns/algunhas) remata o encontro sen manoplas e espattarrado encima do mundo.

     10:32 Horas. A profesora Ana Muñiz manifesta que Manola “era máis guapa que o “Aparesido"...

     11:20. Manifestación pedindo a volta de Manola. Lema: Queremos á Manola!...

     11:21. Infórmase a Vilariño do acaecido, ao mesmo tempo varios alumnos e alumnas culpan a Vilariño ( do acaecido). Vilariño proclámase inocente, a vez que lles recorda o que fixo Phileas Fogg ( Lectura en PI), o primeiro texto de Manola, no que David Galbán descubría a transformación... Tamén podían pensar nunha marcha voluntaria...

     A maioría non está conforme e queren clarificar os feitos. Piden unha investigación seria, para a que aportan os seus coñecementos do asunto ata o momento

      Samuel Iglesias: Cando chegamos ó colexio Manola estaba vestida de galega,  pero cando volvemos do recreo había un becho raro no seu lugar, ¡ parecía vir do manicomio!.  Eu sospeito de Williman porque viña de anteface, como se roubara algo… ¿?....

     ¡ Queremos a Manolaaaaaaaaaaaaaa!.

     IRIA ALCALDE SOBRADELO: QUEREMOS A MANOLA XAAAAAA!!!

     Laura Losada: Hoxe ás 8:30 da mañá  Saray trouxo a Manola vestida de galega. Estaba moi ben feita e era moi mona ela. Cando saímos ao patio Manola estaba na clase, pero ao chegar do recreo, Manola xa non estaba e no seu lugar había un gato con moitas patas e moi feo. Agora mesmo estamos a resolver quen foi o culpable, eu aínda non sei moi ben quen foi pero, as nosas sospeitas son de que foron Vilariño e Antonio. Aínda que agora non o teñamos moi claro pensamos chegar ata o fondo deste asunto e recuperar a Manola. Se alguén le esta mensaxe e atopa a Manola que nola devolva que estamos todos moi tristes.

     Marcos Gómez Ramos: Ao chegar do recreo, a nosa querida Manola desaparecera. Todos estabamos como tolos posto que a nosa Manola non estaba connosco. Nestes momentos todos estamos intentado descubrir o que pasou e entón intentamos solucionalo facendo as nosas conclusión e facéndonos preguntas e intentando atopar as respostas. Manola se ves isto,  volve.  Todos te botamos de menos. Intenta volver, por favor.

     Nerea Iglesias Carou: Hoxe as 8:30 Manola estaba vestida de galega, moi guapa por certo. As dúas primeiras clases seguía de galega. Cando fomos ao recreo ela seguía na clase, pero cando chegamos... non era Manola: era un tronco con moitas patas e moito máis feo. Non se podía comparar coa nosa Manola. Ela é moito máis guapa ca ese tronco cheo de patas. Se alguén sabe onde está Manola, por favor que nos avise.

      Francisco Hernández: ESTAMOS DISPOSTOS A PAGAR TODOS OS BOLIS QUE FAGAN FALTA. ¬¬

     QUEREMOS A MANOLA XAAA!QUEREMOS O QUE E NOSO. ¬¬ ~.~V'V

     Saray Mariño: Onte tocoume levar a min a Manola e leveina a Galicia, e hoxe, ás 8.30, levei a Manola ao Instituto e deixeina encima do Mundo como está de costume.  Estivo alí caladiña sen dicir nada ata a segunda hora, que veu Antonio a facer a foto. Despois todos os da clase saímos ao recreo e as 10.30 volvemos para a  clase e Manola xa non estaba. Mellor dito, xa non era Manola se non un becho raro, con moitas patas e moi feo o que ocupaba o seu lugar.  Na clase de Galego empezamos a protestar dicindo: "QUEREMOS A MANOLA!.  O profesor (Vilariño), para saír do apuro,  díxonos que volveramos atrás e que recordaramos o 1º texto que fixeramos, porque el pensaba que  é unha transformación, porque con isto do "yecklack" estaba confundida e en vez de transformarse ás 10.30 da noite transformouse a mañá… Isto é todo un pouco raro, así que seguiremos investigando por se as moscas...

     David Galbán Ces: A miña hipótese é que o culpable foi Pepe. Motivos: oíra dicir que Manola tramaba metelo nun tiroteo no que resultaría morto en Las Vegas, entón, foi secuestrar a Manola. No segundo feito en que me apoio, é que, segundo contactos meus, o último que se viu facer a Pepe é andar por todo o Mundo en busca dos hoteis máis caros, e Pepe é un funcionario grego, en paro, polo que non ten diñeiro para tal cousa, é máis, a xente afirma que pagaba as estancias cunha conta bancaria na que tiña autorización; dita conta está a nome de Manola Troncola.

      Sergio Baleirón Neira: Hoxe, un mércores como outro calquera, chegamos do recreo e apareceunos un “becho”na aula. Anda vestido cunha chaqueta de coiro, cun anteface  e con manoplas que dan medo. Ninguén sabe que pasou, nin se se confundiu de horario para se  transformar ou se foi este polbo raro quen  no la secuestrou… Só sabemos que queremos que volva XA!!.

     Estamos dispostos a pagar todos os bolis que nos pidan.  Por favor, se o secuestrador ve isto, que nos chame, o número e 65032....

      Estou pensando en tirar o polbo pola ventá,  para ver se é Manola de verdade e se volve a transformar en Manola Tronkola.  Se o polbo non se transforma na nosa Manola, estamos empezando a perder os papeis e vamos empezar a “convencer” a xente sospeitosa para ver se sacamos algo.

Por favor, devolvédenos a nosa grande  amiga: Manola Tronkola.

Un saúdo.                                                         

Paula Baamonde Romero: Cando chegamos do 1º recreo Manola non estaba. No seu sitio , estaba un bichejo feo que  parece un polbo. Toda a clase revolucionouse. Eu entereime cando todos gritaban e dicían:  ¡Queremos a Manola!. Todos estabamos moiiii enfadados.Agora estamos intentando   saber quen é o  culpable.  

Diego:  Manola por tanto cambio horario ao viaxar polo Mundo trabucouse de hora e ás 10:30 da mañá   transformouse en Superwilli e así é como o encontramos hoxe ao volver do recreo. (Como xa  contaramos na primeira historia Manola é Willi transformado)

Sara García Alcalde: Hoxe, día oito de febreiro, despois do primeiro recreo, chegamos á clase e Diego dou a voz de alarma. Non sabíamos por que era, pero de repente gritou: Cambiáronnos a Manola por un pau con cara de psicópata (tamén se parece un pouco ao finado polbo Poll).Todos empezamos a gritar…

 Agora só pedimos unha cousa:

Por favor recollemos bolis, lapis e cousas polo estilo para axudar a Manola.

Manola, se me estás escoitando, perdón, lendo, VOLVE¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ =(

Post Data: Estouvos vixiando...

 Laura Conde Iglesias:

MANOLA:

     O día 8 de febreiro, Manola chegara da súa viaxe por Galiza, todo ía perfectamente ata que, despois do recreo, Manola desapareceu! Non sabemos que pasou exactamente, pensamos que foi un secuestro, que evolucionou, etc. Tamén puido ser que alguén a levase e a cambiase por ese tronco. Temos probas de que Sarai, a última persoa que a levou  non foi, porque temos fotos de cando fora a Galiza. Intentaremos recuperar a Manola, custe o que custe!

     Diego: Hoxe Manola chegou ás 8:30 ó colexio,  pero despois do recreo xa non estaba. Algo pasaría; pode ser que se transformara en Superwilli…  Para saber se se transformou temos que esperar ás 7 da tarde. Se non se transforma novamente en Manola, está claro que algún individuo indesaxable a raptaría... Se sabemos quen foi cortámoslle a cabeza

     Anónimo: Foi o profesor Adolfo quen a fixo desaparecer, pois é a única persoa que odia a Manola a  morte e chámalle o que non se pode dicir...

     Todo o alumnado de 1º A está buscando a Manola. Publicouse a foto. Ofrécense recompensas a quen poida dicir algo… Temos vixiados a certos profesores… Estamos seguros de que Manola vai aparecer, antes pronto que tarde...

 

QUEREMOS A MANOLA XA!


ATENCIÓN, MANOLA FOI SECUESTRADA!

     Un asasino en serie, secuestrou a Manola, non sabemos se é Williman ou  Superwilli.  AQUí ALGÚNS  DIN QUE FUN EUU! Isto é unha trapallada…A saber quen nos roubou a Manola.

     E se te transformaches, por favor Manola VOLVE XA,es  a mellor, botámosche de menos, e es a  nosa mascota.

     A túa nai Laura está super deprimida,VOLVE MANOLA!

                                                 Francisco Hernández Varela 1ºA    

 

Manola en Perú.

     Esta vez Manola marchou ó Perú. Parecíanlle interesantes as cidades aztecas. Chegou ao aeroporto no avión e desembarcou, pero cando ía coller as maletas, alguén as colleu e saíu correndo. Manola seguiuno e chegou ao pobo ao que quería ir. Apartou a vista un momento do individuo e cando volveu mirar desaparecera. Seguindo o seu instinto de detective encontrouno nunha pirámide. Acercouse un pouco a el e decatouse de que era Pepe. Pepe explicoulle que quería chegar rápido ao pobo azteca. Estiveron todo o día alí e compraron unha pirámide de xoguete de recordo.

                                                                                                Iván Figueira.

                             Manola en "Las Vegas".

                A Manola apetecíalle xogar un pouco, pero non ao escondite, nin ao pilla-pilla, senón ao póker, ao blackjack, á ruleta... Entón foi a unha das súas cidades preferidas: Las Vegas. Unha vez chegado alí, foi ao casino que máis lle chamaba a atención: un casino en forma de pirámide. Era enorme. E, nada máis entrar, encontrouse con Pepe! Estivo xogando con el, nunha partida de póker contra uns homes que intimidaban moito. A partida xa acabara, e Manola gañara cen mil dólares!. A estes homes non lles gustou nada, e cun ton de moi poucos amigos, preguntáronlle a Manola:

                      - Como te chamas?

                     - O meu nome é Troncola, Manola Troncola. E este é Pepe, Pepe Plato.

                O seguinte que Manola recorda é como os homes sacaban unhas pistolas, pero Manola, como xa coñecía a cidade, estaba preparada para tales cousas, así que sacou a súa metralladora. Comezaron un tiroteo que non durou moito: Manola acabou cos dous homes con dous disparos. Ela estaba intacta, pero, nada máis mirar atrás, viu que Pepe non o estaba... Saíalle sangue do seu vaso... Manola intentou socorrelo, pero non foi capaz. O que fixo, foi celebrarlle o mellor funeral que puido, gastando todo o diñeiro da partida, e enterrou a Pepe onde sempre quixo: en Rianxo, na praia de Tanxil.

                                                                                                                  David Galbán Ces

 MANOLA FAISE VIKINGA.

      Hoxe, Manola veu á miña casa. Díxenlle que a levaría a visitar Catoira.

     Cando chegamos, fomos a dar un paseo polas Torres do Oeste. Manola, preguntoume para qué servían as torres. Eu expliqueille que era porque os catoirenses, cando se decataron de que os vikingos querían atacar Santiago de Compostela atravesando Catoira, construíron as Torres do Oeste para que os vikingos non puidesen pasar.

     Despois, levei a Manola a dar un paseo polo pobo, e paramos na ``Taberna Vikinga´´ a tomar algo. Alí encontramos un cartel que anunciaba que se ía a celebrar a ``Romaría Vikinga´´. Manola quixo saber o que se sinte cando estás alí, po iso, vestiuse de vikinga.

     Ao chegar, todo era un caos, só se vía viño por todas partes. De súpeto, escoitamos gritos, OS VIKINGOS XA ESTABAN ALI!!!!!!!  

                                                                                                                 Sara García Alcalde

 Manola en Escocia.

     Hoxe, Manola está en Escocia. Intentaba pasar desapercibida porque desde que tivera problemas en Las Vegas, moita xente buscábaa para acabar coa súa vida. Tivo sorte, polo momento ninguén  intentara nada fóra do normal contra ela. Moi cerca do Teixo de Fortingall, considerado o ser vivo máis  antigo de Europa,  había unha feira e unha banda estaba tocando unhas cancións mentres desfilaban pola cidade. Manola disfrazouse de gaiteira, por se as moscas, e comezou a tocar cunha gaita das Highlands a mesma canción co resto da banda. Todo aquilo era bastante entretido, probou o Scoth broth, non  é un whisky senón  o famoso caldo escocés, aínda que á Manola gústalle máis o galego.

     Andou por moitos sitios e volveu sen que lle acontecera nada.

                                                                                          Marcos Gómez

 Manola: Entroido en Verín.

     Hoxe Manola, foi ó Entroido de Verín, un dos máis famosos de Galicia.

     Cando chegou alí, veu todos os disfraces, a festa, e decidiu informarse sobre todas as cousas interesantes que viu  e facer un gran disfraz. Foi de corda, de cigarrón e moitos mais TODOS Á VEZ!

     Algúns pensaban que era moi rara, pero a Manola, gustoulle a súa nova invención. Os turistas viron a Manola, e decidiron, facer o mesmo ca ela..Para Manola, foi o mellor carnaval da súa vida, e o dia de volta a 1ºA, Manola, estivo durmindo porque a noite anterior, saíu de festa.  J

Francisco Hernández Varela

                                                                       

                                                                               Manola "En cumprimés"
    
Hoxe Manola, está de cumprimés. Está moi contenta porque os seus amigos de 1º A témoslle unha sorpresa na internet. Está moi ansiosa por saber o que é.  Nós tamén queremos ver a cara que a nosa amiga pón.

     Parabéns Manola!  Felicidades Manola!  Zorionak Manola!  Moltes felicitats Manola! Muita felicidade hoje no seu día, Manola! Tanti auguri Manola!  Joyeux  anniversaire Manola!   Happy month Manola!  Herzlichen Glückwunsch Manolaпоздравления Manola!  Co` latha breith sona dhuibh Manola!   Gratulerer Manola!  祝賀 馬諾拉!  مانولى الته!  ברכות מנולה לציור ופיסול!    おめでとう Manola!

                                                                                            Francisco Hernández Varela