JOSÉ ENRIQUE FERNÁNDEZ CAROU |
MANUEL GÓMEZ FIGUEIRA |
Querido Don Enrique : Acabámonos
de enterar de que xa non volverás
a darnos clase.
Falamos en nome de todos os alumnos que tiveron o pracer de compartir aula
contigo, ou iso cremos, cando dicimos que che botaremos de menos. Tanto a
tí, como ás túas típicas frases, '' Bós días... por agora '' , ''
Nena, estate calada !'', ''Non metas a chupeta na boca!'', e tantísimas máis,
que, como estas, nos quedarán no recordo. Pode, ou máis ben, aseguramos,
que a chea de veces non tivemos un bó comportamento, mesmo había días
que chegamos a ser insoportables, pero non mentimos cando dicimos que es e
serás o profesor ó que máis cariño lle tíñamos. Con esta carta, queríamos
facerche saber, que a túa ausencia aquí, non pasará desapercibida, e
dicirche tamén, que, mestres coma tí, poucos, ou ningún.
Debémosche alegrías, ilusións, algúns enfados, horas enteiras de pé
ó fondo da clase, e como non, na terceira baldosa, pero por desgraza,
nunca chegaremos a 'pagar a nosa deuda' .
Por iso, e infinitas cousas máis, grazas.
PD: Esperamos unha visita túa, canto antes, xa que non nos deches tempo
nin tan sequera, a despedirnos. Unha aperta.
|
Querido Gómez:
Dende que comezamos ao colexio en primeiro
de infantil, ti sempre estiveches ao noso lado, tanto no bo, como no malo.
Aínda que ás veces, cando estabamos na clase, se oían os teus gritos e
nós levabamos un bo susto. Nós sabemos por experiencia que non es un mal
profesor, xa que, aínda que só nos destes clase un ano, serviunos para
che poder coñecer un pouco mellor, por exemplo:
descubrimos que che gusta moito facer bromas, sobre todo, aos que nese
momento son os teus alumnos. Tamén che gusta moito cantar, porque
aínda recordo cando estabamos nun exame, e
ti te poñías a cantar.
Tamén recordamos a promesa que nos fixeches, “Cando acabe o curso lévovos
de excursión ao río”. Iso foi en 4º de primaria e aínda estamos
esperando.
O que si nunca poderemos esquecer e que, cando estábamos facendo algún
traballo na clase, ti ás nenas mandábasnos xogar ao parque, mentres aos
nenos os deixabas a traballar, e logo eles se enfadaban con nós.
Sempre fuches un grande profesor, e agora que te xubilas, é unha pena,
porque deste modo nunca máis ningún alumno ou alumna, poderá vivir as
mesmas experiencias que nós vivimos.
Esperamos que goces moito nesta nova etapa
Coral Romero Novoa |