LIBROFORUM
ABRAHAM CARREIRO
NO I.E.S. "FÉLIX MURIEL" DE RIANXO
O
xoves, 20 de decembro de 2012, Abraham Carreiro visitou o IES “Félix
Muriel “ de Rianxo para
falar cos alumnos de 1º e 2º de E.S.O. Nada máis chegar, saudounos e
ensinounos unhas páxinas web. Explicounos que a tecnoloxía que aparece
no libro de Xoeliki non era moi
diferente a que nos rodea na nosa vida cotiá. Tamén comentou que non está
ben vender datos privados e sen permiso por Internet. Avisounos de que fan
negocio coas nosas imaxes na Internet e que temos que andar con ollo.
Ademais propúxonos a idea de crear nos mesmos unha rede para intercambiar
información con seguridade. Abraham púxonos exemplos da tecnoloxía
moderna como “o mosquito” que era unha máquina para evitar o botellón
e os únicos que só sentía a xente dunha determinada idade. Os
personaxes fixéronse máis complexos na historia, están máis
desarollados. Mister Virus,
apenas aparecía no primeiro libro; De Xoeliki coñecemos a cidade onde
vive, a escola, os amigos… . Outros non variaron como é o caso de Ari
que segue igual. Tamén hai que mencionar que aparecen novos personaxes
como Xurelo e Yoshio. Despois
disto, debuxou algúns personaxes Yoshio, Barbabranca… e
comentounos que Xoeliki atópase tén rede social “tesouros
piratas”, na que xa participan alguns alumnos do IES e na que
podemos entrar sempre e cando queiramos. Informounos
dun xogo colgado en “Tesouros
Piratas”, no que hai que saltar, e Dani fíxonos unha demostración
de como se xoga. Cgegamos
á quenda das preguntas: -Como
comezaches a escribir? -Gustábame
representar as miñas ideas mediante os papeis e os debuxos. -En
que te inspiraches para facer este tipo de relatos? -Todo
o que me rodea mestúroo, anótoo nun caderno e comezo a elaborar. -Que
é o que máis che gusta do libro? -Googlelandia
e a ciencia-ficción. -Vas
facer un terceiro libro? -Non
o sei, ao mellor sí. A
continuación destas preguntas, Abrahan debuxou a Araña coa que se
enfrentou Xoeliki. Volveu a preguntar se quedaban dúbidas sobre algo.
Apareceu a seguinte: -Inspirácheste
en algunha persoa para facer os personaxes? -Sí,
a partir dos rapaces da miña vila creei a Xoeliki e Ari está inspirada
na filla dunha amiga . Rematadas
as preguntas asinou os libros Fátima Ordóñez Muñiz |