AGUSTÍN AGRA
LIBROFORUM
O mércores, 20 de marzo de 2013, veunos visitar ao IES "Félix Mureil" de Rianxo Agustín Agra. Cando
chegamos ao salón de actos Agustín Agra xa nos estaba esperando. O
primeiro que fixo foi preguntarnos porque leïamos e se nos divirtíamos
lendo. El dixo que a súa maneira de divertirse era escribindo e que en
vez de ver a televión, que por certo non ten, séntase no sofá
escribindo historias. Tamén nos contou que el comezou a escribir case con
40 anos. O primeiro conto escribiuno para facer un regalo moi persoal. Gústoulle
moito á persoa á quen llo entregou. Decidiu presentar un novo relato, Os
límites do inimaxinable, ao concurso de narracións curtas
"Modesto Figueiredo" do que resultou gañador. Despois virían: Na caeira (2005); O tesouro da Lagoa de Reid ‘Is ( premio Merlín de Literatura Infantil 2006); Cazaría salvaxe (Xerais 2008);. A treboada de C (Xunta de Galicia 2009), O recendo das mimosas (Xerais 2009), e Trampa de luz (Xerais 2012). Durante
a charla preguntounos: -Canta
xente le en galego? Os
cálculos andan entre 15000 persoas de 3000000. -Que
porcentaje do presuposto dun libro vai para un escritor? Aproximadamente
1 euro. Logo
estivo falando sobre o seu libro “ Trampa de luz”. Dixo que estivera 3
meses pensando a idea e que lle levou un ano pulir o libro. Por último contounos que lle gustaba ler de todo e que todos deberiamos animarnos a ler e escribir Fátima Ordóñez Muñiz
|