Inicio

ANDREA MACEIRAS

O SEGREDO DO LAGARTO ARNAL

 

     

       Coral Romero Novoa: O luns pola tarde no I.E.S. Félix Muriel, recibimos a visita da escritora do libro "O segredo do lagarto arnal".

Con moito detalle Andrea foinos falando sobre como se lle foron ocorrendo as ideas par escribir o libro, non é que lle vira unha inspiración divina, nin nada diso.

Falounos de que por exemplo, un dos temas do libro é a discriminación a que están sometidas algunhas persoas por parte dos seus compañeiros a o longo da súa vida no instituto.

Cando estas persoas acaban o instituto, tardan un tempo en recuperarse, se se recuperan, pero que lles é moito máis difícil os acosadores recuperarse que a propia vítima.

Tamén nos mencionou que o personaxe que a ela máis lle gustaba, podería ser Catuxa, xa que di que a nena é moi valente e moi botada.

Sorprendeunos moito que na presentación que nos ensinou, aparecesen os comicks que escribiron os nenos do noso instituto, e ademais pediulles permiso para os ensinar noutros centros.

Este visita pareceume moi curiosa e divertida, ademais de que nos explicou toda a información sobre o libro dunha forma moi detallada e explícita.

      Yolanda Peneireiro Aido: A visita de Andrea Maceiras ao noso instituto foi moi curiosa, foi un detalle precioso que usara algúns dos nosos cómics para a presentación. A verdade é que non esperaba que fose tan interesante, ata nos contou como se lle ocurriu o personaxe de Catuxa, tamén chamada Avelaiña. Na miña opinión foi unha visita moi impactante.

       Alejandro Iglesias Ordóñez: Andrea Maceiras a min gustoume moito poque nos dixo como empezou a súa carreira como escritora. Gustáronlle moito nosos cómics.

        Sara Tubío Ageitos: Gustoume moito as súas explicacións sobre a violencia de xénero. Non hai que discriminar aos demais polos seus gustos, opinións, culturas, etc...

Foi moi entretido e divertido. Pasei un bo rato.

É unha rapaza moi sociable, e gustoume moito o libro do Lagarto Arnal. Agora decidimos ler Nubes de Evolución, a ver que tal está.

       Adrian Vidal: A visita gústoume moito porque nos explicou cousas sobre especies protexidas e en perigo de extinción ademais tamén vai levar traballos feitos por nos e cos nosos nomes a outros institutos.

       Sandra Ordóñez Batalla:  Andrea Maceiras  explicounos que na novela que escribiu había rapaces que sufriran acoso escolar, que no libro tamén se teñen en conta os animais en perigo e a natureza. Falounos dos personaxes, ensinounos os seus comics preferidos e deixounos facerlle preguntas como por exemplo:

Con que personaxe te identificas mais ? Con Catuxa.

Fixeches a continuación do lagarto arnal? Non, nunca mo plantexei.

Cando empezaches a escribir libros? En primeiro da E.S.O.

E moitas máis. Ao final firmounos libros e aos creadores dos seus comics preferidos deunos uns regalos.

Pareceume moi interesante e divertida.

       Yaiza Yáñez Eiras: A charla que tivemos con Andrea Maceiras (Autora de ''O lagarto Arnal'') estivo moi ben, foi moi interesante e entretido, pasamos un bo rato. O que máis me gustou foi cando nos firmou a todos e a todas os nosos libros.
Estivo bastante ben!

     Carla Rodríguez Conde: Gustoume moito a charla de Andrea Maceiras; Pareceume moi interesante e gustaríame volver a repetila.
Enseñounos uns libros que parecían moi interesantes e que me gustaría léelos. O que mais me gustou foi cando nos asinou os libros

      María García Ferreiro: A entrevista que tivemos con Andrea Maceiras foi unha moi boa experiencia para min. Falounos un  pouco do seu libro e de cada un dos seus personaxes. Teño ganas de repetilo con outro autor.

       Dylan Rodríguez da Silva: Onte veu ao instituto autora do libro ''O segredo do lagarto Arnal''. Falounos un pouco da súa carreira e explicounos un o significado do libro. Tamén fixo publicidade das súas obras, e hai que recoñecer que lle funcionou, xa que en clase escollemos un dos seus libros como lectura obligatoria no 3º trimestre para lingua galega.

       Alba Vicente: A visita de Andrea maceiras gustoume moito. Foi moi entretida e o que dixo foi moi interesante. O que máis me gustou foi que puxera os nosos cómics na presentación.

       Diego Romay Gómez:A visita da escritora Andrea Maceiras foi xenial, explicounos os personaxes principais .Cales eran os seus comics favoritos; porque fixemos cómics de cada capítulo do libro ''O segredo do lagarto Arnal'' e, ao final, asinounos os libros.

       Breixo Iglesias Santos: A charla de Andrea Maceira gustoume moito. Ela deunos unha charla moi entretida e respondeunos a moitas preguntas que lle fixemos nós a ela. Ensinounos algúns dos libros que ela ten publicado que parecían moi interesantes. Gustoume moito.

       Marcos Rial Lorenzo: A charla con Andrea Maceiras estivo ben porque nos contou moitas cousas interesantes sobre o libro. Tamén nos rspondeu moitas preguntas. O libro estaba bastante ben.