ACTOS CASTELAO 2013
CONCELLO DE RIANXO & FUNDACIÓN CASTELAO
CHE TEMBRA: Lume e Ferro.....
UN
FERREIRO ARTISTA, CHE TEMBRA Febreiro
2013
Para os da miña quinta, sempre será Che “o Crecho”, o alcume
familiar co que nos coñecemos na aldea de Ourolo, nas terras rianxeiras
de Taragoña.
Sempre que falo de Che, venme á mente, claro e diáfano, o retrato de seu
pai José, erguido na popa do bote, a man dereita na cana do temón e a
esquerda termando do pitillo, navegando pola enseada de Beluso, Neixón a
estribor e a punta da Posta na banda de babor.
Aínda que en “La Voz de Galicia” aparece coma un ferreiro de Beluso
convertido en artista, a min gustaríame darlle a volta e dicir que Tembra
é un artista convertido en ferreiro. Che é un autodidacta que un bo día
descobre que o ferro serve para algo máis que facer cancelas ou apeiros.
O ferro segue as liñas do debuxo e de contado aparece Castelao coma
inspiración, obsesión, referencia ética: a conciencia de país.
As súas exposicións comezan no Restaurante Pachín e camiñan por
Barbanza, O Faiado, Rianxo, Feira Franca de Pontevedra ou o salto á Casa
de Galicia, en Madrid.
Coma un círculo que se pecha, Che Tembra volve ás orixes e recala no
Auditorio de Rianxo, proa ao mar coas súas composicións onde o ferro
campa fachendoso. O mundo das romarías con parada en San Ramón de Bealo,
as escenas recreadas das “cousas” de Daniel, a caricatura provocadora
e aguda que se crava sen compaixón e o ferro, sempre o ferro que se
ensarilla e rube polas canles da imaxinación. |
JESÚS FERNANDO ROMÁN ALONSO:
Ética e estética de Arturo Noguerol Román
ARTURO NOGUEROL BUJÁN Arturo Noguerol Buján naceu en Ourense o 6 de maio de 1892. Estudou o bacharelato en Ourense e Dereito na Universidade de Salamanca... Gañou as oposicións de Secretario de Administración Local e exerceu o seu labor nos concellos de Pereiro de Aguiar, Avión, Rianxo (do 10 de setembro de 1927 ao 7 de xullo de 1932) e Serantes... Na noite do 11 ao 12 1936 foi fusilado na estrada de Ferrol á Coruña por elementos paramilitares pertenecentes á nova orde política que gobernou o estado durante varias décadas... Jesús Fernando Román Alonso: Ética e estética de Arturo Noguerol Román Auria Editorial, Ourense |
Maxicamente... ROI CASAL...