UN NOVO CURSO ACADÉMICO 1º E.S.O.
|
|||
O
monstro Grasete Nun pobo moi lonxe de
aquí, vivía Grasete, un monstro estraño e malicioso. Era moi vello,
pois xa había textos que falaban del na Idade Media. O seu corpo estaba
cuberto de pelo e dicían as lendas que comía persoas, animais ou
calquera cousa que se lle puxera diante. Por iso, ninguén sa atrevía a
ir ao bosque, onde dicían que estaba o seu tobo. Un día, comezouse a oír
un ruído procedente da parte máis escura do bosque. Os aldeáns,
asustados, escondéronse nas súas casas e pecharon e tapiaron portas e
ventás pero un home, Pedro, duns vinte e
dous anos, decidiu descubrir de onde proviña o son. Colleu unha chaqueta
de la e unha mochila na que meteu unha lanterna e o seu móbil, por si tiña
que advertir aos habitantes de que Grasete ía cara alí. Camiñou polas rúas
desertas e chegou á entrada do bosque. Alí respirou fondo e,
valentemente, entrou. Camiñou entre as árbores durante moitas horas e,
cando xa se ía render, escoitou un lamento. Parouse con medo pero a
curiosidade puido con el, polo que apartou as matogueiras que o separaban
das queixas de ese estraño individuo e levou unha inmensa sorpresa. A persoa que choraba
era en realidade Grasete e o son era o terrible grito que asustara aos
aldeáns. Pedro achegouse lentamente e preguntou:
-
Estás ben? O monstro dixo que non
coa cabeza e o rapaz sentiu que era inofensivo. Pedro preguntoulle que lle
ocorría e sentouse ao seu lado. Despois de un tempo falando, Pedro xa sabía
que ocorría: O monstro Grasete aburríase pois ninguén o ía visitar por
medo. O único que quería era algo co que entreterse. Acordouse do móbil e
entregoullo. Grasete púxose moi contento e sen dicir nada desapareceu na
espesura. Ninguén o volveu a ver pero, de vez en cando, óense uns sons
que indican que alguén está mandando mensaxes dende o bosque. Victoria Pereira Suárez |
|||
O pirata Jack pelo torto, entrou na taberna e acto seguido mirou cara aos lados, intentando encontrar ao seu vello camarada. E así foi, estaba sentado nunha mesa pequena de madeira podre, cunha soa cadeira e un prato con comida, si ao que alí había se lle podía chamar así. Acercouse a el: - Vello amigo! Os anos tratáronte mal! - Tampouco a ti che favoreceron camarada. Dime a que se debe a túa visita? - O noso pacto de xa fi tanto tempo. - Que pacto? - Esa memoria! O tesouro de Azcaban, prometiches que o buscariamos xuntos. - Aínda cres niso? Iso dixémolo de rapaces non podes esperar que esas fantasías sexan verdade! -Como podes dicir iso! Acompáñame por favor, poucas veces pido algo, pero necesito a túa axuda. Esta ben pero, tes barco? Un soríso malicioso apareceu na cara do pirata. - Como non iba a telo? Os dous foron ata o porto e alí subiron ao barco. Pasaron os meses e conseguiron xuntar unha gran compañía. Todos eran homes experimentados agás un rapaz que só navegara unhas veces, pero era forte e podría axudalos. Foron a moitas aldeas, para encontrar lendas e saquear algunha que outra... Ao final seguiron unha lenda ata o mar morto, onde dicían se escondía o tesouro. De repente un ruído extrano e... Todo foi moi rápido, un movemento de augas, un golpe, e que a auga os tragase nun torbellino sobrenatural. Ao espertaren encontráronse na cova do tesouro. Había ouro para toda unha vida! Pero a pesar de ser uns piratas non foron codiciosos e repartírono a partes iguais. Cada un foise polo seu lado, e Jack acercouse ao seu vello amigo. - Ao final era real - Tiñas razón, coma sempre. E ben, ti que farás? -Seguir buscando aventuras Iago Higinio Vázquez Figueira |
|||
DIARIO
DE UNHA ADOLESCENTE Helston,
Inglaterra 1998 Era
unha tarde fría e gris. A familia Price estaba na casa, unha rapaza de
uns 16 anos chamada Laura atopábase no seu cuarto escoitando música. De
repente levántase da cama dun chimpo ó oír o teléfono soar. Laura
colle o teléfono e di: -Ola? -Ola!
Son papá. Teño que falar con túa nai -Mamá
non esta, foi comprar. -Vale,
chamo despois -Adeus,
papá. Laura
foi ao seu cuarto. Volveron a chamar ao telefono. Laura colleu o telefono: -Ola? Ninguén
contestou Laura asustada volveu a repetir: -Ola? De
repente entraron uns homes vestidos de negro e levaron a Laura. Laura
chillou con todas as súas forzas pero ninguén acudiu na súa axuda. Cando
chegou a nai á casa chamou por Laura, pero ela non contestou. Buscouna
por todas partes. Chamou a policía para que a buscasen. A
súa nai estaba preocupada na casa mentres a policía buscaba a Laura. A
nai encontrou unha nota debaixo da súa cama que dicía: “Temos
a sua filla, se a quere recuperar debe darme 1.000.000 $”. A
nai de Laura chamou outra vez á policía para ensinarlle a nota , e entón
empezou a búsqueda. Tiñan moitas pistas a nota, a chamada por teléfono... Despois
dunha semana os policías encontrárona. Laura viña ferida, cando os seus
pais a viron abrazárona con forzas. Todo fora un susto. A Laura custoulle moito recuperarse pero conseguiuno Carla Rodríguez Conde & Yaiza Yáñez Eiras |
|||
Case un Atropelo Estaba eu asomada na fiestra, ríndome do que pasaban na rúa, (que se a un home lle mexou can no pantalón, que se o outro pisou "restos orgánicos"... ), cando vin como un repartidor dunha tenda que servía pizzas a domicilio, saía dun cruce a toda mecha ecase atropela a unha nena pequena. O pai desta púxose feito unha furia, como se lle fose saír unha besta brava pola boca. E o repartidor de pizzas tampouco foi moi educado, co pai da pequena, que digamos. O caso é que tivo que intervír a policía para calmar os ánimos. Bernal Muíños |
|||
19-10-2012 DE COMPRAS ! Unha muller entra na tenda das vellas irmás, Dona Elvira e Dona Asunción. Muller: Bos días! Dona Elvira: Como?, Morreu Elías?. Muller: Non, non; que bos días. Dona Asunción: Como? Que queres unha sandía? Saen todas moi boas. Muller: Non, non; quero unha pastilla de xabón. Dona Elvira: Como? Que queres unha pata de xabón? Muller: Non, non; que quero unha pastilla de xabón! Dona Asunción: Como? Que queres un saco de carbón? A muller comeza a desesperarse, pero sigue intentándoo. Muller: Deixe... Déame unha botella de xel. Dona Elvira: Como? Queres unha crema para a pel. Muller: Non, Non. Quero unha botella de xel! Dona Asunción: Como? Queres un frasco de mel? Muller: Deixe.... Déame xampú. Dona Elvira: Como? Que que queres tomar o vermú? Muller: Non, non. Quero xampú!. Dona Asunción: Como? Que queres galletas Marbú ? Muller: Mire, xa comprarei noutro lado. Dona Elvira: Como? Que queres un xeado? Dona Asunción: Como? Queres comida de cabalo? Yaiza Yáñez Eiras & Victoria Pereira Suárez & Sandra Ordóñez Batalla. |
|||
19-10-2012 OS GRANDES FUTBOLISTAS No
partido de fútbol entre o Unión e o Boiro. O balón vai só cara á
portería , o porteiro está lesionado no solo,, mentres os
xogadores pelexaban porque a un do Boiro lle sacaran unha
vermella. -Manolito: Ai, "Josito", que entra!. -Josito:
Que non entra!
-Manolito: Aposto o bocadillo máis a cocacola, a que entra!. -Josito: Vale!. Pois eu aposto a bolsa de doritos máis o "Nestea" a que entra! -Manolito: Si entra!. -Josito:
Non entra!. -Manolito: Si que entra!. -Josito: Non entra!. -.Manolito: Como o porteiro non se levante, vai entrar!. -Josito: Levántate ou imos perder o partido!. -Manolito: A c... Josito. A c.... , si que entra!. -Josito: Me cago en Satanás, que non entra!. Ao final entrou na portería. Pero había un burato na rede e colouse por el. O árbitro ao mirar para o balón pensou que saíra polo lateral da portería e pitou saque de porta. Os xogadores do Unión a pouco máis matan ao árbitro. Roi Muñiz Vidal & Javier Otero Mosquera |
|||
19-10-2010
Previa Barça - MadridNa previa do partido más importantes do ano, dous amigos comezaron a debatir sobre quen gañaría -Xa cho digo eu, vai gañar o madri. -Que non, que gaña o Barça. -Que si!, Que si!, Que si!. -Que non!, Que non!, Que non!. Así estiveron debatindo ata que empezou o partido -Iso é falta!. -Non é!. -Si é!. -Non é!. -Si é!. Antes do partido ,apostaran que o perdedor dariá 20€ ao gañador. Con este tema quedaron discutindo ata a unha da mañá, cando, por suposto, xa rematara o partido. -Quen gañou ? -Non sei, e ti sábelo ? -Se o soubera ti cres que o preguntaría? -Ao final discutimos para nada. -Xa. -Si,eh Ningún gañou a aposta. Sempre seguen igual cando hai un partido deste tipo no que os dous equipos se enfrentan. Manuel Martínez Iglesias & Marcos Rial Lorenzo |
|||
19-10-2012
Non "merese" a pena estudar medicina Na rúa Do Medio unha vella vai andando con moita presa con 2 bolsas en cada man . Mari Lus: Ola Manola!!! Que tal guapa?? E que fai tanto tempo que non nos vemos... Manola: Ai Mari Lus, eu moi ben, querida!!! A que non sabes do que me acabo de enterar? Mari Lus: Conta, conta que xa sabes que eu téñome que enterar de todo o que pasa nesta aldea. Manola: Mira, encontreime a Carmiña o outro día cando ía á da Pireta para coller o bolo, e estivemos falando da crise esta que hai agora... Mari Lus: A ver Manola... Queres acabar dunha ves, carafio!!! Que teño que ir sachar as patacas á horta de miña nora!. Manola: Bueno lo... Eeee...Eso si, pois que me dixo que á filla de Dolores a peixeira foi o outro día á festa da "ghuadalupe", esa que hai en Rianxo agora. Sabes? Mari Lus: Que si muller, que si... Mira está a miña nora a esperar por min ou sexa que ou acabas dunha vez ou marcho, pero xa!!! Manola: Pois que a cacharon cun m.... a fumar m.... nunha esquina e que "aghora" ten que ir para o "xuíso" e a ver se a meten no carsere ou non. Mari Lus : Ai meu Deus, miña filla! que a esa "rapasa" téñolle eu cambiado os cueiros...Ai señor levame pronto,que si non aínda me vai a dar un ataque ao "corasón" un día destes...!!! Manola: Pois eu penso que o tiña ben "meresido" por andar con malas compañías, porque neste mundo nada é "seghuro"... Mari Lus: Tamén disque que morreu "Pepa a do C..." Manola: Non me "dighas"... Ave María purisima sen pecado concibido... E logo cando morreu? Mari Lus: Onte á tarde... Manola: E a que hora se enterra? Mari Lus: Ás seis na igrexa de Santa Columba. Manola : E como morreu? Mari Lus: Pois estaba no bingo e metéuselle unha bola das do sorteo na boca cando cantaba liña. O fillo de Manolo e Pilar, que é médico, intentoulla sacar pero estas licenciaturas de mediciña non serven para nada porque ao final a bola non se moveu do sitio. Manola: Bueno, pois canto o sinto muller. Vémonos no enterro que teño moito que "faser". NO ENTERRO: As dúas vellas encóntranse e empezan a chorar desconsoladamente mentres o cura dá a misa. Mari Lus: AAAAIIIIII Manolaaa por que a nós, por que a nós? Manola: Ai meu Deus querido co "amighas" que eramos eu e Pepa...!!!!! A misa acaba e empezan a dar o pésame á famila. As dúas vellas diríxense cara ó fillo médico de Manolo e Pilar, e empezan a gritarlle sen ton nin son: As dúas: POR QUE ADEIXACHES MORRER, CONDENADO RAPAS!!!! Mari Lus: Tanta titulación, tanta "lisensiatura" para ao final non saber "desatraghantar" a unha pobre vella!!! Manola: Ti non sabes o importante que era Pepa para esta aldea!!!! Protestou por darnos "augha" potable e que non nos quitaran os "reghos" das hortas!!!!! As vellas empezan a correr detrás do rapaz intentando darlle cos bastóns: Mari Lus: TIIIIIII, NON ESCAPESSSSS !!!!!! ÍMOSCHE DAR PAO PELO!!! Manola: VEN PARA AQUÍ CONDENADOOOOOO!!!!.... María García Ferreiro & Carla Rodríguez Conde |
|||
A historia dun canciño abandonado
Sam era unha cadeliña que nacera nun dos veterinarios de Boiro. Unha
familia de Rianxo comprárao. A familia decatouse de que ese can era un
problema porque era moi cariñoso. O irmán díxolle á súa irmá:
-Eu non quero a ese bicho na casa, é moi cariñoso e sempre esta a chorar
cando marchas.
-Pero ao neno gústalle.
Ao dia seguinte o irmán abandonou ao pobre e indefenso animal.
Ese día Adrián atopouno no monte, deulle moita pena e tróuxoo para a
casa. Ao seu fillo e á súa muller gustoulles e quedáron con el porque
non tiña chip. Adrián foille
preguntar a anterior familia, porque sabía que aquel can era deles, pero
negaron todo, afirmando que
eles nunca tiveran can. O veterinario de Boiro estivéraos chamando pero
ninguén collía o teléfono. A xente, cando lle contabamos a historia,
dicíanos que xa había ser un
pedazo de animal. Os antigos propietarios, cando ve a Sam pola rúa, miran
con cara de enfado. Agora Sam na súa nova familia corre arredor da mesa,
xoga cos gatos e, sobre todo, é moi feliz. Adrián
Vidal Lorenzo. |
|||
Rally! Había
dou amigos aficionados ao rallys e non se perdían ningún. Un día
decidiron facer unha aposta: -Xosé,
hoxe creo que vai ganar Víctor Senra. -Pois
Pepe, eu creo que vai ganar Martín Seco. -Se
tan seguro estás de que vai ganar Martín, apostamos 100 euros -Pois
vale. O
día do rally -Xa
verás como gana Martín porque e o mellor -Xa
verás como estás equivocado, Senra ganou tres anos -Sae
primeiro Senra. -É
que iso non significa nada A
noite cando acaba o rally -Boh!
ao final empataron. Que pena!. Estaba seguro de que ía ganar Senra. -Facemos
as paces? -Vale.
Ata mañá -Ata
mañá. E
ao día seguinte volveron a pelexar Mario Rodríguez Tubío e Héctor Uzal González |
|||
Internet
fácil Petaron
á porta da Sra. García. Sra.
García:
Quen é?! - Grita
dende a cociña. Antonio:
Son eu. Sra.
García:
Ti quen?! Antonio:
Quen vou ser. Sra.
García:
Déixate de monerías e dime quen es! Antonio:
Que son eu, avoa! Antonio! Ou non me coñeces? Sra.
García:Pois
déixate de cháchara e entra! Antonio:
Vale, vale! Antonio
entra e vai á cociña. Colle o portátil e comeza a escribir. Sra.
García:
Xa estamos de novo con esa caixiña infernal! Antonio:
Avoa non grites que non estou xordo. Sra.
García:
E como funciona? Antonio:
Se queres aprender, ensínoche. A
avoa, colle unha cadeira e sentase ao carón de Antonio. Ao
cabo de dúas horas … Antonio:
Avoa, díxenche un montón de veces que deixases de escribir e acendeses o
ordenador. Sra.
García:E
logo…. Non estaba acendido? Antonio:
NON!!!!!!!! Sra.
García:
Bueno…. Non te poñas eufórico!!! Non fai faia que me ensines máis. Antonio:
Pois o dito, seguimos mañá. Ao
día seguinte… Antonio:
Vale, agora que acendemos o ordenador, imos a internet. Sra.
García:
Inter… que?!! Antonio:
Isto vai para largo,- pensa- Internet, avoa, Internet. Ao
cabo dunhas semanas… Antonio
chega á cociña e acende o ordenador. Antonio:
Avoa!!!! Cheguei !!!!!! –Non estará -pensa para si mesmo- Que raro. Antonio
colle a chave de debaixo do felpudo,entra e conéctase ao Tuenti. Antonio:
Aaaaaaaaaaahhhhh!!!!!!!!
A AVOA NO TUENTI, INCREIBLE!!! Comezan
unha conversación a través do Tuenti. Antonio:
Que fas no Tuenti? Dende cando tés Tuenti? Fixéchelo ti?... Sra.
García:
Tranquilo. Xa cho explicarei. Antonio:
Onde estás ? Sra.
García:
No cibercafé, falando coas avoas do teu amigo. Antonio:
Hai que ver, chamándolles caixas infernais e agora anda ela máis no
ordenador que eu, hai que ver!!! L
- pensa. Desde
aquela sempre que se conecta atopa á súa avoa. Alba
Vicente e Yolanda Peneireiro |
|||
PORQUE AS SOGRAS SON TAN TOLAS? Sofía - Ai Loliña, por que todas as sogras somos tan malas cos nosos xenros? Loliña -Ai mulleriña, non será para tanto, digo eu que non somos tan estritas! Sofía – Muller, digo eu que non todas as sogras serán unhas meigas. Loliña – Bueno, a verdade é que un pouco si que nos pasamos cos xenros! Sofía – Xa muller, pero é que somos así por natureza, sen ir máis lonxe, acórdate por exemplo da bronca que tiveches a semana pasada co teu xenro! Loliña – Bueno muller bueno, eu creo que non foi para tanto! Sofía- Ai que non! Se se che oían os gritos na miña casa, e mira que eu vivo a dous quilómetros da túa. Loliña- Bueno muller e que eu son así, e coma min a de haber unha chea delas. Sofía- En conclusión Loliña, as sogras sómosche así, e non podemos facer nada para evitalo. Fíxate, se escoitas atentamente oirás como María, a anciá da rúa de abaixo está agora mesmo gritando co seu xenro: María- Papón, ti non es un home nun es nada, non sei que che veu a miña filla para casar contigo... !!!!!!! Coral Romero Novoa & Lucía Somoza Rodríguez |
|||
Un día de compras Unha vendedora atópase na súa tenda de roupa barata, cando ve entrar tres rapazas furiosas. MIA: Eh ti, cutre vendedora de roupa! NATI: Como fuches capaz de vendernos esta roupa desastrosa! VENDEDORA: Para calquera queixa cubride estas follas de reclamación; Seguinte. ROUSSE: Ti, que problema tes? Como te atreves a falarnos así! VENDEDORA: Por favor, non molesten ao persoal . NATI: Que persoal nin que c.........!? MIA: Nati , espera, déixame a min. A ver vimos aquí con boa intención, para cambiar esta horrible roupa. Das luvas que me vendiches teño as mans inchadas e cheas de graos. ROUSSE: E a miña camiseta azul mariño pasou a ser branca cun só lavado. NATI: Ás miñas botas rompéronlles as solas no medio da clase e quedei co pé ao aire!. Todos de riron de min!. ROUSSE: Bueno, iso non é nada novo. (Mia e Rousse rin) MIA: O único que queremos e cambiar estas prendas. (A vendedora non fai nin caso) NATI: Isto debe ser unha broma, hai unha cámara oculta? (Ponse a buscala como unha tola) VENDEDORA: Bueno, cámbiovolo se me deixades tranquila. ROUSSE: Ohhh... Menos mal! Xa me empezaba a cansar. VENDEDORA: A ver, ti, a loira, que talla usas? NATI: Eu unha S. ROUSSE E MIA: Ghorda, obesa!!! VENDEDORA: Teño esta chaqueta, marca Medidas de mercadillo, é unha nova liña de Medidas, pero cun prezo moito máis asequible. Ideal para footing e outros deportes. MIA: Non sei, fáiseme un pouco ancha nas cadeiras. VENDEDORA: Pero iso arreglase facilmente cuns cortes aos lados, un cinto... NATI: Que vos parece, chicas? ROUSSE: Si, si, moi ben... Agora aténdeme a min. VENDEDORA: ¡A ver, a do flequillo, que talla usas? ROUSSE: Eu uso unha M. Quero un abrigo de liño. VENDEDORA: Muller..., de seda non cha teño pero de tea de saco si. Cheira un pouquiño a patacas podres, pero regalámosche un desodorante para compensalo. MIA E NATI: Muller, ti xa cheiras ighual! ROUSSE: Bueno, esta cool!!!. VENDEDORA: Veña, a última, ti que queres? MIA: Unha bufanda. Preferentemente fosforescente VENDEDORA: Ok, teño unha ideal, pero esta feita de residuos radioactivos. ( Mia sobresáltase e lanza a bufanda cara a vendedora) ROUSSE: Que horror, non pensarás comprar algo así? MIA: Bueno, mentres non explote... NATI: A ver se estamos dunha vez!, Teño que facer a pedicura! ROUSSE: Bueno, entón xa nos imos. ( Comezan a andar ) VENDEDORA: Ehhh.... que vos marchades sen paghar!! (Escapan a correr) Carla & María & Yaiza & Victoria |
|||
DIÁLOGO DE SARA... GOZA Un matrimonio entra nunha tenda de "Pul An Joso" no centro de Zaragoza. Vendedor: Chámome Chema e vouvos guiar por este universo de moda universal de excelente categoría internacional creada polo marabilloso modista monchego Moncho Leira. Coghoncio: Si, si acaba xa que temos présa, xoga o F.C Zaragoza C contra o Borussia Monchosglakbad e quero ir velo. Penélope:Señor Chema, mire vostede, quería devolver esta prenda. É unha baratixa de só 999,99$. Regaloumo a sogra que non ten nin idea. Quero cambiala por unha prenda de máis calidade: o vestido verde con brillantes de Paula Echevarria na gala dos Goya, a saia de Maribel Verdú no mesmo evento ou o novo floripondio de Ághata Ruis de la Leira. Chema: Creo que os teño na trastenda. Coghoncio: Pois resérveos e volvemos outro día, que queda pouco para o partido. Penélope : Pois voume probar o verde. (sae) ( volve máis tarde) Coghoncio : Ala, xa pagarás polo banco. agora vámonos. Chema : Adeus e grazas.Teña boa tarde Coghoncio, adeus Penélope...( saen) ¡¡¡Aleluya¡¡¡ Por fin podo ir ver ao Borussia Monchosglakbad.( pón o cartel de pechado e marcha). Marcos & Bernal & Breixo |
|||
DIÁLOGO: VENDEDORA: Bos días! CLIENTE 1 E 2: Bos días. CLIENTE 1: Quería cambiar unha camiseta. CLENTE 2: Eu quería cambiar un pantalón. VENDEDORA: Moi ben. Primeiro a camiseta, que lle pasa? CLIENTE 1: Quédame un pouco apretada nas mangas.(di a clienta ensinando a camiseta) VENDEDORA: Síntoo, estas camisetas son así. CLIENTA 1:Pero... non se pode facer ningún arreglo? VENDEDORA: Si, pero costaríalle 50 euros. CLIENTA 1: Dá igual!. CLIENTA 2: Pódeme atender a min? VENDEDORA: Si, ensíneme o pantalón. CLINTA 2: Quédame largo. Pódemo arreglar? VENDeDORA: Costaríalle 30 euros máis. CLIENTA 2: Bueno..... Vou ir á tenda do lado a ver se é máis barato. VENDEDORA: Non, non! Pódolle facer un desconto se ten a tarxeta da tenda. CLIENTA 2 :E canto sería ese desconto?. VENDEDORA: De 15 euros, pero a tarxeta custa 5 euros. CLIENTA 2: Pois déame a tarxeta. VENDEDORA: Téraalista para mañá CLIENTA 2: Vale... Xa virei mañá. Tamara Pardal Lustres & Sandra Ordóñez Batalla & Alexandra Moares González |
|||
O vendedor avaricioso Personaxes: Xoán (cliente), Pepe (comerciante) Xoán entra na tenda cunha bolsa de roupa na man. Xoán- Veño a devolver isto. Pepe- O que? Xoán- Este xersei porque non me queda ben e viña a devolvelo. Pepe- E porque non compra un igual pero dunha talla máis pequena solo por 100 euros máis. Xoán- Pero é moi caro. Pepe- Pero un home guapo e ligón coma ti necesita un bo xersei. Xoán- Tes razón, pero non me podes facer un desconto? Pepe- Por suposto! Se compra unha segunda unidade a segunda unidade só che custará 100 euros. Xoán- Grazas!!Vou comprar dous xerseis. Pepe- Pagará con tarxeta ou en efectivo? Xoán- Con tarxeta. Pepe- Pois dama e págochos. Pepe- Xa está que teña un bo dia señor- di Pepe sen darlle a tarxeta nin os xerseis mentres Xoán marcha. Carlos Ordóñez Arcos |
|||
ACRÓSTICOS |
|||
Tristre Risa Illada Soamente Tes Esperanza Zunando Ao amor Tamara Pardal Lustres , Alexandra Moares González, Sandra Ordóñez Batalla
|
Penso En Non Saber As cousas Mais perigosas E na familia Nos meus momentos libres Temo a Oito Sensacións diferentes Alexandra Moares González & Sandra Ordóñez Batalla |
Galicia Amor Ledicia Alegria Xenial Ideal Auténtica Tamara Pardal Lustres, Alexandra Moares González, Sandra Ordóñez Batal |
Sara é o meu nome Alta quero chegar a ser, Rápida como os guepardos, Amor quero ter
Sara Tubío, Sergio Ramos |
Soamente quero o teu amor Enerxía do teu corazón Risas contigo quero ter Guiado ao teu corazón Inda que ás veces penso Oxalá estivera ao teu carón Sergio Ramos |
A lumeando as mañás,Luz primeira do día, Bonitas cores laranxadas, Anunciando a alegría. Alba Vicente |
Asombroso sentimento: Longo, Espectacular e Galego. Risas no vento Ían correndo A buscar un momento. Alba Vicente |
A primeira do abecedario L primeira que quero ter E segunda vocal Xeada ao correr
Alex Iglesias
|
AGora vou falar, dunhA lingua espectacular Lingua pioneira deste pobo, pobo onde Eu nacín. Galiza do meu corazón DOuche a miña razón. Alba Vicente |
Mario é o meu nome, A min gústame moito. Raro encontrar un Mario. Ir de aldea en aldea a buscalo O tempo pasarás
Mario Rodríguez |
Nada
brila María García |
C oral é o meu nomeO céanos azuisR amos para minA menceres maxestuososL agos cristalinos.
Coral Romero |
Andade pola nosa ría Ría da miña vida Onte que te coñecín Única de min, Sempre ti tan fermosa Arousa grandiosa, Arousa preciosa Coral Romero |
Herbas Abundantes Diamantes Rechamantes Iluminados Árbores de Nadal Adrián Vidal |
España e o meu pais Sirvolle con honor Para o teu corazon Amor sentir. EspaÑa e o meu pais A ti invitoche a vir Mario Rodríguez & Alex Iglesias |
Asombroso
pensamento, Máis
non o quero ter, O
que
quero é o teu amor Recibir, non regalar
Yolanda Peneireiro |
Galega son,
Amante dos animais,
Leda estou, VIvo
na aldea,
Contenta estou, VIvir
na aldea é
Alegría ter. |
A auga é vida, Un recurso indispensable, Gotas de líquido sen sabor, A auga non tén nin olor Alba Vicente Muñiz & Nuria Tubío Ramos |
||
Conto
Había unha vez un neno que sempre estaba triste e un día seu pai dixo
que a persoa que o fixera rir recibiría cen mil euros. Moitas persoas
pasaron días contándolle chistes ao rapaz pero ninguén o conseguía.
Ata que un día chegou ao pobo un viaxeiro que, ao coñecer a historia,
pensou nun chiste que puidera facer rir ao neno. O chiste foi o seguinte :
Está unha parella de
noivos no parque e un tipo que pasa por alí dille ao outro “eses si que
están tolamente namorados” ao que o outro responde “pois claro coñecéronse
nun manicomio”. O neno riu e o home recibiu a recompensa. |
|||
VIAXE
LONXANA
Era un día soleado cando unha chamada de teléfono o
cambiou todo. Vicente era alto, forte, intelixente e moi áxil. Era un
astronauta, preparado para superar calquera obstáculo: velocidades
extremas, altas temperaturas... Estaba
retirado … pero… acababa
de recibir unha chamada da NASA pedíndolle que formara parte da nova
tripulación que ía viaxar a Marte, pois necesitaban a unha persoa con
experiencia en voos ao espazo. El aceptou a proposta. Cando chegou a NASA
viu que os seus compañeiros eran moi novos e ese era o seu primeiro viaxe
ao espazo, partirían o día 3 de maio do 2063.
Cando chegou ese día todos estaban nerviosos e moi ilusionados e a
hora prevista despegaron. Tardaron aproximadamente dous meses en chegar a
Marte. O primeiro en saír da
nave e pisar Marte foi Vicente. Todo estaba tranquilo e semellaba que
estaban nun deserto, pois non había vexetación. Recorreron uns poucos
quilómetros en busca de vida
extraterrestre mais non atoparon nada.
Cando regresaron á nave foron
atacados por uns seres monstruosos.
Apareceron uns extraterrestres que os axudaron e en poucos minutos mataron
aos monstros. Os extraterrestres obrigaron a Vicente
e aos seus compañeiros a ir ao seu Pazo Presidencial.
O terrestres estaban asustados. Cando chegaron encerráronos nunha cela,
alí estiveron encerrados dous días e, na mañá do terceiro día, un
soldado levounos ante o rei, para que lle explicaran quen eran e que
facían no seu planeta.
Vicente díxolle que eran do planeta Terra e que viñan en son de paz. O
rei díxolles que podían marchar ao seu planeta
e podían levar as mostras de terra, rochas e auga... para as súas
investigacións e que nun futuro poderían ser civilizacións amigas.
Vicente e os seus compañeiros regresaron ao planeta Terra e contáronlle
todo o sucedido ao xefe da
NASA. Javier Otero Mosquera |
|||
A
lenda do salgueiro
chorón
Gustáballe ir ao bosque no seu tempo libre, así podía pensar e aclarar
as ideas. Por esta razón os seus veciños evitábana e dicían que era
rara. Eva, triste ao coñecer o que a súa nai pensaba dela, escapa correndo cara ao bosque. Séntase no lugar de costume, unha pedra lisa e alongada.
Dos seus ollos comezaron a saír finas bágoas. En canto tocaron a terra,
delas empezou a saír un brote verde. Ao medrar convertéronse nunha árbore
cunhas follas que recordaban ás súas bágoas; chamaron á árbore
salgueiro chorón, en honor a Eva. |