UN CONTO DE NADAL
Conto de Nadal
Había
unha vez, nun lugar do Polo Norte había un reno, un reno que non era moi
feliz .Tiña 8 anos e aínda non sabía voar, xa que non tiña un pai que
lle ensinara. Súa nai contáralle que seu pai traballaba para Papa Noel,
que voaba moi ben e que era o mellor de Papa Noel . El seguía triste
porque cada dia que pasaba acercábase máis ao Nadal .
O seu soño era coñecer a seu pai así que foi buscalo . El non
sabía onde quedaba “A Cidade Máxica” na que vivía Papa Noel, e tamén
seu pai. Andando moitos días encontrou un Oso Polar que sabía onde
quedaba . Despois de andar moitos días chegaron. El preguntou polo seu
pai, pero ninguén respondeu e todos se riron a vez .Tiveron unha idea :
Podemos poñer a proba a este reno a ver que tal voa, pero el non sabia
voar .
Pasado un tempo un dos renos confesou que el era seu pai, o reno que
estaba buscando. E ensinoulle a voar. Ao finalizar o Nadal o pai e o reno
foron xunta da nai que estaba desesperada buscando ao seu fillo. A partir
de aquel dia todos viviron moi felices. Sara Tubío Ageitos |
UN NADAL “INOLVIDABLE”
Antón estaba con seus pais na casa. Era o día 24 pola noite. A cea estábase
celebrando cando de súpeto me entraron ganas de ir o baño. Díxenllo a
meus pais e funme correndo. Cando acabei, tirei da cisterna e intentei
abrir a porta. ¡Que desastre! A porta non se abría. Chamei a meus pais,
berrei con toda a miña forza, pero foi imposible. Coa tele ó máximo de
volume non me escoitaba nin eu. Que desastre de Nadal. De súpeto oín
abrir a porta.
- Antón acabaches?
- Grazas mamá.
- E logo?
- É unha historia graciosa.
Baixei as escaleiras e, ó ver que as luces da árbore non estaban acesas
fun alí. Non vía nada. Fun ás apalpadas e atopei o mando. Acendinas e
alí en fronte miña había un regalo cun letreiro: “Para que non
volvas quedar encerrado no baño”
Abrín o regalo e alí dentro había unhas chaves de toda a casa.¡Pois
vaia Nadal! Alba Vicente Muñiz |
Os Robens Era unha vez unha familia pobre en Oslo (Noruega), que por non ter, non tiña nin para pan. Era unha casa vella, na ladeira dunha montaña nevada, casa que lles pertencía por herdanza do tataravó do pai. Era unha familia de constituída por dous anciáns, avós da familia, o pai, a nai, catro fillos e tres fillas. O día 21 de Decembro, o pai saíra a cortar unha arboriña (tarefa que non era fácil por aquela zona) para o Nadal. Ao chegar ao monte, introduciuse cara dentro deste para buscar a árbore perfecta. ''A xente sempre colle a primeira que ve, por iso, as mellores e máis bonitas están no centro'' Ao adentrarse no bosque, comezou a nevar. Decidiu volver ao coche ata que a neve amainara. Ao intentar arrancar o coche, encontrouse con que estaba sen batería. Ao soltar o freo de man, o coche deslizouse ata unha pequena pista de xeo de 2 centímetros de grosor. Cando o xeo empezaba a escachar sentiu que unha forza o volvía arrastrar ata a estrada e levábao ata a casa. Á mañá seguinte, encontrouse con que no salón da casa había unha árbore preciosa e adornada, e nela unha postal que dicía: ''Tes media vida por diante e unha familia moi grande que coidar. Non poñas en risco a túa vida por esas cousas tan minuciosas: Papa Noel''. Dylan Rodríguez Da Silva |
O NADAL Este ano la Nadal é
distinto, no noso pobo todos os anos nevaba pero este ano, non o fixo.
Todos nos quedamos sorprendidos con tal cousa pero no lle demos
importancia porque tarde ou cedo nevaría. Era xa 24 de decembro e todos
celebramos a Noiteboa como todos los años, e esa noite era especial
porque ven Papa Noel, e todos os nenos recibirán os seus regalos, menos
un, que se chamaba Xoán e, por desgraza, era pobre. O seu único desexo
foi que nevara ese Nadal para que fora especial. Pero o neno non recibiu o
seu regalo, e púxose tan triste que non paraba de chorar, e el repetía
una e outra vez:
-La culpa es mía porque eu pedín el desexo e agora non neva neste pobo.
Toda, toda a culpa e miña e só miña Xa era 31 de Xaneiro e non nevara, o tempo de Nadal acabábase e todo o mundo perdía a esperanza, menos Xoán que estaba completamente seguro de que esa noite ía nevar, e así pasou. Esa noite, pasada xa a media noite, empezaron a caer copos de neve. Marío Rodríguez Tubío |
A ARBORIÑA
Esta era unha arboriña calquera dunha familia pobre, pero non era como as
demais ela tiña poderes máxicos. Cada Nadal pode conceder un desexo pero
despois de concedelo tense que ir a xunto outra familia senón perdería
os seus poderes. A arboriña aínda que non o aparente ten moitos anos.
A creou un ser máxico chamado Krallen, era un dos seres máis poderosos
de todo o mundo! Pero non facía nada malo era bo como o resto.
Dedicábase a facer arboriñas máxicas.
A arboriña da familia pobre non queria irse ao pedir o desexo por iso
cando o pediu desexou que a familia fose feliz sempre,e, así foi pero a
arboriña marchouse contenta sabendo que a familia sempre estará ben. Lorenzo Torres Rodríguez |
O REGALO MÁXICO Había unha vez un neno chamado Xosé, un neno de 3 anos. Estaba impaciente porque ao dia seguinte era o día de Nadal. Este día prepararon a árbore cos adornos e Xosé estaba preparando a carta para que os Reis Magos e lle trouxeran regalos. El quería un xoguete máxico que lle dera boa sorte. O día de Nadal encontrou unha caixa de música. Dentro había unha nota: “Isto non é unha caixa calquera, é unha caixa da boa sorte. Darache sorte en todos as festas de Nadal”. E entón, despois desexou que os outros regalos serían o que el desexara pedir é a caixa fixo real o seus soños. El pensaba que a caixa era moi perigosa. Xosé díxolle a súa nai que gardara a caixa nun lugar seguro para que ninguén corra perigo. Diego Robin Romay Gómez |
CONTO DE NADAL
Era unha vez un neno chamado Alex que quería que en Novembro viñeran Papá
Noel e os Reis. Estivo tan estusiasmado que ata que viñera Papá Noel non
parou de dicir: “Van vir hoxe”. E así estivo todo o mes de Novembro e
ata o día 25 de Decembro. Ese día pola mañá no había regalos, Papá
Noel non viñera e foi chamar a súa nai:
-Mamá!, Mamá!, Papá Noel non veu!.
-Pero Alex, pero si aínda estamos en …
-Pero hoxe é o 24 de decembro!
Marchou á sala a ver se Papa Noel se retrasara, estivo esperando,
esperando ata que se cansou e foi durmir. Outra vez
haber se isto era un soño pois era eran as 12:00 da mañá. Alex
espertou,foi correndo a xunta súa nai, que xa cansara de chamalo, e
preguntou:
-Mamá!, Mamá! Veu Papa Noel ?
-Home ti non ves que hoxe e 25 de decembro, veña vai abrir os regalos.
Ese día trouxéronlle o que quería: Que ese día si fora o verdadeiro
Nadal. Alejandro Iglesias Ordóñez |
Un Nadal máxico
Na “rúa do medio” como así lle chamaban, había un colexio, pero un
día, xa poucos nenos ían a el, e tivo que pechar, uns meses despois, no
mesmo sitio construíuse un orfanato, como estaba escuro, non tiña
pintura… Decidiron píntalo, reformar un pouco o edificio e moitas
cousas máis que non vou mencionar. Xa había moitos nenos, acercábase o
Nadal, pero non había diñeiro para que os nenos tiveran regalos, así
foi sucedendo durante moitos anos. Era vinte e catro de decembro, do ano
2012, e petaron a porta do orfanato, abriuna un neno de 6 anos, e cando
levantou a cabeza para ver quen petara… veu a.... Papa Noel! En todo o
orfanato se escoitaba o grito de alegría que saía da garganta do neno,
dicindo: “Veu, veu Papa Noel!! Na porta había un grupo de nenos
disfrazados de Papa Noel e de elfos. Os nenos entraron mentres cantaban
panxoliñas, un deles tiña un saco ás costas, e cando meteu a man no
saco empezou a sacar regalos. Os nenos puxéronse moi contentos, xa que
era o seu primeiro Nadal con regalos. Dende ese día, todos os anos os
nenos ían ó orfanato, levábanlle regalos, cantábanlle panxoliñas, e
vivían o espírito do Nadal. Yolanda Peneireiro Aido |
PAPA NOEL EXISTE
Eran as 10:00 do día 25 de decembro Leonardo foi abrir os regalos aínda
que non foran os que el pedira gustábanlle máis. Foi a fume de carozo á
habitación de seus pais e díxolles:
-Mirade o que trouxo Papá Noel,unha “PSP vita”, dous xogos para a psp
e unha tablet.
Os pais quedaron sorprendidos despois do que lles dixo o rapaz. Cando xa o
rapaz marchara da habitación,a nai díxolle ao pai:
-Ti comprácheslle iso?
-Eu non!
-E logo que pasou? existe de verdade Papá Noel?
-Non muller, iso é un conto de hai moitos anos pero que os rapaces cen
ata certa idade que xa saben que somos os pais.
-Pero e se nos levantamos e imos mirar se seguen as galletas que deixamos
onte.
-Veña logo.
Os pais levantáronse e foron ao salón onde estaba o seu fillo.Cando se
acercaron e non viron as galletas asustáronse, e a nai dille ao pai:
-Cariño estou asustada, que pasa? Que existe Papá Noel ou que?
-Vamos a pensar que si.
O neno acércaselles e dilles:
-Papá agora para o día o 25 vou pedir as cousas máis caras haber se me
traen cousas mellores.
E así foi, cada ano tráelle cousas diferentes e mellores. Adrián Vidal Lorenzo |
Conto de Nadal
Hugo era un neno de 9 anos que tiña una familia moi, moi
rica e polo Nadal sempre recibía todos os regalos que pedía. Pero un
ano, os pais de Hugo castigárono sen poder ir con eles á casa de seus
curmáns, e como quedou só na casa sen ninguén que o vixiara, Hugo foi
rompendo cousas por todos os cuartos da casa. Cando os pais volveron e
viron como estaba todo, dixéronlle que Papá Noel non lle ía traer ningún
regalo este ano.
Hugo, que estaba preocupado, quedouse xunto á árbore toda a noite
para asegurarse que tiña regalos, pero quedou durmido ao pouco tempo.
Cando xa eran as once, espertou porque oíra un ruído, deuse a volta e
veu, ás escuras, unha home que deixaba un regalo xunto á árbore. A Hugo
ese home parecíaselle moito a seu pai, e á mañá seguinte díxolle:
-Papá,Papá ¡ Sabías que es un dobre de Papá Noel? Marcos Rial Lorenzo |
O
elfo Greck
O 24 de decembro cando Papá Noel estaba punto de saír a repartir os
regalos a todos os nenos do mundo, mirou no saco e quedou abraiado porque
non había ningún regalo. Papá Noel baixou do trineo e preguntoulle aos
elfos que onde estaban os regalos. Os elfos dixéronlle que deberían
estar no saco, que eles deixaran todo alí. O elfo xefe mandou a todos que
buscaran os regalos. Papá Noel estaba moi triste porque non podería
cumprir os desexos de moitos nenos.
Cando todos os elfos estaban cansos de buscar os regalos por todas partes,
quedáron durmidos. Todos menos Greck, o elfo máis bromista. Este foi o
que agochou todos os regalos.
Cando se espertou Philip, o elfo máis velliño, veu
a Greck un pouco asustado e preguntoulle si fora el o que
agochara os regalos. Greck díxolle que si pero que estaba moi
arrepentido. Fhilip díxolle a Greck que non llo contaría a Papá Noel
pero que tiña que devolver os regalos.
Greck meteu todos os regalos no saco que Papá Noel tiña no trineo.
Fhilip e Greck dixéronlle a Papá Noel que os regalos apareceran no seu
trineo. Papá Noel como agradecemento por encontrar o regalos levounos no
trineo para axudarlle a repartir os regalos por todo o mundo.
Javier Otero Mosquera |
O NADAL XA CHEGOU
Era o último dia de clase e, por fin, tocou a sirena que dá a benvida ás
vacacións.
Cheguei á casa e tirei a mochila e, por fin, respirei tranquilo sabendo
que xa está aquí o Nadal. Os días pasaron moi rápido, ao contrario que
pasa cando teño que ir ao instituto.
Por fin, chegou o día de Papa Noel. Fun para a cama despois de
cear coa miña familia
Espertei e fun correndo cara á arboriña de Nadal, e, aí estaban os
regalos. Chamei a todos con moita ilusión e abrín o meu regalo...Aí
estaba o que eu pedín. (por se vos interesa, pedira un xogo para PC, “SERIOUS
SAM 3”). Fun correndo cara o ordenador para instalalo, pero o xogo
pedía o STEAM e, eu, non teño internet! Ao final fomos á casa de miña
avoa co meu ordenador para instalalo e desta maneira si que puiden xogar.
Uns días despois...
Era o día dos Reis Magos. Fomos ver a cabalgata (Por culpa da crise os
Reis Magos non ían en carrozas, chegaron en cabalos ;D)
Funme para a cama e ao espertar fun cara á arboriña e vin que había
moitos regalos. Abrín os meus e, outra vez, trouxéronme o que quería. Lorenzo Torres Rodríguez |
Vacacións de Nadal
O día 22 de decembro comezaron as vacacións de Nadal. Os primeiros días
estivo a chover e non se podía saír a pasear nin a xogar ao parque. Eu
estiven a maior parte do tempo na casa, xogando coa Wii, vendo a tele,
lendo un libro...
O día 24 ceei coa familia. Ao día seguinte levanteime moi cedo para
abrir os regalos de Papá Noel. O regalo que máis me gustou foi o xogo da
Wii. Estiven xogando con el todo o día.
O día de Fin de Ano, coma sempre. tomei as doce uvas ás doce da noite.
Pero non me deu tempo a rematar coas badaladas.
A noite de Reis fun ver a cabalgata e ao día seguinte abrín os regalos.
Trouxéronme todos os regalos que eu esperaba. O día 8 de xaneiro
comezaron as clases de novo. Javier Otero Mosquera |
NADAL NA CASA DE MARTA O día de Nadal na casa de Marta era un día calquera. Seus pais non crían no Nadal porque dicían que o inventaran as tendas para que gastaras cartos en regalos; pero Marta non cría no que dicían seus pais. Todos os anos, Marta intenta convencer a seus pais para que celebraran o Nadal pero estes seguían sen querer celebralo. O día 24 seus pais foron comprar e atopáronse cun home que levaba tres bolsas de regalos e preguntáronlle: -Para celebrar o Nadal coa miña familia- respondeu o home. -Pero vostede, non sabe que é un invento das tendas? -Pode ser, pero para min o Nadal é unha época para estar coa familia e celébroa todos os anos. Ao parecer, esas palabras convenceron aos pais de Marta. Dende entón celebran o Nadal todos os anos. Sandra Ordóñez Batalla |
O
PRIMEIRO NADAL DE YAIZA
Yaiza era unha rapaza de 9 anos, que nacera o 23 de agosto do ano 2003.
Tiña o pelo ondulado, como as ondas do mar que ela nunca vira, e era de
cor negra, coma unha noite estrelada na que so se ven o ceo escuro e a luz
das estrelas.
Os seus ollos eran de cor castaña.
A súa pel era de cor escura, xa que ela vivía nun pequeno pobo Africano
chamado Senegal.
Ela era unha rapaza bastante alta, a que lle gustaba moito correr, saltar
e máis xogar...
Tiña un carácter simpático, claro está, todo o simpático e amable que
alguén puidera ser, tendo que loitar día tras día por sobrevivir, tendo
que ir a buscar auga os lugares máis apartados, correndo o risco de ser
devorada por un animal salvaxe ou de se perder.
Era o día 12 de novembro, o sol brillaba no ceo, coma poucas veces o
fixera.
Estaban a 40° C, e a xente desvanecía coa calor.
Yaiza, estaba dentro da súa diminuta cabana de barro, preparando unhas
mantas de pel de animal, para se taparen, ela, e máis o seu pai durante a
noite. Ela sabía que, aínda que de día fixese unha calor insoportable,
de noite facía un frío que xeaba ata ao máis quente de todos.
Yaiza sabía que dentro dun mes sería o Nadal, algo que ela descoñecía,
xa que, onde ela vivía non se celebraba.
Só había oído rumores sobre un home que viña a noite do 24 de decembro
e lles traía regalos aos nenos que foran bos durante todo o ano.
Iso a ela resultáballe estraño, xa que pensaba na razón que debía ter
ese home para lles traer regalos aos nenos.
Un día o pai de Yaiza chegara a casa moi desgustado.
Yaiza preguntoulle que lle pasaba, e este díxolle que era porque unhas
monxas viñeran a falar con el para se ofreceren a levala a un internado
para que Yaiza puidese ser adoptada.
O pai de Yaiza intentou convencela por todos os medios posibles de que era
o mellor para ela. Esta negábase, pero o final rematou por aceptar.
O día seguinte as monxas viñeran a buscala, e ela coas bagoas nos ollos
despediuse do seu pai.
Cando chegaron o internado, Yaiza viu que había un montón de nenos e
nenas, pero ela non tiña ganas de se relacionar con ninguén.
Uns días despois unha parella viñera a buscar a Yaiza, xa que, a
adoptaran.
As primeiras semanas Yaiza estivo moi distante coa súa nova familia, pero
pouco a pouco foi collendo confianza.
Un día preguntoulle a súa nai adoptiva, por que estaba a colgar cousas
pola casa, e esta díxolle que era porque dentro de pouco ía a ser Nadal,
e había que ter as cousas bonitas para “Papá Noel”.
Yaiza preguntoulle que era “Papá Noel”, e esta díxolle que era un
home que lle traía regalos aos nenos e ás nenas que se portaban ben
durante todo o ano.
Dende ese día Yaiza portouse mellor ca nunca, para que así “Papá
Noel” lle trouxera regalos.
O 25 de decembro, Yaiza levantouse da cama dun brinco, porque ese día tería
regalos debaixo da árbore de Nadal.
Cando chegou ao salón, encontrouse todo cheo de regalos de todas as cores
e tamaños. E esta é a historia do primeiro Nadal de Yaiza! Coral Romero Novoa |
VACACIÓNS 2012-2013 Luns, 24 de decembro: Hoxe foi noiteboa e toda a familia ceamos na mesa. Había moitas cousas para comer. A cea estaba riquísima, e a sobremesa aínda máis, sobre todo o turrón porque me gusta moito. Vou rebentar. Martes, 25 de decembro: Hoxe foi un día moi divertido. Pola mañá cedo fun á casa de miña curmá. Como era o día de Nadal, fomos comer alí. O xantar estaba moi rico. Ó rematar, miña curmá e eu fomos xogar co seu can. É moi bonito. Pequerrecho, branco e ten un pelo largo, suave e rizado. Gústalle moito xogar. Antes de marchar tamén estivemos xogando no ordenador. Logo fomos para a casa. Paseino moi ben hoxe. Martes, 1 de xaneiro: Feliz aninovo! Onte foi Noitevella. A cea estaba moi boa. Ás 23:50 todo o mundo rematara de cear e estaba preparado para as uvas, menos eu. Non porque non estivera preparada, senón porque non me gustan as uvas e collín cereais. Eran as 00:00 e comezaron as badaladas, e con elas as uvas. 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7... Todos se riron de súpeto. Ninguén foi capaz de comelas, só meu pai. Eu metíaas na boca pero non era capaz de tragalas coa risa. Cando remataron comezaron as chamadas. Eu envieille unha mensaxe a unha amiga e ao resto chameinas. Eran as 00:15. E fun para a cama a ver a tele. Ese día paseino moi ben. Domingo, 6 de xaneiro: Hoxe abrín os regalos. Na miña casa tiña unha cazadora “chulísima”. Logo fun á casa de miña curmá. Alí había un estoxo con dous pinta unllas e un reloxo dixital. Pola mediodía fun xantar a casa de meus avós. Tamén ían meus tíos. Eles trouxeron un regalo. Era unha colonia que ulía moi ben. Bueno, a parte diso, en todos os sitios, había cartos. Luns, 7 de xaneiro: Ben, hoxe non teño moito que contar. Despois de comer fun dar un paseo cunha amiga e, á volta, quedei con ela na súa casa. A parte diso, hoxe é o último día de vacacións. A madrugar outra vez!!!. ¡Adeus vacacións, adeus! Alba Vicente Muñiz |
Problemas
no Nadal
Este conto trata dunha rapaza de 6 anos que lle pedira a Papa Noel unha
bicicleta.
Ela estaba moi ilusionada, pero o menos que se esperaba era que ese día súa
nai e seu pai tiveran un accidente de coche cando volvían de botar a
carta a Papa Noel.
Este accidente sucedeu as 3:30 cando ela volvía do colexio.A rapaza
decatouse cando eran as 4:45 aínda nadie a fora buscar. Finalmente
chamaron aos avós. Estes foron coller a Catilina, que así se chamaba a
rapaza.
Despois de 3 días, chegaron as vacacións de Nadal,pero a rapaza estba
moi tristeporque non as ía poder disfrutar cos seus pais.
O 25 de Decembro, Catalina, levantouse ás 9 da maña para ver os regalos.
Desgraciadamente debaixo da árbore non había nada, só algunhas follas
que caeran da árbore. Todos os outros rapaces encontraron os seus regalos
de Nadal.
O motivo polo que non tiveron ningún regalo era porque Papa Noel se
equivocara de casa e lle deixaran a bicicleta na casa na que anteriormente
vivía cos seus pais. Roi Muñiz Vidal |
AS
VACACIÓNS DE MANOLO
Estas
vacacións Manolo pedía unha moto a Papa Noel, pero seus pais non lle
deixaba ter unha moto porque é moi tolo e, aínda por enriba, quedáranlle
dúas. Pero Manolo quería a moto por Noiteboa e ao final tívoa.
Ao día seguinte Manolo levantouse e foi probar a moto. Manolo
nunca tivera moto, así que non sabía andar. Cando chegou xunto da moto
subiu, e acendeuna, meteu a primeira marcha e… acelerou a fondo. A moto
arrancou bruscamente, Manolo non era capaz a suxeitala… saíu polo
portal sen control, cruzou a estrada e seguiu polas leiras ata que quedou
atascado no barro. Cando seu pai chegou xunto del, axudoulle a quitar a
moto de alí. Ensinouno a andar ben. En fin de ano a Manolo gustáballe
tanto a moto que a meteu dentro da casa mentres comían as uvas.
O día de reis Manolo foi na moto ver a cabalgata e de regalo tivo: un
traxe para a moto, un casco e unhas botas. Despois, como a Manolo lle
gustaba tanto andaren moto, comezou a adestrar para correr en carreiras e
campionatos. Despois Manolo converteuse en campión galego de motocrós. Brais García Romero |
AS VACACIÓNS
As miñas vacacións foron bastante divertidas. En noiteboa cantamos
panxoliñas e démonos unha chea. O día da Natividade fomos dar unha
volta e despois, ao volver para a miña casa, eu mais meu irmán xogamos
cos nosos agasallos. O día de Noitevella fomos xogar ao fútbol e ao
baloncesto. Cando regresamos comemos, e, ao remataren, esperamos ata as 12
en punto para comer as doce uvas da sorte. Despois disto xogamos ás
cartas ata as 3 da mañá. Xa en aninovo, fun xogar un pouco ao fútbol
diante da miña casa e pola tarde fomos toda a familia dar unha volta por
Rianxo.
O dia 5 á noite fomos ver a cabalgata e encontrámonos coas miñas dúas
curmás no bar. Pero só puidemos ver o principio porque a meu irmán
asustáballe o ruído. En Reis fomos á casa de miña avoa, a buscar os
nosos agasallos e a dar unha volta. As vacacións estiveron ben, mais foi unha mágoa que duraran tan pouco. Dylan
Rodríguez Da Silva |
Vacacionality
time
Fuentealbilla's farm. A seguinte historia ocorre entre as 15 do día 14 e
as 22 horas do día 24 de decembro.
-Que é un gallifante?
-Era a mascota das Olimpiadas de Sevilla.
-Eu creo que era un mutante verde que saía nas películas.
-Ese era Hulk.
-Cala parvo!
-A comer!!!
-Que xa imos...
-Mirade ghuapiños, COMO NON VEÑADES ARRÁNCOVOS UN OLLO E DÓUVOLO PARA
COMER.
-Vale, tranquila, xa vamos. (maldito orangután depilado)
Media hora despois:
-Podemos ir ver a Papá Noel? -dixeron os xemelgos
-Si...
-Manolo, meu ceo, non será hora de contarlles a verdade sobre Papá Noel?
Que dentro de pouco van ir á universidade de Ordfox e aínda cren que
existe...
-É quitarlles a súa inocencia?.
-Manolo, que xa teñen vinte anos.
-Vale, xa será hora...
Máis tarde no salón:
-Papá, porque á filla do notario lle traen todos os regalos que pide na
súa lista e a min só me traen unha cousa da lista e aínda por riba é máis
barata? -dixeron os xemelgos ao unísono.
-Kevin, Octavio… Papá Noel...
-Si, papá
-Papá Noel… non, non... non existe.
-Jajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajaja
Media hora despois:
-Hahahahahahahahahahahahah… Pero ti hai tempo dixéchesnos que existía,
así que… ten que existir.
-En realidade non existe. Díxenvolo para que vos ilusionarades.
-Entón mentíchesnos...
-Esa palabra é un pouco forte...
-Ímosche demostrar que existe.
Ese día ás 12 da noite marchamos na busca de Papá Noel.
E así comeza esta historia.
Pasamos por Francia, por Alemaña e navegamos ata Finlandia, o hábitat da
especie única “Papus Noelis” (nome común: Papá Noel).
Chegamos ao un remoto bloque de xeo e alí había un monstro enorme, acercámonos
a el e descubrimos que era un gallifante. Escapamos a fume de carozo. Ao
parecer era o gardián da guarida de Papá Noel. Chegamos á enorme mansión
do gordinflón e coñecemos a un elfo chamado Breimonchus, que nos levou a
onda Papá Noel. E rematada a nosa aventura, puidémoslles demostrar aos
nosos pais que Papá Noel existía de verdade. Breixo Iglesias Santos & Bernal Muíños Rodríguez & Ramón Veiga Burés |
HISTORIA DUN NADAL Este ano é un ano de
moitos cambios para min, cambio de colexio e compañeiros novos. Xa estaba desexando
un pequeno descanso. Chegaron as vacacións de Nadal. Recollemos as notas
e tamén uns poucos traballiños que nos puxeron os profesores para que
non nos aburramos. Case sen darnos conta
chegou Noiteboa,ceamos cos avós,meus irmáns e mais eu xa andabamos algo
inquedos polo Papa Noel,deixounos algún detalliño. E en Nadal
disfrutamos todos en familia. Cando celebramos o
fin de ano todo foron doces: turrón, bombóns, pasteis, uvas e moita
emoción para as campás de fin de ano. E comeza un novo
ano.Tivemos tempo para todo: xogamos, repartimos agasallos, descansamos...
E por fin os
desexados Reis, fun cos meus irmáns á cabalgata, vímolos chegar a
cabalo. Foi emocionante, pero xa nos tardaba o volver para a casa. Os regalos foron unha
boa sorpresa e distraémonos con eles ata volver outra vez ao traballo.Tamén
me gustou moito o tradicional roscón de reis coa súa sorpresa, miña
avoa faino moi bo. Foron unhas vacacións para descansar e desconectar Diego Robin RomayGómez |
As vacacións de Nadal
Era un día soleado en Rianxo, era Noiteboa e viña Papa Noel a traer os
agasallos para os nenos e nenas que se portaron ben. Era mediodía e
estabamos no salón a xogar coa vídeo consola. Miña nai entrou no salón
e díxonos que tiñamos que ir á casa da avoa para preparar a cea desta
noite.
Pasaron moitas horas, xa era de noite e tiñamos case todo preparado para
cear. Eu puxen a mesa e trouxen o marisco ao comedor. Empezamos a cear e,
ao pouco, xa remataramos. Case non había nada de marisco na mesa. Como
segundo prato: polo ao forno. Rematamos, recollemos
todo e trouxemos a sobremesa.
Despois fun cos meus pais e meu irmán para a casa. Meu irmán quería
asegurarse de que Papa Noel viñera a traer os agasallos.
O día de Nadal meu irmán espertou e foi directo ao salón para ver se
Papa Noel trouxera agasallos. Abriu o agasallo e púxose a saltar. Eu tamén
abrín o meu e tamén me sorprendín moito. Fomos ensinarllo aos nosos
pais e “gustáronlle” moito.
Despois de almorzar fomos á casa da miña avoa, a ver se nos trouxeran
agasallos. Tamén nos puxemos a saltar de alegría. Estivemos todo o día
cos xogos que nos regalara Papa Noel.
Pasou unha semana, luns, Noitevella, e tiñamos que despedir o ano vello e
dar a benvida ao 2013. Ao día seguinte, espertamos cunha pouca dor de estómago.
Preparámonos para ir xantar a casa de meu curmán Manuel en Leiro.
Cando chegamos inda faltaba algunhas cousas para poder comer e
celebrar o aninovo. Cando rematamos de comer o marisco, trouxeron a carne,
e despois a sobremesa que estaba moi deliciosa.
Fomos ao salón e estivemos a xogar coa vídeo consola. Viñeron nosos
pais para preguntarnos se queriamos ir dar un paseo, e aceptamos. Levamos
os paraugas por se chovía. Fixemos ben porque empezara a chover a cántaros.
Durante o camiño de volta á casa de meu curmán, as miñas botas
romperon, entrou auga dentro e empapei os pés. Despois dun largo tempo a
que me secaran os calcetíns, volvemos para a casa, ceamos e fomos para a
cama.
O sábado, 5 de xaneiro, houbo cabalgata de Reis Magos. A cabalgata
empezou as 18:30. Cando chegou a estrela de luces ao campo, os rapaces e
rapazas puxéronse en fila para coller os caramelos que lanzaban os
axudantes dos Reis. Había unha muller que fixo malabares con fogo,
despois viña un chico moi alto soprando pompas moi grandes, unha banda e
por último uns gaiteiros. De súpeto vin aos axudantes dos Reis, montados
en cabalos, lanzando caramelos e os Reis Magos viñan detrás. Foron ao
Belén e despois foron a alcaldía para dar o discurso que facían todos
os anos e repartir chuches aos rapaces. Chegamos á casa moi cansados e
deitámonos no sofá do salón. Vimos unha película, ceamos e fomos a
cama. O día seguinte fomos ao salón a ver os agasallos e rimos de alegría.Tamén
fomos á casa da miña avoa, de miña tía e por último á da miña madriña.
Gustáronme moito os agasallos e tamén me gustaron estas vacacións de
Nadal. Lucía Somoza Rodríguez |
CONTO DEMORADO
Era un día soleado, coma todos os que hai no oriente medio, eu estaba dándolle
de beber ao meu camelo Mostur cando escoitei que miña nai me chamaba. Vivíamos
nunha pequena tenda no centro do campamento, ela a miña irmá Yara e mais
eu.
-Anghah, ven aquí! Necesito que vaias a encher estas dúas ánforas de
auga á fonte.
-Vale, vémonos logo pola noite, non me esperes esperta.
Despedinme da miña irmá e fun na procura de Mostur para comezar a nosa
viaxe polas areas do deserto de Kalahari. Seguro que moita xente se perdería
nel pero eu levaba anos vivindo nese deserto e coñecíao coma a palma da
miña man. A fonte estaba a catro horas de viaxe dende o campamento.
Mostur estaba á sombra da única árbore que se vía polos arredores.
Carguei as dúas ánforas no camelo e subinme a el con coidado de non
desequilibrarme. Canto antes emprenderamos a marcha antes chegaríamos.
DÚAS HORAS MÁIS TARDE:
Levábamos moi bo ritmo, se seguíamos así chegaríamos antes do que
pensaba. Despois destas dúas horas aínda non avistáramos a ninguén,
era estraño pois esta era a única fonte en millas á redonda, e bastante
xente ía a buscar auga a ela. De repente albiscamos unha frondosa árbore,
a máis grande que vira nunca. Este non podía ser o camiño correcto, eu
fora a esa fonte dende pequeno e nunca a vira antes. Perderíame? E si era
así, como puidera ocorrer? O máis posible é que me equivocara de
dirección despois da Rocha da Serpe, seguramente fora pola falta de
visibilidade debido á pequena tormenta de area que se producira.
Seguín na mesma dirección media hora máis coa esperanza de encontrar a
algún lugareño amable aínda que parecía difícil. De súpeto vin unha
grande sombra do que parecía unha mansión, pensei que se trataba dun
espellismo, logo de acercarme máis puiden comprobar que era real, quixen
acercarme máis pero Mostur negábase a andar. Parecía asustado. Baixeime
del, collín as bridas e arrimeime á cancela do edificio.
Era un castelo enorme, inmenso, un gran portalón de madeira daba entrada
aos visitantes. Achegueime a el con coidado intentando non facer ruído, e
cando estaba a piques de petar nela a porta abriuse soa, coma por arte de
maxia. Entrei no castelo. Estaba cheo de valiosos obxectos feito con
metais preciosos, algúns tiñan incrustacións de rubí,esmeralda,
diamante...
Quen viviría aquí? Debía de ser alguén moi rico pois todo aquilo era
moi caro. Torcín á dereita e dinme de fociños contra unha rapaza :
-Ui! Perdón! - dixen.
-Quen es? Que fas aquí?-gritou.
-Eeeeehhhh... Isto...Eu...
A rapaza mirábame co cello pregado e coas mans na illarga. Parecía
anoxada.
-Síntoo. É que me perdín
-Marcha de aquí de contado, este non é un sitio para nenos perdidos!
-E logo? Quen vive aquí? Que é este lugar? - dixen.
-Non cho podo dicir e agora déixame que estou moi ocupada!- contestou a
rapaza con presa, logo comezou a andar a toda presa polo longo corredor.
-Espera, cómo te chamas?-gritei, aínda que sabía que non me ía
contestar.
A rapaza parou e logo duns instantes xirou e contestoume:
-Chámome Kwira -dixo ela- E isto é o castelo dos Reis Magos, son a paxe
de Melchor.
Quedei en silencio uns segundos, pensando nas palabras que acababa de
escoitar. Non, imposible. Como ían vivir alí, a poucos días da miña
casa, os Reis Magos?
-Como? Que? Iso é imposible, se non mo queres contar vale, pero non me
mintas...
-Hahaha, típico, xa non cres neles non?
-Pois non, porque non existen !
-Perdoa?! Así que non existe ehhh!! Pois agora vouche demostrar que iso
non é verdade!
Conduciume ata unha sala inmensa, con chan de mármore e paredes vermellas
ricamente decoradas con ouro, rubís e outras pedras preciosas. No centro,
elevados cun pedestal de bronce, tres tronos de ouro brillaban cos raios
que se colaban entre as cortinas con fíos de prata que cubrían as
grandes ventás. En cada trono estaba sentado un Rei, no da dereita
Baltasar, no do medio Gaspar e no da esquerda Melchor.
-Que che dixen?- preguntou Kwira contenta de ter a razón.
-Vale, era certo- dixen avergonzado.
Os tres Reis miráronnos e Melchor dixo:
·
Kwira, quen é
este rapaz?
·
-Chámase... -empezou
ela e miroume pois eu non lle dixera aínda o nome.
·
-Anghah -terminei
eu e aclarei - perdinme no deserto.
·
Pareces un neno
espelido - díxome Gaspar- dime, cal é a cousa que mais desexas no mundo?
Concederémoscha e logo levarémoste de volta á casa.
·
O que máis me
gustaría é... Quedarme aquí para sempre, sendo un paxe.
·
Ben, dá a
casualidade de que temos un posto libre.
·
Si? Pero... Eu
non podo quedar, que faría miña familia sen min? Quen coidará á miña
irmá?
·
Ah, iso non supón
un problema para nós, a túa familia pode vir aquí a vivir, como ves
isto está demasiado baleiro e hai moito espazo.
·
Que ben!- dixo
Kwira cunha tímida risa e logo aclarou cun ton pouco convincente- Digo...
estupendo agora xa non teño que facer o traballo do outro paxe...
·
Bueno, nese
caso... Vale! -exclamei.
·
Serás o meu
paxe -dixo Melchor e logo xirouse cara Kwira- Preséntalle a Ohrick.
·
Si, señor.-
Kwira deuse a volta e marchou- Anda, sígueme, seguro que Ohrick che cae
moi ben, é o paxe de Baltasar.
Ohrick era un rapaz solitario, calado e non demasiado falador, pero á vez
agradable e amable. Caeume ben ao instante, era coma se fóramos amigos de
toda a vida.
Ao día seguinte fun ao poboado para recoller á miña familia. Conteilles
todo, logo de pensalo uns breves instantes miña nai asentiu decidida, íamos
a comezar unha nova vida, unha vida chea de maxia. María García Ferreiro & Victoria Pereira Suárez |
ADELAIDA E O RENO FUXITIVO. Un bo día Adelaida preparaba a árbore
de Nadal cando se oíron uns ruídos procedentes da cheminea, asustada foi
coller a machada e a vasoira deulle coa vasoira na cheminea e... ¡¡¡¡¡¡¡¡¡Apareceu un
reno!!!!!!!!! Cando o reno veu a Adelaida asustouse e empezou a voar pero
como estaba nun lugar cerrado chocaba e chocaba e volvía a chocar con
todo o que había na casa , co ruído a nai foi ver o que pasaba, pero
Adelaida oíu os pasos da nai achegándose e colleu unha saia na e atrapou
ao reno con ela e escondeuno, cando chegou a nai díxolle que como non o
recollera todo que a castigaría e Adelaida empezou a chorar, cando o reno
a oíu chorar saíu da saia e doulle unha caricia co fociño e cun
destello dos seus cornos, todo empezou a moverse para atrás e todos os
obxectos amañaronse e volveron ao seu sitio Adelaida parou de chorar e
veu que todo se amañara. Despois o reno díxolle que o Polo Norte fora
conquistado por un malvado que quería que todos os nenos levaran carbón,
carbón negro non dos comestibles non pensedes, e que o querían matar
polos seus poderes máxicos (aparte dos de voar que iso o podían facer
todos os renos do Polo Norte) e, sendo perseguido por el mesmo conseguiu
escapar e refuxiarse na súa casa, pediulle que gardara o secreto e que
lle axudara a salvar o Nadal. Adelaida aínda un pouco asustada díxolle
que si. Cando o dixo o reno colleuna e empezou a voar cara a cheminea e ao
saír estaban todo negros pasaron por un lago para lavarse e seguiron o
camiño, cando Adelaida xa se sostiña ben en equilibrio acelerou a
velocidade da luz e en menos de tres segundos xa estaban alí. Cando
chegaron había osos polares na entrada vixiando. Eles entraron pola pista
de aterraxe e evitaron os osos, cando entraron, no trono de Papá Noel,
estaba Papá Noel. Pero atado e amordazado!!!!!!!!!! Cando o desataron xa
era demasiado tarde Repartecarbón (que así se chamaba o malvado) xa
estaba no trineo cos renos e ían a despegar Adelaida montou no reno e
eles tamén empezaron a voar cando Repartecarbón os veu e empezoulles a
lanzar carbón pero eles non se detiveron cando Adelaida saltou ao seu
trineo Repartecarbón a colleu pero ela mordeulle o brazo e cando iba a
correr cara ela... Púxolle a cambadela e caeu pero un
dos renos o colleu ao voo e Repartecarbón, el respirando aliviado pensou
que se salvara pero o que non sabía era que ía dereitiño a cárcere do
Polo Norte. Papá Noel doulle as grazas a Adelaida pero cando ela ía a
dicir de nada desmalllouse co cansazo e cando espertou era a mañá de
Nadal e pensou que todo fora un soño pero cando mirou pola ventá veu ao
seu amigo reno voando e guinándolle o ollo ela contenta díxolle adeus e
acto seguido foi correndo a árbore de Nadal e había un bo montón de
regalos incluso para seus pais, todos contentos abriron os regalos e
Repartecarbón non volveu a facer nada malo e si o facía tíñao que
facer na cela na que estaba encerrado. |