PANCHO MARTÍNEZ,
"SEMPRE EN RIANXO"
BIOGRAFÍA
E TRAXECTORIA PROFESIONAL Andrés
Armindo Martínez García (1957-2010) naceu no lugar do Pazo en
Rianxo. Rematou os estudos de bache A
finais dos anos 70 realiza un curso de periodismo en Santiago e comenza a
traballar na Redacción de El Correo
Gallego onde bota tres anos. A partir de aí colabora en La
Voz de Galicia, na revista Tempo
i é cofundador da revista
Ría de Arousa. Deixa a
prensa escrita para colaborar na Cadena SER como reporteiro de Radio
Arosa e Radio Pontevedra.
Como reporteiro radiofónica desta canle chega a cubrir, para toda España,
a noticia da chegada dos restos de Castelao a Galicia. Deixa a SER, e pasa
a traballar como redactor-locutor e reporteiro do programa “COUSAS” da
Radio Galega. Nesta época que nace a Radio Televisión de Galicia, diplómase
como actor de dobraxe no primeiro curso que se realiza en Santiago. PANCHO
MARTÍNEZ NO AUDIOVISUAL No
ano 1985 pasa a formar parte do equipo de produción da produtora C.T.V. e
Galaxia Comunicación. Nesta empresa realiza o seu traballo na produción
e como actor de dobraxe. Catro anos despois e cofundador da empresa
produtora OLIMPUS COMUNICACIÓN, desempeñando o cargo de Director de
produción. Nesta empresa realiza numerosos traballos: vídeos industriais
de importantes empresas galegas, spots publicitarios, documentais… Con
OLIMPUS COMUNICACIÓN entra a formar parte na promoción e presentación
en Vigo de “Cinegalicia” das películas: “Continental”
e “Sempre Xonxa”. CINE: Traballa como
actor de reparto na película URXA
e colabora na produción de SEMPRE
XONXA de Chano Piñeiro. TELEVISIÓN: Ao
lado de quen sería o seu gran amigo o dramaturgo Roberto Vidal Bolaño,
realizou no ano 1987, a que sería a primeira produción propia de GALAXIA
COMUNICACIÓN e a T.V.G., a película “NOVO DE PARMUÍDE”
basada na obra de Álvaro Cunqueiro, dirixida por Roberto Vidal
Bolaño e protagonizada por Pancho Martínez. Outros
traballos en televisión: MOROSOS
VARIOS- dirixida por
Roberto Vidal e protagonizada por Pancho Martínez RÍAS
BAIXAS- T.V.G. actor de
reparto TERRA
DE MIRANDA- T.V.G. actor de
reparto EL
COMISARIO- TELE 5
actor de reparto BRIGADA
CENTRAL- T.V.E. actor de
reparto EL
CAMINO DE SANTIAGO-
de Adivina Producións, actor de reparto. Documental con guión de
Sánchez Dragó. TEATRO:
ACTOR, AUTOR E DIRECTOR Os
comezos no teatro son a principios dos anos 70 na época de estudante no
Instituto de Padrón da man do
seu profesor de literatura o poeta e escritor Bernardino Graña. A
mediados dos anos 70 o Liceo Marítimo Rianxeiro, crea o grupo de teatro
“ O XEITO”, onde entra a traballar como actor e, máis tarde, como
director. Do
grupo O XEITO podemos destacar: -
O
CANTAR DOS CANTARES- de Blanco
Amor, actor principal -
O
FERREIRO DE SANTAN- de Varela Buxán,
actor principal e director -
SINFRAINÍN
CONTRA DON PERFECTO- de Bernardino
Graña. Actor principal e director nunha segunda etapa. -
AS
AMÉRICAS DUN LABREGO-
autor, actor e director. -
A
FIESTRA BALDEIRA- de Rafael
Dieste. Actor principal e director. Nesta
época do grupo O XEITO, funda a “I semana do teatro galego” no
Concello de Rianxo. Como
profesional do teatro, Pancho Martínez traballa nos mellores teatros de
España e Portugal. Un dos último traballos co Centro Dramático Galego
foi “Ricardo III” de Shekespeare dirixida por Manuel Guede, onde
ademais de representala no circuíto de Galicia, por primeira vez o teatro
galego estivo presente no Festival de Teatro de Almagro, no Festival de
Teatro de
Alm Outros
traballos a destacar: O
MOZO QUE CHEGOU DE LONXE- producida polo CDG dirixida por Mario Gas.
Ademais da xira galega, foi representada no teatro Romea de Barcelona. XELMIREZ-
Producida polo CDG, dirixida por Roberto Vidal Bolaño. ROSALÍA-
Producida polo CDG, dirixida por Roberto Vidal Bolaño. OBRAS As Américas dun labrego Sempre en Rianxo. O soño do
barbeiro Tempo do Paxaro Pinto Os namorados do Castelo da Lúa
(presentada o IX premio
Álvaro Cunqueiro) Onde rin os anxos Cancións:
Dime que si
Viuviña bonita
Contigo
Unha estrofa para a Rianxeira Á Virxe de Guadalupe baixouna do ceo un anxo, do ceo veu a quedar, quedar pra Sempre en Rianxo
RESTAURACIÓN Outra das actividades nas que destacou o bo facer de Pancho foi no mundo da restauración; a súa actividade creativa compaxinábaa coa xerencia do restaurante familiar "Don Pancho", na súa localidade natal. Andrés Martínez Rodríguez |
|
PANCHO
MARTÍNEZ, NO ESCENARIO Coñecín a Andrés Martínez García, “Pancho”, a principios dos anos oitenta.; por aquel tempo abríase o Centro Cultural “Simón Varela” de Asados con moita oferta teatral e cultural. Uns anos antes, o Liceo Maritimo Rianxeiro creara o grupo de teatro “O Xeito”, que nos seus comezos dirixiu Gaitolas e despois Pancho. Con el coincidín nas “Semanas de Teatro do Pobo”, en Rianxo. Como actor e director puxo en escena algunha obra de Daniel Varela Buxán entre elas “O ferreiro de Santán” e logo a “Fiestra Valdeira, de Rafael Dieste, a raiz da súa morte, en 1981. Marcha a Santiago para traballar nunha empresa de audiovisual, tamén en. dobraxe e, esporádicamente, no Centro Dramático Galego; fáino tamén ás ordes de Roberto Vidal Bolaño, a quen este ano se lle adica o “Día das Letras Galegas”. Volve
a Rianxo sobre o ano 2000 para rexentar o negocio familiar de restauración,
sen deixar de lado a súa vocación teatral. Precisamente
nesta etapa é cando desenvolve a
súa faceta de dramaturgo e publica “Sempre
en Rianxo. O Soño do Barbeiro” En palabras do autor “esta obra
está plantexada como unha balada popular que pretende ofrecer unha visión
sinxela do Rianxo máis xenial. Un espectáculo representado por homes e
mulleres deste pobo. Personaxes de dúas das grandes obras do teatro
galego escritas por dous autores rianxeiros, “Os vellos non deben de
namorarse”, de Castelao e a
“Fiestra Valdeira”, de Rafael Dieste, son adaptadas libremente e son a
clave para dar forma a esta peza teatral. No ano 2009 adicábame un
exemplar con estas verbas: “A
Santos, O Soño do Barbeiro, “soñado” para interpretación de D. Xosé.
Compañeiro artista e mestre de moitas outras tantas cousas. Sempre un
amigo. Pancho Martínez. 23 – 05 –
Pero non acaba aí o conto, porque na seguinte obra, chamada “O tempo do Pájaro Pinto”,
sucedeu algo parecido; aínda que, neste caso, fixo esa salvedade con algún
outro actor máis. Escribía os
textos para seren escenificados e encarnados por aquelas persoas do seu
entorno, cun perfil determinado. O nome de “pájaro pinto” ben dado
por unha cantiga que se fixo p A mala fada propiciou que un inspirado Pancho non puidese ver a súa última creación posta no escenario; deixóunos para sempre no mesmo intre en que se iniciaban os ensaios. Por iso os compoñentes do elenco -que el mesmo elixira- fixo o compromiso de continuar co proxecto que tiña encetado e, por fin, poñerase en escena os primeiros días do próximo mes de abril, para así renderlle unha homenaxe póstuma de recordo e gratitude a un home que, dende a triple vertente de actor, autor e director teatral, dinamizou a vida artística e cultural de Rianxo. Xesús Santos Suárez
|