Inicio

 O NOSO SAMAÍN 1º E.S.O.

        

O QUE CHE PODE PASAR…

 Historia 1  

            A ``Logroña´´ ia camiñando e un irmán da miña bisavoa, chamado Constante, viuna cunha luceciña na man e pediulle lume para acender o cigarro, pero ela non lle contestou.

             Ao día seguinte, Constante preguntoulle porqué non lle contestara, e ela dixo:

 - Constante cando me vexas así non me fales, porque o que levaba na man non era unha luz, era un óso. E se che respondese, serías o guía das ánimas da Santa Compaña na súa procesión, ata que te substituíran.

Historia 2  

            No colexio de Nuestra Señora de la Milagrosa , en Oleiros-Ribeira, tenme contado miña nai, que hai moito moito tempo, viviu alí unha monxa moi preguiceira, que cando tiña que baixar á capela a orar sempre chegaba tarde por quedarse durmida. Cando morreu foi condenada a ir a orar a primeira hora da mañá e a última da noite, como un fantasma e cunha vela na man.             

Historia 3

             No cemiterio de Artes, pasou un feito polo que o enterrador quedou mudo para sempre:

             Nun período, no que se soterrara a moita xente por unha epidemia de gripe, unha noite, o enterrador facendo a ronda oíu uns gritos. Correu cara onde proviñan, era a tumba onde acababan de soterrar a unha muller enferma de gripe, pensando que estaba morta. Oíanse os gritos e rabuñados que facía ao rañar a tapa do ataúde. Sobre o día seguinte, desenterraron o ataúde, o cadáver tiña as unllas rotas e ensanguentadas. A muller, fora sepultada viva e morrera asfixiada.

  Aida Barros Ces

O QUE CHE PODE PASAR…

      Un home,   ao que non lle deixaran unha herdanza que esperaba, cando chegou o Día de Defuntos ao pasar por diante do cemiterio dixo: “Rezo por todos, menos por ti”, referíndose  ao  que non lle deixara  a herdanza. Despois, de castigo,  foi a tombos ata Quenxo.

   Xavier Collazo Iglesias.

 Un home que ía a unha festa ao pasar polo Camposanto viu un enterrador que estaba facendo unha cova, o home preguntoulle:

-          Para quen é a cova?

-          Ao mellor para min ou para ti.

-          Para min non, que eu  vou á festa.

-          Xa veremos, dixo o enterrador.

Cando o noso home chegou á festa, púxose a bailar, pero empezou a sentirse mal…

Tivérono que levar ao médico, mais rematou na cova que fixera o enterrador.

  Xavier Collazo Iglesias.

No monte estaban catro excursionistas e foron “avisados”  pola Santa Compaña.
Un dicía que tiñan que refuxiarse e os outros dicían que había que facer un círculo no solo.
O que se refuxiou levárono con eles.

E é que a Santa Compaña sempre leva a un máis  cada vez que sae do camposanto en busca de ánimas incautas.

                                                               Isaac Galbán  Ramos

Historia 1

       A miña tía contoume que un día fora cunhas amigas a celebrar o Samaín. Coma sempre ían ir tocar polas portas,  a continuación ao cemiterio  e despois  ver unha película de medo. Pero no cemiterio pareceulles oír voces estrañas … Morrendo de pánico marcharon ver unha película de fantasmas… ¡Esa noite, ningunha delas conseguiu durmir!.

   Historia 2                                                 

Miña nai contoume que ela e unhas amigas foran un día polas portas dicindo: “Truco ou trato”.

Ao tocar na casa dun señor maior, este abriulles a porta e díxolles asustado: “Marchade”.

Ninguén sabe o que, pero a aquel ancián algo lle pasara  algunha noite de Samaín.

                                                               Paula  Cambeses Franco

 

       Contoume miña avoa que nos tempos do meu bisavó, por un feito estraño, todos os veciños dunha aldea andaban moi asustados. Por estas datas de Samaín todos os anos, no monte Pena de Leiro aparecía unha luz. Como eran tempos nos que se falaba moito da Santa Compaña, ademais en pleno franquismo, todo o mundo estaba moi asustado.

       Un día os veciños e veciñas capitaneados polo cura, xa cansos de estar intrigados  e cheos de medo, decidiron ir ver o que pasaba. Ao chegar ao sitio da luz, puideron ver que había unha caveira, que era unha cabaza tallada… Dentro dela había unha vela, que era do mesmo tamaño todos os días, e ese era o motivo polo que acendía sobre  as doce da noite e se apagaba sobre as cinco. Ademais os veciños viron tamén, de lonxe,  unha persoa que se tapaba cunha saba…

Laura García Moares   

O que podes facer se a Santa Compaña vén por ti:

       -Se ven en forma de procesión, pecha as mans e pase o que pase, non aceptes a cruz que che dean catro pantasmas, porque se o fas, converteraste no seu escravo. Sempre leva unha tiza (xiz) no peto e fai un círculo no chan. (pero non o cerres de todo porque despois non podes saír) Logo disto, se o tes ao lado, súbete a un cruceiro. Facendo isto, xamais che poderá coller.

       -Se ven en forma de banquete, aparecerá na rúa unha mesa enorme chea de comida, e a tres persoas comendo. Leva sempre no peto migas de pan, porque se che ofrecen, saca as migas e di: “Non, eu xa teño comida”. Se en calquera caso, comes, as tres persoas transformaranse en pantasmas e irán a por ti.

Aitana Alcalde Ares.

       Era unha noite como a dun día calquera, é unha comadroa viu vir a Santa Compaña, (ían con farois) e seguiuna. Dirixiuse a casa do meu tataravó, “O Santiso”.  Ao seguinte día o Santiso díxolle ás súas fillas:“Ide á misa”.  Elas preguntáronlle por que, e el contestoulle: “ Eu quero que mañá vaiades á misa”. E ese día, ás dúas da tarde, morreu meu bisavó.

Paula Cambeses Franco

Historia 1

       Contan que os habitantes do vello Abuín asaltaron o mosteiro de  Armenteira e  déronlle o botín ao cura para que o agochase. Ao día seguinte o crego apareceu morto e a el seguírono para o outro mundo boa parte dos veciños da aldea, mentres  a crenza  de que eran vítimas dunha maldición  estendíase polo lugar…

 Historia 2

        Contan tamén que o cura tirou un cáliz roubado na igrexa de Leiro e que a maldición recaerá  sobre quen o encontre…

 Jennifer Domínguez Blanco.

O QUE CHE PODE PASAR...

         viña miña bisavoa, un día cando era ela nova,  para a casa, despois dunha festa, acompañada duns amigos. O camiño, pasaba por un bosque moi escuro, e nas pólas das árbores albiscábanse unhas luces de candeas, as que non estaban cando pasaran anteriormente de camiño á festa. Entroulles moito medo, pois déronse de conta que era a Santa Compaña a que estaba alí. Pasaron correndo e mirando cara abaixo, cheos de terror e tremendo co medo que tiñan. Ao día seguinte, as súas roupas, estaban cheas de cera.

Aida Barros Ces

                                                                   A SANTA COMPAÑA
  
     Hai moito tempo, concretamente na época dos nosos avós, unha noite unhas mulleres que levaban o peixe dos seus maridos a vender polas  aldeas, colleron polo camiño do monte e  cando chegaron cerca da igrexa,  pararon.Cando se oíu as badaladas que daban as doce da noite ao lonxe viron unhas luces. Todas pensaron  na Santa Compaña que as quería levar.Entón agocháronse detrás dun muro co peixe. Viron a Santa Compaña e detrás un montón de aparicións.Cando xa marcharon todas, colleron o peixe e marcharon a correr para a vila asustadas polo que viran.

Iván Saborido Gey

Historia 1 

       Fai unhas semanas un amigo meu, como de costume, foi  botarlle de comer aos coellos; pero foi un pouco máis tarde do normal e xa estaba todo escurecido, e como non levou unha lanterna decidiu alumearse co móbil. Púxoo en modo vídeo, activou o flash e entrou. Detrás del sentiu unha presenza rara, pero non había ninguén ,así que non fixo caso.  Ao chegar á casa déuselle por mirar o vídeo, e na metade séntense unhas voces moi raras, como risas,  e inda hoxe non sabe que pasou alí.

  Historia 2

       Moi cerca da miña casa hai unha casa abandonada que hai moitísimos anos foi queimada.  Eu recórdoa así desde bebé. No verán de 2004 ao vir da praia, iamos todos os veciños a ducharnos e despois baixabamos a xogar á rúa. A un rapaz déuselle por agochar na casa queimada cousas e un día,  por curiosidade e a base de que el insistira,  decidimos entrar.Posteriormente  pasabamos algúns que outros días sentados no sofá ou xogando ao escondite pola parte baixa da casa. Un día decidimos ir arriba , con moito coidado porque as escaleiras non estaban en moi bo estado. Entramos no baño e había unha billa que lle caía a auga co típico son de gota a gota.  Despois de levar un minuto escaso alí,  a billa non volveu botar auga. Acercámonos a mirar o salón, había unha tele moi antiga,destas cadradas e no medio xusto había unha hucha a que , cousa imposible, caeu ao solo facendo un brusco ruído... Despois, ao andar pola casa, sentiamos como unhas pisadas dun home grande, que nos perseguía, pero non había ninguén… Era verán,  polo tanto non había brisa, aparte era un día tranquilo de moita calor, sen vento.  Ao entrar nunha habitación as cortinas, vellas e rotas estábanse movendo, non creo que fora pola corrente nin moito menos, así que deducide vós o que puido pasar aquel verán naquela antiga casa…

Sarai Delgado Mariño

A  Pantasma de dona Rosinda.

        Ía un home andando por un camiño de noite, cando de súpeto viu á súa prima Rosinda e preguntoulle que facía ela  alí a esas horas.  Ela non lle respondeu,  pois ía acompañando á Santa Compaña, na mesma noite que morrera.

 A resurrección de Carme.                                           

       Había unha vez, unha muller que morrera dúas veces.A historia conta que Carme, unha muller que vivía en Foxacos, un día morrera. Todos os veciños estaban na súa casa rezándolle á morta, cando de súpeto esta  espertou, todos os presentes quedaron asustados.Desde aquel día cando a vían pasar pola rúa, separábanse dela ata que  morreu de verdade…          

 Amanda Mariño Rial

Dona Eulalia

        Eulalia  chegou á  casa da veciña coa roupa rompida. Ela preguntoulle que lle pasara e Eulalia díxolle que fora a un enterro. A veciña preguntoulle quen morrera e Eulalia respondeu que fora Carmela. Ninguén sabía nese momento que morrera. Resulta que Eulalia seguiu á  Santa Compaña para levarlle o sacramento a esa muller. Ao día seguinte, Carmela morreu.

 A aparición  

       Maruxa levaba os peixes á montaña todos os días pola mañá. Un día empezou a ver luces e asustouse. De repente viuse dentro dunha casa e a xente que estaba dentro preguntoulle que facía alí. Ela explicoulles  que non sabía nin como entrara…

Mª Teresa Novo García

A FOTO

Luns 12 de novembro:

       Hoxe pasoume algo rarísimo. Ía camiñando polo corredor do instituto e topei cunha foto. Nela aparecía unha rapaza que fai tempo ía ó instituto. Pareceume tan estraña que lla ensinei a Nuria. Ela quedou mirando a foto e, de súpeto, caeu. Chamei ós profesores e ó vela dixeron que non se podía facer nada, pois estaba morta. Quedei abraiada, sobre todo ó mirar de novo a foto. A rapaza aparecía cunha man na foto e un dedo levantado.

Martes 13 de novembro:

       Conteillo a Sara. Ela preguntoume pola foto e eu ensineilla. Collín medo cando vin que Sara caía e morría ó igual ca Nuria. Saín correndo e perdín a foto no corredor. Logo, na aula, Alba veu e ensinándome a foto preguntou se era miña. Deime conta do que lle pasara a Sara e a Nuria o ver que, diante da miña cara, a foto levantou un dedo. Pero non morrín. Cheguei á casa e agora mesmo estou escribindo isto posto que atopei escrito na miña parede “Vas morrer”. Estou asustadísima. Prefiro matarme eu. Por iso escribín isto. Para que todos saiban o que me pasou ó lelo. Adeus, quérovos

       Logo diso, a rapaza morreu, pero non atoparon o seu corpo, posto que se metera na fotografía. Nunca máis se falou dela ata hoxe. E din que aquel que lea isto, terá a súa maldición encima e morrerá.

Alba Vicente Muñiz

CON ESTAS HISTORIAS DO SAMAÍN, POR SORTE, DE MEDO NON MORRIN !

 

Historia  1:

       Eran tres homes que saíran de traballar e cando  ían nas  bicicletas por Bexo, nun momento  que miran cara os castros ven a un home cargando unha  gran cruz, seguido dunhas luces. Entón eles  colleron moito medo e comezaron a pedalear sen parar como se lles fora a vida nesto  (que si que lles ía ) e,  sen decatárense o resto,  un deles caeu e pouco a pouco os outros deixárono atrás.Cando xa estaban na altura de Asados,  apareceron outros tres homes  en bicicleta,  a dicirlle ao que faltaba que  a súa nai estaba moi mal , que estaba a morrer.

 

Historia 2:

       Todo o mundo cre  que o Can do Urco ou o Can do Demo non existe , pero está  meu tío para negalo. Un día de néboa pola mañá meu tío estaba pescando cun compañeiro seu,  e ao lonxe  viron unha figura dun can e dixo meu tío <<o Can do Urco!>> e dille o seu compañeiro<<non digas parvadas>>. Ao día seguinte a nai do compañeiro morrera.

 

Historia 3:

       Hai moitos anos, un grupo de persoas que ían camiñando polo Confurco  viron ao lonxe , no monte, unhas luces que se acendían e se apagaban. Todos asustados pensaron que era a Santa  Compaña, pero non era, eran os mineiros que viñan da mina de San Fins, e que cada paso que daban tapaban o farol coa perna ou o mostraban.

 

Historia 4:

       Miña tía Josefa que vive en Estados Unidos, foi a un velatorio, dunha  veciña súa. Alí estaba a muller de corpo presente cando de repente se lle levanta o dedo maimiño. Miña tía non cría o que estaba vendo, estaba moi asustada. De repente a filla da defunta levántase e dille <<ala pon o dediño ben e non chamas a  atención >> ( en inglés) e  así varias veces máis .

 

Historia 5:

       Non hai moito tempo,  nunha casa, un velliño tiña moitas ganas de facer unha terraza, ao cabo de dous ou tres anos este morreu. Enterrárono  e ás dúas semanas o home apareceu na casa apoiado no pasamáns mirando para fóra. Os seus fillos tiñan medo, así que chamaron ao cura.   O cura dixo : <<este home quería facer algo?>> , e dixo unha das fillas:<< quería facer unha terraza>>, o cura  díxolles:  <<facede a terraza, e  todo, se acabará >> e así foi , fixeron  a terraza e o espírito non volveu aparecer.

María Domínguez Picón

O QUE CHE PODE PASAR...

 

         Un día, no instituto, unha rapaza chamada María, encontrou unha fotografía antiga. Nela, aparecían uns nenos dunha antiga clase de primeiro, coa súa profesora, esta tiña a man erguida e os cinco dedos ben abertos. Ensinoulla ao seu titor, a mestra baixou un dedo, o titor empezou a sentirse mal. Despois mostroulla a Sara, a compañeira que tiña ao lado na clase, a mestra baixou outro dedo e Sara desmaiouse. A continuación, ensinoulla ao seu amigo Sergio, a mestra baixou outro dedo mais, e el ao vela empezou a ver borroso, e terminou coma Sara. De seguido, ensinoulla ao director, este recoñeceu a mestra, pero cando esta baixou outro dedo, empezou a suar e a tremer, comezou a gritar histericamente e morreu, alí, no seu despacho, diante dos atónitos ollos de María. Ao día seguinte, nin Sara, nin Sergio, nin o titor  foron a clase, chegara ao instituto a noticia de que todos eles morreran. Cando María volveu mirar a imaxe, decatouse de que a mestra baixaba o último dedo, mais ela non morreu, quedou atrapada na imaxe, xunto cos demais rapaces e rapazas que estaban na foto. Pero, a cambio, unha das rapazas que estaban nela saíu fóra, pero non viva, senón que o seu cadáver quedou o medio do corredor do instituto. Pois todos os que aparecían na imaxe, antes non estaban, senón que lles pasara igual que a María. A única que sempre quedaría alí, no lugar onde pertencía ter a mestra.

RECOMENDACIÓN

       Cando encontres unha imaxe así, parecida a da historia, non a collas, fai como se non a vises, se non queres que che pase como a María

Aida Barros Ces

 

       Un día unha rapaza invitou a unhas  amigas a súa casa xa que seu pai fórase a vender e non volvería  ata o dia seguinte.

       Cando deron as doce badaladas a rapaza dixo: vou ir ao cemiterio e vou volver para que vexades que non teño medo. Foise e cando chegou ao cemiterio veu a un morto cunha saba.  A rapaza para que a creran levou a saba do morto.Ao chegar á casa ensinoulla as súas amigas, estas mortas de medo,  dixéronlle que ía morrer por quitarlle a saba  a un morto, pero ela non o creu así e foise pra cama.

       Esa noite non pasou nada, pero á noite seguinte espertou ás doce en punto e mirou pola fiestra e veu ao morto no medio do camiño.  A seguinte noite, volveu espertar ás doce, mirou pola fiestra e o morto estaba xusto diante da porta.  A noite seguinte espertou ás doce outra vez,  mirou pola fiestra pero non o encontrou  así que abriu a porta e veuno no medio das escaleiras.  Á noite seguinte, espertou ás doce  pensando que se o primeiro día estaba no medio do camiño, o segundo na porta e o terceiro nas escaleiras, aquel día estaría na súa habitación.Cando acendeu a luz,  de pé,  xusto diante dela e ca man estirada  estaba o morto. Pero ela non lle dou a saba,  senón que lle agarrou á man e quedou coma el, sen vida e fría

Lucas Tarrío Lijó

AVENTURA NO CEMITERIO

       Contoume meu pai que hai moito tempo un rapaz xogaba ó fútbol cuns amigos e cando se ían, polo serán, pasaban ao lado do cemiterio do pobo e un día escoitaron un ruído e,  como era de esperar, asustáronse (xa sabes que cando pasas ó lado dun camposanto inquiétaste,  se é de noite  asústaste, pero de noite,  escoitando ruídos que proveñen del,  aterrorízaste).

       Dixéronllo a un señor, pero como non os creu, foi con eles a mirar e  el tamén o escoitou. A vinganza dos zombis chegara (iso era o que se comentaba) e o comentario  foise estendendo coma a gripe, ata que foi toda  a aldea a asaltar o cemiterio, armados con lume, galleiros, etc.

        Cando ían  entrar escoitaron unhas voces e  viron unha fouce que  saíu daquel lugar voando. A xente asustouse tanto que case a metade daquela manchea de persoas fuxiu. Os que quedaron viron a unhas anciás cunhas cestas de herba na cabeza.

       E é que os do pobo veciño viñan  roubar a herba do camposanto da aldea.

 Isaac Galbán Ramos

FÍN

Historia 1

       Díxome miña avoa que súa bisavoa lle dixera que, cando o meu tataravó estaba a morrer no Portiño,  miña tataravoa vira unha araña xigantesca que pasou pola parede e miña tataravoa díxolle o marido:  xa che veñen buscar meu compañeiro.

Historia 2

       Non hai moito tempo, cando miña nai volvía da súa clase de coral,  polo camiño cheiráballe a incenso da misa,  pero non era un olor pequeno,  era un olor enorme en toda a rúa,  cheiraba a incenso da misa. De alí a dous días, na casa, tivemos un incendio na cociña. (Sospeitamos que foron flores que había antes.)

Historia 3

       Contoume miña avoa unha historia graciosa para nós,  pero para o enterrador que a sufriu non debeu selo. Hai moito tempo había un enterrador en Rianxo que todas as noites ía a cortar  herba ao cemiterio, porque polo día non lle deixaban. Enchía unha cesta de herba e botaba por encima do muro do cemiterio para despois collela. Un día un home, bastante habilidoso, cando o enterrador  tirou a cesta para fóra, o home tiroulla outra vez para dentro. O enterrador pillou un grande medo porque pensaba que era un morto que o quería levar para o  outro mundo polo que o enterrador correu ata casa a fume de carozo.

José Caamaño Romero

UN HOME

       Polo verán, as mulleres de antes ían á leña ás 5 da mañá. Xuntábanse 5 ou 6 veciñas para iren. Os utensilios que tiñan que ter eran: unha cesta e unha machada. Pasaban pola corredoira de Tanxil, que era un  sitio  que sempre estaba escuro.  Un día as mulleres indo  por ese camiño viron como un home cunha gabardina negra estaba alí diante dos seus ollos. Co medo que lles entrou deron a volta e empezaron a correr para ir  por máis arriba, onde non era tan escuro. Elas levaron un susto terrible, mais volveron  ao sitio porque unha dixo:

       -Do outro mundo non é, e, se é deste, podemos con el que temos machadas, e somos 5.

       A máis pequena do grupo ía diante, ca machada ben alta, pero cando chegaron alí viron todas que non era un home, senón que era unha póla dun loureiro.

Paula Baamonde Romero

Historia 1

       Hai moito tempo, no que é agora a urbanización de Martelo había un olmo rodeado de silvas. Un mozo para asustar á xente tapábase cunha colcha e gritaba: uhhhh. A xente tiña moito medo  a pasar por alí,  pois crían que era a Santa Compaña.

Historia 2

       Un home borracho foi ao cemiterio. Alí falou mal dos defuntos de seu pai e de súa nai. De volta para a casa caeu por un barranco, pero, segundo  el, foran as almas do purgatorio que o tiraron.

Paula Cambeses Franco

      

       Un día miña avoa pasaba por cerca da casa de Dona Carme cando esta saíu correndo da súa casa e díxolle que fose mirar o que lle aparecera na parede. A miña avoa, viuna tan asustada,  que foi a mirar. Cando chegaron á habitación o can ladraba cara á parede como se estivese vendo ou oíndo algo infernal. Miña avoa mirou cara á parede e poñía:“Vou ir pola túa alma”.  Miña avoa coa boca aberta botou un grito porque estaba escrito con sangue. Durante os seguintes sete días foron aparecendo frases parecidas, ata que ó oitavo día Dona Carme non apareceu como sempre fóra da casa. Miña avoa foi mirar e encontrou o corpo sen vida de Dona Carme. Na parede poñía  en letras maiúsculas: “EU AVISEI”. E así foi como acabou a vida de Dona Carme.

A luz no horizonte

       Morreu Virtudes deixándolle a súa  casa ao fillo. El separouse da muller,entón ela intentou vender a casa. Mais un dia viu unha luz no horizonte,abriu a ventá e oíase: “nin se che ocorra vender a miña casa”. Ela asustouse pero non fixo caso e ao seguinte día pasou o mesmo e empezáronse a mover cousas na casa, entón decidiu chamar ao seu ex marido e acordaron  non vendela casa.

      O reloxo

       Eu o ano pasado comprei un reloxo no que as doce da noite de todos os días aparecía unha muller a gritar, ata que un día me falou e me dixo “odios” e derrepente encontreime mirando polo reloxo e véndome estirada no chan.

Yolanda Figueira Lago

UNHA FESTA DE MORTE

       Todo pasou nunha noite de Samaín. Alba invitara a tres amigas á súa festa de pixamas (Aida, Aitana e Nuria). Ó chegaren comezaron a contar historias de medo. A primeira foi Alba:

       “Contan, que unha vez, unha familia comprou un cadro dun paiaso coa man levantada. Un día, a nai morreu e, ó mirar o cadro, viron que o paiaso baixara un dedo. Pasou o mesmo co pai, co irmán, coa irmá e o último día...”

       Alba baixou o último dedo e as luces apagáronse. Aitana desaparecera, pero ó oíren a cisterna do váter pensaron que fora ó baño. Aida animouse e contou outra historia:

       “Esta historia ocurríu nun instituto. Houbera unha serie de desaparicións. Bolígrafos, gomas, estoxos... Ata mesas! O profesor sabía o que pasara. E entón... Fuches ti!!”

       Berrou Aida sinalando a Nuria para asustala. Entón apagáronse as luces de novo. ¡Nuria desaparecera! Volveron oír a cisterna e foron alá, pero non había ninguén. Só dúas sombras. Eran as de Aitana e Nuria que ían por elas! Correron con todas as súas forzas, pero Aida caeu. As sombras atrapárona e... Zas! Aida transformouse nunha sombra que ía a por Alba. Ela tiña moito medo. Non tiña escapatoria, só unha ventá. Abriuna, tirouse. O seu cadáver apareceu ó día seguinte cunha mensaxe na man:

“Non fagades festas no Samaín,

non morrades como eu morrín.”

 Alba Vicente Muñiz & Aida Barros Ces

O GRAN DESCUBRIMENTO

        Estaba meu padriño paseando un día por diante do cemiterio de Asados coa súa cadeliña, xa que de aquela non había instalacións electricas en Rianxo, e veu unha luz refletida nunha das lápidas máis antigas. Correu asustado pensando que sería a santa compaña. Mais fixouse  e viu que era o reflexo da luz. Cheo de valentía achegouse a mirar a que se debía aquel feito. E comprobou que non era santa compaña. Dende entón, e ata que se puxo alumeado eléctrico, ninguén volveu a temer á santa compaña ao ir polas rúas de Rianxo.  

           ESTA HISTORIA OCURRÍU DE VERDADE. MEU PADRIÑO ERA EMILIO DA SILVA, FALECIDO EN 2004.

 Dylan Rodríguez Da Silva.

O pozo

 Cóntase que no Courel hai un pozo no que hai mortos, pois cando foron a velo uns rapaces morreron co susto.

 Por iso se di que alí hai mortos.

 Isaac Galbán

 

       Unha noite Uxío mentres durmía notou unha presenza na habitación, sentouse na cama e veu como dous ollos azuis brillantes o miraban fixamente. Meteuse debaixo das mantas e pasou toda a noite suando e tembrando co medo. Desde entonces non pode durmir sen ter a luz prendida e cando esperta non e capaz de abrir os ollos por si volve a ver aqueles ollos.

      Un día pasando por diante dun espello pareceume ver unha sombra, acerqueime e formouse bafo da respiración, collín un pano para limpalo e a miña sorpresa foi que era por dentro.

       Contan os vellos que fai moito tempo morreu unha muller dun infarto. Días despois do enterro saía sangue polo panteón. Abrirono e descubriron que a muller morrera desangrada polos cortes ó intentar abrir o ataude.

 GABRIEL EIRAS COLLAZO

o que che pode pasar

O neno

       Hai moito tempo, a un home que non cría en Deus nin ía á igrexa, enfermoulle gravemente o seu único fillo. O pobre do señor, prometeulle ao neno que se chegaba a morrer, iría a escoitar unha misa por el. Morreu o rapaz, e pasaron días, semanas, un mes, dous... E o home aínda non fora á igrexa. Un día, ao espertar, foi coller auga á sella, e ao non vela no sitio botoulle a culpa á muller, o día seguinte ao seu propio pai e ao seguinte á nai. Pero todos llo negaron, entón, deuse de conta, o que movía a sella non era ningún deles. Era a alma do neno, que viña desde o máis alá, para recordarlle que fose á misa. O pai botouse a chorar e caeu de xeonllos. Ó día seguinte foi escoitala misa, e a sella non se volveu mover.

 O enterrador

      Nun camposanto de aquí cerca soterrouse unha muller moi rica. O enterrador, era moi avaro, e ao marcharen todos despois do enterro, volveu sacar o ataúde e como non puido sacar o anel que levaba posto o cadáver cortoulle o dedo. Pola noite, chamáronlle á porta, era unha muller, esta pediulle unha cunca de caldo e unha manta, porque tiña moito frío. Él doulle todo iso, pero ao suxeitar a muller a cunca, deuse de conta de que lle faltaba un dedo. Entón dixo:

 -      Señora, fáltalle un dedo. Que lle pasou.

      -      Cortáronmo en contra da miña vontade.

      -      E quen foi o miserable que fixo iso.

      -      Pois, vostede teno que saber moi ben. De feito, coñéceo tan ben como a vostede mesmo.

      -      Agora mesmo non me ben... – de súpeto parou de falar, deuse de conta que a muller que estaba alí mesmo, era a que soterrara ese  día.

    A muller, ao verlle a cara sorriu dunha arrepiante maneira e berrou:

         -      FOCHES TI!!!!!!!!

      E a partir daquela noite, non se volveu saber nada dese home.

 A moza

       Nunha curva moi perigosa, non sei moi ben onde, a un mozo, un día de moita chuvia, aparecéuselle unha moza facendo autostop. Él recolleuna, e ela dixo:

 -      Vai moi despaciño por aquí, é moi perigosa esta curva. A min pódesme deixar no seguinte pobo, vivo preto del, xa seguirei o que me quede de camiño a pé.

       Foi amodo, e non tivo ningún accidente. Cando chegaron ao pobo, o mozo díxolle:

 -      Lévate o meu chuvasqueiro, que senón mollaraste moito.

      -      Non, que despois vas quedar sen ela. Non cha vou poder devolver.

      -      Cóllea igual, xa mas apañarei.

       -      Moitas grazas.

       Cando volveu pasar por alí, e chegou ó pobo, preguntoulle a un dos seus amigos pola moza, describiulla e o amigo díxolle o nome, pero respondeulle:

 -      Iso é imposible, esa moza morreu fai dez anos nun accidente, nesa mesma curva.

      -      Non, é verdade, vina de verdade.

      -      Non insistas, xa verás.

       Díxolle onde estaba a tumba no camposanto, cando chegou alí viu enriba do nicho, o seu chuvasqueiro.

       A que se lle aparecera fora a súa alma.

Aida Barros Ces

 

       Xulia era unha muller que todos os días ía ao cruceiro a rezar pola súa familia . Pero un deses días, cando viña de volta,  sentiu algo que a perseguía. Ela mirou   e viu un animal. Entón comezou a correr para a súa casa a contarllo a seu pai. El díxolle que podía ser o can do Urco…

   Ana Carou Varela.

  Historia:1

       Os habitantes de A  Ponte de Té contan que non hai moito había lobos no monte e que cando a xente ía moer o millo pola noite aparecían persoas  mortas encontrando  soamente os pé  daquelas persoas.  Moita xente no ía moer o millo por temor a ser atacados  polos lobos. Para evitar ser atacados nas casas,  fixeron covos para atrapar ós lobos e matalos.

 Historia2

       Non hai moito, aproximadamente no 67, no Monte de Té apareceu unha bomba.  Todo o  mundo tiña medo ir alí, porque dicían  que ía explotar. Ata que un día, foron coa policía e descubriron  que iso era un “medidor” do tempo .

 Sintayehu Tubío Rodríguez.

 

       Era un rapaz que se chamaba Pelos Tortos e os outros rapaces sempre se burlaban del. Unha  noite decidiron facerlle una broma e os amigos vestíronse da Santa Compaña. Eles ían con candeas e recitando:

       -Antes cando estábamos vivos andábamos por estes camiños e agora que estamos mortos andamos en busca de Pelos Tortos.

       Jennifer Riobó Abuín

UNHA MIRADA DENDE A VENTÁ

       Lóstregos, raios, exactamente, nunha noite de tormenta foi cando sucedeu.

       Estaba todo o mundo na súa casa, xa que era de noite, pero él non, permanecía no camiño que daba á ponte, lugar onde  xa estivera máis veces e desapareceran persoas. Cun chuvasqueiro negro, daba unha impresión terrorífica.

       Foi xusto naquel momento cando Ana o viu. Ela, mirando medrosa e fixamente dende a ventá, puido comprobar que aquela “persoa” non tiña corpo. O corazón batíalle intensamente, como si o sangue quixera escapar das veas. O máis curioso foi que aquela  “persoa”  notou que o estaban mirando así que, fixo un leve movemento coa cabeza cara á ventá que Ana puido ver con todo detalle o seu rostro. A continuación, a rapaza comezouse a poñer pálida, non respiraba e o peor era que aquel “home” xa non estaba. Cando súa nai foi a darlle o bico de boas noites á súa filla, levou un grande desgusto. A pequena rapaza xa estaba no outro mundo, morrera. Adela,a nai, baixou a persiana sen darlle importancia e amargadamente chamou ao seu marido e entre os dous chamaron a toda a familia para comentarlle o sucedido.

       Ao día seguinte foi o enterro, todo o pobo foi. Aquela noticia de que morrera unha rapaza e o forense non descubrira a causa da súa morte, fixo que o pobo fora por pena.

       Entre toda esta xente chorando, puído verse un moi, pero que moi pequeno sorriso que proviña do alto campanario da igrexa.

       A quen lle faría tanta graza? Por que estaba no campanario?

       Era todo un misterio.

Fátima Ordóñez Muñiz

Historia 1

       Hai moitos anos un home apostou cen pesetas cos seus amigos a que era capaz de ir ó cemiterio de noite. Como mostra tiña que cravar un puñal na porta da Igrexa. A noite era moi escura e comezou a correr, cravou o puñal na porta e cando quixo vir de volta notou como alguén lle impedía regresar. Ó día seguinte foron os amigos a comprobar e atopárono morto co susto, e tiña a chaqueta prendida co puñal na porta.

 Historia 2

       Unha nai deulle a leiteira ó fillo para que fora buscar leite á casa da veciña que tiña vaca. Era pola tardiña e na casa da veciña había un neno da súa idade,  polo que enredou e fíxose de noite. Cando regresaba para a casa viu uns ollos nunha boca de lume. Tirou coa leiteira e correu, petaba cos pés no cu. A nai case lle zoupa e díxolle que tan pronto como abrira o día fora a buscar a leiteira. Cando foi a recollela mirou para onde vira o que lle causara tanto medo;  era un cabazo dos que usamos no Samaín cunha vela dentro.

GABRIEL EIRAS COLLAZO

Historia 1

      Nunha noite de Samaín , meu tío estaba na horta dándolle de comer aos animais. Ao acabar vira  que alguén estaba na leira da baixo , quieto , mirando cunha mirada fixa ás árbores. Meu tío fora cara a el a dicirlle que non podía estar alí. O señor non lle facía caso. Non dicía nada. Seguía

      Quieto,  sen moverse. O meu tío insistía e ao cabo dun rato o señor retirárase sen dicir nada.

      Non sabía exactamente o que lle pasara a aquel home pero estaba seguro que algo lle pasara aquela noite.

 Historia 2

      Isto sucedeulle a un irmán da miña veciña. Ía por unha pista. Chovía e ventaba moito. Entonces, sentada  nunha pedra , vira a unha anciá mirando para o chan. Ela era veciña súa e estrañoulle que facía alí soa, chovendo como chovía. O home acercouse a ela para levala á súa casa pero cando este a quixo tocar foi como se non tocase nada. En realidade non había ninguén. O mozo, todo asustado, foi para a súa casa correndo. Ao día seguinte foi cando se dera o aviso de que aquela anciá morrera onte pola noite.

                                                                     María Fernández Insua

Non é broma.

Esta historia ocorreu de verdade!!

Historia 1

       Ían dúas rapazas, Noe e Aitana, dando unha volta, sobre as sete e media. A aquela hora xa parecía noite.  Foron beber auga a unha fonte. De pronto, escoitaron o berro desesperado dunha rapaza (ou iso parecía) e como petaban a unha porta. Miraron arredor. Ninguén. Asustadas, deron media volta e volveron xuntas para a casa. Polo camiño, detrás súa había unha figura alta e negra e diante, outra igual. Tomaron un atallo e conseguiron despistalas. Cando chegaron, puxéronse a cear a mesma cea: leite. Aínda que viñan cansadas e famentas, non puideron beber o leite, sabía raro. Así que foron durmir e tiveron uns pesadelos de medo!!!

Historia 2

       A min esta historia contáronma miñas primas pola noite do Samaín. Eu morría co medo e estrañeime cando comezaron a rir ás gargalladas. Explicáronme que o berro fora unha amiga súa que se agochara detrás dunha planta. E cando tocaron á porta, unha delas estaba na súa casa, que estaba xusto ó seu lado, e petaron dende dentro. As figuras negras? Subíronse unhas enriba de outras e tapáronse cun chaquetón negro. O problema do leite, cambiáronllo por caducado. E os pesadelos? Iso debíase ó susto que levaron!!!

Aitana Alcalde Ares e Noemi da Silva Vidal

 

       Fai tres anos nun pequeno pobo de Pontevedra Paula , miña prima , contoume unha historia. Este trataba de unha rapaza chamada , Laura, que aos 2 anos tivo un amigo imaxinario, chamado Antón ,pero aos 10 anos deixouno de lado . Antón seguiuna a todas partes : ao colexio, a biblioteca , ao bar ... ata estaba nos seu soños !. Un día, cando a Laura estaba a durmir, veu a Antón nos seus soños e dille :

       -Mira debaixo da cama

       Laura espertou e, pola curiosidade, mirou debaixo da cama. De súpeto,  Antón colleu a Laura e levouna cara a dentro. Dende entón ninguénadie volveu saber de Laura.

Sandra Ordóñez Batalla

Visita inesperada

       Estaba tranquila, vendo unha película na televisión, cando escoitei unhas suaves pisadas. Pensaba que era o meu neto Antonio. Pero.... cando abriron a porta fun ata alí... O encapuchado estaba fronte a min e….

       -Ata aquí, mañá seguimos coa historia nenos

Yolanda Peneireiro Aido

    

       Ía meu bisavó nos seus tempos paseando polas rúas de Rianxo. Era noite e apenas había xente. Era a noite de Samaín, e el, coma tódolos anos, reunírase cos seus amigos para ir petar polas portas. Gastándolles unha broma, apartouse do grupo, e agora estaba só. Uns metros máis adiante albiscou un animal. Sen darlle importancia seguiu camiñando coma se nada. Logo fixouse nun detalle: era un can negro cos ollos vermellos. Lembrouse dunha antiga lenda que lle contaba súa avoa: “ O can do Urco, pasea polas noites de Samaín e se te atrapa…” só recordaba ata ese cacho. Así que correu por onde viñera e cando se atopou cos seus compañeiros, empezou a balbucear unhas cousas rarísimas, eran algo así como: “Can do-do-do Ur-ur-co-co, co-corre-de-de-de!

       Os amigos dixéronse entre si, aínda que non sabían moi ben o que ocorrera:

       -A este estívolle ben, pasara o que pasara, a ver se aprende a lección.

Aitana Alcalde Ares

Os paxaros

       Unha rapaza estaba tendendo a roupa  e a súa tía estaba collendo leña. Cando súa tía foi buscala para ir á casa, a rapaza contoulle a súa tía que pasara moito medo, pois escoitara un ruído moi forte, como se foran moitos paxaros batendo as ás, e súa tía díxolle que ela tamén o sentira e tamén pasara moito medo. Ao día seguinte súa tía morreu.

As luces

       Unha nai e mais as súas dúas fillas durmían xuntas na mesma cama, pois seu pai estaba na Arxentina. Elas tiñan moi mal a súa avoa paterna. E unha noite espertaron co resplandor dunhas luces que pasaron pola súa fiestra. Cando remataron de pasar chamaron a súa porta, era o irmá do seu pai, dicíndolles que xa morrera súa avoa.

    Santa Compaña

       Unha muller das Miráns saía da igrexa e dirixíase a súa casa polo camiño de sempre. Cando ía polo camiño, veu unha sombra dun home cunha capucha, empezou a notar moito frío e escapou correndo.Tan pronto como chegou á casa contoullo a todos. Ao día seguinte morreulle a nai.

Isabel Otero Mosquera

O ESPELLO

       Ana e Sergio estaban paseando de noite e encontraron unha casa pequena, e abandonada . Sergio tivo a idea de entrar pero Ana impediullo por temor de que vivia alguén alí. A noite seguinte Sergio quixo entrar pero desta vez Ana deixoulle.

       Cando entraron encontraron unha cociña antiga, un cuarto de baño e un salón. Pero había un pequeno problema non había nin unha chisca de po! Ana asustada dixo que marcharan pero Sergio non lle deixou.

       Ana entrou no salón e alí había un grande espello. Ana mirouse nel e... Un brazo colleuna e nun ultimo esforzo chamou a Sergio para que a axudara. Sergio rescatouna pero o espello colleu e Sergio e le levouno para dentro. Sergio con temor a que tamen colleran a Ana rompeu o espello . Dende entón Ana non pode durmir polas noites so pensa no que sucedeu.

Sandra Ordóñez Batalla

 

A NENA DAS AGOCHADAS

       Era unha tarde bretemosa de Novembro, estaba cos meus amigos, era o aniversario dun deles; ía ser na vila de San Eutiquio (Club de fútbol) saín da casa cos meus pais, eu fun á casa dun dos amigos que nos ía levar a todos para a vila

       No coche todo eran gargalladas e estabámolo pasando moi ben,primeiro no coche, íamos un pouco axustados, tiña ao meu carón a ventá. Eu lembro que estabamos a falar sobre a canción que escoitaramos na radio.

       De súpeto todos calamos a boca, non por nada especial senón porque xa acabara a conversa. Mirei pola ventá e vin unha cara, sería a miña imaxinación, pero non sei... tiven unha sensación un tanto estraña. Chegamos ao club, xogamos un pouco ao fútbol, pero tivemos que parar, xa que empezara a chover. Fomos para as mesas do merendeiro e comezamos a merendar. Como era inverno facía fresco e anoiteceu enseguida, ao acabar cos presentes e a merenda, aburriámonos e comezamos a xogar ás agachadas nocturnas.

       O sitio era perfecto, era moi grande, cos campos de fútbol, os bosques. Todo ía ben , poderíase dicir que de película. Daba un pouco de medo cando tiñas que quedar a contar.

       Case sempre perdía eu, pero nun momento, cando me tocaba a min agocharme, funme lonxe, ás aforas da vila, non se oía nada, nin unha persoa,  nin un coche pasar, NADA...     agachado detrás dun arbusto comecei a ter a sensación de que non quería seguir alí. De súpeto, comezou a oírse o balanceo dunhas randeeiras, vireime e atrás miña había unha nena pequena, cun camisón branco, o pelo negro e un boneco na man. Tiña os ollos inxectados en sangue...

       Comecei a correr cara o campo, dábame igual se perdía ou non, só quería saír de alí canto antes... Cando cheguei contei o que me sucedera pero só me creu un deles.

       Cando marchabamos da vila mirei cara atrás e alí seguía a nena

Luís Cernadas Castro

 

       Sempre que paseaba por fora ía detrás miña un gato negro; fora a onde fora, alí estaba el. Pero un día, o gato negro converteuse nun neno cunha máscara dun gato; dende aquel momento: ninguén se enteira da miña presenza, se lle falo non contestan; non me reflexo nos espellos... Estou empezando a crer que son unha pantasma.

Yolanda Peneireiro Aido

NON TE ESQUEZAS!

       Polo ano 2000, Antón era un neno de doce anos que vivía con seus pais nunha vella casa de pedra. Un día, seus pais foron a unha cea nun restaurante e deixárono só.

       -Non te esquezas de pechar con chave a porta.- díxolle súa nai.

       -Xa, mamá. Marcha tranquila.- respondeu el.

       Arrancaron o coche e fóronse. Antón xa se ía meter na casa cando viu a un pequeno e precioso gatiño, e comezou a facerlle toda clase de cariños e carantoñas. Estaba pensando xa en quedar co animal cando escoitou un bufido e viu un gato moito máis grande que o que tiña nos brazos. Atopábase en posición de ataque, cos pelos do lombo levantados e o rabo entre as pernas; estaba a punto de saltarlle enriba. Antón, asustado, entrou na casa, esqueceuse de pechar a porta como lle recomendaran seus pais.

       Foi á cociña e púxose a cear as patacas con xurelos que quedaran da comida. Puxo a televisión, pero escoitou, de súpeto, un ruído que parecía vir do piso superior, polo que a apagou. Colleu o cullerón como se dunha arma se tratase e subiu pouco a pouco as escaleiras de madeira que levaban ao piso de arriba, onde estaba o faiado. Escoitaba pasos e estaba morto de medo. Subiu o último chanzo e atravesou a porta vella que daba entrada ao faiado, nada máis entrar berrou

       Nunca máis se volveu a ver ao neno, seus pais buscárono durante meses e non apareceu, e, o peor de todo é que aínda hoxe se escoitan eses ruídos e pasos no faiado, pero non se sabe quen os produce porque dende a desaparición de Antón ninguén se atreveu a subir.

Victoria Pereira Suárez

OS HORRORES DA MANSIÓN ABANDONADA

        Un bo día, un día coma tantos outros, o señor Pepe ía de volta do traballo, ao chegar á casa viu na caixa do correo unha carta misteriosa. Era do seu tataravó que lle regalara a súa mansión antes de morrer. Pero -pensou Pepe- como ía mandar o seu tataravó a carta, si nin me viu nin o coñecín nunca. Pero a el non lle importou. Ao abrir a porta comunícalle a súa muller e fillos o da carta. Ao día seguinte foron no coche ao enderezo da mansión. Cando chegaron recibiunos un señor moi nervioso, e que, ao parecer, tiña moito, moito, moitísimo medo. Deulles a benvida e díxolles que as persoas que antes entraran na casa non saíron nunca. Ao dicir isto marchou correndo ao seu coche e gritou:

       – Tede moito coidado!!!!!!

       Pepe, sen facer caso do home, entra. Estaba todo moi ben coidado. Demasiado, pensa el. Na escaleira están os cadros dos anteriores donos da casa, entre eles o seu tataravó. Pero, aparte deste cadro, ningún máis era da súa familia.

       Cando Pepe foi para a cama, pensou que todo o que lle dixera o home era mentira. Pero, cando estaba totalmente durmido, espertou porque as ventás e a porta se abriran de golpe, non había sen vento; os mobles vibraban; e, do cadro do seu tataravó saíu unha pantasma que lle dixo:

                 - Non deñas medo tataraneto.

       Pepe xa máis tranquilo e vendo que a pantasma non lle facía nada comprendeu que era a pantasma do seu tataravó. Tamén lle dixo que matara aos outros donos da mansión porque non eran da familia pero que, a el e a súa familia, non lles ía facer nada e que estivera tranquilo.

       Pepe viviu alí durante moitísimo tempo tranquilo e sen pantasmas. Ao menos iso cre el.

Carlos Ordóñez Arcos