A NOSA IDENTIDADE |
O
Himno Galego Foi estreado en 1907 en La Habana, froito, como a bandeira e o escudo, da emigración. En 1908 farase oficial. Na súa elaboración conxúganse as partituras de Pascual Veiga e o poema “Os pinos” de Eduardo Pondal. O motivo central é moi sinxelo: que Galiza esperte do seu sono e emprenda o vieiro cara a súa liberdade. O nome de Galicia non figura en ningunha parte do poema, como é o xeito en Pondal, sendo trocado por Fogar de Breogán, o mítico heroe celta. Pídeselle que esperte do seu sono, que non esqueza as inxurias e que escoite a voz dos “pinos rumorosos”, que non son outra cousa que o pobo galego. Dende 1907 ata 1923 o himno galego foi cantado por rexionalistas e agraristas no seus actos e pouco a pouco foi aceptado por moitos máis. Os centralistas asumirano, finalmente, na campaña electoral de 1977. Durante a época anterior á República prohibíronse tódolos símbolos rexionais. Entón , as sociedades galegas de América intensificaron o seu interese pola expresión pública do himno. Coa Segunda República o amor a el intensificouse como expresión dunha Rexión dentro do Estado integral que se tiña constituído. Durante o período franquista, ata a etapa do aperturismo, só se cantaba, como moito, nos actos culturais e como unha canción máis dentro do folclore galego. Dende 1960 comeza a interpretarse dun xeito máis explícito, aínda que disimulando os seus aspectos ideolóxicos. En 1975, mentres tiñan lugar uns actos folclóricos na festa do Apóstolo, a xente comezou a erguerse mentres o himno soaba. Ao ano seguinte instaurouse este costume de xeito definitivo na Praza de Quintana, ratificado tamén polas autoridades asistentes. Ademais do celtismo e helenismo sempre presentes na obra de Pondal, foi a súa capacidade para penetrar nos sentimentos do pobo e expresar as súas aspiracións fundamentais, o que posibilitou o éxito.
|
A
bandeira de GALICIA Desde
as orixes da civilización humana, e como unha das
características universais, aparecen as bandeiras. A
súa aparición e evolución aparece ligada ó espírito bélico.
Pronto serviu para identificar e diferenciar durante o combate ós exércitos.
O que comezou sendo un costume dos pobos orientais, deseguida se espallaría
a occidente. Se o século XVII se caracteriza por un emprego basicamente bélico da bandeira, o XVIII suporá o nacemento desta como símbolo nacional. Este uso das bandeiras para denotar e reflectir unha idea política refórzase coa Revolución Francesa. O XIX será o século da bandeira como representación político-ideolóxica. O século XX, polo gran uso deste tipo de símbolos, chegou a ser denominado "século das bandeiras". Durante a Idade Media os soldados galegos agrupáronse baixo "señas", "estandartes" ou "pendóns" que non simbolizaban o reino galaico. As súas cores mesmo podían variar dun xefe a outro, aínda que se observa certa persistencia do branco. A partir do XVII a bandeira galega comeza a aparecer nas publicacións imitando ó escudo: branca, co copón amarelo no centro, rodeado de seis cruces recortadas. Non hai testemuños que proben a existencia da actual bandeira con anterioridade ó século XX. A actual bandeira branca con banda azul provén da que tiña a Comandancia da Mariña da Coruña. Primeiro sería adoptada polos emigrantes e máis tarde asumida pola Galicia peninsular. Con tres módulos de longo por dous de ancho é confeccionada normalmente a bandeira galega. O matiz de azul da banda é xeralmente dun azul celeste subido ou cobalto claro. Esta sería a bandeira nacional civil. A chamada do Estado, que é a que debe figurar nos actos oficiais, constaría ademais do escudo nacional no centro.
|
O
escudo de Galicia.
O escudo de Galicia presenta, sobre un campo
azul, un cáliz de ouro cunha hostia de prata e sete cruces recortadas do O primeiro escudo que representou as armas do Reino de Galicia recóllese nun armorial (libro dedicado a descrición de escudos) do século XV, onde simplemente aparecía o símbolo eucarístico cun copón, que a finais do XVI se converte nun cáliz cunha hostia enriba; logo rodeouse de seis cruces que acabaron sendo sete para identificarse coas sete cidades do antigo Reino de Galicia ( corresponde coa anterior división provincial dos territorios galegos do anttigo Reino de Galicia) As sete provincias eran: Santiago, Betanzos, Mondoñedo, Tui, Lugo, Ourense e A Coruña (Estas tres últimas de igual nome que as actuais, aínda que non cos mesmos límites). Foi en 1972 cando a Real Academia Galega adoptou en sesión plenaria o modelo definitivo deste símbolo que hoxe é considerado oficial. Segundo o teor da lei 5/1984, do 5 de maio, de símbolos de Galicia, o escudo de Galicia trae, en campo de azur, (as cores heráldicas son azur, gules, púrpura, sable e sinople. Azur significa azul; gules quere dicir vermello; púrpura, morado; sable, negro e sinople, verde. Tamén interveñen o branco e amarelo, aos que se denomina prata e ouro respectivamente), un cáliz de ouro sumado dunha hostia de prata, e acompañado de sete cruces recortadas do mesmo metal, tres a cada lado e unha no centro do xefe.
O timbre, coroa real, cerrada, que é un círculo de ouro, engastado de
pedras preciosas, composto de oito floróns de follas de acanto, visibles
cinco, interpoladas de pérolas, e das súas follas saen cadansúas
diademas sumadas de pérolas que converxen nun mundo de azur, co
semimeridiano e o ecuador de ouro, sumado de cruz de ouro. A coroa,
forrada de gules, ou vermello. Castelao propuxo outro escudo para Galicia: As armas, en campos de azur, levan unha estrela de cinco puntas, vermella e unha fouce, cunha bordura de prata cargando o lema: "Denantes mortos que escravos". O conxunto está sostido pola figura dunha serea a modo de tenante heráldico.
|
A
RIANXEIRA Composta en 1947 por Xesús Frieiro Dourado, "Pinciñas” e estreada un ano despois polo Coro Castelao da cidade de Buenos Aires. O seu estreo oficial foi en 1950 na conmemoración da festa da Nosa Señora de Guadalupe de Bos Aires, cantada polo coro e a rondalla da Sociedade Parroquias Unidas de Rianxo en Bos Aires. Esta mítica peza gravouse na capital arxentina co título "Ondiñas da nosa ría". Pinciñas chegou a ela partindo dun amplo repertorio de coplas populares rianxeiras á Virxe de Guadalupe cuxas festas comezan cada ano, desde 1854, o primeiro domingo posterior ao 8 de setembro. Logo foille posta a música polo emigrante rianxeiro Anxo Romero Loxo, quen por entonces dirixía a Rondalla Castelao na cidade de Buenos Aires.
O éxito en Rianxo foi sorprendente. Tanto, que se foi coa melodía ó
insigne compositor Bernardo del Río Parada, natural de Vilagarcía pero
residente en Santiago, como director da Coral Cantigas e Agarimos e da
Banda Municipal de Música. Os arranxos de Bernardo del Río esparexéronse
por Galicia. Simultaneamente tamén realizou adaptación o músico asadés,
Xosé Bandín, para a Banda Municipal de Rianxo. A través da Banda
Municipal compostelá e singularmente a través da versión coral de
Cantigas e Agarimos, a Rianxeira vaise convertendo na canción popular por
excelencia. A letra foi cambiada sutilmente por Bernardo del Río. Obsérvense os cambios. Versión de Bos Aires, primeira copla: A Virxe de Guadalupe / vai no iate de Baltar, / lévana os rianxeiros / a pasear polo mar. Versión realizada por Bernardo del Río, primeira copla: A Virxe de Guadalupe, / cando vai pola ribeira, / descalciña pola area / parece unha rianxeira. O retrouso Ondiñas veñen, ondiñas veñen e van, é igual nas dúas versións. Actualmente existen máis dunha versión da letra desta canción. "A Rianxeira" converteuse case no segundo himno de Galicia. É hoxe a canción universal por antonomasia da Nación Galega.
|
A NOSA HISTORIA |
OS CASTROS DA PUNTA DE NEIXÓN Os coñecidos como Castros da Punta de Neixón son dous poboados contiguos (Castro Pequeno e Castro Grande) cuxo período de ocupación abrangue desde finais da Idade do Bronce ata época tardorromana. Atópanse na parroquia de Cespón, no concello de Boiro, nun promontorio que sobresae á ría: A Punta de Neixón.
O chamado Castro Pequeno está situado no extremo da punta e ten as
testemuñas de ocupación máis antigas, mentres que o Castro Grande foi
fundado por volta do século V a.C., posiblemente cando o Castro Pequeno
estaba xa abandonado ou en proceso de abandono. Polo de agora, o Castro
Pequeno é o que fornece restos arquitectónicos máis importantes,
representados por varias casas de pedra de planta circular. O Castro
Grande, en troques, posúe unhas monumentais defensas, entre as que
destaca un foxo de máis de tres metros de profundidade localizado nas últimas
campañas de escavación e un parapeto de terra que separa os castros do
resto do promontorio marítimo. Os materiais arqueolóxicos localizados nestes xacementos son de grande interese, especialmente polo que se refire aos produtos de importación, que demostran a relevancia dos castros como un lugar de intercambio entre navegantes mediterráneos e poboacións locais. Entre as pezas máis importantes destaca un aryballos (recipiente de vidro) púnico, do século V-IV a.C. descuberto polo arqueólogo Fernando Acuña Castroviejo (USC) nos anos 70 do pasado século. Nas escavacións máis recentes, dirixidas por Xurxo Ayán Vila (CSIC-IEGPS), tense localizado un novo fragmento de aryballos, alén de numerosas cerámicas púnicas (entre as que se poden salientar ánforas Mañá-Pascual A4, Mañá C2b e diversos modelos de xerriñas), cerámica itálica (campaniense), romana e tardorromana (terra sigillata hispánica e focense). O castro continuou tendo un lugar importante nas redes comerciais ata o século V a.C., cando a súa función habitacional xa desaparecera. No foxo escavado durante as últimas campañas localizouse un vertedoiro con abundante cerámica púnica, castrexa, unha peza de óso decorada, un ungüentario castrexo e unha fíbula de longo travesaño. A cerámica castrexa está moi ben conservada e ofrece un conxunto único da Fase II da Cultura castrexa das Rías Baixas (s. IV-II a.C.), formado por xerras e olas tipo Toralla e tipo Cíes e pezas singulares tipo Recarea, entre outros. Na entrada ao lugar instalouse o Centro Arqueolóxico do Barbanza.
|
O CASTRO DE BAROÑA
O castro de Baroña é un castro situado na parroquia de
Baroña, no concello de Porto do Son, provincia da Coruña. O asentamento
está construído nunha península, situándose a súa ocupación nos séculos
I a.C. e I d.C.. Posuía dúas murallas ao seu redor e consérvanse 20 vivendas circulares ou alongadas.No istmo que une o poboado ao castro escavouse un foxo de catro metros de ancho e tres de fondo que constitúe a primeira liña de defensa. A continuación hai unha muralla consistente en dous muros de cachotería case paralelos cun recheo de area e pedras. Pénsase que orixinariamente continuaba até conectar coa muralla do poboado, creando un espazo probabelmente non ocupado con vivendas.A muralla principal, ben conservada, conta con dous panos. Un deles, á dereita, consiste en tres muros de cachotería que soben graduados e o da esquerda é semellante ao do istmo. Á dereita da abertura de entrada houbo un cubo defensivo e os muros estréitanse, polo que se supón que se fechaba cunha porta que non deixaría pasar os carros. Posibelmente, a muralla arrodeaba o castro case completamente.
A entrada ao interior consiste nunha rampla. A zona habitada estrutúrase
en catro áreas. Na primeira, á esquerda hai unha construción na que había
un banco corrido ou, segundo outra interpretación, un simple alicerce.
Nela atáronse unha lareira, un furado para un poste e varios tixolos de
barro. Puido ser unha forxa. Fronte á porta da muralla hai outras
construcións ovais con vestíbulo e outra que tamén puido ter sido outra
forxa.O sector seguinte está separado por un muro, que talvez servía
para conter a terra, e O poboado debeu de ser autosuficiente. Dentro do castro non hai auga, nin mananciais nin alxibes, polo que debeu ser preciso ila procurar no exterior. Pénsase que a alimentación tiña como principal fonte o mar: lapas, mexillóns, caramuxos e peixes; tamén se consumían bóvidos, cabras e ovellas e landras.Hai restos de metalurxia (fornos), traballo da pedra e de tecido (fusaiolas).
|
A
Torre de Hércules
A Torre de Hércules é un faro edificado polos romanos, probablemente
entre finais do século I e comezos do século II d.C. O faro serviu de
orientación ás flotas e barcos na súa ruta cara a Britania. A primeira mención da Torre de Hércules aparece na ‘Xeografía Grecolatina’ de Ptolomeo nunha data dacabalo dos séculos I-II d.C., cando menciona o ‘Flavium Brigantium’ e o sitúa no golfo dos ártabros. Dión Cassio, que viviu no século III, relata a vinda de Julio César a Brigantia, que era o emporio do mercado do estaño. A presenza romana na Coruña é moi evidente, non só polo edificio da Torre senón tamén polos innumerables restos romanos que foron achados, e continúan atopándose, tanto en terra firme como no fondo da ría. F. Senén, antigo director do Museo Arqueolóxico da Coruña, di que os achados de restos mergullados nas augas próximas ao porto son mellores ata que os terrestres. Como edificación, a Torre de Hércules é un prodixio arquitectónico. O interior da Torre de Hércules conserva unha parte importante da orixinal construción romana. A torre perdeu, posiblemente, o seu uso marítimo, durante a Idade Media ó converterse en fortificación. Será no século XVII cando o Duque de Uceda – 1682 – encargue a súa restauración arquitectónica ó arquitecto Amaro Antune. No reinado de Carlos IV realízase unha reconstrución completa. A obra neoclásica rematouse en 1791 e foi dirixida por Eustaquio Giannini. A torre era antes de acomete-la reforma, un corpo prismático con base cadrada, no exterior presentaba un muro de pedra con dúas portas na parte baixa e fiestras asimétricas que o percorrían ata o piso superior, e un mordente helicoidal que tamén chegaba ata o alto. No seu interior conservaba a vella estrutura romana, pero con escaleiras de madeira. Na última reforma da Torre, iniciada en 1991, fixéronse escavacións da zona da plataforma. Os resultados destas escavacións, permiten confirmar a existencia de restos medievais e romanos, parte dos cales quedaron integrados na galería subterránea por onde actualmente se comeza a visita ao interior da Torre. Non existen referencias escritas da Torre durante varios séculos, aqueles que van desde a conquista de España polos suevos ata a dos normandos no século IX. Coa invasión normanda a cidade debeu ser destruída, refuxiándose os seus habitantes nunha nova e próxima poboación: ‘Burgo de Faro’.
|
A
batalla de Cacheiras
O 23 de abril de 1846 aconteceu na parroquia de Cacheiras (Concello de Teo)
un dos feitos que máis
marcaron O éxito da sublevación debeuse en boa medida ao apoio que lle prestou o movemento provincialista, creado e fomentado por un grupo de intelectuais -profesores e estudantes universitarios- que, sendo conscientes da marxinación en que vivía Galicia, dedicaron todo os seus esforzos a proporen medidas políticas e económicas que lle axudasen a superar o seu secular atraso. A comuñón de intereses entre os militares liberais e os intelectuais galeguistas deu como resultado a creación, o 15 de abril, da Xunta Superior do Goberno de Galicia. Os seus principais cargos directivos eran dous provincialistas significados, Pío Rodríguez Terrazo, presidente, e Antolín Faraldo, secretario. Para defender os intereses do goberno de Galicia, a Xunta nomeou dous mariscais de Campo, Solís, comandante, e Rubín de Celis, brigadeiro. Cada un deles tiña o mando dunha división do exército.Estes acontecementos vividos en Galicia provocaron a caída de Narváez. Unha das medidas do novo goberno foi elixir o mariscal de campo Juan de la Concha para dirixir un exército que sufocase o levantamento galego.
O encontro entre as tropas de De la Concha e de Solís tivo como escenario
imprevisto a parroquia de Cacheiras, concretamente o espazo situado entre
as casas da Ribeira e a cima de Montouto, mesmo onde está a Pena Escorredía. As circunstancias fixeron que Solís tivese que retirar os seus soldados cara á cidade de Santiago. A desfeita consumouse nesta cidade, na que loitaron casa por casa, ata refuxiarse no mosteiro de San Martiño Pinario, no que finalmente se renderon. A última praza en caer foi Lugo, o día 27 dese mesmo mes. O día 26 de abril en Carral, concretamente no adro da igrexa de Santo Estevo de Paleo, foron fusilados Solís e once do seus oficiais; naceron así os Mártires de Carral.
|
O
Mariscal PARDO de CELA
A historia comeza cando a “filla” de Enrique VI, Xoana a Beltranexa e
Sabela á que posteriormente
sería a Católica comezan a puxar pola coroa, xa que moitas faccións da
nobreza dubidaban do verdadeiro parentesco entre Xoana e o seu pai. Sabela
avogaba por ane Pardo de Cela era fiel á idea da soberanía do Reino de Galiza ( Non hai ningunha documentación da súa pertenza ao bando da Beltranexa e si ao de Sabela) e levou a súa rebeldía ata o final, tanto así que os Reis Católicos mandaron a Galiza un exército capitaneado por Mudarra, que eliminara toda resistencia ata entonces. A presenza do noso Mariscal non era grata en sitios como Viveiro ou Mondoñedo por petición expresa dos Reis Católicos, polo que se refuxia no Castelo da Frouxeira. Alí, o Capitán Mudarra e as súas tropas enfrontaranse contra Pardo de Cela durante tres anos ata que tomouse conciencia de que a Frouxeira era inexpugnable e Mudarra recorreu aos criados do Mariscal; estes,deixándose levar pola posibilidade de que o Mariscal non gañase e lles tocara pagar igual que a el, abríronlle as murallas do Castelo ó Capitán e así foi collido e apresado para ser levado a Mondoñedo e alí ser executado publicamente.
A lenda conta que Sabela, a súa muller, ao saber o acontecido
na Frouxeira emprendeu unha viaxe desenfreada
ata Castela para
implorar o perdón real (A
Católica era súa prima). Cando volvía para a cidade co desexado
indulto, dise que inimigos d Hoxe a figura do Mariscal está moi discutida polos historiadores e moitos pensan que ao afastarnos do terreo dos feitos demostrables e pasar ás especulacións, saímos da historia real e entrarmos na filosofía (idealista) da historia, ou, no mellor dos casos, substituímos a historia polo mito literario.
|
MARÍA
PITA
Era o ano 1589. Despois da derrota da Armada Invencible os
ingleses, a sabendas do estado da flota española, convenceron á raíña
Sabela I
para que preparase unha gran armada e así rematar definitivamente
coa flota española, entre
outros obxectivos. O primeiro sitio no que atracaron foi na Coruña, pensando que sería unha vitoria fácil. A Coruña dividíase en dúas partes, a Cidade Vella cunha muralla forte e sólida e a parte baixa onde residían a meirande parte dos pescadores. Tras desembarcar na praia de Santa María de Oza e arrasar a Peixería, os asaltantes ingleses intentaron a conquista da Cidade Vella. Na súa defensa participarían tanto militares como civís, aínda que ao comezo, as mulleres tiñan un claro papel, repartir auga e comida aos defensores da muralla da Cidade Vella para que non tiveran distraccións nin tiveran que separarse un momento do seu posto. Segundo as crónicas da época, o 4 de maio de 1589 as tropas inglesas abriron un burato na forte muralla e lograron subir ata a súa parte máis alta e loitar fronte a fronte cos defensores. Cando os ingleses estaban a punto de penetrar na cidade pola zona da Porta de Aires, no medio da batalla apareceu unha muller que cambiaría para sempre a historia da súa cidade: María Pita, quen collendo unha pica do chan, saíu correndo ata o cumio da muralla onde, fóra de si, cravaríalle a pica no estómago ao alférez inglés, acendendo aos defensores e forzando a retirada dos asaltantes. Os ingleses estiveron uns días metidos nos seus buques na baía da Coruña,pero retiráronse finalmente con outro novo rumbo: a conquista de Lisboa,onde tamén fracasarían. Aínda que esta fazaña non aparece recollida na documentación oficial que narra o cerco, si está a participación das mulleres coruñesas na defensa da súa cidade. A razón pola que o seu caso chegou a alcanzar notoriedade pública posiblemente teña que ver cos diversos memoriais presentados por María Pita ante os consellos reais solicitando algunha recompensa polos seus servizos. De feito, ela mesma chegou a viaxar á corte en dúas ocasións, en 1596 e 1606, e como resultado obtería diversas mercés reais.
|
MARÍA
SOLIÑA Unha das moitas lendas e historias que deixou a Inquisición ao seu paso é a de María Soliña, unha muller de Cangas que foi condenada por bruxería no século XVII. No ano 1617 uns 2000 piratas turcos desembarcaron en Cangas, quedando a vila saqueada e destrozada ao seu paso e deixando uns cantos mortos tirados na praia, entre os que se atopaban o marido e o irmán de María. Tras o ataque dos piratas turcos, a nobreza non estará disposta a perder o seu poderío económico e comezan a apoiar a Santa Inquisición para denunciar ás mulleres que tiñan unha boa posición económica e así facerse cos seus bens; mesturaban esa clase de mulleres con outras máis pobres para non poñer demasiado en evidencia as súas verdadeiras intencións. Foi o caso de María Soliño, que tras enviuvar, herdou todos os bens do seu marido entre os que figuraba o máis importante para a igrexa, o dereito de presentación a varias capelas e freguesías. O dereito de presentación era un poder polo cal o posuidor (habitualmente os sucesores do fundador dunha igrexa) pode ser nomeado titular cando o posto quedara vacante e participar así nos beneficios que a parroquia xerase. Tendo María diversos bens e dereitos de presentación chamou rapidamente a atención dos inquisidores. A morte do seu marido e irmán deixouna nunha depresión e cada noite paseaba pola mesma praia onde os mataran lembrándoos; esas visitas á praia foron escusa suficiente para que a acusaran de bruxería. En 1621 foi levada ás cárceres secretas da Inquisición onde tras torturas físicas e psicolóxicas rematou confesando que levaba facendo bruxería vinte anos e que facía tratos carnais co demo. María Soliña foi só unha das moitas mulleres que foron condenadas e sufriron inxustamente pola avaricia dos nobres. Non se sabe como morreu, aínda que supoñemos que María dificilmente superaría os abusos que fixeron no seu corpo os inquisidores xa que tiña 70 anos, non hai acta de defunción nin restos do seu corpo.
|
O
MARQUÉS DE SARGADELOS
O marqués de Sargadelos (Antonio Raimundo Ibáñez Gastón
de Isaba y Llano Valdés) naceu en Asturias en 1749 no seo Co seu primeiro negocio dedicouse ao comercio marítimo e a partir de 1780 consegue unha licenza para comerciar coas Indias, o que fai medrar aínda máis o seu negocio. Oito anos más tarde fundou a súa principal fábrica, a de ferros e aceiros de Sargadelos, que contaba cos mellores traballadores traídos de diversas partes de España e incluso de Europa. Foi un dos primeiros altos fornos que houbo en España , xa que innovou poñendo a tecnoloxía e maquinaria máis moderna de Europa; outra das innovacións era que non só fabricaba materiais para as institucións do estado, senón que facía utensilios da vida cotiá. Tivo tanto éxito esta idea que o goberno tratou de mercarlla, Ibáñez rexeitouna, pero conseguiu un contrato para a fabricación de aparellos de artillería. Tras este triunfo, o marqués pensou en facer tres fabricas máis en Sargadelos para formar unha cadea de industrias modernas, unha de cerámica, outra de vidro e unha última de téxtil. A única que puido poñer en marcha foi a de cerámica, que revolucionaba toda idea de artesanía que se tiña ata agora con novos métodos e introducións na cadea de fabricación. Tanto foi a revolución das ideas industriais de Ibáñez que posteriormente serían usadas en industrias como as inglesas ou as alamanas. Dado o grao de innovación e novas formas de vida que daba á poboación, os altos cargos da igrexa e da nobreza, que querían ter controlado ó pobo, instigaron a este mesmo en contra do marqués acusado de afrancesado. Morreu o 2 de febreiro de 1809 seguramente nunha revolta causada pola chegada dos franceses que o clero aproveitou para seguir cos seus poderes e modo de vida tradicional.
|
|
OS NOSOS CURRUNCHOS |
A RIBEIRA SACRA
Ribeira Sacra é unha zona que
comprende as ribeiras do río Sil e do Miño, na zona sur da provincia de
Lugo e norte da provincia de Ourense; a capital da cal acordouse que fora
a cidade lucense de Monforte de Lemos. A particular orografía deste
espazo natural de máis de 16.000 has. resulta do forte desnivel entre as
augas do Sil nos Peares (109m.) e a altura máxima da Pena do Xastre
(1.014m.) O nome de Ribeira Sacra probablemente vén da Idade Media, e nun principio pensouse que a denominación procedía do latín Rivoira Sacrata, e que podería ter a súa orixe na gran cantidade de mosteiros (actualmente pódense visitar 18 ) e templos que se construíran nos canóns e escarpadas abas típicas da comarca pero hai historiadores que non están conformes con esta explicación, pois pensan que Rivoira respondería denantes ó latino "robur, -oris" (Carballo) que a "riparia", polo que debería ser Carballeira Sagrada o seu nome. Ribeira Sacra, como denominación de orixe, é tamén coñecida pola calidade dos seus viños, que popularmente se coñecen na zona co nome xenérico de Mencía, debido a que son elaborados principalmente coa uva mencía, aínda que tamén se usa a uva Godello. As viñas, que se poden contemplar seguindo o curso do río, están dispostas nun sistema de chanzos de pedra, chamados socalcos, ao longo da ribeira, e datan da época romana. Os romanos xa tiñan en
grande aprecio estes caldos, que son afroitados e de gran presenza, ideais
para tomar con carnes, A Ribeira Sacra é especialmente coñecida polos seus tesouros naturais e biolóxicos, constituíndo un vastísimo ecosistema de gran variedade e riqueza. Son salientables os Canóns do Sil pola súa espectacular paisaxe pero tamén destacan lugares como Areas con construcións moi simples onde algunha hipótese apunta a primitivos moradores anacoretas que buscaron neste recuncho o sosego en contacto coa natureza, ou Portizó e Hortás onde se pode contemplar boas mostras de arquitectura tradicional.
|
CANÓNS DO SIL NA RIBEIRA
SACRA
Os Canóns do río
Sil son unhas das paraxes máis impresionantes que
se poden visitar na xeografía galega. Están situados preto da unión
entre o río Sil, e o río Miño, na zona da Ribeira Sacra. Esta é unha
zona na que o río discorre encaixonado a través de paisaxes e montañas
dunha gran beleza.Está cortado por numerosos encoros, que fornecen de
auga e electricidade a boa parte da poboación galega, e dos arredores.
Esta área natural abrangue os concellos de Pantón, Sober, Nogueira de
Ramuín e Parada de Sil, cunha superficie de 5.914 hectáreas. En canto a
súa xeoloxía, o Canón do Sil ten unha orixe meramente tectónica e non
fluvial. No cuaternario, ó comezar o basculamento da peniplanicie, producíronse
fracturas que quebraron o terreo en bloques xigantescos, formando así a
canle polo que flúe o río Sil. A estas características hai que engadirlle a transformación da paisaxe levada a cabo pola man do home mediante o cultivo da vide en socalcos e a construción de grandes encoros como o de Santo Estevo ou San Pedro. Desta maneira, o mosaico natural e paisaxístico que resulta desta serie de singulares características é único e irrepetible en toda Galiza. Ten impresionantes contrastes, entre grandes pedras e auga, vexetación e auga, xogos de reflexos. Todo un espectáculo para a vista. As pedras semellan xigantes, reis, toman formas diversas, que a xente xoga a descubrir no transcurso dos paseos que se poden facer en catamarán, que é a mellor maneira de apreciar os seus desniveis, de máis de 500 m. nalgúns puntos, e con pendentes de máis de 50°, ás veces case verticais. A experiencia nunca estaría completa se non se mira tamén dende enriba (temos varios “miradores” nas dúas beiras), que amosa un mundo diferente, cunha grandiosidade loable. Así pois, é un dos lugares máis importantes tanto paisaxisticamente, como vitivinicolamente. Nas ladeiras destes montes, e nos arredores, atópanse as terras da D.O. Ribeira Sacra, que tamén forma un espectáculo coas viñas nas abas, chegando ata a auga.
|
O
Pedregal de Irimia O Pedregal de Irimia, nacemento do Miño, é un enclave hidrográfico natural situado na ladeira oeste da Serra de Meira, a 3 quilómetros da vila. O Pedregal é similar a un río de pedras, dunhas pedras moi grandes organizadas de forma curiosamente natural, coma un funil. A súa extensión é de aproximadamente 700 metros e ó final deste funil apréciase un pequeno regato de auga, do que se pode dar coñecemento se un se sube ás súas pedras e escoita con atención o murmuro da auga, xa que non se ve correr debido ó taponamento das pedras. Esta auga nace de numerosas fontes repartidas ó longo de toda a Serra, e en concreto, unha delas situada no alto do Pedregal, lugar onde a auga de todas elas se xunta, formando xa o comezo do Miño que abastece de auga a Meira e a toda Galicia. Durante moito tempo existiu unha gran polémica sobre se o nacemento do Miño se atopaba no Pedregal de Irimia ou na lagoa de Fonmiñá, no Concello da Pastoriza. Esta lagoa é unha afloración de augas profundas, vencellada a procesos cársticos e/ou hidrotermais que xorde máis abaixo do nacemento do Miño. Esta é a conclusión á que chegaron expertos en hidrografía, despois de introducir medidores para comprobar a profundidade das fontes e así concluíron que, tanto a Serra como o Val de Meira, están situados sobre unha gran balsa de auga e que, por iso, nace auga en diferentes puntos, un deles, a lagoa de Fonmiñá. O Pedregal é un lugar especial: maxestoso, dominante, emocionante... É coma un rego de pedra, en forma de funil, situado no alto do monte, como vixiando todo o val que desde el se divisa, que se estende ó pé das rochas. As rochas parece que fosen colocadas alí por unha man humana e non por fenómenos puramente naturais.
|
Penedo
do Graúllo e a fervenza do Fondós. O penedo do Castelo no monte do Graúllo, tamén coñecido por penedo do Graúllo, está na parroquia de Erbedeiro, concello de Carballedo (Lugo). Este penedo é unha mole pétrea composta principalmente de cuarcita armoricana e que cae vertical cara a desembocadura no Miño do río de Fondós ou de Pepes. Trátase dunha formación rochosa de gran tamaño por cuxo lateral discorre unha fervenza, a do Río Fondós, antes de desembocar no Miño. O tipo de cuarcita da que está formado o penedo vén do Ordivícico Inferior e forma parte do conxunto de esquistos, areniscas e pizarras do Paleozoico que atravesan esta zona do Miño e van cara as serras do Courel. A vexetación que rodea o penedo é cando menos singular pois aquí está o único bosque mediterráneo de toda a comarca de Chantada, no que abundan as sobreiras (Querqus suber), aciñeiras (Quercux ilex) e outra flora mais pequena. Das sobreiras aínda se extraía moito corcho ata os anos oitenta. Curiosamente pouca xente en Chantada lle chama polo seu nome a este afastado monumento natural. A denominación correcta é a que sempre empregaron os habitantes da zona, hoxe practicamente deshabitada: Penedo do Castelo. Un lugar cheo de lendas e tesouros, como non podía ser menos. Da outra beira do Miño está a súa continuación xeolóxica, o chamado penedo de San Martiño, ao carón da fervenza de Auga Caída, unha paraxe chea tamén de misterios e lendas.
Para chegar ó Penedo do Graúllo e a fervenza do
Fondós podemos
partir de A Barrela, dirección Castro e a 6km coller ó desvío á
esquerda pola LU-P1006 cara Chouzán.
Tamén se pode ir desde
Chantada pola estrada que nos leva ás
ribeiras do Miño.
|
O
MONTE PINDO
O Monte Pindo é unha inmensa mole de granito rosa cuxo cumio (chamado A
Moa) acada os 627 metros de altura situado no concello coruñés de
Carnota. Forma un espazo natural xunto coa praia de Carnota,
o espazo natural Carnota-Monte Pindo catalogado coma Lugar de
Importancia Comunitaria e que se atopa incluído na Rede Natura 2000. O
espazo ten unha superficie de 4.629 ha. e abrangue aos concellos de
Carnota, Mazaricos, Cee e Dumbría, entre as rías de Corcubión e a de
Muros e Noia.
O Monte Pindo domina as terras do Fin do Mundo; o fogar das deidades
galegas reflexa na súa rosa vestidura granítica luz e sombra sobre mar e
xentes do Finisterrae. Moito corren os contos, lendas e historias sobre
este lugar, que chegaron a provocar interese en persoeiros galegos dos máis
variados eidos.
Os nosos antergos só souberon explicar a vizosa e curiosa xeomorfoloxía
do Monte Pindo, inzada de relevos en bolos de granito, mediante historias
de deidades, esculturas, ou monstros e xigantes míticos, e lendas -que ao
parecer prevaleceron ata tempos moi recentes-... que deron forma á
tradición que sitúa neste lugar o monte sacro dos celtas galegos.
Obviando as lendas, o que si se atoparon son numerosos restos arqueolóxicos,
coma petróglifos, útiles de bronce e o que parecen ser os restos dunha
antiga ermida.
O Padre Sarmiento fixo unha ampla referencia a este monte, dicindo que o
seu nome fora posto pola súa semellanza co Monte Pindo de Grecia. El
mesmo recolle varias historias e lendas sobre el, como que a herba no
Monte Pindo crece moito da noite á mañá; que existen nel infindas
herbas medicinais, ou que aquí acudían as parellas estériles, coa
intención de conseguir ter descendencia. A difícil accesibilidade do Monte Pindo gardou virxe durante séculos o maior tesouro ao que calquera lenda puidera terse referido: un conxunto natural único, un auténtico edén de especimes naturais raramente visíbeis en ningunha outra parte do mundo. A xoia desta coroa é o carballo anano (Quercus lusitanica), especie distribuída polo sur da Península Ibérica e o norte de Marrocos que ten no Pindo o seu único asentamento en territorio galego. No Pindo atópanse varios exemplares desta especie, declarada en alto risco de extinción, e que coexistiu con outros carballos como os Quercus robur e Quercus pyrenaica, con piñeiros coma o Pinus pinaster, Pinus radiata e Pinus sylvestris, e mais con loureiros (Laurus nobilis), acivros (Ilex aquifolium)... e con outras moitas especies de altísimo valor ecolóxico.
|
O
MONTE ALOIA
O Parque Natural Monte Aloia forma
parte da serra do Galiñeiro no concello de Tui (Pontevedra). Ten unha extensión de 746
hectáreas. Presenta un relevo accidentado con cotas que oscilan entre os
80 e os 629 metros do Alto de San Xiao, desde onde se domina un amplo
tramo do río
Louro e do río
Miño ata a súa desembocadura. Os seus solos son ácidos, de
escasa ou media profundidade sobre substrato granítico que aflora con
frecuencia orixinando laxas e rochedos, elemento característico na
paisaxe da comarca do Baixo
Miño.Está cruzado por varios regueiros entre os que destacan
o das Cabanas, o Deique e o das Tabernas.
É abundante a vexetación arbustiva do toxo, xesta e carpazas. Quedan algúns
restos de caducifolio autóctono como carballeiras
de carballo común (Quercus robur, árbore
dominante antes das repoboacións con piñeiros e eucaliptos do
século XX), sobreirais e vexetación de ribeira composta por,
entre outras, amieiros
e salgueiros.
Tamén é frecuente a presenza de sanguiño,
bidueiro,
castiñeiro
acivro,
érbedo,
estripeiro, abruñeiro,
pereira
brava e abeleira.
Existe unha "senda botánica" que amosa ó visitante os
elementos forestais salientables do Baixo Miño en xeral e do Parque
Natural en particular.
Fauna: raposo, coello, ourizo
cacho, xeneta,
morcego grande de ferradura entre os mamíferos.Aves:
perdiz rubia, miñato
común, lagarteiro,
avelaiona,
verderolo común, pomba torcaz, paporroibo,
gaio, ferreiriño bacachís, azor. Anfíbios: lagarto
arnal, tritón verde, saramaganta,
lagarta
galega, ra patilonga, víbora de Seoane, cobra de colar.
Historia:No Aloia atopáronse
restos de Citania, un poboado castrexo anterior á romanización.
Apareceron restos prehistóricos como machadas, muíños de man, ou cerámica.
Tamén hai unha interesante muralla ciclópea, de 1250 metros de lonxitude,
que circunda a meseta superior. Hai quen atribúe o nome de monte Aloia á
presenza da lexión romana V Alaudae. Asóciase co monte
Medulio.
Monumentos: Capela de San Xiao, Casa forestal (1921), Monumento ó enxeñeiro
Areses, Miradoiros, muralla ciclópea, restos do poboado protohistórico,
no Alto dos Cubos.
Hai moitas lendas referidas ó monte: dise que as eguas do Aloia son
fecundadas polo vento, e que na cama de San Xiao non medra a herba.
|
A COVA DO REI CINTOLO
A Cova do Rei Cintolo está situada no Monte da Farrapa, lugar de Sopena (Supena),
na parroquia de Argomoso , concello de Mondoñedo (Lugo). É a cova
calcaria máis grande de Galicia e no seu interior pódense observar
estalactitas e estalagmitas. Está formada por tres andares de galerías,
a inferior cunha vía de auga con circulación parcialmente sifonante, que
forman un total de case 7.500 metros de lonxitude o que fai que sexa a
cova coñecida con maior percorrido horizontal de Galicia.
A cova foi explorada, desde o punto
de vista arqueolóxico, por primeira vez por José Villaamil y Castro na década
de 1870, da que deixou constancia no seu libro Antigüedades prehistóricas
y célticas de Galicia. En 1954, por iniciativa
do Club Montañeiros Celtas de Vigo, fíxose un campamento para a
exploración e topografía da caverna. Descóbrense novas zonas na
cavidade, así como o río subterráneo, ao que chamaron río Celtas. A
finais dos anos 1960 comezan os intentos de obter unha topografía xeral
da cova, ao tempo que se descobre a galería Venus á dereito da sala do Río
(tamén coñecida como salas Finais do Río).
En 1973 a cova gaña sona grazas a un documental de TVE, que supuxo a
primeira filmación da cova. A partir daquela a caverna comezou a ser
visitada por un gran número de persoas, que provocaron deterioro no seu
interior. En 1976 decidiuse colocar un enreixado, debido aos espolios que
estaba a sufrir a caverna, que ameazaban coa destrución da cavidade.
Nas escavacións dirixidas no verán de 2002 pola arqueóloga Rosa Villar
atopáronse materiais da Idade de Ferro, da cultura castrexa (cerámica e
osos de vaca, porco e cervo) na súa entrada. En 2006 o Concello de Mondoñedo
puxo en marcha un sistema de visitas guiadas á caverna.
A cavidade é obxecto de distintas lendas como, por exemplo, a que lle da
nome á cova.
A existencia de especies animais protexidas, sumada á importancia xeolóxica
e arquelóxica da Cova do Rei Cintolo é un dos principais argumentos
esgrimidos pola Federación Galega de Espeleoloxía para solicitar que o
conxunto sexa declarado Monumento Natural.
Entre as especies animais que viven no contorno, os espeleólogos destacan
a existencia de varias especies de morcegos así como un crustáceo único
no noroeste da península, o Iberobathynella Ortizi.
|
AS
FRAGAS DO EUME
As Fragas do Eume é un parque natural galego creado o 30 de xullo de 1997
e que abrangue 9.126 hectáreas nas beiras do río Eume, concretamente nos
concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García
Rodríguez, todos eles da provincia da Coruña
O bosque tradicional atlántico conservouse na zona en todo o seu
esplendor, sendo consideradas as fragas como un dos mellores bosques atlánticos
termófilos do continente europeo. Malia ser a flora a alfaia das Fragas,
existindo raras especies de felgos que habitaban a terra hai millóns de
anos, tamén destacan algunhas especies animais endémicas e en perigo de
extinción, dende pequenos anfibios e réptiles, como a saramaganta, ata
especies maiores, como o lobo ou diversas aves de rapina.
A árbore con maior presenza no parque natural é o carballo. É o medidor
da saúde da fraga: os exemplares máis lonxevos existen nas zonas que
sufriron unha menor presión humana (a Fraga do Mosqueiro ou as fragas que
arrodean o río do Dez), e está sendo obxecto de repoboación en zonas fráxiles
do parque, onde fora apartado recentemente polo bidueiro.
Tamén ten numerosa presenza no parque o castiñeiro, dominante nalgunhas
áreas logo de roubarlle terreo ao carballo grazas a medrar máis
rapidamente e prover froitos de consumo humano. O bieiteiro ou bidueiro é
a terceira das especies maioritarias, e ocupa dous tipos de espazos: áreas
tradicionais de bosque de ribeira, e zonas marxinais onde os carballos
foron perdendo distribución, e onde medran rapidamente. Nestes espazos
están a ser substituídos por carballos por acción conservacionista.
Nas proximidades dos ríos atopamos o ameneiro, que soporta ben as situacións
de asolagamento, xa que suxeitan as marxes das canles impedindo o seu
arrastre polas cheas, o salgueiro (con moita menor frecuencia), o freixo e
o pradairo. Outras especies arbóreas das fragas son a abeleira,
principalmente nas proximidades dos cursos de auga; o cerqueiro, nas zonas
altas das fragas de Pena Fesa, Os Cerqueiros (topónimo que reflicte a
abundancia desta árbore) e A Marola; o érbedo, o loureiro, e o olmo,
frecuente tamén nas proximidades dos ríos, como preto do mosteiro de
Caaveiro. Tamén se ten sinalado a presenza do lamigueiro nas fragas, unha
especie rara na zona próxima á costa. O teixo, atopa no parque a súa
localización máis occidental no país, xa que a intensa actividade
humana sobre esta árbore acabouna relegando principalmente ás montañas
orientais galegas. Finalmente, existe en abundancia o acivro,
fundamentalmente como arbusto pero que chega a acadar exemplares de altura
e porte, o estripeiro, o abruñeiro, a pereira e a maceira brava, esta última
pouco frecuente noutros lugares da provincia da Coruña.
|
O TEIXEDAL DE CASAIO
O TEIXEDAL de CASAIO, está na provincia de Ourense,no concello de
Carballeda de Valdeorras, (preto do Barco de Valdeorras). No
teixedal atópanse uns catrocentos pés de Teixo(Taxus baccata), de case
500 anos de idade.Os teixos son uns dos avós da Natureza, pois poden
acadar máis de 1000 anos de idade. Aínda que deberon ser moi abundantes
no pasado dada a súa presenza nos
nomes de lugar, actualmente quedan poucos exemplares, polo que necesitan
protección. En Galicia soamente atopamos un teixedal, o de Casaio, con
exemplares centenarios impresionantes, xunto con outras especies de
Rebolos, Acivros, Freixos, Ameneiros, Capudres,... en poucos sitios de
Europa podemos atopar algo semellante. O Teixedal de Casaio é un lugar
excepcional: o bosque máis recóndito e, posibelmente, o máis antigo do
noso país. Alí, nun perdido
e estreito val afundido baixo o macizo de Pena Trevinca, sobrevive unha
marabilla biolóxica: o Teixedal de Casaio. O bosque de teixos máis
occidental de Europa, a última lembranza do hábitat dunha especie, o
teixo, que foi moi abundante en Galicia e con grandes valores simbólicos.
Diante da invasión romana, os castrexos envelenáronse con teixo. E a
madeira de teixo (é moi estimada por ebanistas e torneiros, xa que curva
moi ben) fixo os barcos das armas e buques de guerra dos exércitos e
armadas nobiliares e reais. O teixo é de seu de lento crecemento e non
puido resistir a depredación humana. Só estes de Trevinca: este bosque
leva aquí desde a Era Terciaria. .A planta do Teixo é tóxica e segundo
conta algúns historiadores, os galaicos ante a invasión das tropas
romanas ( do emperador Augusto) e para evitar renderse preferiron
suicidarse colectivamente no monte Medulio( posiblemente no Courel)
engulindo o veleno extraído do teixo. En Medicina utilízase un composto
derivado do teixo, o taxol, de propiedades antitumorais. O teixo tamén é
empregado en xardinería pola vistoso das súas follas e a facilidade que
ten de facer sebes.
A orixe do nome teixo provén do seu nome latino TAXUS, que a súa vez viría
do grego. Do grego podería derivar de varias palabras: de
taxis – fila, polas súas follas dispostas aparentemente en dúas
filas; de toxikos – veleno,
pola sabida toxicidade da árbore, ou de taxon – arco, pola
flexibilidade das súas pólas.
|
A
FRAGA DE CATASÓS
A Fraga de Catasós, cunha superficie de 4, 5185 ha, está situada na
parroquia do mesmo nome do concello de Lalín ( provincia de Pontevedra),
é tamén coñecida como Carballeira de Quiroga ou Carballeira do Campo.
É na súa maior e máis importante parte, un bosque mixto de carballo
(Quercus robur L.) e castiñeiro (Castanea sativa Mill.). Os exemplares de
castiñeiro son considerados dos mellores de Europa polo seu porte.
Estamos no termo municipal de Lalín, que centra a Comarca do Deza. As
terras do País do Deza, que marcan o tránsito da Galicia litoral á
Galicia interior, albergan extensas masas arbóreas de castiñeiros,
bidueiros, piñeiros, eucaliptos e carballos, con mención especial para
un par de carballeiras: de Quiroga (Catasós) e da Barcia (Vilatuxe).
Circulando desde Lalín cara a Ourense, ao bordo da N-525, na parroquia de
Santiago de Catasós e lugar de Quintela aparece a interesante expresión
boscosa, coñecida como Fraga de Catasós, de mediana extensión, composta
por varios centos de vellos carballos e un pequeno grupo de castiñeiros
no seo da formación arbórea. En orixe, o bosque pertenceu ao Pazo de
Quiroga, sendo por tanto un dos dominios compoñentes das propiedades señoriais,
encontrándose extramuros.
Pazo pontevedrés que acolleu a políticos, escritores e intelectuais,
como Emilia Pardo Bazán, casada con Xosé Quiroga e Pérez de Deza,
segundo fillo do daquela titular da nobre posesión, onde a insigne
escritora galega redactou algúns dos capítulos da novela Los pazos de
Ulloa durante as longas tempadas que pasou na casona.
Na fraga, os carballos poñen a cantidade, pero a calidade débese ao
quinteto de castiñeiros que, a teor do expresado por expertos da FAO, son
individuos únicos en Europa polas súas excelencias e atribucións,
estando considerados, segundo os científicos, como árbores senlleiras no
que a formación forestal respecta. A Fraga de Catasós está incluída no
catálogo de espazos naturais protexidos, coa categoría de monumento
natural (Xunta de Galicia, 2000; declaración: Decreto 76/2000, do 25 de
febreiro; DOG n.° 72, do 12 de abril de 2000).
|
O
POZO BASTÓN
Do Pozo Bastón, no río Te, en Araño, concello de Rianxo (A Coruña) cóntase
a seguinte lenda.
Un mouro achegouse a un mozo de Araño que estaba facendo o servizo
militar en África e preguntoulle de onde era. E como lle dixo que de Araño,
o mouro preguntoulle se sabía onde quedaba o Pozo Bastón; o mozo díxolle
que si, que o sabía, e entón o mouro faloulle así:
-No Pozo Bastón están encantadas tres das miñas fillas. Se me fixeses o
favor de ir alí e facer o que eu che diga para desencantalas daríache o
que me pedises.
Como o rapaz estivo de acordo en facerlle aquel favor, o mouro explicoulle
ben o que tiña que facer cando se achegase ao pozo e deulle tres bolos de
pan. Mais, insistiu o mouro, non perdas os bolos, non lle contes nada
disto a ninguén, e, sobre todo, tes que chegar con eles alí sen que
llles falte farangullo* ningún.
Cando o mozo regresou a Araño antes de ir ao Pozo Bastón pasou pola casa
e pousou os bolos enriba da mesa da cociña. Mais a muller, curiosa, quixo
ver o que había naquel envolto, destapou e levou á boca un anaco dun
deles.
O mozo moito lle rifou pero xa non había remedio. Colleu cara o Pozo Bastón
e ao chegar, tal e como lle dixera o mouro, botou á auga un dos bolos. De
contado viu saír da auga unha moza dunha fermosura nunca antes vista por
el. Logo tirou o segundo dos bolos e saíu do pozo outra rapaza tan bonita
como a primeira. Faltaba o terceiro dos bolos, o encetado pola muller. Tirouno e viu como pelexaba por saír da auga unha terceira moza, tamén moi fermosa, pero coxa. Moito turrou a moza mais como ela non era quen de saír do pozo por sí soa agarrouse ás súas irmás e... volveron as tres para a auga
E alí estarán aínda, entre os cachóns de auga batida daquela fermosa
fervenza que se chama Pozo Bastón.
|
O PARQUE DO PASATEMPO 1.- Que é "O Parque do Pasatempo"? Onde está situado? Que superficie ten na actualidade? E no momento da sús construción? 2.- Quen foron os seus promotores? De que maneira lograron a súa riqueza? Quen eran os "indianos"? 3.- Con que fin se fixo este parque? A imaxe de que? 4.- Que partes ten? Que animais aparecen? 5.- Como se representan as repúblicas hispanoamericanas? 6.- A que paises emigraron os galegos na segunda metade so século XIX e principios do XX? 7.- Cara a onde foi a "corrente migratoria galega" a partir dos anos 60 do século XX? 9.- Que diferenza tivo a emigración americana respecto da europea? 8.- Como se organizaron os emigrantes galego na diáspora? Que beneficios reportou para Galicia esta organización? 9.- Hai ou houbo no Concello de Rianxo algunha institución cultural, económica... fundada polos emigrantes? 10.- O Concello onde está o "Parque do Pasatempo" deu o seu nome a unha das 7 provincias galegas que eran : .................... e na actualidade é a capital dunha comarca ...................... 11.- Que edificios, igrexas, monumentos......... hai neste Concello? 12.- Que acto festivo, entre outro, se celebra o 16 de Agosto? 13.- Que río pasa por esta localidade? Que festa fluvial se celebra? 14.- Os vales dos ríos Mero e Mandeo forman a Comarca .................................................. que foi declarada como .......................... en maio de 2013 pola ................................................................... 14.- A economía desta comarca e.......
|
Complexo
dunar de CORRUBEDO O parque natural Dunas de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán (Parque natural, desde o 5 de xuño de 1992), localízase no vértice occidental da península do Barbanza, entre a ría de Arousa e a ría de Muros e Noia, no concello coruñés de Ribeira. A continua exposición á variábel meteoroloxía do litoral galego determina a vida neste espazo natural protexido. O elemento que máis destaca na súa paisaxe é a gran duna móbil, froito da acción combinada do mar e do vento. Ao non estar vexetada, os ventos do suroeste predominantes no inverno fan que se mova uns poucos centímetros tódolos anos cara o interior. O parque conta cunha lagoa doce e outra salgada. A doce, a lagoa de Vixán, naceu ao pecharse unha frecha litoral, limitando así as achegas de auga a varios regatos. A lagoa de Carregal, de auga salgada, mantén a comunicación co mar, e por iso as súas augas teñen un maior salinidade. Ámbalas dúas forman hábitats tan singulares que a flora e a fauna presentes teñen características moi especiais, ó que se deben outras figuras de protección como zona de especial protección dos valores naturais (ZEPVN, desde o 19 de xuño de 2003, e zona de especial protección para as aves (ZEPA, desde o 19 de xuño de 2003) A paisaxe complétase cunha longa cadea de dunas, marismas, extensas chairas, piñeirais e terras de labor.
O Parque destaca pola súa gran riqueza faunística (o 70% das especies de
anfibios e réptiles presentes en Galicia), entre a que destaca sobre todo
a ornitofauna. Os censos de aves acuáticas invernantes efectuados nos últimos
anos proporcionan unha media de 2.300 individuos pertencentes a máis de
35 especies. Tamén están presentes diversas especies de mamíferos que
se moven no espazo e no seu contorno, como o raposo (Vulpes vulpes), o
teixugo (Meles meles), o ourizo cacho (Erinaceus europaeus) ou o esquío (Sciurus
vulgaris). Tamén a lontra (Lutra lutra) mantén unha presenza común.
|
A CÁNTARA DA MOURA Este lugar do Concello da Veiga, na comarca de Valdeorras (Ourense), coñecido como “ A Cántara da Moura” é un espazo natural o pé do río Corzos onde a auga, as covas, as pedras(ou bolos de granito, erosionados durante milleiros de anos pola acción do vento e das augas) e a vexetación conforman un espazo moi especial. As grandes covas existentes forman un labirinto natural e na cántara o río Corzos vai soterrado formando unha piscina natural sempre fresca, saíndo de novo ó exterior a través dunha porta , segundo contan esculpida na rocha polos mouros, en forma de fervenza branca e ruidosa. A Cántara da Moura está situada nunha zona onde existen moitas covas, sendo a máis famosa a chamada “ Cova dos escapados”. Nesta cova refuxiáronse durante meses os escapados da guerra civil, pertencentes ó bando republicano, que foron moi perseguidos nesta zona . A esta cova só se pode acceder por un pequeno burato, só coñecido polos veciños da zona, ó que lle poñían unha escaleira para baixar que quitaban de seguido unha vez que entraban. Conseguían sobrevivir semanas enteiras sen saír grazas a que nesta cova o río vai soterrado e podían pescar as troitas negras do río Corzos. Outra cova moi coñecida é “O cubo”, igualmente empregada para agocharse os escapados. Esta cova ten sete bocas de entrada, ó que lles permitía os escapados burlar doadamente ós seus perseguidores , entrando por unhas e saíndo por outras. Partindo da cántara e seguindo río arriba, atópase o “ Curro dos lobos”. O lobo foi un animal moi temido nesta zona, principalmente, por que ó ser unha zona gandeira o lobo atacaba de cotío o gando. O curro dos lobos é unha construción redonda, que conta cun muro de pedra feita polos antigos veciños de Corzos. Éstes puñan de cebo a un pequeno cordeiro que atraía ó lobo, para despois darlle caza. Era moi común que os veciños que atrapaban ó lobo, ó fosen amosando polas rúas do pobo, pedíndolle ós veciños calquera cousa para comer ou beber, facendo unha pequena festa celebrando o apresamento do lobo. Tamén río arriba atopamos a “ Fonte da moza”, esta fonte era un lugar de descanso para as mozas que gardaban o gando. Aproveitando a ruta da Cántara da Moura pódese visitar o pobo de Corzos, onde as grandes rochas forman parte das vivendas máis tradicionais e os fornos de pan sobresaen dalgunhas fachadas. No pobo de Corzos están rehabilitados o Muiño dos Carballos e a Forxa do pobo, incluídos na Rede Etnográfica da Veiga.
|
A
Feira de Santos de Monterroso. Cada primeiro de novembro ten lugar en Monterroso a celebración da tradicional Feira dos Santos, coincidindo co Día de Todos os Santos. En varias rúas desta vila da provincia de Lugo instalaranse postos de vendedores ambulantes que participarán na feira vendendo obxectos de bixutería, roupa, calzado, produtos gastronómicos, maquinaria agrícola, etc e tampouco faltarán os tradicionais postos para a degustación de “polbo á feira” e “carne cocida ao caldeiro”. A orixe desta festa é descoñecida pero diversos autores dátana na Idade Media ( aínda que o Concello data o seu nacemento en 1450), vinculando o seu florecemento a un imposto sobre o sal cobrado cerca de la vila. Tamén se vincula coa importancia alcanzada polo lugar como punto de intersección de varias vías que comunicaban Galicia. No século XIX o recinto feiral contaba xa con zonas diferentes para cada produto, distribuídos en máis de 80.000 metros cadrados: feira das tendas, dos queixos, do ganado, das albardas,… No século XX a feira quedou definida como a primeira feira cabalar de Galicia. Cando trala Primeira Guerra Mundial, coa chegada da gripe, moitas feiras deixáronse de celebrar, os Santos de Monterroso seguiron en pé grazas ós vendedores de láudano e outros remedios contra a enfermidade. Nos anos 30 a resonancia do evento se deixouse notar con visitas de numerosos personaxes que ían a comprar e vender, ademais de probar produtos típicos como o polbo, o pan de Melide e Cea e as rosquillas.
Na actualidade pódese considerar como a feira máis clásica, lonxeva,
auténtica e completa de todas as que se celebran en Galicia. Foi
declarada FEIRA DE INTERESE TURÍSTICO
GALEGO polo Consello
da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 28 de abril de 2011.
Máis de cen mil persoas asisten cada ano a esta cita do día primeiro do
mes de Santos. 1. En que data se celebra a Feira de SANTOS de Monterroso? 2. Con que festividade coincide? 3. En que provincia está Monterroso? 4. Que se vende en Monterroso? 5. Que se pode comer na feira? 6. A que se vincula a orixe da feira? 7. Cantos anos ten a feira? 8. Como se distribuíron as zonas para a feira? 9. Que importancia teñen os cabalos na Feira de Santos? 10. Como podemos considerar esta feira na actualidade? 11. O Consello da Xunta que declarou esta feira? 12. Cal é o número de persoas que asiste cada ano á feira de Santos? |