“Letras Galegas” 2013.
VIVIMOS o TEATRO con X.Antón G. Vilariño |
O
Barqueiro de Padreda:
A
Guardia Civil A verdadeira historia de Galicia: A Barbería automática O Campelo de Pradeda : A nai A ama A discoteca O Señor Pedro A Argentina A moto Futuro Futuro :Futuro, Futuro A chegada |
Tanis I O Mocos: Adaptación teatral de Tanis I o Mocos de Manuel Lourenzo González, feita con autorización do autor, por Antón G. Vilariño para a Escola de Teatro do Grupo Airiños. I Acto. |
1
A
GUARDIA CIVIL. O Barqueiro de Pradeda. (3º acto, 3ª escena) ( Aparecen en escena un xornalista de investigación: micro, gafas… e
un típico paisano galego).
Veciño.-
Teño novas e vellas… Sei que…
Xornal.-
Qué opina vostede da Compaña?.
Veciño.-
De momento non teño queixa, paréceme vostede boa persoa…
Xornal.-
Eu refírome á Procesión, xa sabe…
Veciño.-
Pouco lle sei…
Xornal.-
Pero, vostede sabe que o Barqueiro tivo unha Visita…
Veciño.-
Unha?. Tivo moitas!
Xornal.
Moitas?. Isto xa ven de vello?.
Veciño.
Ven…
Xornal.
Pode aclararnos máis…
Veciño.
Podo…
(Queda calado).
Xornal.
…Dicía que o Barqueiro ten visitas…
Veciño.-
Ten…
(Calado).
Xornalista.- Vostede como sabe isto?.
Veciño.-
Sabémolo todos…
Xornal.-
Como son estas visitas?.
Veciño.-
Son…
(Calado).
Xornal.-
Vostede tivo coñecemento, digamos concreto, dalgunha…
Veciño.-
Tiven…
(Calado).
Xornal.-
Cando?.
Veciño.-
Concreto?.
Xornal.-
Si…
Veciño.-
Moitas veces…
(Calado).
Xornal.-
Vostede, sabe como
eran?.
Veciño.-
Eu sei…
(Calado).
Xornal.-
Podería, logo, aclararnos como eran…
Veciño.-
Verdes…
Xornal.
Moi interesante… Vostede estaría disposto a participar nun
programa especial de Cuarto Trienio?.
Veciño.-
Non, non… Eu non lle sei nada, eu non lle teño que dicir…
Xornal.-
Vostede viu as visitas verdes…
Veciño.-
Aquí viunas todo o mundo…
Xornal.-
Todo o pobo é visionario?.
De onde viñan?. Pode
dicilo?.
Veciño.-
Podo…
(Calado).
Xornal.-
Dígao, logo…
Veciño.-
Da Barrela…
Xornal.-
Da Barrela?.
Veciño.-
Si…
(Calado).
Xornal.-
Pero, eran identificadas?.
Veciño.-
Eran…
(Calado).
Xornal.-
Pode clarexarnos quen eran…
Veciño.-
Eran… Dame un pouco de aquel dicilo…
Xornalista.- Fale sen medo… ¿ Quen eran?.
Veciño.-
A Garda Civil…
(Saen).
Antón Vilariño: O barqueiro de Pradeda. (3º acto, 3ª escena) |
2 A BARBARÍA AUTOMÁTICA. A verdadeira Historia de Galicia. (1º acto, 5ª escena) Presentador/a.- Miñas donas, meus cabaleiros permítanme presentarlles a grande aportación que fixeron os pobos bárbaros á nosa cultura: a barbaría automática. (Entran no escenario varios clientes para ser afeitados). Barbeiro/a.- ( Entra acompañado dun/dunha axudante. Os dous desfilan con aire militar). Atención á voz de mando. Tempo un: preparación. Xa!. ( Colocan un pano branco por diante dos clientes). Axudante.- Misión completada . A baba será apañada. Barbeiro.- Tempo dous: vista á esquerda. Xa!. (Todos miran á esquerda e o/a axudante pasaralles un pincel con espuma polo lado dereito da cara). Axudante.- Sección A, maquillada!. Barbeiro.- (Dirixíndose a un cliente, dálle un golpe na cabeza). Non me alteres o lugar de operación. (Rápalles a escuma cun coitelo dun xeito brusco). Campo despexado!. Tempo tres: vista ó fronte. Xa! Axudante.- (Da escuma na parte frontal da cara). Parte central, preparada. Barbeiro.- (Dirixíndose a outro cliente, dálle un golpe na cabeza). Non me “ghames” a escuma! ( Rápalles a escuma cun coitelo, facendo xestos bruscos). Tempo catro: vista á dereita. Xa! Axudante.- (Da escuma na parte esquerda). Sección B, vernizada! Barbeiro.- (Rapa a parte esquerda). (Póñense firmes o barbeiro e o/a axudante). Operación rematada, sen novidade! Axudante.- Afeitado automático, gratuíto e agasállase masaxe. (O barbeiro e o/ axudante empezan a sacudirlles pequenas labazadas. Saen todos correndo). |
3
A
NAI O Campelo de Pradeda (1º acto, 1ª escena)
Fixéchela boa!. Desta si que foi boa!. Do Reformatorio non hai
quen te libre...! Que fixeches?. Nai.
Mentirán. Viute o don Manolo!. Camp.
Desprendino para que buscara comida, alí non tiña nada que
comer...
Aparte don Araña Peluda... Para que me deixase escapar do
Pireirao!. Camp. Non querería que perdera eu a peseta...! Camp.
Que mentira contas! Eu caguei no do Guerra!. Viume o señor
Francisco, podes preguntarlle... Camp.
Si
oh!. Chovíame no cu!. Camp.
Vou!. Digo: non é
verdade o que vostede di!.
Os coxos andan!. Fago cousas como facía o Foucellas, sen estar
no sitio!. Nai.
Berrándolles burradas e correndo detrás deles...
Hoxe probas o fungueiro novo!.Pasa para a casa, coidar ao neno,
que teu pai ten que ir falar co señor cura e eu teño que facer a comida.
(Marcha).
Vémolas caras e non vemos as intencións!.
(Marcha). Antón Vilariño: O Campelo de Pradeda (1º acto, 1ª escena) |
4
A
AMA
O
Campelo de Pradeda. (2º acto, 1ª escena)
De que te acusas, filla?. Dime todo do que te acusas. Limpa a túa
alma. Pensa no inferno. Pensa, filla, pensa... ( O Campelo marcha da
escena).
Que manda?. Camp.
(Cantando). O cura maila criada ordenaron unha festa; peneiraron
a fariña ó abrigo dunha xesta... Camp.
Fun un tolo sempre!... Ama1.
Vostede non pode andar con estas cousas... Camp.
No tocante ó pendoneo, tanto ten Xan como o seu irmán. E o que
lle pique que rañe...
Onde está don Ramón?.
e dicir: eu penso e ti fas o choio... Ai, Xesús, que mangoleteira,
despois que lle freguen as cuncas,
quer que lle laven a chiculateira!. |
5
A
DISCOTECA
O Campelo de Pradeda.
(2º acto, 6ª escena) Campelo.
(Entra cantando).
Amador da Carballeira ten
un buraco no cu,
que llo fixeron os ratos, pensando que era pan cru.
Quen falou de medo habendo hospitais?.
Podes empezar,xa?. Crego.
Fala xa: Non dirás mentiras nin ocultarás verdades!. Pedro.
Iso xa o sabemos... Crego.
(Ó Sr Pedro).
Estiveches alí?. Pedro.
Faise en todos os sitios! Pedro.
Sen auga... (Ó Campelo). Veña!.
o sentarse un neles, case queda un como deitado...
Camp.
(Agarrándose o Sr Pedro).
...As parellas aprétanse ben e arrólanse como se foran bebés... Entre a
música e as luces que andan bulindo, non é nada
estraño
que se lles barra o xuízo...
(Deixa caer a cabeza sobre o ombro do Sr Pedro).
Quen viches alí?. Pedro.
Ese mozo ten feito todos os méritos para que Deus Noso Señor o
mandara a arder no inferno... Só sabe divertirse dándolle á
priva! Camp.
Iso, dígallo ó señor Pedro...
Antón
Vilariño: O Campelo de Pradeda.
(2º acto, 6ª escena) |
6
O SEÑOR PEDRO O Campelo de Pradeda (2º acto, 7ª escena) Crego.
Atópaste mal?. Pedro.
Quen son?. De onde veño?. A onde vou?.
Fai algo!. Crego.
Xa che din a bendición da súa Santidade para que nada che
falte...
Vai vir esa muller?. Crego.
Que o maten antes de que
mellore!. Perdón señor, non sei o que digo...
Requiem aeternam dona eis, Domine; et lux perpetua luceat eis... |
7
A
ARGENTINA O Campelo de Pradeda. (2º acto, 8ª escena) Argentina.
( Entra co Campelo. Diríxese
ó Crego).
Señor usted es alguien, cuyo nombre no se pero
cuya cara estoy viendo...
Que piensa el hierofanta?. Arg.
Diga que si, padrecito... Crego.
Mal cristián, xa che pedirán contas na outra vida!. Crego.
Este que vai saber... Non sabe o que fai nin fai o que sabe... Camp.
(Facendo os xestos).
Soprar e sorber non pode ser... Pedro.
Ai, ai, ai...
Puede ayudarme el chico?. |
8
A
MOTO
O Campelo de Pradeda.
Sem1.
(Entrando). ¡Roubáronlle a moto a don Ramón, roubáronlle a moto
ó cura!.
Sem2.
(Entrando). Noviña de todo, do trinque...
Sem1.
Foi o tolo do Campelo, foi o Campelo...
Sem2
Esmendrellouna na curva do Carredal...
Sem1.
Foi o Campelo, viuno o señor Pedro...
Sem2.
Deixouna escaralladiña de todo...
Sem1.
O señor Pedro xa foi avisar á Isolina...Vainas haber gordas!.
Sem2.
Aquí ven xa a nai do Campelo... (Entra
a nai).
Sem1.
O Campelo escachizou a moto do cura...
Nai.
Víchelo ti?.
Sem1.
Viuno o señor Pedro e o Manolo do Xabelo...Baixaba sen mans!.
Na curva do Carredal seguiu recto, saltou a puza e esnafrouse no valado do
Prado da Sebe.
Sem2.
Cousa como esa, dixo o Plácido...
Nai.
Desta matoo. Ide avisar ó meu home...Temos que matalo!.
Sem.1.
Van matar ó Campelo!. Van matar ó Campelo!.
Crego.
(Aparecendo). Ide pola
Garda Civil... Quero unha moto nova!.
Con menos de cen quilómetros e desfeita!. Esta si que non lla
perdono!. A facenda de crego dáa Deus e lévaa o demo!.
Nai.
Quen sebe onde está o Campelo?.
Sem2.
Ía correndo polo Curtiñeiro...
Crego.
Ten a cachola (peta na cabeza) fofa, sen nada que aproveitar entre os miolos... (Rezando)
Pasa, mala cousa, pasa; Deus bendiga a miña casa... Non
sexa o demo que se vai meter alí... ¿Quen viu a moto?
Sem1.
O guiador está no Prado do Coto,
o gardalama e a roda de diante están a vinte metros, dentro da “puza”,
o asento está no muro do Rebolo, o..
Crego.
Para, para...Traede algo para sentarme!.
Sem2.
Pois do casco non se sabe...
Pai.
Que pasou?. A quen queredes enterrar?.
Sem1.
Á moto de don Ramón!.
Sem2.
O Campelo, matouna!. (Marchan
os seminaristas).
Pai.
Xa dicía eu: ¡xuntanza de lobos, ovella morta!.
Nai.
(Ó Pai). Sabes o que fixo o teu fillo?. É un marrón, ¡un auténtico
marrón!.
Pai.
Pois o teu non é mellor: ¡dunha ovella branca, pode saír un año
negro.
Crego,
Que dis ti do negro?. Aínda que visto de lá, non coides que
son carneiro!.
Pai.
Vostede díxome que o ía educar...
Crego.
Díxome, díxome... Quen é o pai?. A min cadroume tratar en
sombreiros cando os rapaces nacen sen cabeza!. A moto hai que pagarma!.
Quero outra nova do trinque!.
Pai.
Don Ramón, nós somos pobres...¡Díxomo vostede cando fun polo do
bautizo!.
Camp.
(Entrando cun casco na
cabeza). Como quedou a moto do cura!.
Dá non sei que vela!. Desta vez non me botarán a min a culpa?.
Eu, desta vez, non fixen nadiña!. Teño “testigos”... (Ó
crego).
Don Ramón, ten a moto boa no Prado da Sebe,
Animal: saca o casco da cabeza!.
Camp.
Que mala sorte a miña! (Escapando).
Cando
chove e fai vento, sinal de mal tempo.
Nai.
(Ó Pai). Víchelo?. Un auténtico caloteiro!.
Pai.
Hai días que todo vai torcido!.
Crego.
Iso é todo o que tes que dicir?. Hoxe,mal; mañá, peor; válanos
noso Señor.
Nai,
Amén.
Pai.
O que ten cabras e fillos, non
pode estar a ben cos veciños...
Crego.
Ninguén puido levarlle o pulso á resaca...!.
Camp.
(Aparecendo na cima dunha árbore). Adeus veciños, que
vos deixo soíños!, Chímpome!.
Pai.
Pepiño, baixa que temos que ir comer a tortilla...
Nai.
Xa verás cando chegues á casa....Arrepíntete agora mesmo!.
Baixa!.
Pai.
Veña oh, que “enfría” a comida!.
Camp.
Chímpome!.
Crego.
A voar como os paxaros do ceo e as benditas ánimas do
purgatorio...
O que queira voar, que voe!.
Camp.
Chímpome!.
Nai.
Pepe, mira ben o que fas, isto xa pasa de marrón...
Camp.
Chímpome!.
Crego.
Cada un do seu cu fai un pandeiro...
Pai.
Campelo: home valente e bota de viño, pouco duran! Baixa!.
Camp.
Chímpome!.
Crego.
Un nunca se debe suicidar, por si acaso. Baixa!.
Nai.
Campelo, que cho manda túa nai...
Baixa!
Camp.
Chímpome!.
Crego.
O máis probable é que ardas no inferno para toda a eternidade.
Baixa!
Pai.
Campelo, por última vez, estase perdendo a tortilla. Baixa!.
Camp.
Aí ven a Xenoveva... Veva, sabes o que lle deixou dito o cura de
Cocidos á criada?: veña
tarde, veña cedo, déitate na
miña cama.
Ama1.
Aínda tes ganas desas trapalladas do ano da pataca. Baixa!.
Pai.
Baixas, ou subo por
ti?.
Camp.
Chímpome!. Agora ven a Emiliana... Emiliana, estou aquí....
Ama 2.
Pepiño, xa morrerás do teu tempo: aquí non has quedar, descoida!.
Camp.
Chímpome!.
Nai.
Cando os homes non poden, ¡que axuden os santos!.
Ama1.
Virgo potens.
Nai, Pai, Crego e Ama2. Ora pro nobis...
Ama1.
Virgo clemens.
Nai, Pai, Crego e Ama2. Ora pro nobis...
Ama1.
Virgo fidelis,
Nai, Pai, Crego e Ama2. Ora pro nobis...
Camp.
Alá ven o señor Pedro... Señor Pedro, ¡Adeus que me chimpo!.
Pedro.
(Entrando). ¡Campelo, cago en todos os demos do inferno!.
¡Baixa!
Cago nos curas!. Baixa!. Se vou por ti...!.
Camp.
Agora mesmo, chímpome!. Vou esperar un pouco, que ven a
Argentina...
Arg.
(Cara ó Campelo). Ojo con lo que deseas, porque puedes
conseguirlo!.
Crego.
Home papón, merece que lle canten o kirieleisón...
Arg.
(Ó crego) Usted le dará la extremaunción in artículo mortis...
Crego.
Pepiño, baixa e queimamos obras de ateos para o mellor aseo da
conciencia... Baixa, que a moto, de todas todas, tedes que pagarma!.
Camp.
Tamén ven a Pacita... Dálle recordos ó Cara e dille que non
me pode matar: Chímpome eu!.
Paz.
Campelo, hai mortos de dúas clases, aburridos e divertidos, ¿ de
cales vas ser?.
Arg.
No te pasés con el chico...
Camp.
Apartade que me chimpo!. Atención, chegan dous futuros Bispos!.
Ama 1.
Turris davídica.
Nai, Pai, Crego e Ama2. Ora pro nobis...
Ama1
Turris ebúrnea.
Nai, Pai, Crego e Ama2. Ora pro nobis...
Ama1.
Domus áurea.
Nai, Pai, Crego e Ama2. Ora pro nobis...
Sem.2.
Vale máis morrer de valente que vivir de covarde... Chímpate!.
Sem.1.
Es un cagado. Irate!.
Camp.
Ide á merda!. Eu baseo a miña conduta no libre albedrío!. Fago
o que me da a gana!. (Golpe moi forte. Aparece o Campelo).
A vida é corta e hai que aproveitala!.
Marcho para Holanda!. Se hai guerra, mantédevos á marxe!. |
9 FUTURO, FUTURO… CREGO. O futuro só debe preocuparnos porque alí é onde imos pasar o resto da vida… SR. PEPE. Sen ningunha enfermidade? CREGO. Sen ningunha! SR.PEPE. Vacinados? CREGO. De todo! SR.PEPE. Chacho…Iso vai á misa! CREGO. Así é… O tempo é algo que se está descontando da nosa vida de maneira permanente… SR.PEPE. Chacho! CREGO. El é a única cousa viva nesta terra de defuntos… SR.PEPE. Chacho! CREGO. A ilusión é unha cousa que comeza por i e se perde co tempo… SR.PEPE. Chacho! CREGO. Lembras cando comiamos vitela asada? SR. PEPE. Burricán! CREGO. Lacón con grelos…? SR. PEPE. Burricán! CREGO. Cabrito ó forno? SR. PEPE. Burricán! CREGO. Lémbraste das castañas e figos para harmonizar o menú? SR.PEPE. Chacho! CREGO. O viño da Ribeira Sacra…? SR.PEPE. Burricán! CREGO. Pero… Hai que palmar! SR.PEPE. Carallo! CREGO. Hai que procurar o futuro… Futuro, futuro! SR.PEPE. Carallo! O futuro pode esperar… CREGO. As enfermidades son malas de curar… SR.PEPE. Chacho! CREGO. Teño que marchar… E vostede… ten que descansar…! Cando teña un vagar, visitareino… SR.PEPE. Chacho! O futuro pode esperar… CREGO. Póñaseme coas contas… Que logo son moi malas de cadrar! SR. PEPE. Señor cura! O futuro pode esperar! Prometo que me vou coidar! CREGO. Á alma haina que salvar… (Marcha) SR. PEPE. Carallo se me vou coidar: o futuro pode esperar…!. Antón G. Vilariño. Futuro, futuro… (Acto I. 1ª Escena). |
10
A CHEGADA.
Nuria.
(Falando con Aitor que está
entrando). Tío, mira quen está aquí: John Dean.
Aitor.
Es ti…?
(Dálle un abrazo). Pero
se non viñas ata mañá!
Xián.
Xa ve… ¡ Mandáronme vir hoxe!
Aitor.
(A Román). Abraza a teu curmán!
Román.
Tío, ti es Dean?
Xián.
Din que si.
Román.
Chacho… Non mo pareces!
Xián.
A min tampouco… Que gracioso!
Aitor.
Moi ben. Séntate; virás cansado. Unha viaxe tan longa…
Xián.
Tampouco é para tanto… ¡un cuarto de hora!
Román.
Desde América, só che levou un cuarto de hora?
Xián.
Desde a porta a aquí…
Nuria.
Non mo recordes. Tío, xa cho contaremos. Perdoádeme un momento…
(Sae).
Aitor.
(Mirando ben a Xián). Non te pareces nada a teus pais…
Xián.
Nada?
Aitor.
Pero o que se di nada…
Xián.
Non é nada estraño. Eu son máis novo ca eles…
Aitor.
Non te pareces a ninguén da familia…
Xián.
Xa se sabe, a alimentación…
Román.
Tío, ti non comiches Cola cao?
Aitor.
É que tes uns trazos tan raros…
Xián.
Xa dicía miña nai que
ó mellor me cambiaran no
hospital…
Aitor.
Algúns cambios puido haber…
Xián.
No meu hospital, 25 demostrados… o meu, sería o Cambiazo 26…
María.
(Entrando e facéndolles
cambiar de conversa). Fálalle
inglés, Román.
Xián.
( Asustado) Para que?. Que non se moleste…
Aitor.
Non é ningunha molestia. Para ti será máis fácil… E este domínao
perfectamente… case que coma ti…
Xián.
O que é coma min, ben seguro… Si, si!
Aitor.
Xa o verás; fálalle, fálalle.
Román.
Con dificultade). You
have bene ta mi very simpatik.
María.
Que che dixo?. Que che dixo?
Xián.
Ah!, iso como non o diga el… Eu non o digo!
Román.
Jou are biutiful…
Xián.
Non; iso, non… faltar non, eh?.
Román.
Yes?
Xián.
Yes. Pero xa chega de inglés; toléame moito… non me
“laiquea” nada!
Aitor.
Pero se o falaches desde pequeno!
Xián.
Por iso, xa estou aburrido!. |
IDENTIFICACIÓN. Fran. (A Dávila que está entrando). Por favor señorita, fíxese neste cabaleiro (sinala a Xián), e dígame se o coñece… Dávila. A este señor, non o coñezo; pero a ese (sinala a Aitor), si. Aitor. (Intentando irse). Pois eu non a coñezo… teño que ir… Xián. Quieto parado, vello “caghado”! Quen é este tipo? Dávila. Don Itor… Xián. Don Itor… É don Itor?. Dávila. Si, don Itor… Fran. Este señor é don Itor? Dávila. Xa llo dixen… Xián. Don Itor Corleone? Fran. Ese, era don Victor… Xián. Logo, quen é don Itor? Dávila. Este señor… Fran. Non se repita… Xián. Que fixo? Fran. Recorde que aquí, pregunto eu… Xián. Pero as preguntas dígollas eu… Fran. Faga o favor de calar! (Á Dávila) Quen é este señor? Dávila. Xa llo dixen… Fran. Quero dicir… Que fixo? Dávila. Entre outras moitas cousas… Introduciu as plantacións en América! Fran. Este señor? Dávila. Este mesmo, si. Xián. Que plantacións? Fran. Que plantacións ían ser? Dávila. As de eucaliptos… Fran. Pero iso non é delito… Xián. Que animal… Non é delito?... Pódese acusar de modificación ambiental con resultado de cambio climático; polo tanto: mal pai, mal tío, mal cidadán… ¡Un auténtico perigo para a humanidade! Fran. Esas acusacións teño que facelas eu… Xián. Pois fágaas… Fran. Todos á comisaría!. |
11
TANIS
I O MOCOS. 1º
ACTO. 1ª
ESCENA. (Pazo Real de Sofrovia. Aparece
na escena a Xefa do Protocolo para ler un comunicado da Casa Real sobre a
maioría de idade do Príncipe). Tanis.
(Aparece moi alporizado berrando e interrumpindo á
X.P.)
Onde está o meu frac? Mordomo.
(Detrás de Tanis. Tratando
de acougalo). Vostede non pode vestir ese frac, alteza… Xa sabe que
o Real Consello acordou… Tanis.
(Berrando). ¡Impórtame un corno o que acordase o Real Consello! ¡Non
me importa nasti de plasti! Quero o meu frac de sempre ou non asistirei ao
acto… Mordomo.
Pero, alteza… Cons.
Maior.
(Entrando moi serio). Ese
frac foi retirado do uso, alteza.
É preciso que o vestiario da súa alteza sexa anovado cada pouco tempo,
iso é o que estipula a etiqueta da Real Casa. A súa alteza debe saber
amosarse á altura das circunstancias e… Tanis.
¡Basta de lerias! Dixen que quería o meu frac, ou que non haberá
cerimonia, e iso é o que hai. ¡Tacatá!. E deixade de chamarme alteza,
caráspita… ¡ Pande de carrozas desengraxadas! C.
Maior.
Como debemos chamalo, alteza? Tanis.
Chamádeme tío. Todo o mundo se chama tío. C.
Maior.
Tío, alteza? Tanis.
Tío, si, tío. C.
Maior.
Ben. Pero pense en seu pai, alteza…eeeh, señor…eeeh,tío. A súa
maxestade, que en paz descanse, non lle gustaría que a súa alteza…que
vostede… que seu tío… vestise inadecuadamente en ocasión de tanta
relevancia… Tanis.
¡¡Quero o meu frac!! C.
Maior.
(Asustado faille unha sinal
ao mordomo para que vaia polo
frac). Mordomo.
(Volta cunha camareira que
trae o frac e entrégallo a Tanis). Tanis.
(Tendo un emocionado encontro coa prenda, berra). Este é o meu frac
das cerimonias… ¡Mandarei cortarlle a cabeza a aquel que se atreva a
tocalo!. Entendido, tíos? C.
Maior.
Ehem… A pena de morte foi abolida no noso reino, alteza… señor…
tío. (Intenta saír
disimuladamente) Tanis.
Pois cortareille as mans. Capiscades? Ademais só é unha maneira
de falar. Mordomo.
(Sae da escena e volta
seguido dun barbeiro). Tanis.
(Cando ve ó barbeiro ponse a berrar). ¡Diso nada! ¡Ollo! ¡Diso
nada!, ¿eh?! ¡Ninguén se atreva a tocarme a crista! Mordomo.
Pero, alteza… Tanis.
¡E nada de alteza! Mordomo.
Pero, tío… Tanis.
(Sinalando ó barbeiro). O que se atreva sequera a
pensar en rozarme a crista, que se ateña ás consecuencias. ¡Tacatá!
Nin ó aro tampouco (Sinala a orella), por suposi.(Acoden
outros membros do Real Consello, todos moi serios, fan inclinacións ante
Tanis). C.
Interior.
Emmm, alteza, señor, a cerimonia comeza dentro de dúas horas.
Todo o mundo espera ver o príncipe
herdeiro en plenitude de forma e cun magnífico aspecto. É preciso que… Tanis.
E, tamén por suposi, non me ducharei. (Marcha) Mordomo.
(Saltando como un resorte).
A ducha tampouco, alteza? Príncipe
R.
(Sae correndo). ¡Viva!,
¡Viva!. (Marcha correndo da
escena).
(Fóra da escena dáse un gran alboroto. O mordomo, axudado
por varias persoas, trata de convencer a Tanis. Os conselleiros fan
un aparte para buscar solucións). C.
Maior.
Isto é competencia de Sanidade… C.Sanidade.
Non está suxeito ás competencias ordinarias…Hai un problema de
revisión da Constitución… C.Xustiza.
Suporía un asunto de desaforo…Mellor chegar a un acordo.
(Novamente hai discusións con Tanis fóra da escena ata que se chega a
un acordo que sae ler unha secretaria). Secretaria.
1º Este tío, ducharase por esta vez e sen que sirva de
precedente; o cal non quere dicir que non se pense duchar nunca, senón só
moi de vez en vez, e coa única finalidade de flipar e estar a gustiño na
auga…
2º Simbolicamente, deixará sen lavar a perna dereita…
3ºVestirá como lle pete en solidariedade cos colectivos
desfavorecidos.
4º Lucirá a crista pintada coa bandeira nacional: vermella,
branca e azul ultramar. Dado
en Sofrovia a (data actual). Príncipe
R.
(Correndo). ¡Viva! ¡Viva!
(Saen todos da escena). (Ante unha suposta
recepción con multitude de invitados aparece Tanis rodeado dos seus
Conselleiros. O príncipe, co seu frac roto e cheo de imprendíbeis, uns
pantalóns vaqueiros rachados, unhas bastas botas militares, brinco na
orella e crista pintada coas cores da bandeira nacional, saúda desde a
varanda) Tanis.
¡Hei. (Máis alto e saudando
co brazo). ¡¡Hei!!. (Berrando
máis e andando como fan os
cantantes de rock). ¡¡¡Heeeeeiiiii!!!...¿Que pasa tíos?. ¿Qué?...
¿De priva e de manduca pola cara á conta do menda, non?. C. Maior.
(Fai xestos moi claros a unha
orquestra para que toque. Soa unha peza moi alto). Tanis.
(Xa sentado e moi rodeado polos conselleiros saúda cos brazos e
fai ampulosos cortes de manga. Os conselleiros tápano totalmente e toma a
palabra o Conselleiro Maior). C. Maior.
…Por suposto, somos conscientes da estrañeza de todos os
presentes polo vestiario e aspecto da súa alteza, mais ten unha explicación
e nós, cumprindo coas súas precisas instrucións, queremos facérllela
saber. O frac elixido polo príncipe para esta ocasión memorable non
denota outra cousa ca súa vontade de atender con especial dedicación á
causa dos máis necesitados… (Moitos
aplausos). Tanis.
(Levántase e saúda a todos movendo a cabeza de arriba a abaixo e
sacando a lingua ao mesmo tempo). C.Maior.
(Continuando co discurso).
¿Qué dicir do amor do príncipe polo seu país?. Este amor é tan
grande, tan cumprido e tan profundo, que a súa alteza non dubidou en
ofrecer a súa cabeleira para que as cores do noso sinal de identidade máis
senlleiro estivesen sempre presentes durante a celebración no lugar máis
principal e máis notorio. Velaí como o príncipe demostra o amor que ten
polo seu país. (Aplausos
atronadores). Tanis.
(Levántase e aplaude con gran entusiasmo). C. Maior.
… Por todo isto o Consello de Rexencia de Sofrovia, seguindo os
consellos da Raíña Nai, declara maior de idade ó príncipe Estanislao e
decreta se leve a cabo, á maior brevidade a Cerimonia da Coroación
do príncipe como rei de Sofrovia. ¡Viva o príncipe Estanislao!.
¡Viva o reino de Sofrovia!. Príncipe R.
( Entra correndo). ¡Viva!
¡Viva! ¡Viva! (Marcha correndo).
(Cerimonia de coroación. Aparecen na escena os conselleiros e a Xefa de
P. con Tanis) Xefa de P.
(Faille unha gra reverencia).
¿Que nome desexades para o voso reinado, alteza? Tanis.
Tanis. Xefa de P.
Pero, alteza… Tanis.
Tío. Chamádeme tío, tíos. Xefa de P.
Pero, tío… Estanislao é un fermoso nome. Distinguido, eufónico,
inhabitual. Só houbo dous Estanislao na nosa historia, e os dous chegaron
a nós con prestixiosa auréola, un como santo varón e o outro como
eminente científico… Tanis.
Tanis. Soa ben. Tanis I de Sofrovia…
Mellor: Tanis I O Mocos… Príncipe R.
(Correndo). ¡Viva!, ¡Viva!. Todos.
¿O… Mocos? Tanis.
Si. ¿Que pasa? ¿Non
vos mola? ¿Preferiades o Valente? ¿O Sabio? ¿ O Conquistador? Bah,
babioladas . ¡Qué máis ten!. Gústame
o Mocos, amosa personalidade. Facede que a prensa empece a chamarme así.
¡Tacatá! Príncipe R.
(Correndo). ¡Viva!, ¡Viva!. Xefa de P.
¿Cómo será o vestiario, alteza… digo: tío? Tanis.
Por suposi…¡Como sempre!...Agás que no lugar das bandas, faixas
e cruces, cargarei con varios metros de cadeas… Xefa de P.
¿Podo preguntar cal é o motivo, tío? Tanis.
¡Paso de todo! ¡Paso de todo en sinal de protesta por esta
sociedade podre!. E iso por agora… Se a sociedade non cambia, son capaz
de rachar os calzóns… Príncipe R.
(Correndo). Isto merece
un… ¡Viva!. Xefa de P.
Temos un problema, tío. Tanis.
¿Qué pasa agora? Xefa de P.
Trátase da crista. Vai ser un problema particularmente complicado
colocar a coroa real sobre a vosa cabeza con esa crista de por medio, tío. Tanis.
Recaráspita, tés razón… Pero seguro que o podedes arranxar.
Buscádelle un apaño á coroa. Ou que a coroa sexa de flores. ¿Por qué
non unha de flores, coma as dos vellos hippies?.
Iso si que molaría. Flores do cemiterio, claro; ou mesmo toxos,
que é máis agresivo. Toxos con chorimas no lugar de ouro e os diamantes.
Unha coroa rústica, popular. ¿Por qué non? Xefa de P.
Señor tío, ¡non podería ser de carballo?,
sería enxebre e símbolo da fortaleza do noso reino. Tanis.
Podo transixir niso… Pero, por suposi, nada de marchas militares.
¡Quero marcha da de verdade! Quero escoitar ós Sex Pistols, ou ós Anxos
Sanguentos, ou ás Killer Barbies, ou ós Diplomáticos de Monte Alto;
alto, alto… xa está por esta vez: ¡Os Heredeiros da Crus!. Príncipe R.
¡Isto si que mola! ¡Viva! Tanis.
(Seguindo). Iso é… ¡Marcha!... Se non poden vir eles mesmos,
pinchades discos. E quero que o acto sexa aberto, que asista quen queira.
Quero ver a miña basca entre o público, e non só caretos de puretas. Xefa de P.
Pero alteza, tío…¡o acto non pode ser público!. Poriamos en
perigo a vosa seguridade. Tanis.
¿A miña seguridade? ¿E logo, quen lle pode querer facer mal a un
tipo guai coma min? C. Maior.
(Entrando). Os inimigos
do reino, señor. Tanis.
Pois invitádeos á festa, así deixarán de ser inimigos. C.Xustiza.
Non sería constitucional, tío… C.Sanidade.
Nin posible desde o punto de vista sanitario… Tanis.
Pois non hai acto… (Marcha
enfadado). Xefa de P.
Tranquilidade… Tranquilidade…
(Marcha falar con Tanis e co C. Maior. Volta para comunicar). O acto
será público, pero de acceso restrinxido e con estrita vixilancia… Tanis.
(Volvendo pensativo).
Outra cousa: o discurso. Teño que largar un discurso, non? Todos.
Así é, alteza. Tanis.
Ben. Improvisarei. Só teño que chimpar un par de birras para
animarme e sairame unha arenga chachi churri. Vou deixar a todo o
mundo flasheado. Xefa de P.
Non podedes improvisar, señor, digo tío… o discurso debe ser
preparado de antemán polo Real Consello. É o costume. Tanis.
(Ríndose forte). O Real Consello?. Esta panda de fósiles do
plistoceno? C. Maior.
É o costume, alteza. Como sabedes o Consello está composto por
economistas, sociólogos, avogados, pedagogos, científicos… ( Os
conselleiros asisten compracidos facendo
xestos), as mellores cabezas do país en cada materia. Eles elaborarán un
discurso perfecto ó gusto da súa alteza,
do pobo e dos países estranxeiros, que estarán á expectativa das
primeiras declaracións da súa
alteza… Tanis.
Entendo. Pero non importa. Serei cauto e remirado e non ofenderei a
ninguén. Todos.
(Nova discusión na que interveñen todos). Pero, pero, isto…é…é…non,
non… Xefa de P.
Tranquilidade…tranquilidade… (Fala
baixo con Tanis e cos outros). Tanis.
Está ben. Faremos unha cousa: en vez de improvisar no momento,
improvisarei antes. Escribirei eu mesmo o meu discurso e deixaréillelo
ler aos carrozóns do Consello.
Así, se algo non lles mola, pódese retocar. C. Maior.
(De mala gana). De acordo,
alteza… Tanis.
Tío, rediola, chámame tío. Ou Mocos, directamente. Que
prosmas sodes!. Síntome raro cada vez que me chamades cousas raras. C. Maior.
Perdón, tío. Cando pensa seu tío compoñer ese discurso? Tanis.
Sen problemas. Fareino agora mesmo. E sen birras. Paso das birras.
Non necesito colocarme para redactar un discurso político de altura. A
ver, ¿onde hai papiros?. ( Entra unha secretaria que lle entrega papel e bolígrafo. Tanis
escribe moi rápido en varios
folios. Os presentes míranse interrogativamente. Tanis
entrega os papeis á Xefa de P.
quen le en voz alta). Xefa de P.
Non hai futuro,
Non hai futuro,
Non hai futuro:
Condenación
O mundo é noso:
destrución,
destrución,
destrución,
Sen destrución
Non hai rexeneración.
Paisanos, colegas,
invadamos as adegas. Príncipe
R.
(Sae correndo e interrumpindo).
Viva!, Viva! (Marcha correndo). Xefa
de P.
(Segue). Se o viño non
te enche,
Birras, petas e augardente. Príncipe
R.
(Sae correndo e interrumpindo).
Viva!, Viva! (Marcha correndo). Xefa
de P.
(Segue). E bailemos sen
demora
Rock and roll a todas horas.
Non hai futuro.
Destrución, desolación.
Os vellos enganáronnos:
Non vale máis paxaro en man que cento voando.
Dime con quen andas e direiche con quen andas.
A quen madruga, nin Deus o axuda.
Se ti mesmo, así estarás seguro de que es unha merda. Príncipe R.
(Sae correndo e interrumpindo).
Isto ponse chachi ! Viva!, Viva! (Marcha
correndo). Xefa
de P.
(Segue). A imaxinación
ao poder.
Rock and roll,
rock and roll,
longa vida ao rock and roll. Todos.
(Miran para
Tanis con cara de
abraio). Tanis. Oh, só son unhas notas soltas. Son
a cerna do discurso, o miolo. Despois, unha vez na calor do acto,
coa basca alí diante… C. Maior.
Ehmmm, señor, eeeh, tío (Balbucindo),
tal vez os vosos súbditos… é dicir, non é que non lles vaia agradar o
voso discurso, mais… en fin, tal vez agradecerían
algo máis construtivo… Tanis.
Construtivo?. Oh, é moi construtivo. É
exactamente o mesmo que ti largaches
na miña festa de aniversario, pero mellor explicado. Todos. (
Amosan cada vez máis abraio). Tanis.
Está clarísimo. Trátase
de sentar as bases dun mundo novo, entendedes?.
A mensaxe é: destruamos todo o vello, o inútil, o equivocado. O
mundo é unha calamidade, a sociedade é unha desfeita, o sistema
capitalista unha ruína: inxusto,
ineficaz, devastador. Iso é o que fai que a vida sexa unha merda. Cómpre
ir pensando nunha revolución para cambiar todo isto. (O persoal de
servizo asentía coa cabeza).
A que si, eh?. Védelo? É un discurso cheo de mensaxes positivas. Os
currantes enténdeno. E vós non, porque
tedes o tarro comido polas
vosas propias miserias. Saíde á rúa e informádevos do que está
pasando. C. Maior.
Alteza, tío… Pido permiso para unha reunión urxente do Real
Consello… Tanis.
Vale, vale… Facede algo… E, por suposi, non me ducharei. Príncipe R.
(Entrando). Este é meu
irmán! Viva!
(Marchan todos). Fin
do 1º Acto. Adaptación teatral de Tanis I o Mocos de Manuel Lourenzo González, feita con autorización do autor, por Antón G. Vilariño para a Escola de Teatro do Grupo Airiños. I Acto. |