O TIL DIACRÍTICO
A NOSA TARDE Marcos Rial Lorenzo |
No interior da
casa, e fóra
dela respirábase un
aire puro. Na cociña, por
riba da encimera había
un xogo de catro taciñas de té,
dentro delas aínda quedaban restos do que fora
unha infusión de
manzanilla. No forno estábase a asar unha bola
de pan. Nos
andeis había pratos
decorados con osos roendo
ósos, nenas
recolléndose o pelo con nós... María García Ferreiro |
Cando cheguei á casa dos avós oíanse os cacarexos das polas. Entrei
na casa e miña avoa mandoume ir fóra
a axudala coa poda das árbores
que marcan o fin do noso terreo e o comezo do
da veciña do
lado, unha muller que nos
odia, que é moi maniática e moi rara. Sempre toma o té
ás cinco da
tarde. Ás veces, acompáñana dúas das súas amigas e séntanse a
murmurar na terraza. Hoxe estaban as tres. |
HOXE NON FOI UN BO DÍA Pola tarde fun a fóra cando pasaron uns amigos e decidín ir con eles ao parque. Alí comezamos a xogar ás bólas e máis tarde, todos nós xogamos ao fútbol. Pero, sen querer, mandei a pelota moi alta e quedou na póla dunha árbore. Tiven que ir collela e cando estaba a punto de alcanzala, desatóuseme o nó do zapato, piseino e caín ó chan. Deume a sensación de que rompera un óso. Deume moita rabia; se non fose tan torpe non caería no parque! Volvín á casa magoado e cando entrei, miña nai díxome: -Ven aquí, meu pequerrecho. Que te pasou? Que sustos me dás! Tranquilo, non é nada , cousas que pasan. Vós, os "rapases", e os vosos "xoghos", non podo entendervos. Por culpa dun balón puideches romperte "algho". Hai que pór máis coidado ó que fas. Púxenme o meu pixama de "Angrhy Birds" e fun cear unha das polas dos nosos veciños, Serviliano e Segismunda. As galiñas dos veciños son as que menos nos gustan a min e á miña irmá maior, Filomena. Mentres, miña nai, Escupiliscinia, bebía un té e comía unha bola de pan de cea. Agora, despois de escoitar esta anécdota, entendes porque fora un mal día. Bernal Muíños Rodríguez |
PRETO
DO MAR Cando chegaron, este revisouna e comentoulles que lle tiñan que escaiolar a á. Pero non era certo, todos estaban equivocados. A dor que sentía a pobre Malte estaba provocada por unha pequena lasca de mexillón que se lle cravara na á. Cando lla sacaron marchou a voar para reunirse cos seus parentes, que cómpre dicir, que aínda estaban durmindo. Fátima Ordóñez Muñiz |
A casa de Xoán, o “Dramón”, tén un xardín moi grande no que xogaba
coas bólas ao fútbol mentres comía unha bola de pan. Miña nai díxolle:
“cómpre un pouco de xamón e queixo, gustaríache máis”
Un día correndo rompeu un pé, fora por tropezar e esvarar no parque fóra da área de xogos Manuel Arcos Resúa |
Era un 24 de xullo. Era o día máis caloroso do ano. Facía tanta calor que ata me daba nós no estómago. Os abanicos batían coma as ás dun paxaro enfurecido. Aquel día, eu e miña familia foramos a praia de Cabío. Meu pai xa fora alí moitas veces de pequeno co meu avó a pescar. Cando iamos ao hospital, a verdade è que me entrara fame. Logo, miña nai mirou por algo de comer na neveira portátil que levaramos á praia. Encontraramos unha bola de pan e nada máis. Cousa que foi estraña debido a que miña nai non a puxera. Pero nos comémola igual. Luis Iglesias Miguéns |
A VIDA DUNHA BONECA DESGRACIADA Non son máis ca unha simple boneca de
trapo, cuxa vida consiste en facer feliz a unha nena dunha familia moi
pobre, cuxo nome é Raquel. Raquel
xoga comigo a que me pón zapatos novos nos meus pés, porque aínda
que tan só é unha rapaza de oito anos, xa sabe sabe perfectamente como
é este miserable mundo que, anos atrás, todo llo arrebatou, e máis
as
cousas que se pode permitir e máis as que non. Non sei que será de min, xa que onte
mentres ela xogaba no parque,
entretívose máis do debido, e, cando viu que o Sol se estaba a meter polo
horizonte, saíu correndo en dirección á súa “casa”, e, coas
présas
que levaba, non reparou en que eu estaba alí, debaixo dunha árbore,
observando como se alonxaba sen se acordar nin sequera da miña presenza.
Non sei o que farei agora, non sei os
lugares aos que viaxarei, ao mellor agora poida cumprir o meu soño de ver
unha desas presas que acumulan a auga, e que a tanta xente abastecen. Non o sei, só o destino sabe o que me
pasará agora, polo que deixo todo nas súas mans. Coral Romero Novoa |
O
luns pasado, despois de que me trouxeran a bola
fixen de comer. Ao acabar de comer como vivo nunha casa cerrada soltei as polas e tomei un té con sabor a canela. As cinco divisei a
meu tío desde a ventá. Meu tío viña cun amigo seu xa que ían a o bar
a botar a partida a o truco. Eu saín pola ventá e griteilles: -Manolo,
coidado coa póla. Cando llo dixen xa era demasiado tarde e Manolo o amigo de meu tío xa caera e rompera un óso, a clavícula. Levámolo ao hospital. Nós esperámolo fóra. Ao saír agradecéunolo e por último deixamos a Manolo na casa e a meu tío no bar e eu marchei para a casa Adrián
Vidal Lorenzo |
UNHA CHAMADA MORTAL
Só uns minutos máis e serían as doce da noite.
Tic, tac, tic, tac. O tempo corría e Carla tívose que
levantar para ir ó baño. Por que hoxe? Era o terceiro
domingo de mes, o día no que os mortos volvían
do seu mundo para intentar levar ós vivos. Levantouna con
coidadiño e foi paseniño. Moitos pensan que os mortos son
mortos e nada máis, pero os terceiros domingos de
mes, convértense en humanos, só que sen corpo, unha simple imaxe
borrosa. E como “humanos” séntenche: se camiñas, se respiras,
se comes... Por iso Carla ía con coidado e medo. Paso a
paso. “Por que hoxe?” seguía pensando ela. Se os días que os
mortos volven ó mundo está durmida non lle farían nada, pero
estando esperta, podíana coller e matala só con oír a
súa respiración. Xa estaba no baño. Cando rematou correu para a
habitación. Cometera un erro enorme. Por moito que correra á
habitación, se non estaba durmida, as pantasmas colleríana.
- Coometiiches... un graaande errooo...! Agooora… olvíídatee… da
túúúaa viiidaa….
- Non, non aínda.
Torceu o brazo e sen querelo fixo desaparecer as pantasmas.
Que pasara? A estrela que tiña no brazo. Era unha marca de
nacemento, pero ó parecer protexíaa dos malos espíritos. Claro!
Por iso súa nai sempre lle dixera que non tivera medo, que tiña algo que
a protexería. Xa nunca máis volvería ter medo. Alba Vicente Muñiz |
Marta
Isto é
todo o día de Marta. A rutina do día a día de Marta é
moi corrente, non é
unha nena que queira improvisar. Ela non quere vivir aventuras, ela non
quere xogar a colgarse dunha póla
é gritar como Tarzán, ela
non necesita fantasiar con outra vida, que por sinxela que sexa, gústalle
tal e como é esta que ten. Laura Losada Miguéns |
O
meu pobo.
O sábado
pasado houbo unha esmorga do meu pobo, que foi un verdadeiro desastre; nós,
os da comisión, fixemos un nó
nas pólas da árbore da praza
enganchar o cable da luz da orquestra. Moitas pombas, que aniñaban por
eses lares, quedaban prendidas no cable e rompían as ás.
Non fixemos nada ao respecto porque non nos
avisaron, e ademais a xente non quería dicilo porque
así non voaban a fóra e para atraer os turistas compre que non emigren. Entón
empezou o noso plan magnífico, comprabamos unha bola
de pan para alimentalas; durmían
no ``Albergue para pombas´´. Dentro do albergue hai unhas pólas moi arrombadas. Alí case non se podía un poñer de pé.
Os ósos das pombas cada vez estaban mellor e empezaron a marchar.
Estabamos deprimíndonos pola perda daquelas aves cando, por arte de maxia,
as pombas volveron ó albergue
e xa non volveron marchar. Lía Ordóñez Tarrío |
Pola tarde nós fomos xogar ás bólas. Non me decatei de que o nó que tiña no tenis se desatara, tropecei e, ao caer, lastimeime no pé. Logo comín unha bola de pan e deille un óso ao can. Marchamos para a casa porque era a hora do té, pero a póla dunha árbore caera enriba da miña bicicleta. Laura Romero Blanco |
UN DÍA NO BOSQUE Nós decidimos ir fóra da cidade, ao bosque. Cando nos íamos acercando xa se vían as pólas das árbores. Sorprendeunos unha cousa, varias pegadas de oso. Iso asustounos un pouco pero tomamos un té e pasounos. Cando chegou a noite tivemos que facer nós para asegurar a tenda de campaña. Para cear tomamos bolas de pan de centeo e millo con pasas. O son dos grilos relaxábanos. Cando chegou a mañá fómonos para a casa cun sorriso de orella a orella cando, de súpeto, vimos unha pola e botámonos a rir. Mario Rodríguez Tubío |