TRABALLAMOS OS VIMBIOS
|
MANUEL PAIS FERNÁNDEZ Estivemos
en Outeiro, Taragoña, falando con José Manuel Pais Fernández: 1.-
De que traballas? Agora
xa estou xubilado, pero cando traballaba fun labrador e mariñeiro. 2.-
Quen che ensinou a facer os cestos? Cantos anos tiñas? Custouche moito
aprender? Pois,
ensinoume meu pai cando tiña eu 15 anos. A verdade non me custou, foi fácil. 3.-
É difícil facelos? Non,
como xa dixen antes é bastante fácil. 4.-
Que ferramentas utilizas para facelos? Normalmente
non uso ningunha. Fágoos a man, pero cando a utilizo, uso un argadelo. 5.-
Que tipo de cesto é o teu favorito? Agora
mesmo non sei o nome, pero é un que uso para recoller as colleitas. 6.-
Necesítanse moitos vimbios para facer un cesto? Home,
eu polo menos non necesito moitos. 7.-
Que fas cos vimbios ademais de cestos? Úsoos
para atar a viña. 8.-
Algunha vez participaches nunha feira, exposición... na
que houbera que traballar cara ao público? Non,
porque tampouco son un profesional. 9.-
Vende os cestos que fabrica? Non
todos os que fago son para min. 10.-
Cal é a mellor época para apañar os vimbios? A
mellor época é o inverno. Eu sempre os apaño en decembro, e o mellor
mes. 11.-
Algunha vez lle fixeches un cesto a un famoso? Non,
nunca llo fixen a ninguén famoso. 12.-
Canto tempo tardas en facer un cesto dos máis
pequenos? E dos máis grandes? Un
pequeno unhas 2 horas e un grande 3 horas máis ou menos. 13.-
Qué é o que máis che gusta desta actividade? Que me entreteño e o tempo pásame rápido. Alba Vicente Muñiz |
MANUEL SANTIAGO CASTAÑO - Onde vive? -En Carracido, nº 2, Cordeiro no concello de Valga. -Cal é a súa profesión? -Fun mariñeiro, agora xa estou xubilado -Quen lle ensinou a facer cestos? -Ensinoume meu pai cando eu tiña 6 anos. Para min foi fácil aprender. -Que ferramentas se utilizan? -Emprego
un coitelo e un aparello que fixo meu pai (un argadelo?) nos anos
cincuenta ou sesenta. -Que tipo de cesto é o seu preferido? -O cesto de aro. -Necesítanse moitos vimbios para facer un cesto? -Fan falla arredor de 60 vimbios. -Que se pode facer cos vimbios ademais de cestos? -Pódense facer canizos ou piteiras. -Para que se usan? -O canizo úsase para achandar a terra despois de labrar e a piteira emprégase para encerrar a galiña cando está choca. -Algunha vez participou nunha feira, exposición... na que houbera que traballar cara ao público? -Si, foi unha vez que visitei un colexio para amosar aos nenos como se facían os cestos. -Vende
os cestos que fabrica? -Actualmente non, pero nos anos sesenta si vendía. -Que época é a mellor para apañar os vimbios? -No mes de novembro, o mes morto. -Ensinoulle o traballo cos vimbio a algún rapaz? -Si. -Algunha vez fixo un cesto para algún famoso? -Non. -Canto tempo lle leva facer un cesto? -O máis pequeno leva unha hora e media e o máis grande dúas e media. -Que utilidades teñen os cestos que fai? -Serven para as patacas, a herba, verdura, o millo, para apañar as uvas... -Algunha vez fixo un cesto co que se quedara? -Si. -Que é o que máis lle gusta desta actividade? -Pois pasar o tempo. É un "hobby". -Que colocaría na entrada de Rianxo? - Como mariñeiro que fun, algún monumento relacionado co mar. Rosa Santiago Garrido |
OS CESTEIROS Nome
e apelidos:
Nuria Muñiz Ordóñez. -Onde
vive? -En
Rianxo. -Cal é a súa profesión: -Estudante
da ESO. -Quen
lle ensinou a facer os cestos? -A
miña profesora que se chama Ánxela; pero meu pai e meu avó tamén
saben. -Con
cantos anos aprendeu? -Con
trece anos. -Custoulle
moito aprender? -Non,
aprendín moi rápido. -É
moi difícil facelos? -Ao
contrario, é moi fácil. -Que
ferramentas se utilizan? -Ningunha,
faise todo coas mans. -Que
tipo de cesto é o seu preferido? -Eu
podo facer cestos redondos, cadrados, triangulares ou a forma que se me
ocorra; pero o que prefiro é o redondo -Necesítanse
moitos vimbios para facer un cesto? -Non
hai un número exacto, depende de con cantos comeces, do tamaño do cesto,
da largura dos vimbios. -Que
se pode facer cos vimbios ademais de cestos? -Non
o sei. -Para
que se usan? -Para
gardar cousas ou levalas dun lado ao outro. -Algunha
vez participou nunha feira, exposición... na que houbera que traballar
cara ao público? -Non,
nunca. -Vende
os cestos que fabrica? -Non,
os que fago son para min e para a miña familia. -Que
época é a mellor para apañar os vimbios? -Non
o sei porque os que eu uso son uns diferentes que compro. -Ensinoulle
a algún rapaz a facer cestos? -Si,
a meu irmán e a miña curmá. -Algunha
vez fixo o cesto a un famoso? -Non. -Canto
tempo lle leva facer o seu cesto máis pequeno? -Entre
2 e 3 horas. -Algunha
vez fixo un cesto que lle gustara tanto que se quedara con el? -Si. -Que
é o que máis lle gusta desta actividade? -Que é entretida e a min sempre me gustaron os traballos manuais. |
Manuel
Muñiz Fernández. -En
Asados. -Mariñeiro. -Un
compañeiro da aldea que os facía dende que era pequeño. -Con
70 anos. -Non,
aprendín rápido. -É
moi difícil facelos? -Pois
a verdade e que ten a súa complicación. -Ademais
dos vimbios, un molde aínda que hai xente que os fai sen el. -O
cesto que se emprega para a herba. -Bastantes,
pero ademais depende do tamaño e grosor dos vimbios e do cesto. -Pódense
facer os canizos para alisar a terra e tamén se poden utilizar para atar
as viñas. -Utilízanse
principalmente para o transporte de alimentos. -Non. -Non,
todos os cestos que fago son para a casa. -A
mellor época é a finais de decembro. -Si,
á miña neta. -Algunha vez fixo un cesto a unha persoa moi coñecida? -Si,
a un prestixioso cardiólogo. -O
máis pequeno 8 horas porque tes que traballar moito os bordes. -Lévame
6 horas aproximadamente. -Os
pequenos para transportar os ovos, os pementos, as patacas, as cebolas, os
tomates… Os
grandes para transportar a herba. -Si,
moitas veces. -Que
te atopas entretido. -A
Rianxeira. Fátima Ordóñez Muñiz |