"O CASTAÑEIRO DE ABRIL"
Antonio M. Fraga
1.- O cirurxián do calzado Gloria Mirón Vicente & Sara Tubío Rial |
10.- De novo o castañeiro Lucía Casal Lodeiros & Irene Rey Piñeiro |
2.- O neno o can e os soldados Antía Outeiral Rodríguez |
11.- Os sabios máis sabios do mundo Antía Outeiral Rodríguez |
3.- Ar irmás Carabullo Irene Fernández Romero |
12.- Na televisión Alba Comojo Díaz |
4.- O castañeiro de abril Gloria Mirón Vicente & Sara Tubío Rial |
13.- O refinado señor Outeiro Toffik Santiago Garrido |
5.- A reprimenda María Chouza Otero |
14.- Historia dun canteiro Brais Rial Figueira |
6.- A carta Carla Pedrouzo Castro |
15.- A noite da fin do mundo Antía Outeiral Rodríguez |
7.- A filla do carpinteiro Antía Rodríguez Costas |
16.- A desgraza das Carabullo |
8.- O incendio Sabela Gey Lesende |
17.- Unha nova vida Lucía Casal Lodeiros & Irene Rey Piñeiro |
9.- O heroe Lucía Casal Lodeiros & Irene Rey Piñeiro |
|
COMENTARIO | |
1. Buto refírese ao seu lugar de traballo coma o seu «rocho». Que
significa rocho? Que outros sinónimos coñeces? 2. Na páxina 13 Buto di das tías de Baltasar que eran «as persoas máis
coreñas e forronas que xamais coñecín». Que outros sinónimos coñecen
destas palabras? 3. Na páxina 27 aparece a palabra marfallada. Cal é o significado? 4. Na páxina 137 dise: «— Agardo que si –respondeu lacónico o municipal.» Que significa lacónico? 5. Que significa ouca? 6. No textiño da contraportada dise que a aparición do Castañeiro de
Abril provocará un xiro na vida do protagonista. Como pensan que pode mudar a
vida dun neno normal e corrente coa aparición dunha figura enigmática coma
esta? 7. Por que cren que a xornalista da televisión tomou por certa, malia ser
inverosímil, a nova da caída da lúa e da fin do mundo e decidiu emitila? 8. Na páxina 102 un produtor pregúntalle á xornalista Pastora R. Caínzos,
cando ve que as tías de Baltasar queren saír pola televisión: «Non
pretenderás sacar estes ñus en antena, ou si?» Saben o que é un ñu? Que pensan que pode querer dicir
esta palabra neste contexto? 9. Como se chamaba a nai de Baltasar? 10. O pai de Baltasar diríxese ao seu fillo mediante unha carta. Escribiron
algunha vez unha carta? Por que pensan que pode ter sentido seguir a enviar cartas de papel na era
dos co-rreos electrónicos e Internet? 11. O pai de Baltasar tivo que emigrar para atopar un traballo que lle dese
cartos suficientes para pagar as súas débedas. 11.2 Que países
emigraron os galegos? 11.3 Por que
tiveron que emigrar? 11.4. Coñecen algún
neno que sexa fillo de persoas que tiveron que emigrar a Galicia? 11.5.
Por que cren que esas persoas emigraron ao noso país? 12. Na páxina 88 unha muller que observa o rebumbio montado arredor de
Baltasar e as súas premonicións leva unha cartolina na que se lía: «coidádevos
dos falsos profetas». Inves¬tigar sobre esta frase. A que fai referencia? |
13. Na páxina 141 dise «o que ten cu ten medo» e na 143 dise «que me poño a falar do xato e axiña esquezo o trato». Que queren dicir estas dúas frases feitas? Coñecen outras frases feitas? 14. Investiga sobre a cultura da castaña en Galicia. 14.1 En que zonas de Galicia hai máis castiñeiros? 14.2 De que formas se poden consumir as castañas? 14.3 Por que cando chegou a pataca de América se lle chamaba a «castaña
da terra»? 15. Vendedores de castañas, zapateiros, costureiras, canteiros… no libro
aparecen, dun xeito ou doutro, distintos vellos oficios hoxe case
desaparecidos. Que outros vellos oficios co¬ñeces? 16. Na páxina 117 menciónanse as marcas de canteiro. Investiga sobre elas
e debuxa algunhas marcas de canteiro podemos encontrar no Concello de Rianxo?. 17. No final do libro Baltasar comeza a ir á escola e aprende a ler en
braille. Que é o braille? Debuxar con puntos as vogais en braille. 17. Como se chamaba o caboverdiano compañeiro de cuarto no cargueiro onde
estaba embar¬cado o pai de Baltasar? 18. A praza onde Baltasar vende as súas figuriñas chámase Praza dos
Zoqueiros. Que é un zo¬queiro? 18.1 Na páxina 61 descríbese un paseo de Baltasar e o seu can indo cara á
praza Dos Zoqueiros, durante o cal o neno vai percibindo os distintos cheiros que
lle chegan. Escribe unha descri¬ción semellante, real ou inventada, cos sons
que se perciben indo desde a túa casa á escola. 19. Como se chamaban as tías de Baltasar? 20. Onde gardaba Baltasar o diñeiro que gañaba antes de que as súas tías
descubrisen o agocho? 21. Coñecen a alguén cego ou con algunha outra discapacidade? Pensan que a
sociedade inte¬gra ben este tipo de persoas? ·
Copia Copia un texto narrativo ·
Copia un texto descritivo ·
Copia un diálogo ( 4 intervención mínimo) Opinión persoal: ·
Gustoume
Non me gustou
Cambiaría (Adaptación do proxecto de lectura
de David Rodríguez Rodríguez. Ed. Xerais de Galicia para os alumnos de 1º de
E.S.O. do IEs Félix Muriel de Rianxo) |