UN NOVO CURSO ACADÉMICO
VISITA A LUGO O luns, 16
de Xuño, a maioría dos de 1º e algúns de 2º fomos a Lugo. Saímos do instituto as 8:30,
foron dúas longas horas de viaxe Cando
chegamos fomos ao Museo Provincial de Lugo onde nos ensinaron as cociñas
típicas da época, os instrumentos que manexaban para empregar cociñando,
reloxos de sol, lápidas auténticas encontradas e cedidas ao museo e o
que máis me gustou foron os mosaicos auténticos que tiveron que ser
completados por pinturas porque só se conservaron pequenas partes. Logo
estabamos 1ºC e 1ºA, fóra, na porta do museo porque xa viramos todo.
Como estabamos un pouco aburridos puxeron música e Carla mais eu puxémonos
a bailar. De aí a un pouco pasou un ancián delgado, calvo pero con unha
barba xigantesca. Estabamos como a 50 metros e unha amiga miña dixo en
voz baixiña, mirade a Papa Noel e o señor escoitouna e díxolle que el
non era Papa Noel. Os profes
dixéronnos que foramos a dar unha volta pola muralla e as miñas amigas e
eu fomos pola muralla. Encontramos unha máquina que poñías unha moeda
de 5 céntimos e aplanábase e na parte de detrás poñía unha imaxe da
muralla. Pero cando viñamos deime conta de que a perdera e xa non a tiña. Fomos a
comer todas ao McDonals das Termas e despois marchamos de tenda en tenda a
mirar o que había e compramos diversas cousas. Collemos o autobús e
fomos a Outeiro de Rey onde vimos a casa-museo
de Manuel María, coñecido como "Manuel das Hortas" e
ensináronnos o cemiterio, que é moi pequeno e as tumbas estaban moi
pegadas, case nin se podía andar. Despois
fomos a Guitiriz, á Casa das Palabras, onde
Alfonso Blanco nos falou do autor que recordamos no 2014 o 17 de maio, “Día
das Letras Galegas” e non mostrou diversos obxectos de Díaz Castro:
poemas, manuscritos, o gabán…. Tamén estaba a televisión gravando
para o programa “Galicia
no mundo” e dúas rapazas e dous rapaces colaboraron lendo uns
poemas de Díaz Castro. Rematadas
esta visita, puxémonos en
marcha cara a Rianxo. Pasámolo moi ben. Carlota, Carla, María,Tofik, Andrés... |
||
Natalia e Ismael eran
dous nenos que estudaban no IES Félix Muriel. |
||
O
ESQUÍO MISTERIOSO Un rapaz chamado Lois tiña un can chamado Tito . Lois un día foi a pasear con Tito polo monte e para
visitar ao seu avó. Mentres que estaba paseando Lois escoitou un ruído
entre as matogueiras e Tito comezou a ladrar moi forte. O rapaz acercouse coidadosamente a matogueira para ver
o que había detrás e atopouse cun esquío comendo unha landra. Ese ser non era normal, tiña unha pel escamuda e uns dentes afiados que parecían coitelos e o rapaz marchou asustado e foi a contarlle ao seu avó Tofik Santiago Garrido |
||
A
PICADURA Un día que
saín do autobús notei un mal presentimento. Levantei a cabeza e metéuseme
unha nespra no ollo. Freguei para que me saíra e conseguino. Cheguei a
casa e doíame moito. Comín e estiven un rato esperando a que me pasara
pero seguíame doendo.Fun a urxencias para saber o que tiña. A enfermeira
botoume un líquido laranxa para ver si tiña algo. Logo fun xunta o médico
e doume unhas gotas para que me pasara a dor. Levantoume a palpebra e vía
todo azul. Mirou tiña algo e encontroume unha picadura . Cheguei a casa
moito mais aliviada. Co pouco tempo que me quedaba e puiden estudar pero
de mala maneira porque me seguía doendo o ollo María Chouza Otero |
||
UM
DIA EM PORTUGAL Oito
e meia da manhã: FÁLTANOS SARA!
Eusebio tivo que parar para que subise a nosa tardona amiga. Recibímola
con apertas e un par de chistes sobre o que era ser tardona. Dirixímonos cara un aparcadoiro. Nós non lle viamos nada especial, pero fomos porque ía todo o mundo. Cando nos demos de conta quedamos todas coa boca aberta. Alí había un fermoso río atravesado por unha ponte de pedra. O ruído do flash non deixaba de soar, tanto por parte nosa como polo resto de turistas, pero maioritariamente nosa. Pois non vos conto cando pillamos ós soldados, sacábamos fotos (algunha sen sentido) poñiamos poses... Xa cruzaramos a ponte que había no río Lima.Unha ponte inmensa por certo. O máis curioso de todo foi que nos farois, cando pasabas debaixo delas, e soaba unha música de orquestra. E eu que pensaba que era unha orquestra de verdade...
Había alí, no outro lado do río Lima unha especie de xardín con auga limpa, roseiras, un invernadoiro... Non sei si sacaría alí unhas 150 fotos!
Unha vez a salvo no chan, todas vimos un funicular amarelo que segundo dicían
levábache como unha bala á cida O mellor momento da miña vida foi cando Antonio dixo que tíñamos dúas horas libres. Tamén teño que admitir que Valença é unha fortaleza impresionante, chea de tendas e de cafeterías para todos os gustos. Unha hora libre, e aínda así non puidemos ver todo o que había alí dentro. O que mais me gustou foi cando subimos á fortaleza e sacamos fotografías cao paisaxe de fondo. Unha auténtica marabilla. No bus o mundo fíxoseme máis pequeno. En comparación con Portugal, España parecíame demasiado visto, e non me imaxinaba volver alí tan cedo. Pero sabía que tiña que volver, aínda así, tiña ganas de regresar a Galiza. |
||
VISITA A PORTUGAL
O Luns 26 de Maio os alumnos e
alumnas de 2º ESO do IES FELIX MURIEL visitamos Portugal. Saímos do
instituto ás 08:30 da mañá e regresamos arredor das 20:30, ao longo
desta visita visitamos catro lugares. En primeiro
lugar visitamos a Ponte de Lima, un pobo precioso, alí vimos unha estatua
dun touro, “O río do esquecemento” é as estatuas dos soldados
romanos esperando a chamada do centurión desde a outra banda do río. Os
profesores deixáronos un tempo libre por se queriamos comprar algún
recordo ou para calquera outra cousa. En segundo
lugar fomos a Viana do Castelo, Subimoa ata santa Luzia, onde algúns
visitamos a igrexa e por 1
euro subías ao zimbório. Despois fomos ata a vila e fomos ata o centro
comercial que foi onde comemos é puidemos facer algunha compra. Más
tarde visitamos o casco vello. En terceiro
lugar fomos a Caminha, neste lugar só estivemos media hora, pero foi un
lugar precioso. Por último fomos á “Fortaleza”, Valença do Minho,
que para min foi un sitio pouco entretido.
lugar que para o meu pensar foi mais entretido era Viana do Castelo,
porque me encanta este tipo de zonas. Paula Iglesias Franco |
||
O ESTOXO MÁXICO BIP, BIP,
BIP... A alarma do móbil! Eran as 07:45 e entraba no instituto ás 08:00.
Preparei o almorzo mentres me peiteaba, almorcei, ducheime, vestinme,
laveime os dentes e cando mirei o reloxo... era sábado! Puf... Volvinme
a durmir e cando espertei ás 14:00 comín. Sobre as 15:00 fun á praza
onde quedara cuns amigos, pero antes de que chegaran atopeime ca miña
veciña Mariña, que chegara de Londres o día anterior, deume un estoxo
que me comprara de agasallo nunha tenda da capital inglesa. Dinlle ás
grazas, e a iso das 18:30 marchei para a casa. O domingo quedei todo o día
na casa, vendo a televisión, estudando para Historia. Vamos, o normal nun
domingo. Xa era luns pola mañá e decidín estrear o novo estoxo. As
clases pasaban lentas, cada segundo parecíame unha eternidade. Ata que
che chegou a clase de música, cando as frautas comezaron a soar pareceume
ver un bolígrafo flotando, seguro un baixón de azucre, xa que non tomara
nada en toda a mañá . As frautas seguían soando. Carme a miña mellor
amiga, tamén vía o bolígrafo. Agora xa non era eu a única que o vía!
Nese intre, un lapis tamén flotaba no aire. E así continuaban todas as
cousas do meu estoxo. Isto era moi estraño. Cando as frautas deixaron de
soar, todas as cousas do meu estoxo caeron no chan, plof... Mirei dentro
do estoxo, e nel atopábase esta nota: A quen teña o estoxo: Maxia, aquí e acolá, atopa a resposta xa, ou isto non parará. Capítulo 6... - Por hoxe deixo o libro que xa lin dous capítulos. Irene Fernández Romero |
||
O Terremoto Era un día normal na escola, un
día coma outro calquera. Estabamos na clase de Lingua, sinalando os
verbos irregulares que había nas oración da pizarra. Soou o timbre; Salomé e máis eu
baixamos ao recreo, alí xa había un montón de xente, tomando o que para
algúns sería aínda o almorzo. O timbre volveu a soar, tocaba
clase de Matemáticas; estabamos facendo ecuacións alxebraicas, cando de
súpeto o solo comezou a tremer, traendo consigo un forte estrondo, todo o
mundo se asustou, e axiña saímos para fora, cando o tremor xa rematara. Unha vez abaixo, puidemos ollar
unha paisaxe desoladora, oíanse as sereas dos camións de bombeiros de
aquí para alá. Pouco a pouco todo foi volvendo á normalidade , un par de semanas despois, xa estaba todo esquecido. Sara Tubío Rial |
||
CONTO
Levaba xa moito tempo esperando a que
chegase ese día tan especial, aquel marabilloso día no que se celebraría
o meu aniversario; poder estar todos xuntos, xogar e divertirnos. Era a miña
oportunidade de coñecer a aquela familia que estaba lonxe de min.
Non chegaba só con vela en fotos senón que quería coñecelos e intentar
pasar tempo con eles.
A noite anterior, non puiden pegar ollo ata a madrugada, Pola mañá non
houbo ninguén que dera espertarme, salvo a miña cadeliña que veume
lamber a cara.
Eran as 12 e non escoitaba ningún ruído nin a ninguén. Decidín ir á
cociña, nada, a casa estaba baleira. Entón levantei a vista cara ao
teito e alí vin unha especie de papel, parecía unha nota. Fixeime ben e
descubrín que era unha pista que indicaba onde atopar ás demais.
Estiven toda a mañá,xa nin comera,pero cando lin a última pista e abrín
a porta do xardín, alí os vin, todos os meus amigos e a miña familia
reunidos, era unha festa sorpresa!!
Case non me collía a alegría nos ollos. Paseino moi ben, oxalá se
volvera a repetir isto todos os días. Irene Rey Piñeiro |
||
A
PLANTA CURATIVA Había
unha vez un rapaz que ia polo bosque. El tiña a nai enferma e foi coller
unha planta curativa. O pai déralle as instrucións para chegar o xardín
das plantas máxicas. Tamén lle dera unha foto para que non se equivocara
de planta. O
neno ia aniñado con medo porque estaba todo moi escuro. Chegou a unha
ponte e nela había un ogro. Tiña que cruzar como fora porque súa nai
estaba enferma, e colocouse fronte ao ogro. Entón díxolle: -Señor
ogro, podo cruzar que teño que ir ao xardín das plantas máxicas para
coller unha para miña nai que está enferma. O
ogro como tamén tiña a seu pai enfermo deixouno pasar e dille: -Pero
só cunha condición , que vaias e me traias outra a min. o
neno aceptou. Chegou
a un río que había unha fada. E o rapaz tiña que cruzalo entón díxolle: -
Señora fada podo cruzar que teño que ir ao xardín das plantas máxicas
para coller unha para miña nai que está enferma. A
fada como tamén tiña a súa irmá enferma deixouno pasar pero só con
unha condición que lle collera unha para ela. O
neno aceptou. E
por fin chegou xunta as plantas máxicas, pero encontrouse con que só había
dúas plantas roxas e a azul que el necesitaba. Pois o neno ocorréuselle
como facer para pasar collendo el a planta curativa. Volveu
e deulle a fada a planta roxa. A fada desconfiaba un pouco pero aceptou.
Chegou onde estaba o ogro e deulle a planta roxa. Desconfiaba pero creuno.
O rapaz foi para a casa xunta súa nai e seu pai e colleu a planta e
deulla. O rapaz equivocárase de planta e era a roxa. A nai non se puido
curar e ao cavo duns días morreu María Chouza Otero |
||
O
LOBO GALEGO E O TESOURO
Había xa fai moito tempo, uns turistas
que ían polo Pico Muralla, cando un lobo moi delgado os atacou, tiña
pinta de ser vello pero tiña moitas enerxías, os turistas aterrorizados
baixaron a vila e preguntaron se alguén máis vira ese lobo, de súpeto
un vello saíu dunha chabola de madeira e díxolles:
-Ese é o lobo galego. Din que garda un tesouro dos celtas e só lles
deixa pasar a verdadeiros descendentes. Se o intentades outra vez dígovos
eu que non ides volver.
Os turistas guiados pola cobiza foron ata onde viran o lobo e comezaron a
buscar. D De súpeto houbo tal corremento de terra que os levou aos tres. Non se sabe nada deses turistas pero o que si se sabe e que o tesouro sigue aí, e na espera dun verdadeiro descendente celta Brais Rial Figueira |
||
A BRUXA E A PRINCESA ELFA En un pobo élfico estaban moi mal vistas as
bruxas. A princesa do pobo non o entendía e un día dicidiu ir ata un
pobo de bruxas cerca de alí. Cando chegou, encontrou a unha buxa que lle
dixo: -Ola! Es unha elfa? Aquí non se acostuma a ver elfos. A princesa contestou: -Ola, si son a Princesa Celtia, do pobo dos Elfos. Encanta de coñecerte.
Quería saber por que o meu pobo e o voso son inimigos. -Pois, se quere maxestade, pode vir á miña casa e cóntolle todo con
detalle -dixo a Bruxa. A princesa aceptou. Toda esa rivalidade empezou cando o rei Xulio traizoou
aos antepasados da Princesa Celtia. -Eu hei acabar con esta rivalidade. Grazas... Por certo, como te chamas?-
preguntou Celtia. -Chámome Ánxela- contestoulle a bruxa. -Pois espero verte canto antes- despediuse a princesa. -Adeus!!- dixo Ánxela. Uns día despois, os dous pobos uníronse. Celtia e Ánxela puideron verse e
pasar tempo xuntas, fixéronse moi amigas. Vanesa Sobradelo Mourelos |
||
Pesadelo de veciños Era unha tarde desas, das que
todos se queixan, unha tarde de domingo, cun sol que brillaba desde o alto
do ceo, todo en silencio... E eu sen ir,a praia! Estabamos en pleno verán,
e os meus mellores amigos marcharan de vacacións, estaba realmente
aburrida, ata que unha mañá, uns novos veciños chegaron á aldea, eu e
miña nai fomos a darlle a benvida. Levámoslle unha das famosas tortas da
familia. Os novos veciños eran magníficos! O pai, Henrique, a nai,
Marisol, a filla, Xiana, e o fillo Xoán. Este, que era da miña idade,
faloume desde a fiestra do seu cuarto: -Queres que che ensine a miña
nova bicicleta? É unha edición limitada que acaba de saír ao mercado. Eu aceptei. Parecíame un rapaz
anticuado, debido a súa vestimenta, parecía un rapaz na Antiga
Inglaterra. Era moi pálido, ata un pouco transparente, diría eu. Aínda
así, caíame estupendamente. Sacou a súa bici do garaxe,
mentres eu tomaba unhas galletas con Marisol. Xoán chamábame dende a rúa,
levanteime educadamente: -Moitas grazas por esta
merendola, vou onda Xoán. Cando cheguei xunto el, tiña nas
súas mans unha bicicleta tan antiga que semellaba sacada dun museo. En
canto Xoán subiu nela, esta empezou a elevarse do chan. A súa face viuse
tinguida dunha cor escura que non conseguín distinguir; da súa boca
comezaron a emerxer dous cairos, o seu corpo cubríase agora cun manto de
cor vermella, que semellaba o sangue esvarando por todo o seu corpo.
Henrique, Marisol e Xiana saíron pola porta, hipnotizados pola lúa,
comezaron a facer todo tipo de cousas estrañas. Todos se acercaban cada
vez máis a min, empecei a suar, tiña ganas de gritar, por máis que o
intentara non era capaz, estaba muda! Oxalá todo acabara rápi... -AHHHHHH!!!!!!! Espertei do meu pesadelo. QUE
PESADELO DE VECIÑOS! Irene Fernández Romero |
||
MONÓLOGO
Escoito o ruído da porta e o meu corpo
comeza a tremer,que será desta vez?que fixen mal?quizais xa non me quere
coma o primeiro día nos que nos coñecemos,ao mellor namorouse doutra e
esqueceuse de min.
Hoxe chegou do traballo cunhas copas de máis e cun olor de perfume de
muller.
O primeiro que dixo cando abriu a porta foi:
-Dáme a cea e quítate do medio. Púxenlle a comida encima da mesa coas bágoas nos ollos,e díxenlle: “Vou para a cama”. Unha vez máis agarroume e non me deixou ir Ainara Romero Alcalde |
||
Cóntase que xa fai uns anos, en Rianxo,vivía un rapaz
ao que lle encantaba a fantasía, sobre todo aquela historia da cidade
fundida, coñecida como a Atlántida. Un día ese rapaz foi paseando pola beira do mar tan
tranquilamente ata que notou algo raro que lle tocaba no pé, era unha
botella de vidro que parecía que tiña algo dentro. Harol, que ese era o
nome do noso protagonista, era
moi aventureiro e decidiu abrilo e ler o que poñía. O contido da botella
resultou un mapa que xustamente conducía á cidade perdida. O rapaz cando
chegou á casa contoullo todo a seus pais, pero non o creron e marchou
tristeiro para a súa habitación. Pasou un
tempo e o rapaz xa estaba cansado, entón decidiu que pola noite se
escaparía a buscalo sitio. Así o fixo, e un día chegou á praia cos equipos de
mergullarse e alá foi. Na primeira inmersión non conseguiu nada, pero non
deixou de intentalo. Estivo ata a 8 horas metido no mar. Cando estaba pasando polo medio dunha gran pedra,
sorprendeuno unha quenlla que o agarrou. A quenlla era un gardián
que estaba de patrulla e, cando o veu tomouno coma un intruso. Irene Rey Piñeiro |
||
A
vendedora de mistos Había unha vez unha rapaz que vendía
mistos para poder comer e quentarse un pouco. Unha noite a rapaza acendeu tres mistos. A rapaza decidiu acender outro e pensou
nunha gran cea, e, como a primeira vez, apareceu unha mesa con toda clase
de alimentos. Do terceiro, pensou en ter unha gran
familia e, ao soprar, un home alto e elegante e unha muller con refinados
modais apareceron diante dos seus ollos. A
rapaza xa tiña todo o que quería, non necesitaba nada máis Carla Pedrouzo Castro |
||
Unha
traxedia inesperada Había unha vez unha rapaza duns longos
cabelos negros e enguedellados. Aquela rapaza era Laura, a sobriña da
curmá da irmá da miña avoa. Ela coma todos os días, sae a comprar.
Ao saír de alí tropezou con Raúl, o neto do sobriño do carniceiro. Raúl e Laura non se coñecían de nada,
pero iso cambiou. -Estás ben?- preguntou histérico Raúl -Si, non pasa nada.- respondeu Laura. Cando Laura chegou á casa, a súa avoa
Maruxa preguntoulle: -E onde vai a manteiga? Laura botou as mans á cabeza e foi
mercar a manteiga. Cando se dispoñía a entrar, as portas
pecháronse e ela quedou atrapada Todos abraiados chamaron á policía e ás
ambulancias. Laura abriu os ollos, non sabía onde
estaba… mirou ao fronte. Era
Raúl. E...matouna. Carlota Rial Ordóñez |
||
MONÓLOGO
Xa está ben, non aguanto máis. Casei nova, queriámonos moito e eramos
moi felices. Cando naceu a nena, el colleu quince días libres para estar
connosco, pero agora que xa ten catro anos xa non quere pasar tempo con
ela. Todas as noites marcha ao bar, pero se eu quero ir dar unha volta ou
comprar soa dime que son unha mala nai e que teño que atender e coidar da
miña filla.
Un día, cando lle dixen que tiña que saír coa miña irmá ao médico díxome
que non, que non podía desatender á nosa filla. Mentres el me gritaba e
me lanzaba á cara pratos e os restantes cubertos que se atopaban na cociña,
decidín poñer unha orde de afastamento e divorciarme dese home que tanto
mal me fixera. Mentres el durmía saín coa nena e non volvín máis a esa
casa. Agora vivo feliz nun pequeno pobo e sei que divorciarme foi a mellor
decisión que podía tomar. O único que espero e que ese home non volva a
facer dano a ninguén Yolanda Peneireiro Aido |
||
ELECTRONICAMENTE
FARTA Onte tiña que
pasar unha táboa dun traballo ao ordenador. Cando calquei co rato no menú
para inserir a táboa, boqueóuseme o o programa e tiver que reiniciar de
novo sen poder gardalos datos e comezar de novo. Desta vez conseguín
inserir a táboa, pero foime imposible escribir nas celas, polo que pechei
o programa sen gardar. Xa farta, volvín
abrir o programa, pero o que me apareceu na pantaia foi unha xanela que me
pedía a palabra clave para poder utilizar as aplicacións do equipo.
Probei con todas as contrasinais que souben, mais ningunha foi a acertada. Apaguei o
equipo ao bruto, cortando a fonte de alimentación eléctrica (desenchufándoo).
Non aturaba máis, polo que fixen o traballo noutro ordenador. Semanas máis
tarde levamos o ordenador a arranxar. Toda esa leria tecnolóxica fora por
un minúsculo problema de virus no disco de arrincar. Aida Barros Ces |
||
MOSQUITO MUTANTE Levaba toda a tarde procurando
facer aquel complexo crebacabezas, e por fin, tras longas horas de
traballo, dispoñíame a poñer a última peza. Miña nai estaba sentada
vendo a televisión. Xirei a cabeza e vin como o sorriso de miña nai se
esvaía. Asustado pregunteille o que pasaba, pero ela non dicía nada.
Quedaba calada mirando sorprendida e á vez asustada a tele. Senteime ó
seu carón e mireina con ela. Tamén quedei sorprendido ó ver o que dicían.
Ó parecer, acababan de descubrir un novo insecto que pululaba por todo o
país. Falaban cun científico, o cal aseguraba que o problema era
irrelevante a pesar das sospeitas sobre os nocivos efectos da súa
picadura. O insecto era un conxénere do mosquito. Segundo as investigacións,
emerxera das profundidades submarinas. Producirase unha mutación pola
contaminación, co cal ían prohibir calquera tipo de contaminación por mínima
que esta fose. Eu tamén quedei sorprendido coa noticia. Agora só nos
quedaba agardar. Alba Vicente Muñiz |
||
“MEMORIAS
DUN NENO LABREGO” Foi unha obra realmente imprevista, na que en medio da historia, o monologuista introducía opinións actuais, retallos de como se daría agora esa situación. Cándido Pazó, o monologuista que representou esta obra sobre un famoso libro de Xosé Neira Vilas,parecía realizar a representación apaixonadamente, aínda que parou contadas veces para agradecer o silencio do público. Neses pequenos intermedios, Pazó dicía: -É que hai veces que parece que teño que parar e calar, pois este silencio faime sentir que estou só no auditorio. Non podo dicir moito máis, pois non lin este libro sobre a historia de Balbino, mais podo asegurar que esta obra cambiou as miñas expectativas sobre el. Aida Barros Ces |
||
MEMORIAS DUN NENO LABREGO Onte fixemos unha saída ao auditorio municipal, no que nos representou unha obra de teatro Cándido Pazó sobre o libro de “Memorias dun Neno Labrego”. Estivo interesante facer esa saída porque estaba programada debido a que era a semana cultural, e tamén foron rapaces do colexio Castelao e de Asados. A representación estivo interesante, aínda que era un pouco triste porque contaba a vida de Balbino, un rapaz pobre que vivía na aldea e tiña que aguantar como Manoliño, o fillo do señor das terras, e máis xente superior a eles se aprobeitaba da súa pobreza e mandaba sobre eles. Contou resumida a historia da vida de Balbino, que no libro está relatada por el, e incluíu opinións persoais na representación. Gustoume porque estivo ben, pero podíase facer algo aburrida e difícil de entender debido a que contaba distintas historias do protagonista, que estaban entrelazadas entre si, pero que non se situaban no mesmo tempo, e ademais Cándido Pazó incluía comentarios sobre a obra mentres a contaba. Laura García Moares |
||
MEMORIAS DUN NENO LABREGO Onte, xoves día 10 de abril, fomos ver unha obra de teatro. O actor, Cándido Pazó, fixo unha actuación moi boa. Metíase por completo na súa personaxe. Contábanos a historia dun rapaz chamado Balbino, e como encontraba unha caixa e a escondía. Con só terra, un porrón, un libro, unha cadeira e unha superficie onde poñer unhas imaxes, creaba outro mundo no que transcorría a historia de Balbino. Aínda que interesante, era un pouco aburrida. Entre risas e bromas, comentábamos a posible loucura de Cándido pola súa actuación. Alba Vicente Muñiz |
||
"PIZZAS DE MORTE" Era domingo pola mañá, un
domingo coma outro calquera, saín á rúa con meu pai a mercar o xornal e
unha barra de pan, cando volvíamos para a casa, crucei sen mirar. Deime
conta cando xa me atopaba no medio da estrada, xirei a cabeza, puiden
observar unha moto dirixíndose a min (a uns 80km/h), cada vez estaba máis
preto,mentres que eu, paralizada polo pánico permanecía alí,inmóbil.
Cando a moto xa estaba a dous palmos de min, freou, en seco, en poucos
segundos vin como pasaba por diante dos meus ollos toda a miña vida. Meu pai veu correndo cara a min,
e axudoume a erguerme, pois aínda estaba conmocionada polo sucedido; unha
muller non paraba de gritar dende a fiestra coma unha tola. A pesar da
conmoción puiden recoñecer un cheiro moi agradable, parei a
pensar, e decateime de que cheiraba a pizza; o home que me atropelara era
un repartidor de pizzas. A miña cabeza era como un gran
tambor, non oía outra cousa que non fosen berros entre meu pai e o
repartidor. Logrei abrir os ollos. Todo era moi estraño, eu estaba alí,
tirada no chan rodeada de curiosos que se achegaran ao lugar para ollar o
acontecido. De alí a un pouco erguinme, xa
non tiña a ninguén ao meu redor, mirei para a dereita, para a miña
sorpresa meu pai estaba tirado no chan rodeado dun charco de sangue, a
muller que horas antes gritaba dende a fiestra, agora estaba tirada sobre
ela sen moverse. Todo aquilo era moi estraño. Busquei ao repartidor, pero
non o atopei, no seu lugar estaba a súa moto cun cartel que poñía: “Estas pizzas están de
morte”. Ollei ao repartidor, pero era
coma se a súa roupa estivese sobre o aire, sen corpo que a suxeitase;
estaba moi asustada, intentei levantarme (non o logrei); tentei gritar,
pero non puiden, pechei os ollos… Cando os abrín de novo… estaba
alí… no meu cuarto… meus pais e irmáns rodeándome. Todo aquilo fora
un soño! Sara Tubío Rial |
||
O REPARTIDOR Unha
noite cando ía repartir a última pizza da noite, unha rapaza meteuse no
medio da estrada para coller a súa cometa que caera cando parou o vento.
Cando a vin ben, a miña moto deu unha xirada brusca case ao seu
lado. A nena asustada foi chorando xunta seu pai que estaba na beirarrúa.
O pai veu xunta min e empezoume a gritar: “Desgraciado, non ves por onde
andas?.”, “Vou chamar á policía” ; “ Case levas por diante a miña
filla, non a viches?”.
Unha muller que había nunha ventá díxolle ao home : “ O
repartidor non tivo a culpa porque había moita néboa e non se vía nada,
a culpa e de vostede por non ver que a súa filla se metía no medio da
estrada mentres que falabas polo móbil”. O home non lle fixo caso a
muller e chamou á policía.
Cando veu a policía explicámoslle o malentendido. Cada un dixo a
súa versión da historia e déronse conta que tiña eu razón. Falaron co
pai, supoño que sobre como atender e coidar ben aos fillos; mentres tanto
eu pedinlle perdón á nena e ela a min por meterse no medio.
Ao final deixáronme marchar e, aínda que tarde, levei a pizza ao
seu destino. |
||
A DISPUTA Belinda estaba
esperando ao seu pai para que a levara no coche ao concerto de Nirvana . Cando a rapaza
veu a o seu pai aparcado ao outro lado do cruce , intentou cruzar e por
pouco un repartidor de pizzas que ía cun pouco de présa case a atropela. O pai ao ver
tal suceso, chamoulle a atención. Ao repartidor non lle gustou nada xa
que el lle botaba a culpa á rapaza por non ir por un paso de peóns e por
non mirar aos lados antes de cruzar . Aquelo fixo
que o pai da rapaza se cabreara aínda máis . A largando así máis a
disputa. Unha señora
que estaba asomada a súa fiestra lendo un libro , veu todo o sucedido. Farta de todos
os seus gritos . Gritoulles ``Calade dunha maldita vez. Estou farta de
todos os vosos gritos sen sentido, sodes peores cós rapaces pequenos ,
deixade xa esa discusión absurda ou marchade con ela a outra parte.´´ O pai e o
repartidor avergoñados calaron . O pai de
Belinda mirou o reloxo, ao ver o tarde que se lle fixera, colleu a Belinda
e marcharon para o concerto no coche. O repartidor
seguiu o seu camiño aínda con máis présa xa que a el tamén se lle
fixera tarde. E así a señora volveu a ter tranquilidade para seguir coa súa lectura xunta á fiestra Noemí Ríos Lorenzo |
||
UN MISTERIO PROFUNDO Nunha encrucillada de rúas nunha
cidade, unha muller morreu ao dar a luz, deixando ao seu home coa filla ao
cargo. Dende que a muller morreu, hai unha señora maior asomada a fiestra
cada mañá. Ela era unha veciña nova da cidade, ninguén sabía de onde
procedía nin como se chamaba, porque, esta señora, non acostumaba falar
coa xente e sempre estaba soa, parecía non ter familia. Un domingo pola
mañá, o pai e a filla foron a mercar pescado á praza, e, o home
decatouse de que alguén os estaba seguindo. Deuse a volta pero non viu a
ninguén. Seguiu camiñando. Ao chegar á praza viron á señora da
fiestra e botoulle un sorriso. O home marabillado por aquel momento, foise
para a casa coa pequena. Xa a noitiña, o home non sabía que preparar
para cear e decidiu pedir unha pizza. Pasadas dúas horas o repartidor
inda non aparecera por alí e decidiu saír a fora a mirar se o vía.
Pensou que ao ser unha encrucillada de rúas nunha cidade, se perdera. No
manto escuro da noite, o home foi a curva máis perigosa de por alí e o
repartidor ao virar ca moto case atropela a nena. O pai présa do pánico
daquel momento, chamoulle a atención ao repartidor e iniciouse unha
pequena discusión. Mentres discutían a nena quedou sentada nun banco e,
cando o pai quería ver si a nena estaba ben, veu que non estaba. A nena
desapareceu, e con ela a señora da fiestra. Ninguén puido nunca
encontrar a nena nin a señora. Carla Pedrouzo Castro |
||
HISTORIA
1
Na actualidade, un domingo pola mañá, na cidade,asomeime a ventá e vin
a un repartidor de pizzas. Este repartidor ía moi rápido. Polo outro
lado vin a un home e a súa filla. O repartidor ía a aparcar e, sen
decatarse, case atropela a nena. O pai chamoulle a atención. O repartidor
dicíalle que non tiña culpa. Pero o pai negouse a marchar sen unha
desculpa. Mais tarde o repartidor de pizzas non tivo outra opción que
pedirlle perdón. O outro día fun a cidade con meu pai a comprarlle o regalo a miña nai. Fun a unha tenda de zapatos e vin uns perfectos para mamá, entón eu compreillos. Ao saír fixeime que había un repartidor de pizzas. Non lle fixen moito caso. Eu seguía andando pero, o repartidor, case me atropela. Meu pai enfadouse co home. O repartidor era moi agresivo e deulle unha patada a meu pai, pero, de súpeto, apareceu o verdadeiro repartidor de pizzas correndo pola estrada. O repartidor de pizzas era en realidade un ladrón. Papá agarrouno, pero o ladrón conseguiu fuxir e, por riba, colleu o regalo de miña nai. Meu pai non traía máis cartos, así que non tivemos outra opción que marchar para a casa María Chouza Otero |
||
Era Domingo pola mañá, ían pola rúa un home e a súa filla, mentres
desde unha ventá dun piso daquela encrucillada de rúas, unha señora comía
un bolo e observábaos con atención .
O pai e mais filla ían cruzar a rúa, cando un repartidor de pizza case
atropella a nena, o pai empeza a berrarlle dicindo que case
atropela a súa filla a discusión, mentres a discusión era observada
pola muller da ventá que tiña unha risa malévola. A nena triste por
velos discutir, empeza a chorar para que paren, e conségueo. Os tres
adultos miran á nena sorprendidos e pregúntanlle que lle pasa. A rapaza
aínda con bágoas, responde que non lle gusta que entean a pelexar e os
adultos fan as paces e despídense.. Sabela Gey Lesende |
||
O domingo pola mañá, aí contra a hora de comer fun regar as plantas que
teño colgadas da ventá, cando de súpeto escoitei un gran ruído que
proviña da encrucillada que había fronte a casa onde eu vivía.
Alí vin como unha rapaza ía saltando pola rúa xunto co seu pai. Cando
me decatei, a neniña xa estaba moi afastada e lista para cruzar o
paso de cebra. Nese mesmo intre apareceu un repartidor de pizzas que viña
a toda présa.
Xirou na encrucillada e se non fose pola rápida actuación dun vello
policía que puido rescatar a nena, a pobre rapaza sería
atropelada.
Cando o pai se deu conta do que pasara, botou a socorrer a súa filla.
De tan enfadado que estaba empezou a pelexar co repartidor, e a
estamparlle as pizzas en toda a cara, o rapaz tamén respondeu a agresión..Tan
farta estaba eu de velos que decidín coller a vasoira e
darlle cadansúa vareada, só así acabaría o conflito.
Así foi, en 2 min estaba todo amañado e eu feliz da miña actuación.
Logo inviteinos a todos a un chocolate con churros. Irene Rey Piñeiro |
||
UNHA GRAN DISPUTA
Un
home chamado Xoán, que estaba separado da súa muller dende hai xa cinco
anos, tiña una filla chamada Silvia, a cal vivía con el.
Un día a súa filla Silvia tiña moitas ganas de comer pizza. O seu
pai, un domingo pola mañá, chamou ao pizzeiro. Silvia baixou
á rúa e esperouno nun encrucillado de rúas.
O pizzeiro case atropela a silvia. o seu pai chámalle á atención
e comezan unha discusión, a cal remata cunha pelea e no xulgado.
Unha muller, sempre moi atenta á ventá, estaba vendo todo o ocurrido.
Cando o pizzeiro, silvia e Xoán foron ao xulgado atoparon alí á muller. Naquel
momento os tres pensaron o
mesmo: XA NON PODÍAN
MENTIR!. A aquela muller vírao todo e estaba alí de testemuña dos
feitos. Antía Rodríguez Costas |
||
A
DISCUSIÓN
O pasado domingo pola mañá un pizzero iba levar unha pizza cando nunha
curva se lle cruzou unha nena e case a atropela. O pai da nena veuno e
foille berrar ao pizzero, pero unha señora que estaba asomada á fiestra
baixou a calle e explicoulle como fora e que a culpa non fora do pizzero
sinon que da rapaza que cruzara sen mirar. O pai seguía afirmando que a
rapaza cruzara mirando pero o pizzero e a vella dicían que non. A rapaza
afirmou que cruzara sen mirar e o pai, moi avergonzado, pediulles perdón
e marchou ca súa filla para a casa. O pizzero seguiu co seu reparto e a
señora foise facer a comida. Sergio Castaño Maneiro |
||
Estaba eu coa miña filla paseando e cando chegamos a un cruce un
motorista imprudente de "Dominos Pizzas" case atropela a miña
filla, eu cabreado fun onda el e empecei a discutir como un tolo, ao non
chegar a nada pegueille un lapote que o tirou ao chan.Ao final non paramos
de pelexar así que unha muller que estaba pola ventá mirando chamou á
Garda Civil.
No xuízo, a muller testificou contra o motorista e caéronlle dúas
semanas de traballos comunitarios, así que estou contento xa que gañei e
miña filla estaba san e salva. Brais Rial Figueira |
||
Un
domingo pola mañá, un pai e unha filla estaban camiñando polas beirarrúas
da cidade e ao chegar a unhas encrucillada, un repartidor de pizzas, ao
virar coa moto, houbo de atropelar á rapaza.
O pai ao ver isto chamoulle “as de cristo” ao repartidor de
pizzas e comezaron a discutir. O pai veu que lle estaba faltando o
respecto e pegoulle un croque e este partiulle a man cun pau de
ferro.
Unha señora que nese momento estaba asomada a unha fiestra púxose a ver
a pelexa. Como veu que comezaba a poñerse moi feo decidiu chamar a policía. Cando chegou a policía, o pai explicoulle todo o que pasara e o repartidor de pizzas tivo que pagarlle os danos e pedirlle perdón Tofik Santiago Garrido |
||
UN
SOÑO POR UN SUSTO Nunha
vila de Santiago, aquela tan estraña que visitara o ano pasado cando fora
ao aniversario de Sandra (aquela rapaza que estaba no feirón mariñeiro
de Rianxo), pois esta vez tiven que ir alí porque cerca estaba a casa dun
curmán (moi lonxano) meu que nin sequera coñecía. Cando vin pensei que
podería ser meu tío porque era moi alto e simulaba ter entre 30 e 35
anos de idade; pero cando llo preguntei díxome que se chamaba Mark e que
tiña 21 anos, que
era de Irlanda e o seu pai morrera nunha accidente dun avión no que
ía de pasaxeiro.
Eu, ao mesmo tempo no que me contaba todo isto, estaba pensando en que tiña
unha vida moi marabillosa grazas a que tiña aos meus pais que me querían
moito e logo estaba Odette, a miña cadeliña pequena.
Ben, seguirei contando o que me dixo.
Mark non tiña nai porque morrera no parto así que só lle quedara o seu
pai de familia. Cando seu pai morreu, el só tiña 15 anos e tivo que
buscarse a vida. Decidiu ir a Santiago porque lle comentara seu pai, así
de pasada, que tiña familia alí. Mark tamén me dixo que lle parecera
moi difícil iso de sacar moito diñeiro para marcharse de Irlanda e vir
ata Santiago que estaba na outra punto do mundo,coma quen di. Pero que
finalmente o conseguira e tamén conseguiu un traballo de repartidor de
pizzas.
Inda que só coñecía a Mark de fai 1 hora e 30 minutos.Cando baixei para
ir con miña nai para o coche deime conta de que había unha muller que
non me paraba de mirar asomada a fiestra, enfadeime moito porque non me
gustaba ser o centro de atención. Meu pai díxome que non lle dixera nada
porque non estaba ben ver a unha rapaza de 13 anos berrándolle a unha señora
maior, asíi que calei e subín ao coche. Cando chegamos a Rianxo tiña gañas
de comer unha pizza polo que chamamos a telepizza e veunos o repartidor a
domicilio que tiña unha chapiña que poñía que se chamaba Raúl,
pareceume igualiño que Mark. Cando saín á rúa porque tiña que sacar o
lixo, ese tal Raúl, que era igualiño a meu primo Mark, atropeloume,coa
moto. Non notaba nada. Espertei no
hospital. Veu o médico, que se chamaba Lois, pero era igual que Mark. Eu
dicíallo a miña nai pero ela, que non. Sentíame tan mal e non era polo
golpe senón que era por que ninguén me cría, nin a miña propia nai.Xa
estaba na casa e veu Sandra a visitarme co seu pai e cando mirei por
primeira vez a súa cara dinme conta
de que era igual que Mark. De súpeto espertei. Todo era un soño. O que
pasa e que entrou un rapaz e… era igual que Mark. |
||
UN
DOMINGO POLA MAÑÁ Un día encontrei traballo nunha cidade moi similar á que vivía eu cando era pequeno. O traballo era de repartidor de pizzas,4/4/14.
O primeiro día de traballo tiven que ir levar unha pizza a unha
encrucillada de rúas. Preto da encrucillada de rúas había un home coa súa filla pequena. Ela estaba xogando cunha pelota e escapóuselle para debaixo dunha furgoneta. O seu pai estaba tomando un cafe e non se enterou, así qe baixei da moto e funa axudar. Ela estaba diante da miña moto, eu esquecérame de frear a moto antes de baixar. Case atropelo á pobre nena. O pai veu onda a min e chamoume a atención. , Unha señora que estaba asomada á fiestra tamén me estivo insultando e berrando Alejandra Lojo Arias |
||
CONTO DE ABRIL
Todos os problemas que recordo, sempre, sempre me axudou a
resolvelos miña avoa. Todas as dúbidas que tiña, alí estaba ela. Non
sei como con tantos anos lle acordan tantos refráns, ditos... Bueno, xa
se di que os vellos son a sabedoría. Cando tiven que
facer un traballo diso, ela proporcionoume todos os refráns. Moitas veces
non sabía o que significado, pero miña avoa explicábamos. Cando estaba
chegando a Pascua pregunteille: -Que significa
“O día de Ramos leva os teus panos, o da Paixón ou os lavarás ou
non”. -O día de
Ramos poderás secalos panos porque non choverá, pero no da Paixón pode
que chova ou non. -Seguro? -Seguro. -E o refrán de
“Solla en abril, abre a man e déixaa ir”? -Mmmmm... deixa
que pense... xa me acordo. En abril as sollas son pequenas, son crías,
polo que non se pescan neste mes. E así numerosas veces. Que sorte teño de que sexa miña avoa! Aida Barros Ces |
||
O REPARTIDOR DE PIZZAS Un repartidor de pizzas ía un mércores á hora e comer a un edificio nas aforas da cidade porque tiña que entregar unha pizza no piso 147. Un par de pisos antes escoita unha discusión acalorada e pouco despois un grito. Ve como sae un home pola porta, deixando un rastro de terra. O repartidor teméndose o peor mira dentro e ve a unha rapaza desangrándose por un disparo. O repartidor chama rapidamente a unha ambulancia e tamén á policía. A rapaza conseguiu salvarse grazas ao repartidor. Tamén se atrapou ao home que a intentou matar. Grazas ao repartidor de pizzas todos se salvaron, pero el acabou despedido por non entregar a pizza no edificio do disparo. Ao saber que o despediran, non sabía que facer Entón, colleu unha corda e atouna, despois duns segundos dándolle voltas pensou que era mellor suicidarse, e fíxoo. Lucía Casal Lodeiros |
||
CONTO DE MARZO
Unha rapaza atópase mirando pola xanela,
seguindo coas puntas dos dedos o camiño das pingas de auga. A súa avoa
está nunha cadeira, tecendo uns pequenos calcetíns dun azul ceo ao carón
do lar. A nena suspira e di con voz de aburrimento:
-Vaia
tempo que nos toca, polo menos se nos tocase un pouco de sol...
-Ai miña nena... -di a avoa sorrindo- xa sabes que sol en marzo mete a
dama no pazo.
-Xa o sei, pero mellor que este tempo de tolos. Hoxe chove, mañá venta,
para o fin de semana escampa e quédase un pouco nubrado...
-Marzo marzadas, vento frío, sol e saraibadas.
-Oxalá no meu aniversario faga bo tempo. Para maio pode que sexa así,
non? -di a rapaza cunha raiola de esperanza nos ollos.
-Pois... -a avoa quédase en branco e mira a rapaza, a cal lle devolve a
mirada, apremándoa a que responda- Pois, como ben di o refrán “Marzo
ventoso e abril furioso, poñen ao maio florido e fermoso”.
-En serio avoa! É posible que cambie para bo o tempo?
-Si miña filla... o tempo cambia moito. O amigo e o tempo, múdanse co
vento.
-Que ben! Grazas avoa! -a nena levántase do seu asento e dálle unha gran
aperta á avoa e bísballe ao ouvido- Por certo... teño que contarche
algo sobre unha amiga da escola...
-Xa me estades a fartar de tanto secretismo! -a nai entra pola porta e
deixa no chan as bolsas da compra- Veña Raquel, que xa vai sendo hora de
que fagas os deberes! -dito isto colle as bolsas de novo e sae pola porta
para preparala cea.
Raquel érguese e diríxese á porta do salón, dáse a volta e dille á súa
avoa:
-Cóntocho logo vale -chíscalle un ollo á súa avoa e esta asinte cun
sorriso nos seus finos beizos. Raquel dáse a volta cun amplo sorriso nos
beizos e sobe as escaleiras entre risas nerviosas. |
||
Bous
no mar
O
sol loce
Luces
de cores
Imaxes
belas
*** **** *** Se o día é triste
ou
as cousas saen mal,
respira fondo,
repara
nas cousas boas,
inda que non cho pareza,
recorda
que podes...
*** **** ***
Corazón.
Alma.
Rostro.
Alegría.
Alejandra |
Labios vermellos
Pel
brancacoma o sangue. como neve do inverno; coma o mar en calma Sabela Gey & Alejandra Lojo |
A
túa alma é a
Miña
Íntima
conpañeira
Gran
Amiga
Sen ti non sería nada
Sara Rial & Gloria Mirón & Irene Fernández |
Lista
útile
moi boa
cariñosa
coma un anxo,
intelixente
amiga
loitadora.
Irene
literatura
inspiración
bo
amigo
revolucionario
orixinal
Lucía |
|
Estudar
sen parar
sempre
a traballar
ter
que rematar
unir
palabras sen alma
dame
sono.
acórdame
dunha cousa:
rematar
rápido para ir xogar
Gadea |
Hoxe, que
non estás
sinto
que me falta
ao meu lado,
O amor
caduca
sen ti. Sergio Castaño & Brais Rial |
A
paz mundial,
algo que non
se pode compar,
Sergio Castaño & Brais Rial |
Ti es
o que alumbra
a miña vida Sergio Castaño & Brais Rial |
Momentos bos, Paredes sólidas, Chantadas no chan Chegou o meu amigo. Ventá fráxil. Ventá fráxil.... Juan Ordóñez Galbán |
A paz é o único que falta neste planeta sen vida. Sen rencor e sen ira, con amor e amizade faino todo con verdade. Coidade todo o que tedes cerca vosa. Paz e amor sen dor.
María Chouza Otero & Antía Rodríguez Costas |
Na primavera, á túa beira, Igual que mazá na súa maceira. Rodeada de árbores e flores Con foitos de cores. Cos xardíns ben coidados, E os bares adornados. Xogando e saltando, Sen rumbo non ando. Os parrulos no estanque Dánlle alegría ao parque Lucía Casal Lodeiros & Irene Rey Piñeiro |
Insoportable
guapura
Saw
|
Non te
quero ver
Espertando
ao meu lado
Rara
rapaciña
Escapa
de aquí .
Agoraaa...!!
|
Ría
de Arousa,
Illa
de alegría.
Amor
do meu corazón,
Ledicia
infinita
|
Antes
sempre e despois.
Lárgome
da casa.
Es capo
do carcere.
Xa que
son un nindundi.
Acabouse
todo o bo.
Nadando
ata a desesperacion.
Despois
de pasar con meus pais.
Repaso eu toda
a vida pasada,
En todo o que
vale a pena.
|
Galego
de toda a vida
Ata
a morte serei.
Basta
que pase a fronteira para dicir:
Rianxeiro
son. E se non me cren,
Insistirei
Gabriel Figueira Núñez |
Insoportable
para min,
Non
sei para tí.
Seis
horas aburridas,
Tolean
a calquera.
Isto é un castigo,
Traballar
o meu destino.
Un
día o acabarei.
Todo
o bo remata,
O
malo non se esfuma
Juan Ordóñez Galbán |
O ENTROIDO |
||
Xa pasou o Nadal, Xa pasou a festa
e agorta
estamos a matar a besta,
porque xa
chegou o carnaval.
En honor ao
noso MATACHÍN
este poema
chegou ao seu fin
* * *
Xa é carnaval
xa é tempo de
xantar.
xa é ttempo
de disfrazarse.
xa é tempo de
xuntarse.
E xuntos rir e
cantar.
* * *
Agora que é
carnaval
ímonos
disfrazar
de choqueiros
e demais
polas rúas
bailar.
Cos amigos saír
da festa
comer orellas
e filloas,
comer ata
fartar,
non imos parar
de cantar.
Lucas Tarrío Lijó |
Heeey, carnaval!
xa me estás
chegando en "cheghar".
Heeey,
filloas!
Están mellor
có pan de broa.
Oooh, xa che
queda pouco por vir;
por fiiiiin!
Este venres xa
estás aquíi!.
Oh, oh, oh,
eu voume
disfrazar
a comer
orellas sen parar.
Sara Tubío
& Nuria Tubío & Ainara Romero |
|
Choveu e ventou
en febreiro do ano pasado
e, por ese motivo,
o entroido foi aprazado.
Había moitas carrozas
que ían desfilar xuntiñas,
pero polo temporal,
esperaron unha semaniña.
Había concertos
e moitos disfraces,
vampiros, hippies
e xente nos bares.
Houbo un concurso de carrozas,
que se fixeron con esmero,
pero o gañador foi
"a casa do cañero"
Isaac Galbán Ramos |
Xa pasou o 2013,
o 2013 xa pasou,
xa pasou a noite vella,
por fin, xa s efoi.
Mais moito non mellora,
este noso país,
pois hai certas persoas,
que miran para os seus fins.
Tamén outras persoas,
que tanto, tanto "traballan",
as que tanto importamos,
polas nosas contas bancarias.
Estes duros traballos,
será mellor quitalos,
pois para eles menos sufrimento,
para o demais máis traballo.
|
Tamén
empeoran as cousas,
entre a nosa mocidade,
pois hai certas persoas,
que critican sen piedade.
As persoas fano por celos,
e por envexa critican,
pois non teñen motivos,
para tal algarabía.
Este noso país,
conta con algo importante,
na empresa máis grande do
mundo,
están os nosos habitantes.
A ver se acaba isto,
pois témolo complicado,
pero hoxe celebremos,
este entroido tan desexado
Aida Barros Ces & María Fungueiriño Bandín & Xiyang Xu |
NO PEIRAO Estaba eu no peirao, ao lado do guindastre, chamárame Xoán para dar unha volta no seu iate. Eu xa subira antes en barcos, pero eran pesqueiros. Había moito barullo da lonxa, sería porque xa chegaran as mariscadoras. Ao lado do espigón, había un buque enorme. Dalí a pouco chegou o meu amigo detras dun tráiler. Cando fomos a polo iate, decateime de que, en realidade, era unha lancha. Lucas Tarrío Lijó |
||
Un día en barco Un sábado pola mañá saímos co meu pai a dar un paseo polo mar. Cando chegamos ao peirao vimos algún pesqueiro fondeado, tamén había lanchas, algún que outro iate. Cando embarcamos meu pai ensinounos as partes que tiña o barco, pegou as súas costas á ponte e dixonos que a parte da diante era proa, a de atrás, popa, a súa dereita, estribor e babor á ezquerda. Pisou na cuberta e ensinounos a áncora e máis o leme ou temón.Mentres o meu irmán asustou aos peixes e algún que outro petou na quilla. Logo levou áncoras e, ceando amodiño, saimos do peirao. Cando saimos do espigón apurou a marcha. Chegamos á batea e alí ancoramos. Pasamos atarde pescando, merendando e, ao solpor, tivemos que volver. Entrando no peirao vimos os guindastres descargando dun buque ao peirao e dalí ía a un tráiler. Nos arribamos ao peirao e atamos o cabo na amarradoira antes de marchar. Diego Róbin Romay Gómez |
||
DIARIO
DE MAR Rianxo, xoves 20 de febreiro de 2014 Querido diario: É a primeira vez que escribo nun diario (posto que mo
regalou onte o meu amigo Anxo polo meu aniversario) polo tanto voume
presentar: chámome Xurxo, acabo de cumprir seis anos e vivo aquí, en
Rianxo. O primeiro que vou escribir vai ser o que me ocorreu hoxe,
que como título a esta aventura lle puxen, Diario de mar. Hoxe meu pai, con toda a seguridade do mundo, abriu a ventá
da miña habitación e díxome: - Fillo, hoxe vouche ensinar o que de verdade é o mar. Almorcei, despedinme de miña nai, e fun con meu pai ao
porto. Dende o peirao había unhas vistas estupendas. Había toda
clase de barcos: lanchas, un iate, pesqueiros... ata vin un buque! Mentres
non chegaba a embarcación na que iamos montar, meu pai levoume a unha
serie de sitios. Primeiro, fomos á lonxa, diante da cal había aparcado un
tráiler xigantesco. Logo, pasamos polo lado duns guindastres, que, ao meu
lado, parecían xigantes movendo os brazos. Por último, paseamos polo
espigón, ata que, de súpeto, vimos arribar un pesqueiro. Era no que ïamos
embarcar. Agarrei a meu pai pola manga da chaqueta e turrei fortemente
del, arrastrándoo para que viñera. O pesqueiro ancorouse esperando a
chegada das persoas. Como aínda había xente que non daba chegado, o
capitán decidiu amarralo. O primeiro que fixen ó subir, foi achegarme á
proa para que meu pai me sacara unha foto dende fora. Meu pai foi falar co
capitán, que no momento se atopaba na ponte. Éste díxolle que iríamos
ata unha illa próxima, comeríamos alí, e estariamos de volta sobre as
seis. Pasaran xa dez minutos e o barco seguía fondeando. Entón, o capitán,
que previamente quitara a áncora, desamarrouno e puxémonos rumbo á illa. Eu estaba moi nervioso, e non paraba de camiñar de babor
a estribor, ata que meu pai me advertiu de que me podía marear.
Achegueime á popa procurando ver o temón. Debruceime un pouco cara
adiante e, de súpeto, notei que algo turraba de min. Era meu pai, que me
advertiu de novo sobre o perigoso que podía ser. Decidín entón sentarme
na cuberta. Observei o mar. Un palangreiro virado, do cal só se vía a
quilla; un par de lanchas, que ían a moita velocidade; un volanteiro... O
mar estaba tan calmo que había multitude de barcos. Tamén se vían
moitos peixes. Chegamos á illa. Era moi bonita e estaba chea de plantas e
árbores. Sentámonos nunhas pedras a comer, e estivemos alí ata a unha e
media. Logo voltamos. Meu pai sacara moitas fotos da miña primeira viaxe
en barco. PASEINO XENIAL! De volta na casa, conteille todo o que vira a miña nai,
ensineille as fotos, e, posteriormente subín ó meu cuarto. Tan canso
estaba, que me deitei a pensar na viaxe, e quedei completamente durmido. E
iso foi todo o que vivín hoxe, ata que fai pouco me espertei e estou a
escribir isto. Alba Vicente Martínez |
||
NA
TENDA
(Entran pola porta a nai e mais a filla) Dependenta:- Bos
días!! Nai:-
Pois si, de momento están bos, que non chove. Dependenta:-
Necesitan axuda? Filla:-
Si, por favor,
eu quería a nova “Moster High”.
Esa
co pelo enguedellado e tinguido. Dependenta:-
Ahhh! xa me dou conta, xa.
Pois tés moita sorte, só queda unha. Filla:-
Ben!!!! Nai:-
Tampouco te pases que falta pouco para o teu aniversario e xa vas
ter agasallos dabondo. Dependenta:-
Tranquila, Muller, tranquila, que soamente son 20 euriños de nada. Filla:-
Mamá máis che vale que ma compres senón chívome a papá dos
cartos que gastaches nese bolso tan caro. Nai:-
Bueno lo. Veña… cómprocha que un día é un día. Dependenta:-
Pois así en total son 20 euros.
Efectivo ou tarxeta?. Nai:-
Efectivo, efectivo, tome. Dependenta:-
Graciñas, volvan cando queiran.
(
Saen pola porta a nai e a filla
collidas da man) Filla:-
Ai, como te
quero mamiii!!!! Nai:- Si, si. Ti só para o que che convén. Lucía Casal Lodeiros & Sabela Gey Lesende & Irene Rey Piñeiro |
||
Diálogo Comprador@:
Bos días! Vendedor@:
Cámbioche, cámbioche! Comprador@:
Non xa teño 3 desas e fuches ti quen me convenceu para levalas. Comprador@:
Non!. Como cho hai que dicir? En castelán, inglés ou francés? Vendedor@:
vale, vale. Non te poñas así. Irene Fernández Romero & Vanesa Sobradelo Mourelos |
||
As Vacacións Este verán meus pais mercaron un iate para ir de vacacións nel. A min non me gusta moito viaxar en embarcacións porque me mareo bastante, pero despois de que toda a familia me pedise unha e outra vez que fóramos acabei accedendo. O primeiro día subín no iate e para non marearme quedei na cuberta sentada tomando o sol. Meu irmán e miña nai andaban paseando de proa a popa, e eu non me podía imaxinar como non lles viñan as ganas de vomitar. Pasadas unhas horas levanteime, xa cansa de estar deitada, e, como meu pai lle estaba dando voltas ao temón, caín cara a babor. Aínda así levanteime dun salto porque vin que xa estabamos chegando ao peirao, onde se vían atracar moitos buques e barcos pesqueiros que ían levar a súa pesca á lonxa para vendela. Meu pai soltou a áncora e o iate quedou parado no peirao e entón todos desembarcamos, eu a primeira, que me sentín feliz de pisar terra por fin. Pasamos uns días nese pobo chamado Rianxo, onde nos divertimos moito indo ás praias e dando paseos en lancha polo mar, e logo diso tivemos que volver á cidade no iate, no que me mareei moito de novo. Pero, despois de todo, pensei que valía a pena aguantar unhas pouquiñas horas porque me divertín moito nesas vacacións. Laura García Moares |
||
NO MAR Da 8 de marzo de 1987 Xa levamos catro días
embarcados nesta raquítica embarcación. Atópome na ponte de mando,
resgardándome da chuvia que cae furiosa na cuberta do barco. As vagas
rompen na proa e óese o renxer da leme na popa. Teimosos de quedar coa
quilla ancorada, avanzamos lentamente sobre as negras augas que parece que
nos queren engulir. A áncora repenica contra o costado de babor, soando
coma unha campá distante ao facer eco no interior do barco. Esperemos que
pase logo esta tempestade, pois temo que pouco máis aturaremos nesta cáscara
de noz, na que a auga xeada entra tanto por babor coma por estribor. Día
14 de marzo de 1987 Dez días, só dez días e xa
estou farto! Non aturo nin un minuto máis aquí. Viaxei en innumerables
embarcacións, longas travesías tiven que realizar, pero esta, a máis
curta de todas, pareceume unha autentica tolería. Menos mal que xa se
divisa terra, ao lonxe, pero é terra. Vexo o pequeno peirao co seu espigón.
Un ou dous tráileres levan a mercancía que os guindastres descargan dos
pesqueiros e buques. Que alegría volver para a casa. Cando nos detivemos,
como non, pasou un iate por alí e os seus pasaxeiros burláronse das nosa
embarcación. Demos volta e aceleramos todo o que puidemos, deixando aos
ricachos empapados e cun bo palmo de narices. As gargalladas soaron ben
altas. Pero os navegantes do iate ergueron ben a cabeza para marchar, iso
si, a molladura non lla quitaba ninguén. Aida Barros Ces |
||
UN Lémbrome de cando tiña
eu 9 anos... Meu avó era mariñeiro.
Eu queríao moitísimo, pero como tiña moito traballo, case nunca estaba
na casa. Un día veu á hora do xantar e díxonos que ía coller unha
vacacións. O primeiro día que estivo na casa levoume
un porto. Cando chegamos había un barco pesqueiro, dous buques,
dous iates, unha lancha e máis embarcación das que non me acordo.
Subimos a un dos buques, cando chegamos arriba, entrei na ponte e púxenme
a facer de capitá. Foi entón cando me chamou meu avó. Díxome que me ía
a ensinar as partes dun barco ( a proa, a popa, o babor, o estribor) e as
cousas que había alí dentro ( a ponte, a cuberta, a quilla, o temón e a
áncora entre eles ). Unha vez rematamos, desanoou o nó que nos ancoraba
ó porto, e o barco comezou a moverse. Asusteime, pero en canto vin a meu
avó na cabina souben que non había perigo. Afastámonos da lonxa e logo
nos vimos envoltos por unha mesta néboa e por ondas que non paraban de
sacudir o noso buque. Fomos ata un acantilado, como había marea chea,
apenas víamos as furnas que había por alí preto. Meu avó temía que
nos quedásemos alí ancorados, así que deu volta para regresar á casa..
Foi entón cando se me caeu a miña gorra de mariñeira pola borda.
Intentei recuperala, pero era demasiado tarde. Ao chegar á casa, miña
nai tíñame un regalo, e...a que non sabedes o que era? Quen podería imaxinalo? Aitana Alcalde Ares |
||
MEU PAI E O MAR Meu
Pai, sempre saía a pescar os
venres. Un día tardou en volver e nós preocupámonos, chamámoslle e díxonos
que non nos aflixíramos que estaba pintando o barco:
-
A cuberta
-
A quilla
Todo ía quedar relucente.
Cando se dispoñía a embarcar de novo non encontraba o temón. Tivo que
ir ao comercio que estaba o lado da lonxa, alí comprouna. Como
volvía para a casa e non levaba nada de peixe entrou na lonxa e
comprou algo.
Cando vimos o barco... quedara coma novo. Todo o mundo o vira, e ofrecéronlle
moitos cartos por el. Meu pai pensouno ben e decidiu vendelo, porque nos
tempos que corren non viña mal algo de cartos.
Levaba dúas semana sen saír a pescar e meu pai deprimíase porque botaba
de menos o barco, e tivo que comprar outro.
O día que quería estrear a lancha facía moito temporal e á miña nai
non lle gusta que meu pai saia cando hai mali tempo. Pero el sae igual
porque di que non pasa nada.
Meu avó regaloume unha lanchiña polo
meu aniversario. Teño saído algúns sábados pero miña nai preocúpase
tanto que non me deixa saír e se o fago castígame sen a
vídeo consola.
Pero agora que son pequeno vou gozar e xogar cos amigos todo canto poida,
aínda que teña que estudar. E xa sairei cando sexa grande. Nuria Tubío Ramos |
||
Mariñeiro
Eran
dou amigos aos que lles gustaba retarse. Un día, falando de marisco ocorréuselles
facer un reto que consiste en sacar a mellor nota no exame de barco. Tiñan
que situar a proa, cuberta, estribor, ponte, popa babor, temón quilla e
áncora. O que propuxo o reto sabía máis palabras: peirao, guindastre,
buque pesqueiro, tráiler, lonxa, iate, espigón, lancha ... así que se
confiou. Pasaron os días, non estudaba mentres
que o outro non paraba de chapar. O último día decidiu estudar.
Confiouse moito e á hora da verdade , deixou bastante en branco, polo
outro lado, o que estudara saíulle de marabilla. Picouse
e díxolle.
-
Pero eu sempre che gano, como perdín desta vez? -
Pois probablemente sexas un pringado e non estudaras. -
Pero, aínda así, son máis listo ca ti. -
Isto é unha lección da vida. Tamén se chama “Karma”. -
Que va, iso non existe. -
De verdade que pensas iso? -
Si. -
E logo, que explicación lle tes a isto? -
Pois mala sorte! -
Bueno, deixando este tema a parte, o barco do reto que? -
Que barco ...? -
O que pagaba o perdedor. -
Ah!, si, ese. - Si, ese. Aínda estou esperando. Empezaron a
pelexar e pasado un cuarto de hora acabaron. Un quedou co ollo morado e
algún golpe máis e o outro quedou sangrando pola cabeza Mario Rodríguez Tubío |
||
HISTORIA Chámome Antonio, teño trinta anos, traballo nun
buque, non, enganeime, nun pesqueiro. Será mellor que vos conte a
historia dende o principio. Eu era o dono dun luxoso iate e dunha preciosa lancha.
Tívenos que vender, e poñerme a traballar nunha lonxa. Estaba no peirao e vin pasar un trailer. Aínda que iso
non é importante. Cando comecei a traballar no pesqueiro, decateime de
que o resto de persoas que traballaban alí, tiñan máis de corenta anos.
Un día atopeime co meu xefe, estaba enfadado. Ese foi o primeiro indicio
para que non falara con el pero aínda así fíxeno: - Bos días. -Vostede! Póñase a limpar a proa e a popa. Vaia a
babor ou a estribor, quítese de diante da miña vista! -De acordo. -Espere! Tamén ten que limpar o chan da cuberta. Unhas horas despois.... Dirixinme á ponte a falar co
meu xefe. - Boas tardes. - Faga o favor de botar a áncora e eu levarei o
temón. Despois chegamos a terra, como dicían aqueles mariñeiros. Alí conseguín moito diñeiro e volvín a comprar un iate e a seguir coa vida que tiña antes. Yoalanda Peneireiro Aido |
||
DE NÓS, NUCO O xoves, 19 de xaneiro de 2013, as rapazas e rapaces de 2º D de E.S.O. fomos visitar o museo de De Nós, NUCO sito en Rianxiño. Ao pouco de saír do IES, comezou un "calabobos" que nos fixo apurar o paso. O primeiro local do museo que visitamos foi o taller de traballo e deseño, onde Nuco nos mostrou unhas das obras que estaba facendo, tres figuras de serpe, realizadas en fibra de vidro. Na sala de exposición vimos os diferentes materiais nos que estan feitos as obras. As primeiras foron realizadas en Pedra: persoeiros como Rosalía, Castelao, Dieste, Faustino Rey Romero, Manuel Antonio... En ferro: O emigrante, A santa compaña, a rianxeira... e fibra de vidro, o material na que está facendo as súas creacións na actualidade: A parella de baile, o carro, O Cristo, figuras xeométricas, "o páxaro pinto"... Nuco foinos explicando o significado das diferentes figuras e contestando as nosas preguntas. Antes de marchar asinamos no "libro dos amigos".
|
||
VISITA A PONTEVEDRA 1º E.S.O. Museo de Pontevedra & Roteiro Castelao
O martes, 16 de decembro de 2013, fomos de excursión a Pontevedra
os catro cursos de 1º. Cando chegamos dirixímonos á Praza da
Estrela. Para facer as visitas dividímonos en dous grupos: 1º A-B e 1º
C-D.
1º C e D fomos ao museo no que había una exposición de Castelao. Alí
vimos uns cadros enormes que pintou; cada cadro tiña varios cegos porque
Castelao identificábase con eles, porque sufrira naqueles anos un derrame
nun ollo. Un dos cadros representaba a paisaxe que se ve desde asados
mirando desde o castro Barbudo ata o Pico Muralla. Nesa sala tamén obxectos
persoais, a historia ocorrida durante a república: Na seguinte sala había
información sobre “Os
vellos non deben de namorarse”, falamos da súa representacións do
grupo Airiños, nas que eu colaborei. Tamén información sobre á
emigración, Milicianos, Atila en
Galicia, debuxos de Negros…
Despois fomos á sala naval do museo nos ensinaron unha replica da nao
Santa María, seguidamente vimos unha réplica do despacho do almirante
Casto Méndez Núñez capitán. A continuación baixamos por unhas
escaleiras cara unha replica
da popa da fragata Numancia, parecía barco de verdade.
Cando acabamos de ver o museo, reunímonos co resto de 1º e tivemos vinte
minutos libres, nos que a maioría foi a comprar cousas para comer.
Cando pasaron os vinte minutos volvemos a dividirnos en dous grupos. Esta
vez tivemos un guía que nos acompañou polo “roteiro Castelao”; tamén
nos dixo que cada rúa ou praza tiña o nome do que antigamente se vendía
ou fabricaba nela: “Eirado da leña”, “Praza da herba”, Praza das
cinco rúas…
Demos unha volta por Pontevedra, mentres Roberto nos ía explicando
cada detalle dos lugares polos que pasabamos, que rematou na praza de
Santa María, diante da estatua de Castelao.
Finalmente déronnos outros minutos de tempo libre, cando acabou o tempo díxonos
que tíñamos que estar debaixo dunha enorme cruz que había un pouca máis
lonxe de onde nos deixaron. Cando estábamos todos, subimos ao autobús e
volvemos para o instituto. Cando chegamos puxémonos a falar no portal ata a hora de marchar
para a casa. Lucía Casal Lodeiros |
||
DIÁLOGO O
outro día, eu e mais
unha amiga estivemos falando de quen era a máis boa xogando ao voleibol.
No noso equipo había varias. -Marta
é boa. -dixo a miña amiga. -Si,
e Alba é tan boa como ela. -respondín eu. -Xa, pero a mellor son eu, son a mellor. -díxome entre risas. Laura García Moares |
||
O noso inverno
Era noite escura pero despexada. As pequenas raiolas da Lúa
reflectíanse na branca e espesa neve, a cal cubría as duras pedras volvéndoas
escorregadizas. A transparente auga da lagoa, deixaba ver os cantos
pulidos do fondo a través da fina capa de auga xeada. Opinión dunha alumna Tocou o timbre, todos nos sentíamos libres por fin. Último día de clase, vacacións de Nadal…!!! Non é por ofender a ningún profesor, pero algunhas clases fanse aburridísimas (sen especificar ningunha). Este día era o máis desexado en todo o instituto. Era tan esperado como o fin de curso, pero tanto por alumnos coma por profesores, que eu ben sei que algún que nos quere perder de vista unha boa tempada Aida Barros Ces |
||
VIAXE
A PONTEVEDRA 29
de decembro 8:35 -IMOS
A PONTEVEDRA!!!!! Aitana Alcalde Ares |
||
ROTEIRO CASTELAO en PONTEVEDRA
Cando chegamos os rapaces e
rapazas de 2º de E.S.O. do I.E.S. "Félix Muriel" de Rianxo a
Pontevedra, dirixímonos cara á praza da Ferrería. Entre dita praza, a
da Estrela e os xardíns de Casto Sampedro, frente a onde estaba a
“delegación de Hacienda” onde Castelao cando foi vivir a Pontevedra,
comezou roteiro. Deseguido dirixímonos o Eirado da leña, San Bartalomeu,
Fábrica da Luz, Praza das Cinco Rúas, Praza do Teucro e Praza de Santa
maría, onde se encontra o monumento a Castelao, que foi esculpido Buciños,
o autor da Rianxeira que temos na Ribeira en Rianxo.
Ao rematar este ruta tivemos unha hora libre para andar por Pontevedra
adiante. Andando polas rúas un compañeiro ía preguntándolle a xente
que vía quen fundara Pontevedra e ninguén o dixera ben. Deseguido, cando
chegamos á praza da Ferrería eu máis os meus tres compañeiros
decidimos ir a unha tenda. Ao saír da tenda fomos a un bar a tomar algo.
Volvemos á praza e volvemos a ir á tenda e foi cando nos
decatamos de que alí, no medio, estaba o loro Robachol, importante figura
no entroido pontevedrés.
Xa pasado o tempo libre volvemos á praza e fomos ao museo de
Pontevedra no que visitamos a sala naval: maqueta da nao Santa María,
despacho de Méndez Núñez… e, no sexto edificio, a sala na que están
expostos obxectos persoais e a obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Nun dos Debuxos de Negros,
Castelao recreou a paisaxe
desde a Santa Lucía en Asados, no que se vía o Castro Barbudo, Santa
Baia de O Araño, O Pico Muralla… Ao saír do Museo voltamos para o instituto.
A verdade e que foi unha excursión moi divertida e interesante
|
||
CONTO DE NOVEMBRO -Ai, María, que se me esquecía! Non temos
que matar o porco? -Ai si!, mulleriña, ai si!. Que faría eu sen
vostede!. -Acórdate, “polo San Martiño xa se pode
untar o porquiño”. -Si, si, xa o sei... -Pois non o parece! (Dona Serafina sorrí) María marcha e chega Amalia,a neta de Dona
Serafina. -Avoíña, avoíña! Hoxe falamos de San Andrés
de Teixido na escola. -Ai si? E que tal? -Moi ben. Teño ganas de ir. -Ai filliña, vas ir de todas formas... -E iso? -“A San Andrés de Teixido irás de morto,
se non fuches de vivo”. Aida Barros Ces |
||
AMOR ÁS BEIRAS DA RÍA No Rianxo antigo, cando se viaxaba en barquiña, carro ou a pé unha moza chamada Xoana, peixeira de toda a vida, pero descendente dunha familia de clase algo alta, coñeceu a un mozo que, a partir daquel día lle levaba unhas cestas de xoubiñas e uns cantos chopos de vez en cando, e, entre os peixiños sempre lle agochaba unha fermosa rosa branca. O mozo, de nome Tomé, procedía dunha humilde familia pescadora, posuidora dunha pequena gamela que saía todo os días de Neixón e traía a pesca á lonxa rianxeira polo mediodía. Ao pai de Xoana, non lle agradou moito que a súa única filla se namorase dun humilde pescador, polo que lle prohibiu que falase con el, e que quedasen coma sempre a vela lúa sentados na area da praia da Torre. Pero Tomé non consentiu que o pai de Xoana se interpuxese nos seus sentimentos, e, cada noitiña ás doce, subía na gamela e ía a escondidas ata a casa de Xoana. Como a súa habitación quedaba nun primeiro piso, Tomé gateaba pola maceira e entraba pola xanela. Pouco tempo puideron verse así, pois un pescador namorado de Xoana veu a Tomé rubir pola maceira e avisou ó pai, dicindo que se desfaría do mozo a cambio da man da súa filla. O avaricioso pai, ao darse de conta de que o home que tiña diante non era un simple pescador, aceptou de bo agrado. Esa mesma noite, a gamela de Tomé foi sabotada, facendo afundirse a embarcación co mozo dentro. Pola mañaciña, Xoana dispúñase a ir á lonxa, cando de camiño a para o home que delatara a Tomé, dicíndolle que agora era a súa esposa e tiña que facer o que el quixera. Xoana librouse del como puido e correu a casa, onde seu pai collendo o saquiño que o home lle tendía a entregou ao descoñecido. Xoana díxolle que ela queríase casar con Tomé, que el era o seu verdadeiro amor. O pai contoulle o falecemento do mozo e Xoana, con bágoas nos ollos escapou e correu ata que as forzas a abandonaron, caendo canto larga era sobre a area da praia da Torre. Cando era de noite, Xoana axeonllouse alí onde sempre se sentaban os dous e rogoulle á lúa poder volver a estar co seu amado. Ergueuse e meteuse na xeada auga ata a cintura, de súpeto, unha gran ola arrástraa de volta a orela. Xoana abre os ollos e alí, ao seu lado, encontra ao seu namorado, inconsciente pero vivo. A moza abrázao con todas as súas forzas e bótase a chorar, ao pouco tempo quédase durmida. Ao espertar, nada máis saír o sol os dous se abrazan fortemente, creando o comezo dunha nova vida, dunha nova historia… Aida Barros Ces |
||
A
presentación
Era o 16 de setembro. Un día normal para todos, ou case todos. Pero non
para min. Estaba moi nerviosa, pero tamén chea de enerxías. Cheguei ás
portas do instituto. Só faltaban 5 minutos para que soara o timbre e,
unha vez máis, ir nomeando ós alumnos e alumnas de cada clase. Eu
esperaba que me puxeran en 2ºA, a clase onde tiña ós meus compañeiros
do ano pasado. Desexei sorte e fun a por todas.
Na sala de actos sentíase un ambiente nervioso, inquedo. Os profesores
pediron, por favor, silencio, e a sala enteira enmudeceu. Saíu o primeiro
titor, o de 2ºA. Que nervios! Aferreime ás miñas amigas, esperando que
dixeran o que eu quería. Comezaron a lista. Non podía escoitar nada
posto que unha das miñas compañeiras soltárase do meu brazo e foise
reunir con aquelas persoas. 2ºB, nada. 2ºC. Empezaron a ler aquel texto.
Os nomes soábanme... Eu xa escoitara fai tempo aqueles nomes. De súpeto
deime conta. Estaban citando á miña clase do ano anterior, saltándome a
min e a poucos máis. A miña outra amiga foise con eles, e os meus soños,
con toda a clase. Aitana Alcalde Ares |
||
O xoves 19, atopábame na feira mariñeira de Rianxo, cando paseando,
atopei entre os postos unha multitude de xente arredor dun home baixiño
cun gran paraugas que o superaba de altura.Ía vestida con roupas antigas
e apoiábase na parede que tiña detrás. Pronto me decatei de que el non
era o centro de atención, todos miraban atónitos ao paraugas. Tiña un
puño en forma de cabeza humana, podía movelos beizos e ata botaba a
lingua facendo carantoñas aos espectadores.
A estraña exhibición veuse interrompida por un súbito orballo. O home
deixou apoiado o paraugas nun curruncho e gardouse baixo o toldo dun dos
postos. Dous nenos que estiveran vendo a función colleron o paraugas e
abrírono, pero un pronto saíu do seu resgardo por medo da cabeza do puño.
O outro quedou baixo o paraugas, o cal nun abrir e pechar de ollos pechou
e papou ao neno. Cando volveu abrir baixo del non estaba o neno, senón un
home alto e con barba que vestía de xeito similar ao portador do paraugas.
Pechou o aparello e deixouno onde descansaba antes de que o colleran os
nenos, de lonxe puiden ver que a cabeza do mango era agora unha réplica
exacta á cabeza do neno que fora papado polo paraugas.
O que pasou co paraugas? Non teño nin a máis remota idea. O único que
podo dicirvos é que non se volveu ver por Rianxo a ningún dos dous homes
nin ao paraugas papador. Aida Barros Ces |
||
Érase unha vez no pobo de Rianxo, na metade do verán un científico
bastante bo, chamado Elías, e o seu fillo chamado Serxio estaban
traballando nun invento que ía revolucionar o mundo de agora, a máquina
intemporal, para viaxar a través do espazo tempo.
O día 13 de Xullo 2004, foi cando dixo Elías que estaba acabada, pero
Serxio creu ver algo que estaba fallando era panca que iniciaba a maquina
. Serxio díxollo a seu pai, pero este dicía que non, que non fallaba. Elías
entrou e meteu as coordenadas, 12 de Xullo 2004. Mais cando lle deu houbo
un problema e foi uns séculos anteriores. Serxio púxose as pilas a crear
outra maquina. En tres días acabou a segunda maquina. Esta si parecía
funcionar, puxo as coordenadas onde a maquina levou a seu pai e...
Encontrouno nunha illa no ano 1973.
Trouxo a seu pai e, ao chegar á casa, díxolle Serxio:
-Vistes papa, como eu sei facer as cousas.
-Tes razón filliño, perdón por non te crer- dixo o pai.
-E acórdate de que cando eu fixera un invento eu só tíñasme que dar
todos os cartos que ía gastar
a final da Guadalupe -dixo Serxio.
Ao chegar ao final do verán o pai cumpriu o seu acordo e deulle os cartos
que ía gastar na Guadalupe. |
||
A
GUADALUPE
Un par de nenos chamados Zipi e Zape apetecíalles ir a Guadalupe.
Escoitaron falar dela moi ben, polo cal foron. O primeiro día quedaron
asombrados con todas as atraccións que había. Non puideron montar en
todo polo diñeiro pero seguían contentos. Eles non sabían que botaban
fogos artificiais polo cal, ás 00:00 escoitaron un ruído que os asustou.
Decatáronse de que non tiñan que preocuparse. Miraron ao ceo e moitas
luces alumeaban. Agora entendían todo
Ao seguinte día querían volver, suplicaron canto puideron pero foi en
balde. Estiveron así toda a semana ata que o último día estiveron todo
o tempo que quixeron. Os rapaces quedaron tan contentos que foron pedir
aos seus familiares algo de diñeiro. Ao final viron as bengalas, cantaron
a Rianxeira e puideron montar en todo o que non puideron o outro día e
ese día foi o máis feliz das súas vidas. Mario
Rodríguez Tubío |
||
Esperaba a Guadalupe con ganas, desexaba que chegara para poder gozar e
pasalo ben cos meus amigos. Cando chegou o Venres 13 xa estaba preparada e
con moita ansia da Guadalupe. Venres
13, pola noite.
Prepareime, puxen a camiseta da peña e baixei. Quedei con meus amigos e
amigas nas escaleiras do concello, onde sempre quedabamos. Era a unha da mañá
e eu ía de camiño a casa xa que ao día seguinte tiña ensaio de baile. Sábado
14,
Levanteime e tomei o almorzo , vestinme e fun pra o auditorio. Alí
estaban as miñas compañeiras. Entramos e ao rematar o ensaio estábamos
todas moi cansadas. Fun comer e logo sobre as cinco funme para onde ía
tocar coa Banda da escola de música de Rianxo. Logo, ao rematar, funme
cambiar a casa , cear e para a festa. Quedara coas miñas amigas nas
atraccións e ao cabo dun tempo chegaron os que faltaban, os nosos amigos
que sempre chegaban tarde. Eran as catro da mañá e a meu curmán chegáballe
o sono. Marchamos para a casa a descansar para o dia seguinte. Domingo
15,
Xa case era hora de ir á procesión e eu aínda estaba na cama.
Levanteime e prepareime a correr para non chegar tarde. Chegamos ao porto
e subimos ao barco da miña familia. Ao rematar fomos tomar algo e logo a
comer. Ás cinco da tarde prepareime pra ir bailar. Ao rematar de bailar
fun para a casa a cambiarme e logo outra vez para a festa.
Que rápido pasaban as festas e que ben o pasabamos.... ata que .... chegou o último
día. Venres
20, pola noite
Xa case era a hora das bengalas, era moi bonito. Todos cantaban con
bengalas na man. Ao rematar fomos todos a bailar ata as 7:30 que cheguei a
casa.
E agora, estou aquí contando algunhas cousas da miña Guadalupe'13. Sara
Tubío Ageitos |
||
Había unha vez un home de Tomiño que foi á Guadalupe para ver como ía
no barco e embarcou nun.
Cando ían no medio da travesía alguén o empurrou e caeu o mar e como
non sabía nadar pediu auxilio pero non o oían. Cando se deu conta a
corrente xa o levara a mar aberto . Pasaron catro días cando, ao lonxe,
divisou unha illa. Ao chegar, o primeiro que fixo foi meterse no bosque e
veu unha cousa que se parecía a un castelo. el quixo entrar, pero estaba
pechado e quedouse alí sentado. Cando estaba anoitecendo saíu do bosque
ata a beira do mar a ver se vía e
quedou durmido. Á maña seguinte espertouno unha guía con un grupo de
turistas e levárono nun barco a terra. Alí un garda civil lle preguntou
como chegara a illa a el contoullo todo e cando acabou preguntoulle ao
garda civil se a illa era do caribe pero o garda díxolle ´´vostede só
estivo na illa de San Simón`` Manuel Martínez Iglesias |
||
Unha tarde de verán, Laura, foi pasear cos seus dous amigos Irene e
Marcos. Foron camiñando ata un bosque onde Irene atopou un reloxo roto.
Aos tres pareceulles un pouco estraño atopar un reloxo no bosque, porque
normalmente xente non entra alí. Pero non lle deron importancia. Mais
tarde chegaron a unha cova, dentro atoparon unhas marcas de zapatos.
-Non vos parece estraño todo isto?-. Di Laura seriamente.
-A que te refires?-. Responde Marcos asustado.
-Ao reloxo roto e as marcas de zapatos. Aquí a xente nunca entra-.
Responde Laura.
-Ao mellor viñeron a limpar o bosque?-. Pregunta Irene.
-Xa viñeron a semana pasada.- Responde Laura.
-Pois entón non sei escusa posible.- Di Marcos.
Os rapaces seguiron paseando sen facerlle moito caso. De súpeto Marcos
caeu.
-Estas ben?.- Preguntas as rapazas a vez.
-Si solo tropecei cunha raíz.- Responde Marcos.
Irene ponse pálida e di:
-Marcos... iso non é unha raíz-.
Marcos mira máis de cerca e dáse conta de que en realidade non tropezara
cunha raíz, senón que.... tropezou cun brazo!
Os rapaces saíron correndo dese lugar e nunca máis volveron a falar dese
bosque. |
||
UN
VERÁN DIFERENTE
Moitas persoas ao comezo do verán dedícanse a espertar as dúas da
tarde, ir á praia, ir para a cama ás tantas e vivir eses meses sen
preocupacións.
Pero eu non, chámome David, son un rapaz de 14 anos, que cada vez que
comeza o verán acábanseme as escusas de que teño que “estudar”.
O meu verán en resume é espertar cedo, ir co can pasear, axudarlle á miña
avoa na casa, preparar a comida para cando miña nai veña de traballar,
pola tarde traballar con meu pai nos estaleiros do porto, ir á compra e
para a cama cedo.
Pero non só son inconvenientes: aforro algo nestes meses e cómpranme o
que lle pida.
Pero para o ano vou a intentar gozar mais o verán, vou ir a praia pola maña
e pola tarde ir para os artilleiros, quero gozar do verán pero non son
parvo quero aforrar algo e creo que en tres anos xa teño un posto de
traballo fixo, por se nos estudos vaime mal, que mais seguro é o que pas.
Pero ao chegar as festas todo cambia, os cartos esvaécense en parvadas
que ao final acaban tiradas pola casa.
Pero ao comezar o instituto xa sabemos todos o que pasa volven as escusa
de que teño que “estudar”, eses si que son os meus meses de rascar a
barriga e creo que dentro de uns 3 meses ou menos xa pasarei o meu vídeo
xogo novo. Xabier
Lojo Pouso |
||
Pintura
en pulverizador.
Un día, estabamos eu e mais meu curmán axudando a meu tío a recoller un
estante, e encontramos pintura en dous botes con pulverizador,
dixémoslle se
no los daba, e el díxonos que si. Nós fomos pintar unha pedra xa que se
o facemos na parede á avoa mátanos. Por mala sorte gastamos os botes
enteiros, díxenlle a meu curmán se quería que collera uns botes na
casa. Claro está que dixo que si. Ao dia seguinte, cos botes que levara,
meu curmán o pequeno pintoulle a pata ao can, e meu tío quitóunolos e aínda
hoxe non sei nada deles. Á semana levei outros dous máis, e eu mais meu
curmán pintamos todo o que puidemos : estradas, arbores, pedras.... E
nunha desas decidimos ir á punta da pedra. Alí hai octoxésimas pedras,
e o mellor e que son super grandes, tivemos un cuarto de hora a pintar un
boneco. O máis divertido diso foi pensar nas caras que habían de poñer
os veciños ao velo. Yolanda Figueira Lago |
||
Este verán Adan foi co seu amigo Xosé de acampada. De súpeto desatouse
unha tormenta. Adan deuse conta de que a tormenta era moi forte e que a
tenda non resistiría.
-Temos que saír da tenda si non queremos saír despedidos polo aire.-
Gritou Adan
Xosé fíxolle caso e foron a unha cova que encontraran pola mañá.
Durmiron alí e pola mañá foron mirar como estaba o seu campamento.
Encontraron case todo desfeito, menos a mochila de Adan. El esperaba que o
seu móbil estivera intacto mais non foi así, estaba roto. Un compás e
un xersei seu que fora o que evitara que a mochila saíse voando. Cando
llo contou o seu a Xosé, este desesperouse. Adan animouno e díxolle que
tiñan que buscar unha idea. Ao cabo dun tempo Xosé dixo:
-Por que non nos guiamos polo sol?
A Adan pareceulle ben. Ao principio todo foi ben pero cando chegaron a
unha zona máis densa non se orientaban ben. Cambiaron de idea e foron a
un punto alto. Desde alí divisaron unha estrada a un par de quilómetros
ao sur. Como se facía tarde decidiron acampar na montaña esa noite.
Ao dia seguinte dirixíronse cara ao sur onde divisaran a estrada.
Levoulle case todo o dia, pero case entrada a noite chegaron á estrada.
Recolleuno un coche e levounos ata una comisaría de policía. Desde onde chamaron
a seus pais que foron recollelos. Iván Saborido |
||
|
||
|
||
|