"17 de MAIO :

DÍA das LETRAS GALEGAS"

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

 

PRESENTACIÓN EN RIANXO DE :

NIMBOS, CÁLIZ FERVENDO

Dinme buscar teus cen perdidos nomes

 

        Que a poesía de Díaz castro destila relixiosidade por todas partes é unha idea indiscutibel...  (X. L. Axeitos: Nimbos, cáliz fervendo)

        Noutrora, nunha tarde de outono facendo camiño con Xosé María Díaz Castro, envoltos en cores ocres, vermellas e moitas outras, abríuseme unha luz peneirada polo paso do tempo e comprendín, aínda máis o seu "Terra sucada"...  (Alfonso Blanco Torrado, Nimbos, cáliz fervendo)

       Se hai un poema que con tan só ser amentado consiga traernos á memoria o nome de Xosé María Díaz Castro ese é o moi célebre "Penélope".  (Armando Requeixo, Nimbos, cáliz fervendo.)

       Nos primeiros días do mes de maio de 2014 saíu do prelo o CADERNO  XXIX  do CENTRO RAMÓN PIÑEIRO para a investigación en Humanidades, titulado "Nimbos, cáliz fervendo",  nos que se recollen 25 traballos a redor de NIMBOS, coordinado polos catedráticos Luis Cochón e Luis Alonso 

1.  Completa unha pequena biografía do poeta homenaxeado nas Letras Galegas 2014.

2.   Por que Díaz Castro foi coñecido como “Pepe do Vilariño”?

3. Que son os "nimbos"?

4. Quen dixo isto?

        Que os amigos de Guitiriz nos convoquen a escribir sobre Xosé María Díaz Castro, é un xesto que equival a erguer un bosco de bandeiras. Esto derradeiro decíamo o Novoneyra”.

5.   Un poeta de Rianxo,  ao que xa se lle dedicaron  as Letras, tamén só publicou un libro en vida; quen foi o poeta e cal foi o título do libro?

6.   Completa esta información ( Outro de Rianxo homenaxeado coas Letras):

___________________ Gonçalves naceu en Rianxo en 1899. Emigrou a México, cando contaba con 16 anos, pero axiña regresou a Rianxo. Viaxou por __________  e América. Viviu varios anos en Buenos Aires e foi lector de español na Universidade de ___________. Morreu en Rianxo o 16 de__________de 1981. A parte dalgún poema a súa obra en lingua galega é narrativa e _______________.

7.  Sobre que trata o documental  "A lus do mundo".

8.  Atopa unha persoa que estivera no campamento militar de “Santa Cruz” de Parga e faille unha entrevista para saber como son aquelas terras.

9.  Que é  a “Casa das Palabras” de Guitiriz?

10.  Dise que Díaz Castro era moi amigo de Manuel María. Quen é Manuel María?

        O Manuel María deixounos escrito o seguinte de Díaz Castro:

        Xosé María Díaz Castro, ademáis dun grandísimo poeta, é un home esceicional. Ten, pese aos seus longos anos de estadía en Madrid e aos seus moitos saberes, un aspeito de vinculeiro de casa grande do lugar de Vilariño –que un día visitamos- de Os Vilares de Parga. É un home de mediano altor, ben proporcionado, ampla frente, cabelos plateados e ollada espresiva tras dos seus espejuelos como dicen os cubanos. As notas características da súa personalidade, ao noso xuicio, son: a autenticidade, a mesura e a humildade. Non intenta deslumbrar nen apampar a ninguén como tantos poetas "profesionais". A súa poesía e a súa vida son a mesma cousa como agudamente nos enseñou Otero Pedraio. Nada máis lonxe que Díaz Castro de esa "feira das vaídades" que é a vida literaria da que sempre estivo ao marxe. E fixo ben. A súa cortesía é sobría e requintada. Fala serea e pausadamente. Non é charlatán. Fala o xusto. A súa mesura venlle dada sen dúbida, pola súa formación clásica, perfectamente asimilada. Chamanos a atención o seu rexo temple moral e a sua enorme vontade demostrados, tanto nos seus lexítimos trunfos como nas suas adversidades. Díaz Castro ten un enorme pudor pra falar da súa persoa e da súa obra. E tamén unha certa timidez.

        Xosé María Díaz Castro é un home cordial, bo e xeneroso. Un home sen pretensiós que vai pola vida cos ollos abertos á beleza e o corazón aberto á paisaxe, aos animais, aos homes. Non esixe nada, non pide nada. Cando ten un pequeno reconocemento asómbrase e agradeceo moi fondamente porque lle semella escesivo. Nunca é importuno. Aos seus amigos dalles –danos- xenerosamente a súa limpa, fonda e sinceira amistade, do mesmo xeito que a cerdeira florece na primaveira ou o reiseñol canta e encanta nos máxicos días do luminoso maio.

Manuel María. (Revista Xermolos, nº 27, xaneiro de 1985).

 COMENTARIO.

1. Pon o texto en galego normativo.

2. Que facía Díaz Castro en Madrid?

3. Os seus moitos saberes... Cantas linguas din que dominaba?

4. Que son os vinculeiros?

5. Como era fisicamente Díaz Castro?

6. Que son os “espejuelos”?

7. Cales son as notas da personalidade de Díaz Castro segundo Manuel María.

8. Quen foi Otero Pedraio?

9. Formación clásica... Onde estudou o poeta?

10. Como reacciona ante as homenaxes?

 

1.- O Concello no que naceu o escritor que lembramos o 17 de maio de 2014, a que provincia pertence? 

Como é o xentilicio da xente deste Concello?

2.- Que nomes recibiu este Concello?

3.- Cales son os seus concellos limítrofes? A que provincia pertencen?

4.- Que representa o seu escudo municipal?

5.- Que cores ten a súa bandeira?

6.-  A que comarca pertence?

7.- Que monumentos destacan?

8.- Que festival de música se celebra?

9.- Que aproveitamento se fai das augas?