"ORBALLO DA MAÑÁ"
David D. Vázquez Álvarez
A NOSA LINGUA |
||
Naceu
a nosa lingua espida Entre
árbores, flores e auga, Na
natureza salvaxe laura Das
altas serras altivas, Nas
teimudas montañas verdes, Tralo
fondo val da miña terra. Naceu
no silencio da noite, No
agarimoso balbordo do río, No
muiñar suave do vento, No
escuro outono dourado, Na
serea brancura do inverno. Pariuna
miña nai, Galiza Nun
doce berce de escuma, Alá
na beira do mar. Medrou
coma un áxil meniño Brando
e fermoso,esperto No
colo destas terras bravas Sen
dono, sen amo, sen fin.
|
Xentes
chegaron de fóra Que
a quixeron agachar. Con
lanzas,frechas e escudos, nola quixeron roubar. Con
tormentos , ameazas e penas Quixérona,
para sempre, amedrentar. Escoundeuse
no fondo do río E
voou riba das nubes. Refuxiouse
na alma das xentes Que
a arrolaron ditosos Co seu doce melodioso cantar.
Capaces
non foron teimudos Da
nosa boca calar ! Resistiu
a nosa lingua afouta, Nun
monte Medulio sen fin, Como
resistiran os nosos galegos Denantes
que a Roma render. E
resiste agora, as traizóns De
todas aquelas bocas Que
a queren … ¡covardes! Para sempre enmudecer. |
Cómo poden as nosas palabras en linguas estrañas chorar? Se
non renuncia a auga clara Ós
seus cristalinos mananciais, Nin
o vento suave do leste Ó
seu axitado mar. Se
non deixa o claro día Ó
seu afastado relucente sol, Se
non renuncia a pálida lúa Á
súa misteriosa enfeitizada noite… Cómo
podes ti a túa lingua ignorar? Como poden as nosas xentes noutra lingua cantar, e
noutro idioma soñar? Cómo
pode o teu corazón Noutras verbas amar?
Quen
ó seu sangue despreza, Non
quere a quen foi o seu pai. Quen
a súa lingua non quere Despreza,
á súa terra nai. E
quen dela, decote, renega… galego non se pode chamar. David D. Vázquez Álvarez |
O día 18 de decembro de 2013 despois do primeiro recreo, fomos ó salón de
actos. Alí esperábanos David Daniel Vázquez Álvarez, autor de varios libros, entre eles ORBALLO DA MAÑÁ..., o que lemos nós
os alumnos de 2º de ESO do IES Félix Muriel. Naceu en Valdeorras, e comezou a
dar clase en Abanqueiro. Dixo que, cando queiramos escribir só temos que deixar
que o bolígrafo flúa polo papel. Os libros eran a antiga internet. Falou dos
micro relatos, pequenos relatos que contan grandes historias. Unha
compañeira leu o resumo que se topaba na contraportada do libro e David contounos que, cando daba clase, unha
rapaza díxolle que a vida non se pode resumir en cinco liñas, nin nunha
historia.
Falou tamén das musas, que é aquela cousa que nos inspira, e nos transmite
todo o que precisamos para escribir. En “Orballo da mañá...“ contase que
Nadia cruza o estreito coa súa familia para vir a España. A xente que ven
dende África, non é consciente do que lles pode pasar. Pagan grandes
cantidades de diñeiro para vir a España e intentar conseguir unha mellor vida,
con mellores condicións. Dos seus libros ten nove publicados e seis sen
publicar. O seu próximo libro tratará sobre a conquista de Galicia polos
romanos,
Logo diso comezaron a facerlle preguntas:
- De pequeno quería ser escritor?
-Non, nin son escritor agora.
- De todos os libros que escribiu
cal lle gustou máis?
-Non
teño un preferido. Cada libro é como un fillo para un pai; diferentes pero a
todos se lles teñen cariño. Pero hai un que me gustou moito porque introducín
cousas que me contaron meus pais ao longo da vida
-Por
que os que axudan aos necesidados son os máis humildes?
-Porque eles xa saben o que é non
ter nada, pasar fame, no ter teito... Por iso aportan o seu granciño de area,
por pouco que sexa. A necesidade agudiza a cooperación.
-De
onde lle veu a inspiración para escribir este libro?
-Pois cando un escribe deixase levar e deixa que as ideas flúan. É o que fixen e fago eu
-Con que personaxe se sente máis
identificado?
-Cos da miña idade, porque os maiores
temos esa tendencia a ensinar.