"O MUNDO SECRETO DE BASILIUS HOFFMAN:
O LADRÓN DE SOÑOS"
Fernando Cimadevila
VISITA
DE FERNANDO M. CIMADEVILA
O
día 2 de abril, veu ó noso instituto Fernando M. Cimadevila. Tras chegar
ó salón de actos, comezou a falar.
- Díxonos que para facer o libro de O mundo secreto de Basilius
Hoffman. O ladrón de soños comezou a escribir intentando redactar
unha novela xuvenil, pero que, despois, mentres se desenrolada a novela,
acabou escribindo unha de fantasía.
- Contounos un pequeno resumo do libro. Mentres, íanos explicando
algunhas cousas sobre el. Díxonos que se facía referencia a algunhas
lendas exipcias, contounos porque había tantos gatos e a historia de
Shambhala (A Atlántida para os de occidente).
- Logo, fixéronlle unha pregunta sobre seu tío Carlos á que él
respondeu facendo referencia á un libro de montaña que está escribindo,
no que o protagonista se chama Carlos, como seu tío, quen aínda non o
sabe.
- Rematada esta pregunta, formulou el unha. Preguntou que personaxes nos
gustaran máis e logo, fíxonos levantar a man para saber a quen lle
gustaba cada personaxe. -
Contestando a unha pregunta, falounos sobre o Argestes. -
Logo desa pregunta, houbo algunhas máis: ·
PREGUNTA:
Seguirá a historia de Iskiel? ·
RESPOSTA:
Si, en todos os libros. ·
PREGUNTA:
Por que son os debuxos da portada? ·
RESPOSTA:
Son runas. Logo formuláronse unhas cantas preguntas máis, ás que el respondeu. Acabada a charla, ós que tiñamos o libro, pasamos a firmalo. Foron diversas as súas dedicatorias, mais todas xiraban ó redor dun mesmo tema: Un mundo secreto. Alba
Vicente Muñiz |
FERNANDO M. CIMADEVILA Na
súa infancia encantáballe ler, gustáballe tamén a arqueoloxía, os
libros de Miguel Allende, a mitoloxía e as lendas. Tan fan era dos libros
que, antes de dedicarse á escritura tivo unha librería de cómics e
libros fantásticos.
Cando
comezou a súa carreira de escritor, quería crear unha historia xuvenil
(fantasía). Na actualidade, cre que é a moda realizar triloxías de
libros, pero ás veces realízanse triloxías debido a que son tantas
cousas que o autor que contar, que non collen todas nun só libro. O
primeiro libro de “As aventuras de
Basilius Hoffman”, está baseado en lendas de diferentes lugares. LENDA
DE SEJMET O
deus exipcio do sol decidiu castigar aos humanos polo pouco culto
outorgado aos deuses, polo cal decide enviar a Sejmet (deusa do poder
destrutor do sol), a cal se converte nunha serpe xigante, arrasando pobos
e campos de cultivo. Convertendo así o fermoso Exipto nun árido deserto. Para
desfacerse dela, os exipcios tinguiron o Nilo de vermello, cun derivado da
cervexa, a malta. Como Sejmet era unha deusa realmente
sanguinolenta, foi beber ao Nilo pensando que era sangue. Selmet
emborrachouse, e avergoñada, volveuse a converter na deusa Bastet. CIDADE
PERDIDA DE SHAMBALA É
unha cidade perdida no Himalaia, como para nós (os occidentais) é a Atlántida. A
ATLÁNTIDA A
cidade da atlántida (segundo Platón) podía atoparse no Atlántico ou no
Mediterráneo. Era un continente que afundira po un cataclismo, que as
culturas antigas
explican como obra dos deuses. ANEL
TOTENKOPFRING Hitler
colleu uns alpinistas e mandounos ao Himalaia en busca de Shambala. Pero
nunca volveron. En expedicións posteriores, atopouse un anel pertencente
a un dos exploradores (entre 1934-1940). No libro, Basilius pensa que os
alpinistas puideron causar o desaloxo do lugar. SEGUNDO
LIBRO Fernando
realizou un segundo libro, xa publicado, no que os protagonistas terán
severos problemas co somnium (o catalinador dos mundos). Ademais
descubriranse moitos dos segredos de Gabriel. Neste
libro seguira a historia de Iskiel. Esta é unha metahistoria, é dicir,
unha historia dentro doutra. NOVO
LIBRO Ten
pensado facer unha triloxía, e, nese último libro falará da xuventude
de Basilius e centrarase en cada un dos personaxes. PREGUNTAS 1.-
Que significa o nome de Argestes? Argestes
é o nome dun dos deuses gregos do vento, concretamente do vento do
sureste. 2.-
Como definirías os soños? Eu
creo que se pode definir como un pensamento inconsciente que se forma na
nosa mente. 3.-
Por que elixiches o Yidaki e non outro instrumento? Elixín
o Yidaki (ou Dijeridoo) porque nas culturas indíxenas é un instrumento
relixioso capaz de abrir o pensamento. Segundo
teño oído isto ocorre porque o Yidaki tócase soprando e respirando á
vez, polo que non chega o aire suficiente ao cerebro e comezas a ver
cousas. 4.-
Por que na portada aparecen runas? Porque
as antigas culturas crñian que as runas (a escritura) tiña poderes. 5.-
O Sol Invictus é real? O Sol
Invictus (sol vitorioso) é real. Celebrábano os
romanos, pois antigamente os solsticios eran moi importantes. 6.-
Por que elixiches a mazá dourada como símbolo de Avalon? Porque
a mazá dourada simboliza a sabiduría. 7.-
Avalon existe de verdade? Avalon
(da historia Artúrica) era unha illa fóra das cobizas e dos homes
impuros, na cal se garda a sabedoría. Eu imaxineime a Avalon na
actualidade, e convertina nunha gran biblioteca. 8.-
Que che fan sentir os libros? Eu
penso que cada vez que les un libro descobres cousas sobre ti mesmo. Os
libros fanche pensar e reflexionar. Aida Barros Ces |