"UNHA ESTRELA NO VENTO"
Ledicia Costas
LIBROFORUM
VISITA
DE LEDICIA COSTAS
O martes os noso profesores
de Galego, Matemáticas e Naturais leváronnos ao Salón de Actos para que
Ledicia Costas nos explicara como veu o de facer un relato como ''Unha
estrela no vento''. Díxonos que era de Vigo e
na súa época de estudante estaban de moda as pelexas de bandas. Comezou
a escribir o libro cando tiña 16 anos debido a que ao seu mellor amigo
lle deran unha malleira (agora xa sabemos a quen lle ven dedicado o
personaxe de Miguel). O personaxe de Abel
veu de que había un rapaz duns 16 anos, no seu entorno, que lle caía moi
ben á xente inda que tivera unha minusvalía ía aos mesmos bares e
relacionábase coma outro calquera. Reina, a famosa Reina, veu de que
cando Ledicia tiña 15 anos e á súa clase chegara nova unha rapaza
xitana coa que ninguén andaba e ela tampouco se quería relacionar con
ninguén (pola diferenza de culturas), ata nos dixo que ela mais unhas
amigas foron mirar onde vivían e déronse conta de que vivían no medio
do monte nunhas tendas de campañas e que a puxo no seu libro para
facerlle un homenaxe. Tamén lle fixemos preguntas
como por exemplo: - Porque fixeches que Miguel
tivera unha vida tan desdichada? Ela respondeu: - Non me parece que a vida
de Miguel fora mala, só me pareceu que si ía facer un libro preferiría
facelo de cousas reais. A ver non todas as cousas do libro son reais pero
a maioría si que o son, e por iso puxen unha vida así para Miguel. Gústame moito que os
autores dos libros poidan vir ao noso instituto por que así pódennos
explicar esas cousiñas que non se entenden moi ben e en que está baseado
para escribir este libro. Tivemos a sorte de que viñera
Marcos Calveiro (''Palabras de Auga'') e agora mais aínda con Ledicia
Costas (''Unha estrela no vento'') Quero darlle as grazas a
todos eses autores marabillosos de libros en galego, a nosa lingua. Carlota Rial Ordóñez
|
O martes 25 de marzo veu a o instituto Ledicia Costas,
a escritora e ´´ Unha estrela no vento ´´. O principio
falounos das pelexas entre bandas que había cerca do seu entorno e tamén falou
de cada personaxe, e dixo que cada un tiña unha historia, contounos algunha
como: A historia
da pelexa que tivo Miguel, na realidade fora un amigo seu o que saíra ferido,
non dun navallazo , senón dun botellazo. A continuación,
fixémoslle moitas preguntas antes de que se puidera ver un vídeo que tiña
preparado sobre o ciberacoso dunha adolescente en Canadá. Ao final esa rapaza
acabouse suicidando. Finalmente o
acabar de velo tivemos que marchar para o recreo, pero antes asinounos o libro
mentres o profesor de galego lles sacaba fotos a todos os que querían ter unha
imaxe coa autora Lucía Casal Lodeiros |
Ledicia Costas contounos que
fixera “Unha estrela no vento” co fin de demostrar no que estaba a vivir ela.
Unha das cousas que nos contou máis parecida foi as pelexas de bandas. Unha
delas era a TCB (The Criminals Boys). Antes, no instituto non había un
“cerrado” e xente doutro instituto podía marchar do seu, sen avisar, e
entrar noutro. Así o que se facía normalmente era que unha banda doutro
instituto viñera ao dela (ou o dela ir a outro) a pelexarse (pero antes acostumábase
pelexar en bandas) e cando empezaba a pelexa a xente do redor, ao non querer saír
malferida, escapaba a correr. Ata un amigo da autora, vira a un home desangrándose,
e morrer. Na porta do instituto era normal que case sempre houbera policía,
pois traficábase con droga. Agora centrándose un pouco máis
no libro, contounos varios pensamentos que tivo a ora de crear os personaxes,
etc. -O Maqui, púxolle ese apodo por
só unha razón, ela tiña un profesor que lle chamaban Máquina e sempre lles
estaba contando historias (coma o Maqui). -Porqué morre Ábel? Bueno, a
escritora non respondeu directamente, e dixo que había unha banda que facía
moitas trasnadas e a xente ao velos, acostumaban escapar donda eles, pois o xefe
desta banda tiña un irmán máis pequeno que era diminuído físico e psíquico,
e tratábano como se fose unha persoa normal, é non coma un rapaz diminuído
(como lle pasaba a Abel na lagoa , cos amigos de Miguel). Abel morre porque,
como escribín o principio, a xente morría desangrada (algún, e hasta a banda
de TCB, aínda que o xefe era pequeniño, un día de discoteca estampáralle
unha botella de cristal a un home na cabeza). -Existe a Lagoa? Si, a Lagoa
existe, é un bar que intenta imitar os bares daquela época, e ademais a banda
que facía as trasnadas reuníase alí para xogar ao billar (como ocorre no
libro). -Porqué é mala a vida de
Miguel? A autora cre que a vida de Miguel que non é das peores, e que se o ves
doutra forma non é tan mala, ou a vós parécevos que si (dixo ela ). A xente
respondeu cunha palabra: sí (case todos o dixeron) ou no (pouquísimos). -Porqué morren os pais de Abel?
A autora responde que son cousas que poden pasar, e no seu libro , ela
imaxinouno así. -Porqué lle puxeches ese título?
- Por que ao final do libro Miguel dí que Abel será coma unha estrela no vento
(irrecuperable)
A outra razón é que non se lle dá moi ben
poñer títulos e que tamén lle pasou co corazón de Xúpiter -Porqué Miguel é tan poético?
Porque Ledicia (a autora) cre que todo personaxe ten un “don” e Miguel,
ademais da pelexa, gústalle facelo. - Porqué xitanos? Por que ela tiña
unha compañeira xitana que sempre estaba soa e vivía no monte nunha cabana, e
ela quíxolle “dedicalo” aínda que seguramente nunca o lera. -Porqué é así o Maqui? Por que
aínda que calquera persoa pode parecer boa (ou ser), pode dar un cambio
repentino, coma o Maqui. Ao final vimos un vídeo onde
unha persoa (Amanda todd) sufría acosamento cibernético e escolar por ensinar
os seos nunha vídeo chamada, el dinos que se intentou suicidar e pero chegou a
ambulancia, e salvouna. Pasou algo e a xente pegáballe, ela xa empezara a
consumir drogas e “calmadores”, ao final, por pena de todos Amanda suicídase
tomando lixivia. Se queres saber a miña opinión
encantoume a visita da autora por que ela escribiu o meu libro favorito, (Unha
estrela no vento) pero desexaría non haber sabido de Amanda nin haber lido a súa
vida, iso non me gustou nada. O maltrato tamén se lle chama
"bullying". |