"ÁMOTE  LEO  A.

ESTACIÓN XALUNDES"

Rosa Aneiros

Xabier Lojo Pouso

Xavier Collazo Iglesias

Zoran  Conde Comojo & Alez Iglesias Ordóñez

 

Marta López Eiras & Nuria Tubío Ramos

 

Paula Iglesias Franco & Ainara Romero Varela

 

Yolanda Peneiriro Aido

 

Sandra Ordóñez Batalla & Yolanda Figueira Lago

Laura García Moares

Alba Vicente Muñiz

Mario Rodríguez Tubío & Adrían Vidal Lorenzo

Lucas Tarrío Lijó

Aida Barros Ces

COMENTARIO

1.  Páx. 11. Comeza por fin a miña volta ao mundo en  cento oitenta e dous días. Que famoso personaxe a fixo en  80?.

2.  Páx. 13. Leo  foi consciente  unha vez máis da chantaxe e non dubidou.  Explica que é unha chantaxe.

3.  Páx. 19. Repetiuno seis ou sete veces coma un mantra. Que é un mantra?

4.  Páx. 20.  Leo formalizou a matrícula en Ciencias Empresariais. Por que estudou  esta carreira?

5.  Páx. 21. ...e a cabeciña andaba sempre nos biosbardos. Pon esta frase con outras palabras.

6.  Páx. 21. ...buscaban carreiras tapadeira. Que estudaron Castelao, Manuel Antonio, Rajoy, Xosé Ramón Gayoso, Gran Wyoming ?

7.  Páx 22. Non fun de Erasmus. Que é o Programa Erasmus?

8.  Páx 22. A onde xuraron ir os membros do grupo de Leo?

9.  Páx 23. A do concerto de Sés... Quen é Sés? Que música rianxeira toca con Sés?.

10. Páx 29. Pois para entender Lisboa terás que ler a Pessoa. Fai unha pequena biografía do escritor portugués Fernando Pessoa.

10-1 Que tipo de música representa a Lisboa? En que parte da cidade moitos establecementos  públicos a teñen?

11. Páx 30. ... teño localizados moitos puntos de  bookcrossing.  En que consiste o bookcrossing?

12. Páx 49.  ... para mercar unha planadora e darnos ao narcotráfico. En que consiste esta actividade?

13. Páx 49. Para o mestrado. Que é o mestrado?

14. Páx 52. De catro a catro navego... Busca o texto de Manuel Antonio do que parte.

15. Páx 60 ...a fermosura de La Pedrera. Que é La Pedrera?. Que outro nome ten?.

16. Páx 76. Sabes onde fica Ushuaia, non?. Onde?

17. Páx 77. ... un asasino en serie convertido no noso sacaúntos patrio. Quen é o máis famoso "sacaúntos" galego?.

18. Páx 80.  Sigo na cidade de Gaudí. Quen foi Antonio Gaudí?

19. Páx 87. ... atrapados no magnetismo da Cidade Condal. Por que se lle chama así a Barcelona?

20. Páx 89. Era un libro de poesía de Joan Margarit... A que poeta se lle dedican  este ano As Letras? Pon  unha estrofa dunha poesía súa.

21. Páx 94.  ... tiveron que bater cos pés no cu. Pon outras dúas frases que signifiquen o mesmo (sinónimas).

22. Pax 97. "Esqueleto gigante de sultana gloriosa escribiu Lorca".  Que escribiu Lorca en galego?

23. Páx 97. A Alhambra medra  maxestosa. Que é a Alhambra?

24. Páx 100. Frida  Kahlo. Quen foi esta muller?

25. Páx 109. ... e as ruínas de Palmira?.  De que se trata?

26. Páx 109. Wikileaks. Que é?

27. Páx 111. E a Senegal? Cal é a capital do Senegal? Por que é famosa esta capital?

28. Páx 113. ... o tintinar da Berenguela. A que se refire?

29. Páx 114. - Veña, Marco Polo. Quen foi este home?

30. Páx 116. ... e ascenderon ao Sacromonte. Que hai no Sacromonte?

31. Páx 118. Xa sabes, un banco de tempo. Que é un banco de tempo?

32. Páx 123. A mesquita de Córdoba, claro! Fai unha pequena ficha deste monumento.

33.Páx 123.  Edmundo estendía o seu matapiollos cara ao aire. Como se denominan popularmente os nomes dos dedos en galego?

34. Páx 125. ...o olor do “salmorejo”  nas mesas de cadros. Que é o “salmorejo”?

35. Páx 128. Que lles pasou aos viaxeiros con Sevilla?

36. Páx 145. A súa intención era visitar o parque natural de Los Alcornocales e o de Grazalema. Que son os parques naturais? Cales temos en Galicia?

37. Páx 157.  Que edificios e xardíns  da  Alhambra se nomean nesta páxina?

38. Páx 161. Non te imaxinas o coñecido que é o Camiño en Brasil grazas ao escritor Paulo Coello. Fai unha pequena biografía deste escritor.

38-2. Que se coñece por Camiño de Santiago?

Cal é a súa orixe?

Cales están hoxe recoñecidos?

38-3. Que é a Compostela?

Que requisitos hai que cumprir para obtela?

38-4. Que personaxes peregrinaron a Compostela? (Reis, raíñas, políticos, xente da cultura...)

39. Páx 181. Veña, vinde para o noso riad. Que é un riad en Marrocos?

40. Páx 188. Marrakech é un oasis aos pés do Atlas de cumios nevados. Que é o Atlas?

41. Páx 191. O boureo medraba e a presenza de toldos anuncioulles  a chegada ao zoco. Que é este zoco?

42. Páx 194.  Djema el Fna. Por que é a praza da advertencia?

43. Páx 225. Agárdanme as montañas do Atlas marroquí coas súas  kasbahs misteriosas... Que son as kasbahs?

44. Páx 235. De Marrakech aprendería que nada é o que parece. Explica esta frase.

45. Páx 238. E Leo,  que adoraba a película Casablanca.  Quen son os principais intérpretes?

En que época está situada a historia?

46. Páx 239. O xacemento de  Gizeh. Que destaca eb Gizeh?

47. Páx 247. Aterrar no  aeroporto Ataturk de Istambul. Como se chamou tamén esta cidade?

48. Páx 248. Cantan os muecíns. Que son os muecíns?

49. Páx 250. As rapazas de  hiyab e túnica. Como é esta vestimenta?

50. Páx 250. Sol sobre o Bósforo. Que é o Bósforo?

51. Páx 253. O famoso Corno de Ouro. De que fala a autora?

52. Páx 254. Aquí Europa e alá, Asia. Como é isto?

53. Páx 267. Iso é o couchsurfing. En que consiste?

54. Páx 278. ... dórico, xónico ou corintio. Que son?

55. Páx 279. Se a Medusa te mira de fite... Que di a  lenda?

56. Páx 279. “A cabeza da Medusa” de Marilar Aleixandre. Que outras obras ten esta autora?

57. Páx 279. Ningunha mirada, por moi atravesada que for, lle botaría o mal de ollo. Que é o mal de ollo?

58. Páx 281. Agrupadas por gremios... Que eran os gremios? Que rúas ou prazas quedan en Santiago que lembren aos gremios?

59. Páx 287. Claramente marcada polo minimalismo. Que se entende por  minimalismo?

60. Páx 289. A ameaza de posible contaminación radiactiva na central nuclear de Fukushima... Que pasou en Fukushima?

·         Copia Copia un texto narrativo

·         Copia un texto descritivo

·         Copia un diálogo ( 4 intervención mínimo)

Opinión persoal:

·         Gustoume                   Non me gustou                       Cambiaría