"PALABRAS DE AUGA"

Marcos Calveiro 

LIBROFORUM

 

        -Mamá! Mamá! Hoxe no IES, na hora de ciencias naturais, visitounos  o autor dun libro titulado “Palabras de auga”, o libro que estamos a ler en lingua galega. O escritos contounos que a súa inspiración creouse ao ver unhas mulleres africanas, “les termiteres”, roubando os grans, que as formigas almacenan, para dar de comer aos seus fillos.

        Tamén se inspirou  no feito de que as mulleres eran as que levaban o peso na tribo: ían buscar  auga, sementes, coidaban do gando… Os homes cazaban ou pasaban o tempo xogando ao “bao”.  Un xogo do que hai moitas formas de xogar e que os inmigrantes africanos estaban introducindo en Europa. En Cataluña hai campionatos deste xogo.

        Na historia fai referencia aos conflitos que hai en África. As compañías multinacionais arrancan as riquezas naturais do continente: petróleo, diamantes, uranio… é o coltán, un mineral que só hai en äfrica e imprescindibles para fabricar: tablet, teléfonos móbiles, ordenadores…

        Nesta situación prodúcense moitas guerras nos estados “artificiais” que deixou a colonización europea, na que se separaron tribos e xuntáronse outras , o que provoca continuas guerras, golpes de estados… coa aparición de “milicias”, exercitos privados, nenos guerreiros…

        A violencia, a sequía…. provocan unha gran migración de persoas cara Europa, a pesar das grandes penalidades  que teñen que pasar, buscando un futuro mellor para os seus