E TI, QUEN VES SENDO E QUE FAS?

    

DOLORES FIGUEIRA CAROU e EDUARDO CES HERNANDEZ

        Dolores (Lola) e Eduardo (Pacheco) son os meus avós, antigos traballadores e actuais propietarios do Bar Pacheco. Aquí recollín as viaxes do meu avó, retallos da historia do bar que me proporcionou a miña avoa e tamén me contaron como era a vida de antes.

- Navegantes...

        - En que barcos navegaches?

        -O primeiro barco no que me embarquei foi nun holandés, de nome “Laura”. Posteriormente naveguei en tres alemáns, o “Sil”, o “Aegir” e o “Tor”.

        - Dos catro barcos en cal navegaches máis?

       -No “Laura”, o holandés.

       - Por que lugares navegaches?

        -Por onde máis navegabamos era por Casablanca (Marrocos) e por Noruega (nos Fiordos). Tamén viaxamos por Suecia, Polonia, Dinamarca, Holanda, (Rotterdam, Amsterdam), Alemaña, Canadá, Inglaterra, Brasil, Francia, Italia...

        - Cal foi o lugar que máis che gustou?

        -Gustar gustáronme todos, aínda que eu non baixaba moito á terra.

        - Acórdaste dalgunha anécdota ou de algo que che chamara a atención?

        -Recordo que para ir dun lado a outro do barco necesitabas unha bicicleta Tamén me acordo de que nunha das travesías construín a maqueta do barco “Aegir”.

        - Atopaches a algún coñecido entre a tripulación?

        -Si, a Xosé  “o Bacarizo”, a Francisco “o Comoxo”, a Manolo “o Pinchudo”... Persoas de por aquí.

         - Que mercancías se transportaban nos barcos?

-        O holandés levaba carga xeral, o “Sil” era un barco cisterna, e os outros dous transportaban minerais.

- O “Bar Pacheco”...

        - En que ano abristes o bar?

       -Abrimos o bar o 12 de decembro do 1970.

       - Cal foi a razón de quere abrir un bar?

        -Pois decidimos abrir o bar porque meu home traballaba navegando e eu na conserva de Escurís López e, ao abrir o bar eu podería deixar a conserva e dedicarme a explotalo negocio.

       - A que ven o nome do “Bar Pacheco”?

       -O nome ven pola familia do meu home, os “Pachecos”.

       - Quen estaba a cargo do bar habitualmente?

        -Habitualmente estaba eu soa, axudábame Eduardo cando viña de traballar. Máis tarde empezaron a axudarme os fillos, pero só cando estaban libres, pois estaban estudando.

        - Cantos anos traballaches no bar?

       -Traballei durante 34 anos.

        - O bar sempre estivo no mesmo local?

       -Si, sempre estivo no mesmo local.

        - Cando pechastedes o bar? Por que?

        -Pechámolo no 2005, porque me xubilaba eu.

        - Alugástelo algunha vez? A quen?

        -Si, aos da Candosa dous anos, e, despois a Alejandro, que este ano fará seis anos de aluguer.

        - Houbo algunha tradición no bar?

        -Si, durante os primeiros anos fíxoselles a cada cliente “seguro” (que viña diariamente) unha xerriña co seu nome para pórlle o viño. Estas estaban colgadas da parede, cada unha tiña o seu sitio exacto. A finais chegamos a ter máis de 300 xerras.

- A vida de antes...

        - Antes tíñanse máis fillos, cantos irmáns érades vós?

        -Lola: Nós eramos 14, 7 homes e 7 mulleres.

        -Eduardo: Nós eramos 6, 5 homes e 1 muller.

        - Fostes á escola?

        -Lola: Fun moi pouco tempo, aos 9 anos xa empecei a traballar. Pero sei ler, escribir, facer contas... Grazas ao negocio axilicei e aumentei o que xa sabía.

        -Eduardo: Fun ata os 12 anos. Aos 14 comencei a traballar nu serradoiro de madeira en Bico de Mar (Ponte Beluso).

        - Como eran as escolas?

        -Acostumaban ser casas particulares nas que había un só profesor que daba todas as materias.

        - Que tarefas ou labores faciades na casa, no campo...?

         -Íamos a apañala herba para os animais, ir ao batume para estralos, ir á leña, ir á fonte, ir a botalo millo, sementar, poñer patacas...

        - Como se acostumaba traballar?

        -A pé, eu teño ido coa miña nai ata Noia, ata Padrón, ata Fruíme... Se non tíñase que ir no Celta, pero carto non había, polo que non moitos tiñan o luxo.

        - Como transportabades as mercancías que queriades vender?

        -Normalmente levábamos cestas á cabeza. Tamén temos ido a coller piñas ó monte para vendelas, algúns rubían polas árbores arriba, outros colliámolas con ganchas (paus longos cun gancho de metal na punta) despois levabámolas en sacos á cabeza, percorríamos moitos quilómetros.

        - Cal era a alimentación básica ou que se podía permitir a xente da aldea?

        -Os pobres caldo, pan de millo, fabas, verduras e unha peseta de unto. Os ricos comían mellor. Algúns! Outros, por vendelo e obter máis cartos xa non o comían!

Aida Barros Ces

   

MARÍA JOSÉ FRANCO MOSQUERA

     María José nace un 28 de abril, ten 35 anos e è unha muller moi responsable no seu traballo. Ela é auxiliar de enfermería.

    1. Gústache este traballo?  

    - Si. Porque è un traballo no que podes axudar á xente e ademais onde eu traballo acábaselle collendo cariño aos residentes. Tes unha relación case familiar.

      2. Porque estudaches isto?

      - Porque sempre me gustou a rama sanitaria e fixen auxiliar de enfermería. Despois como me gustan moito as persoas maiores fixen o curso de xeriatría.

      3. Recomendarías que estudaran isto?

      - Ben, eu recomendaría que se estudase un pouco máis, para facer isto, sempre hai tempo. Pero se vos decidides por isto, pensádeo, porque é unha cousa que ten gustar moito.

      4. En que consiste este traballo?

      - Este traballo consiste en axudar as persoas maiores nas necesidades, da vida diaria. Somos como coidadoras. Axudámoslles no que necesitan, pero tamén intentamos que se divirtan e o pasen ben.

      5. Custouche moito traballo estudar para isto?

      - Moito non. Cando unha cousa che gusta non dá moito traballo facelo.

      6. Gústache traballar en equipo coas túas compañeiras?

      - Si. O noso traballo haino que facer en equipo. A verdade é que teño unhas compañeiras estupendas, axudámonos unhas as outras e así levamos moito mellor o traballo.

      7. Como te levas cos residentes?

       -Moi ben. Como en todos os sitios sempre tes máis afinidade con uns que con outros, pero en xeral moi ben.

      8. Si non foras auxiliar de enfermería que serías?

      - Poia a verdade nunca o pensei, sempre me gustou isto.

      9. Danche moito traballo as persoas maiores?

       - Moito non. Sempre dan algún, porque para estar nun centro, coma no que eu traballo, teñen que ter algunha minusvalía,enfermidade…. Pero tamén nos dan alegrías, por exemplo se un dia che ven tristes sempre acaban sacándoche algún sorriso, e a maioría dannos moito cariño.

    10. En cantos sitios traballaches? De cal tes máis recordos?

     - Estiven uns meses no hospital e agora levo tres anos na residencia.

      Máis recordos na residencia, porque levo máis tempo e case sempre son os mesmos residentes, mentres que no hospital cambian continuamente.

    11. En Nadal póñenlle a árbore? A eles, gústalles isto?

      -Si. Facemos un Nadal o máis parecida o que puidesen ter na súa casa. Con árbore, Belén, comidas, ceas e tamén con regalos. Sempre vén Papa Noel e os Reis Magos traen o que poden: Aínda que sexan uns caramelos, eles quedan moi contentos. En fin de ano temos música e incluso bailamos. Pasámolo fenomenal, iso si, pola tarde en vez de pola noite.

    12. Cres que o teu traballo e só para mulleres?

       -Pois non. Eu tamén tiven algún compañeiro home. Isto serve tanto para homes como para mulleres.

       Paula Iglesias & Sandra Ordoñez

ROI CASAL

        Roi Casal naceu en 1980 en Catoira, é un músico, cantante e compositor galego. Estivo en Milladoiro 9 anos onde aprendeu case todo o que implica a súa carreira.

1.-Cal e o teu nome?

-É Roi Casal Figueira.

2.-De pequeno a túa ilusión xa era ser músico?

-Si.

3.-Cal foi o instrumento que máis che chamou a atención dende sempre?

-A arpa.

4.- Como se che ocorreu o de cantar en galego?

-Non se me ocorreu, como dende sempre falei galego déuseme a idea de cantar en galego.

5.- Quen che inspirou para seguir o camiño da música?

-Meu pai (Nando Casal) e Milladoiro

6.- Cantas cancións compuxeches ata agora?

-Moitas, polo menos, máis de 40.

7.- Cal e a túa favorita?

-‘’Rosa’’, a primeira canción do meu terceiro álbum.

8.-Cantos discos tes? Cales son os seus títulos?

-Tres, ‘’Lendas douradas’’(2009), ‘’Maxicamente vello’’(2011) e ‘’Donos do noso destino’’(2014).

9.-As cancións van dedicadas a alguén en concreto?

-Algunha si, ao galego e o meu fillo Nuno entre outros…

10.- En cantos sitios distintos tocastes desde que comezaches de músico?

-Toquei en moitísimos, levo 14 anos tocando polo que pasei por mais de 300 lugares distintos.

11.- Cal foi o sitio onde mais che gustou tocar?

-En Catoira.

12.- Os teus comezos foron no Milladoiro co teu pai, serviuche esa experiencia para logo tocar ti só?

-Foi fundamental para min, aprendín moito da música e da vida propia estando con meu pai.

13.- Cal foi o mellor consello que che deu teu pai?

-Que conseguira a independencia para poder facer o que quixera

14.- Dos instrumentos que tocas agora, cal che atrae máis?

-A zanfona, porque o instrumento ao ser galego poucas persoas o coñecen, e nós, ao combinalo con guitarras eléctricas, conseguimos unha sonoridade moi característica.

15.- Conoceches algúns famosos nas túas xiras?

-Si, coincidimos habitualmente con músicos de primeiro nivel. Por exemplo coñecín a Chuchito Valdes en Talavera de la Reina.

16.-Actualmente estás compoñendo novas cancións?

-Si, de feito acabo de gravalas no meu terceiro disco.

17.-Algunha vez tiveches problemas nun concerto?

-Si, só unha vez de carácter técnico e non fan pasar a ninguén un bo momento.

18.- Dedícaste a algo máis que a tocar?

-Aínda que ultimamente estou moi centrado na música tamén son farmacéutico.

19.-Que lle pediches ao ano novo?

-Que esta xira nova saia ben e poder seguir gozando coa música e os meus seguidores.

20.-Pedíronche algunha vez autógrafos?

-Moitas veces, a 200 euros (rindo sarcasticamente)

21.-Como te sentes cada día que tes que tocar diante de moita xente?

-Ao principio (cando tiña 19 anos) estaba nervioso pero actualmente estou tranquilo, síntome peor si teño que tocar para pouca xente.

22.-Tiveches algunha aparición na televisión? Estabas nervioso?

-Tiven nesta profesión varias ocasións pero non estaba nervioso.

23.-Cantas veces viñeches tocar a Rianxo?  É Rianxo un público agradecido?

-Creo que viñemos tocar 2 veces. Pois si, temos moitos seguidores en Rianxo.

24.- Gustaríache que o teu fillo Nuno seguirá os teus pasos?

-A min gustaríame que seguira algo o meu camiño, pero paréceme mellor que elixa el o que mais lle guste.

25.-E por último, saltou algunha vez unha “fan” ao escenario?

-Pois por agora non, pero todo chegará (ríndose mentres o di)

Zoran Conde Comojo

ANTONIO PEDRIDO

        Son Tofik Santiago e xogo na categoría masculina do club Río Ulla de Pontecesures e hoxe vou falar con Antonio Pedrido, o adestrador deste club.

-TOFIK: Ola,, Antonio, como estás?

-ANTONIO: Ola Tofik, que tal?.

-TOFIK: Como chegaches a ser adestrador de baloncesto?

-ANTONIO: Pois cando rematei de xogar tiña inquietudes por xogar e decidín ser adestrador.

-TOFIK: Cantos anos levas como adestrador?

-ANTONIO: Levo adestrando 12 anos.

-TOFIK: Antes de adestrador fuches xogador, como foron os teus comezos?

-ANTONIO: Comecei como xogador de fútbol aos 16 anos e non era moi bo e entón dixéronme se quería probar o baloncesto e cando o probei comentáronme que era moi bo e me convenceron para que xogara o baloncesto.

-TOFIK: Cantos anos botaches como xogador de baloncesto?

-ANTONIO: Botei 24 anos como xogador.

- TOFIK: En que equipos xogaches?

-ANTONIO: Xoguei en barios equipos como en Marín, Fonte Carmoa...

-TOFIK: Por que te retiraches?

-ANTONIO: Porque estaba vello e tiña 39 anos e era tempo de retirarse.

-TOFIK: Que calidades hai que ter para xogar ao baloncesto?

-ANTONIO: Sen dúbida altura, pero a este deporte non xoga o máis alto nin o máis forte, a intelixencia tamén inflúe moito. Pero o que máis importa son as ganas de xogar e as inquietudes de aprender.

-TOFIK: Que lle dirías aos nenos e nenas que comezan a xogar ao baloncesto?

-ANTONIO: Que se divirtan,primeiro que se divirtan e o segundo tamén.

-TOFIK: A propósito pódenos dicir canto mides?

ANTONIO: Mido 2,02 M

Tofik Santiago Garrido

 

SILVIA FERRE

Silvia Ferre naceu en Oviedo (Principado de Asturias)

-Como unha asturiana coma ti veu a Rianxo?

-Pola música. Vin para unha orquestra da vila, a orquestra Gran Parada.

-Con que idade comezaches coa música? Que outros artistas hai na familia?

-Dende moi pequena, xa cantaba , aínda que a miña formación comezou nunha agrupación artística da zona onde vivía, alí en Asturias.

-Tiveches axiña claro que te ías dedicar á música?

-Claramente... e cada día o teño máis .

-Que lembras do teu paso polas orquestras? Que diferenza hai co que fas hoxe?

-Teño moi bos recordos, aprendín a estar enriba dun escenario, quitar medos, enfrontarme con distintos estilos musicais... a diferenza co que fago agora , o tempo da actuación quedou na metade.. jeje, pasas menos frío, o vestiario pasa de moitos cambios de roupa a unha soa.

-Que tipo de música che gusta?

-De todo tipo, aínda que tiro máis á música tranquila, letras que me digan mensaxes nas súas verbas... pero teño días de “pachanga” (jeje) e, ás veces, recordo canción de copla antiga, coa que me criei.

-Cal é o teu músico preferido?

-Non teño predefinido ese concepto... Hai moitos que me gustan.

-Qué música recomendarías para escoitar?

-Supoño que dependerá do momento , e dos sentimentos que teñas neses intres... ocórreseme Concha Buika, Lila Downs e música dos `80.

-Agora mesmo tocas en algún grupo? En cal?

-Estou nun grupo onde o artista chámase Roi Casal. Eu non toco ningún instrumento musical nel... só canto.

-Con Roi Casal cantas a Rosalía( “O nabal”…), a Manuel María (“Campás”…), a

Castelao (Lela…), que se sente coas súas letras?

-Para min foi máxico enfrontarme a cantar poemas dest@s grandes escritor@s, teño sensacións boísimas con eles, sobre todo polas historias que contan sobre o mar, emigración a outros países, e poemas como de Rosalía que estudaba en Asturias. Agora teño a sorte de cantalos musicados por Roi Casal.

-Como foi a experiencia de cantar no IES “Félix Muriel” de Rianxo? Actuaches noutros centros de ensino?

-Cando imos dar un concerto, soemos facer o que se din “Didácticos nos centros de ensinanza”, cantar para @s rapaces do IES de Rianxo foi unha experiencia estupenda, ata cantaron con nós...

-Cres que é importante que a música se imparta nos colexios?

-É moi importante, unha persoa que non escoita música a outra que sí a escoita, ten moitos máis valores , estudar un instrumento musical ábreche a mente . Moitos estudos así o din.

-Cal é o concerto que recordas con máis cariño, e por que?

-Todos son recordados con moito cariñó. Cando cantei en Rianxo sentinme moi feliz.

-Tés algunha anécdota dalgún concerto?

-No primeiro dos primeiros que fixen con Roi Casal, estabamos en Santiago estreando o primeiro disco “Lendas Douradas” e Roi esqueceuse de presentarme... estaba toda a miña familia alí, todos chistaban por el, para lle dicir que se esquecera de presentarme... Ao final rímonos todos.

Neste verán chegamos a Ribeira e cando Roi presentou – Boas noites Cambados!!! jajaja... botámonos todos a rir ( o día anterior estiveramos nesa fermosa vila... pensaría que estaba outra vez alí...). E a xente toda... - Ribeiraaaa!!! Escusouse e comezou o concerto.

-Con que músico che gustaría tocar?

-(...) levo pensando un bo rato... eu canto co mellor, por enriba vive en Rianxo , Alfredo Susavila.

Aitana Alcalde Ares & Ainara Romero Alcalde

 

MARÍA ELENA ALCALDE LORENZO

   Estamos en Paradela para falar con Mª Elena Alcalde Lorenzo, unha muller traballadora. A miña querida avoa

-Bos días Elena, que tal?

- Bos días Carla, eu ben

- Ben, vou a proceder a facerche unas preguntas, paréceche ben?

- Vamos alá logo

- QUE ADOITABAS FACER NA TÚA INFANCIA?

- Pois eu adoitaba ir a traballar xunto a miña nai nas colleitas de patacas dende moi pequena e tamén lle axudaba nas tarefas do fogar.

- CON CANTOS ANOS EMPEZACHES A TRABALLAR?

- Eu empecei aos cinco anos dende moi pequena, ia ás leiras e eu e miña nai, limpabámolas e logo o meu pai traballábaas co arado.

- NAQUELES TEMPOS CANDO NON HABIA TECNOLOXIA COMO AGORA QUE FACIADES?

- Pois xogabamos cos amigos da aldea nos regatos polo verán para refrescarnos.

- CONTAME ALGUNHA ANEGDOTA DOS TEUS TEMPOS

- Pois un día traballando na leira meu púxenme detrás de meu pai e el andaba co ferrado e enganchóuseme á saia no ferrado e levoume todo. Tiven sorte de que solo me enganchara a saia.

- Bueno Elena, isto foi todo moitas grazas pola túa colaboración

- Foi un pracer Carla

                                                                                                                    Carla Castro Pedrouzo

Esther F. Carrodeguas

Esther é unha muller de Rianxo, que se sinte atraída polo teatro, é un exemplo a seguir, estuda, colabora coa cultura, ensina tanto a nenos como a adultos a namorarse das palabras, a comprender que o teatro é algo xenial e que axuda a perder a vergonza.

-Dende pequena xa querías ser actriz?

-A verdade é que nunca quixen ser actriz. Quería ser escritora, pero actriz no.

-Cantos anos levas dedicándote ao teatro?

-Traballando con nenos 5 anos. E sendo actriz arredor de 8.

-Participastes nunha película famosa importante?

-O máis importante foi con Blanca Portillo en Concepción Arenal.

-Por que che gusta o teatro?

-Pois o teatro é unha maneira de creación que ten moitas características que me gustan, é grupal, trabállase en grupo e con pouca xente e baséase en moito na imaxinación. Non necesitan tantos recursos como no cine.

-E na película Concepción Arenal rodada en Ferrol como conseguiches participar?

-Pois esta película foi rodada por unha produtora coa que eu xa traballara e chamoume porque sabía que empezaba a ser actriz e dixo que ía para un personaxe de carceleira porque as carceleiras de aquela época eran corpulentas e expresas e pensaba que eu encaixaba nese papel.

-Tiveches unha obra que saíra moi mal?

-Pois eu penso que a peor me saíu foi a do apalpador que fixemos para os nenos pequenos de primaria. Foi a única da que estou arrepentida o resto xa me saíu mellor.

-E sabido que colaboras coa cultura de que forma?

-A parte de facer teatro escribo, recito e vou a concursos de poesía e vou a un programa de radio de teatro.

-Cal foi o papel co que te sentiches mais identificada?

-O que eu fixen como actriz que se parecía máis a min pois é un personaxe da onda. Actuaba dun profesor revolucionario que lle ensinaba aos alumnos que a ditadura é algo malo.

-Que che animou a ser actriz ou profesora de teatro?

-Pois a verdade e que foi por casualidade porque fixen un curso de teatro en Dublín, porque fun alí a traballar inglés e os cartos que ía a inverter os cartos do curso de inglés nun curso de teatro.

E cada vez funme namorando un pouco máis do teatro.

-Cal foi a primeira obra na que actuaches?

Pois non de acordo do título!! Pero facía dunha moneca de cera, era de noite e cobraba vida.

-Estás estudando algo?

Agora mesmo estou estudando dirección e dramaturxia na EXAMP de Galicia. A EXAMP é a escola de teatro superior.

-Notas moita diferenza entre actuar cara o público ou cara a cámara?

-Hai unha diferenza moi importante cando traballas no teatro cando está o público diante pégaste a súa enerxía e hai algo vivo que está aí, do que te alimentas.

-Tamén depende do ambiente dos compañeiros

-Sobre o que dixeches antes de que estabas estudando unha carreira, que é máis difícil estudar de grande ou de pequena?

-Penso que é máis difícil estudar de grande porque xa es maior, tes traballo, mentres que cando es pequeno teus pais levántanche e tes que ir obrigado á escola.

-Hai algún actor que admires?

-Non sinto admiración polo actor en si se non polo personaxe que interpretan.

-Antes de traballar no teatro traballaches en algo máis?

-Traballei como xornalista, cámara de televisión, tele operadora, como camareira, traballei en moitos oficios diferentes.

-Gústache escribir obras de teatro?

-Si, a verdade é que me gusta moito.

-Das obras que fixeches cal che gustou máis?

-Teño un especial cariño por a obra “A morte de Lady Saraiba” cos pequenos de Airiños. E tamén “Mar de mulleres” e a “Bicicleta de Ana María”.

Yolanda Peneiro Aido & Sandra Ordóñez Batalla

 

JOSÉ MARÍA FIGUEIRA HERBÓN

-Cantos barcos tiveches?

-Tres

- Que fixeches con cada un dos barcos?

- Levar area e leña

- Como te desfixeches deles?

- Foron vendidos.

- De que traballaches?

- Patrón do barco

- Onde tiveches navegando?

- Por África e Asia e Europa nos portos mais importantes: Persia, India, Singapur, Malasia, Filipinas, China, Shangai, HonKong, Sur África, Barcelona, Cádiz, Italia, Marsella, Alemaña, Polonia, Xixón…

- Que trouxeches das túas viaxes?

- Lousa, roupa e ferramentas.

- A que anos empezaches a traballar?

- 12 anos

- Cal era o nome de cada un dos teus barcos?

- 1: Carmen ; 2: JC ; 3: Safi.

- Porque usaban o teu barco na romaría vikinga?

- Porque mo alugaban

- Como foi a primeira romaría vikinga?

- Foi grande e famosa.

- E moi diferente a de antes a de agora?

- Si, moito

- Canto tempo foi usado o teu barco?

- Durante tres anos

- Quen foron os creadores da romaría?

- Era da cerámica e despois pasou ao Concello.

- Onde se facía antes a romaría?

R: No campo da festa.

- Coñeciches a Faustino Rey Romero?

R: Si

P: De que o coñecías?

- Era un dos meus amigos, era da miña idade e sempre veu comigo ao colexio.

Yolanda Figueira Lago

 

JUAN JOSÉ PIÑEIRO ORDÓÑEZ

Juan José Piñeiro,  mais coñecido en Rianxo como “Janche”. Na actualidade é mariñeiro pero que nos seus anos mozos era xogador do C.F.Laíño.

 

- Con cantos anos empezaches a xogar ao fútbol?

 - Empecei aos 5 anos

- Con cantos anos empezaches a xogar nun equipo?

- Con 14 anos

- Elixiches ti ir para os equipos nos que xogaches?

 -  Si

-Que é o que mais che gusta do fútbol? Porque?

 - Xogar cos compañeiros.Porque o pasaba ben e gozaba.

-Cal foi o equipo no que mais tempo xogaches?

 - No C.F.Laíño. Club Fútbol Laíño que actualmente e o Dodro.

-Cal era o teu posto xogando?

Extremo esquerdo

-Acostumabas  xogar moitos partidos?

 -Si,bastantes. Polas mañás en Santiago e pola tarde en Laíño

-Por que deixaches de xogar ao fútbol?

- Pola idade.

-Algunha vez pensaches en volver a xogar?

- Si.Volvín a xogar, pero esta vez a fútbol sala.

-Gustaríache volver a estar nun equipo?

 -Si.Porque me apaixona o fútbol.

-A que idade deixaches de xogar?

- Aos 30 anos.

-Porque elixistes dedicarte ao fútbol en vez de dedicarte a outra cousa?

- Porque daquela era a miña paixón xogar ao fútbol.    Xogaba todo o día

Jairo Aido Piñeiro

 

JUANA PIMENTEL MUÑIZ

- Por que quixeches ser profesora de sociais?

-Sempre quixen descubrir por min mesma moitas dudas que tiña sobre a terra, os nosos antepasados, o porque das estacións…

Non me convencían as que me daban e gustábame ler libros, revistas, todo o que me dese unha visión máis ampla de todo o que nos rodea.

- Deches algunha outra asignatura?

-Como traballei sempre en primaria, daba tódalas asignaturas excepto idiomas.

- Cantos anos estiveches dando clases de sociais?

-De sociais unicamente, solo os últimos 6 anos da miña vida profesional.

- Cantos anos estiveches nas aulas?

-Estiven 39 anos

- En que colexios destes clases?

-En varios.

O primeiro foi en Ordes, despois xa me vin acercando. Estiven na Pobra do Caramiñal, logo en Porto do Son, máis tarde en Taragoña. De aí xa pasei a Rianxo e a última parada… foi en Rianxiño onde unicamente daba sociais, a asignatura que sempre me gustou.

- Canto tempo destes clase no Félix Muriel?

-Aproximadamente 6 anos

- Gustábache ser profesora?

-Si, gustoume dende sempre. E xusto a última etapa foi na que me sentín máis realizada.

- Por que te retiraches?

-A única razón foi familiar. Xa me era moi complicado compaxinar a miña vida profesional e a familiar.

Por iso o primeiro ano resultoume moi triste non poder ir cada mañá ao meu traballo. Aínda hoxe o boto de menos.

- En que cursos dabas sociais?

-En primeiro e segundo da ESO

- Acórdaste dos teus alumnos?

-Moito. Cada vez que vexo a algún, ou se acerca el ou me acerco eu. Foron anos felices, onde parecía que a xuventude dos nenos ma contaxiaban a mín. Agora todo é distinto.

Lucía Casal Lodeiros

 

JOSÉ MANUEL CHOUZA VÁZQUEZ

1. De onde eras?

-Era do Concello de Boiro da Boliña.

2. Dónde estudiastes?

-Estudei no Martín Gomez e despois no Francisco Franco.

3. En que traballas?

-Traballo nas reformas.

4. Onde traballas?

-Traballo en toda a zona do Barbanza

5. Cales son as túas afeccións?

-As miñas afeccións son : andar en bicicleta, nadar, andar e mais o fútbol.

6. Estás en algún club ou “peña”? Cal?

-Si, na peña o Castro Barbudo de Taragoña.

7. Cales son as actividades que se fan?

-Fanse rutas na bicicleta de montaña, fanse ruta de estradaa e vanse ás marchas.

8. Saístes fóra de Galicia? A onde?

-Si, a Monçâo en Portugal, aos lagos de Covadonga, aos picos de Europa e aos Soplados en Santander.

9. Cantos trofeos gañaches?

-3: Segundo na categoría de máis de 30

     Terceiro no xeral

     Trofeo ao presidente

10. Tocas algún instrumento? Cal?

-Si, a gaita.

11. Por que o empezaches a tocar? 

-Porque me gustaba e xuntábame cos amigos e tamén se ía á romaría a tocar

María Chouza Otero