SERES FANTÁSTICOS...

1a ALISTÁN

  

        É un demo oveiro. Métese nun galiñeiro e bebe todos os ovos que poñen as galiñas .

        O peor destes demos oveiros non é só os ovos que beben, senón que están sempre mirando as galiñas, esperando que poñan,estas tolean baixo o ollo do demo, chocan seu tempo, deixan de poñer e enfraquecen, e morren...

1 DRAGOCÁN

 

       Nemprot chegou con 24 seguidores á Serra dos Ancares traendo con eles un dragón canino, can alado ou dragocán, que das tres maneiras se pode e debe chamar, segundo di Darío  X. Cabana.  Tiña  grandes ás pencarraxadas de marrón e branco que lle permitían voar. Neprot era capaz de abaterlle cunha frecha a unha perdiz pero se fallaba o seu dragocán despregaba as súas grandes ás e no aire perseguía e capturaba a fuxitiva perdiz, como  quen papa un saltón.

        Como veu desaparellado tivo descendencia con certas razas de cadelas salvaxes dos Ancares. O resultado non foi tan brillante coma el pois estes semidragocáns poden voar pouco, non máis alá dos 50 m. cando están en repouso levan as ás tan cinguidas ó corpo que non se lles coñecen, e confúndenselles  co resto do pelico. Fai falla fixarse ben e saber o que se busca para decatarse de que non son cans coma os outros.

  MARÍA DOMÍNGUEZ PICÓN (Sacado de: Libro dos moradores de D.X. Cabana)

2 GATIPEDRO

 

        O Gatipedro é unha figura mitolóxica de Galicia que fai mexar ós nenos na cama. Ten forma de gato branco cun corno negro na cabeza. Vai ás casas polas noites, para nas habitacións nas que hai nenos durmindo, e entón ponse a verquer auga polo seu corno. O neno durmido, escoitando o pingar da fonte do Gatipedro, soña que mexa, e de verdade mexa na cama. Segundo a tradición, para espantalo é necesario botar unhas areas de sal diante da porta do cuarto e a carón da fiestra. O Gatipedro camiña apoiándose, ademais de nas catro patas, na lingua, polo que cando sente o sabor do sal, dá a volta e deixa ós nenos da casa en paz.

Adrián Figueira Villanustre & Mª Teresa Novo García

2d MILHOMES

 

 

 

 

 

        Un home moi pequeno de estatura e de complexión moi débil. A Esmorga, Eduardo Blanco Amor

2a  MARRÓN

    

        Demo bulreiro. Preséntase nas casas solicitando traballo e ofertándose para toas as tarefas con moi boas palabras. Unha vez contratado fai todo o contrario do que lle mandan: bota dos cochos aos cochos e deixa dentro ás vacas; dálle a comida dos coellos ás galiñas; arrinca os millos e deixa as herbas... Cando os amos se cansan moito del ou lle fan o sinal da cruz, desaparece deixando unha estela de fume e o eco de fortes risas. Foi visto por Asados e O Araño.

2c  MURIGANTE

   

       É unha especie de esperteiro,un rato con ás pero non voa. As ás vainas usando como abano para avivar o lume na cociña(tamén golpea coas tapas das tarteiras para abrourar o lume), o Murigante sempre ten frío.

        Ten a cor negra lúcida, é gran bebedor de leite callada, e fai feas como as arañas.Aseguran que ten os ollos moi humáns, e que anda a brincos

3 PATACHICA

 

        É un demo bulreiro. Ten a cabeza desproporcionadamente grande para o seu corpo, no que destacan as súas pernas polo pequeno tamaño. Engatusa á mulleres polo conto que ten e pola forma de neno pequeno coa que se presenta. Cando logra as súas conquistas aumenta de tamaño. Tamén se lle chama Zancarrán.

Aida Barros Ces

4 PIRICALLO

          

        Compañeiro inseparable dos nenos e nenas que lle caen ben. Axúdalles a durmir sen medos e acompáña@s en moitos xogos. Cambia de expresión según o que fai ou quere @ nen@. Pide acompañar sempre o seu amig@. O seu nome de pila é Piricallo

Aida Barros Ces

5   SALTAPAREDES

  

        Era Saltaparedes un gran brincador, e non se lle resistía parede, por moi alta que fose. Era como pelota, botaba; de corpo era manteigoso, e na pel non tiña nin pelo. Tiña dous olliños pequeniños e, de noite, mamaba nas vacas.

6   SACAPELICAS

Di que é o máis en todo, non lle tén medo a nada nen a ninguén. A xente pregúntalle:

-Cantas pelicas tés detrás da porta? Ou, Cantas pelicas sacaches hoxe? 

Os máis educados dinlle:

-Moitas pelicas debe ter vostede na casa!

7 SETEPITOS

Parece que presume máis do que debe: na caza é o que cobra máis pezas; na pesca saca as máis grandes troitas... 

Coas mozas non dá atendido, mesmamente despoñendo de sete pitos...