Inicio

samaín 2013

        

O día de defuntos

Di unha lenda que fai moitos anos en unha aldea remota de Galicia, viviuse un día de defuntos moi distinto dos de sempre.

Xusto na véspera do día que tantos rapaces esperaban con entusiasmo, unha familia estaba en desacordo con este día debido a que, segundo eles, era unha mentira. A familia non cría no día de defuntos e, menos aínda cando lle mencionaban á Santa Compaña.

Cando chegou o día, todas os rapaces ían disfrazados e con cabazas decoradas.

Eran máis ou menos as dez e media da noite é un grupo de nenos andaba a pedir lambetadas polas casas. De súpeto, escoitáronse cinco badaladas seguidas pero; ninguén lle deu importancia.

Cando lle foron pedir a esta familia ninguén dos cinco que a formaban estaba na casa.

Xa non se volveu a saber nada desa familia, pero disque un grupo de persoas a veu acompañando á Santa Compaña.

Xavier Collazo Iglesias

Samaín no castelo

        Nunha noite de puro outono un grupo de amigos xogaban ás cartas, rían, conversaban entre eles…  Un deles dixo:

        -Está a chegar o samaín, que imos facer este ano ?

        Como a ninguén se lle ocorría que facer, decidiron falalo de novo ao dia seguinte. Foron apra casa a descansar. Lois, Leo, Xián, Andrea e Irea quedaran no parque á tarde para falar sobre o do samaín.

        Andrea e Irea quedaran entre elas para pensar ideas e logo dicírllelas aos demais. A Irea ocorréuselle unha idea moi boa. Decidiron gastarlle unha pequena broma aos outros. Logo, marcharon para o parque onde quedaran cos demais. Ao fin, despois de moitas ideas desbotadas ir pedir polas casas, e contar historias de medo.

        Irea e Andrea quedaron pola noite para planificar a broma que lle ían gastar aos seus amigos. Irea díxolle a Andrea si os levaban a un castelo abandonado e facer como si a Santa Compaña os intentara levar para o outro mundo.

        Ao dia seguinte pola noite as rapazas levaron aos seus compañeiros ao castelo abandonado . As rapazas xa tiñan todo preparado , pero de súpeto pasou algo que rapazas non tiñan planificado. Asustadas contáronlle aos rapaces o que tiñan pensado facerlle . Asustados intentaron saír daquel lugar, pero cando abriron a porta o único que atoparon era un abismo . Retrocederon e pecharon aporta. Ao xirarse viron unha sombra que lles dicía:

        -Tirádesvos  ao abismo ou quedaredes condenados no inferno!.

        Non se sabe que decidiron facer os rapaces , pero agora ninguén nin nada se atreve a entrar alí pormedo a que lle pase o mesmo.

Sara Tubío Ageitos

FALCATRUEIROS DE CESPÓN

        Érase unha vez, hai moitos anos, uns veciños de Nine, en Cespón.

        Hai moitos anos ían moer o muíño e ían polo camiño da Igrexa cargados cos  sacos.

        Os sacos pesaban bastante e o camiño era longo, así que paraban a descansar varias veces.

        Arrimábanse cos sacos a unha parede baixa e para sorpresa e sobresalto deles algo ou alguén tiraba deles. Eles cagados de medo pedían por favor que llos soltaran  - deixádemooooo..., por Deus, deixádemoo- ata rezaban e todo.

        O que non sabían eles, era que outros veciños de Cespón saían pola noite ata en calzóns a facer falcatruadas. Un deles era o tío de miña madriña.

  ALBA COMOJO DÍAZ.

A PANTASMA DA HORTA

        Érase unha vez un veciño de Rianxo que vivía na Rúa de Arriba. O veciño era un  pouco medroso.

        Un día a noitiña paseaba pola rúa dun lado para outro sen parar.Así o encontrou a   súa muller cando chegou de vender o peixe na aldea.

        A muller preguntoulle que facía, como non estaba na casa, e el con cara de medo díxolle que non entraba, que había alguén na horta, que había un aparecido, ( así lle chamaban antes ás pantasmas). As casas da Rúa de Arriba tiñan hortas detrás.

        A muller, que era bastante máis botada que o home, alá foi mirar.

        Quen estaba na horta?, que había alí?...

        Cal sería a sorpresa da muller... pois había unha camisa do home, tendida a secar polos ombros que abaneaba co vento e a lúa sobre ela  era a cabeza e facía que parecera algo sobrenatural.

        Así é todo a imaxinación e o medo o que aí fan. O que aí se riu a súa muller.

 ALBA COMOJO DÍAZ.

A SANTA COMPAÑA

         Ana é unha nena que vive nun lugar típico galego, nos bosques de Moaña.

         Daquela Ana tiña 6 anos, pero aínda recorda todo o sucedido.

        Volvía coa súa nai para a finca cando de repente quedaron de pedra ao ver aparecer a un grupo de “homes” ao final do camiño. A súa nai agarrouna con forza e ao chegar á súa altura comprobou que o que nun principio parecían homes en realidade eran sombras cubertas  con túnicas de cor negro.

         Ao final da comitiva Ana viu a unha muller  vella do pobo, a que coñecían perfectamente ca mirada perdida, pero a anciá non se decatou da súa presenza. Unha vez desapareceron correron cara a súa casa sen mirar atrás.

          Ao día seguinte atopáronse con esa señora, ninguén mencionou nada do acontecido, era como si ela non soubese nada, nin se participara naquela comitiva.

          Pero tres días despois un raio matou a veciña no campo.

Marcos Tubío Campos

OS LADRONS DE ORGANOS

     Xoán saíu de festa esa noite mentres estaba na discoteca decatouse dunha moza moi bonita que non paraba de mirar cara el facéndolle xestos. De repente acercouse e invitouno a unha copa, el aceptou encantado. Estiveron charlando un bo rato cando a rapaza decidiu que foran a dar un paseo.

     Cando espertou naquela bañeira daquel hotel descoñecido tiña unha dor terrible estaba nu e o seu corpo cuberto de xeo. Mirou ao se redor e non encontrou a ninguén, so hai unha toallas manchadas de sangue no chan. Entón dáse conta de que o vermello elemento é del que é… Sangue! e que ten un corte no costado. Pintada na parede  ca súa propia sangue, lee a frase: Chama a urxencias! Acábanche de roubar un ril!

Marcos Tubío Campos

A noite escura

        Unha noite de samaín na tranquila aldea de Leiro, corría unha brisa suave cando de súpeto se escoitou un forte berro na casa do párroco.Todos entraron a correr, pero xa era tarde, o párroco falecer. Diante del, o asasino, co coitelo, cheo de sangue, na man esquerda e o corazón do párroco na outra man. Os aldeáns intentaron atrapalo pero logrou fuxir.

        Ao día seguinte, cando todo parecía volver á normalidade..... encontraron ao asasino na campá da igrexa, co mesmo coitelo, co que matara ao párroco, na súa cabeza ensanguentada.

Andrés González Miguéns

8

Nun día de Samaín uns amigos foron de paseo pola igrexa e, de paso, visitar aos seus familiares.

Os compañeiros separáronse para ver algunhas cousas e un deles dixo:

-Vémonos aquí dentro de oito minutos.

Ao pasar os oito minutos todos viñeron ao sitio que acordaran.

Viñeron todos excepto un deles, o que dixo que se reunisen nese lugar ao cabo de oito minutos.

Os compañeiro buscárono por todas partes, mais non o atoparon.

Os rapaces foron á casa para ver si estaba alí, pero non o encontraron. Xa  preocupados, chamaron á policía e, por máis que buscaron, non apareceu.

Un dos compañeiros dixo que ía facer unha viaxe de oito días.

Pasaron os oito días e o rapaz non apareceu nunca máis.

Outro dixo que ía correr oito quilómetro e nunca regresou.

Os rapaces déronse conta que, cada vez que dicían esa palabra, alguén falecía.

Entón decidiron non nomear máis ese número, para que non falecese ninguén máis.

 TOFIK SANTIAGO GARRIDO.

A VELLA LOUCA

         Fai uns 20 anos, nun pobo perdido no monte, uns pais foron de viaxe de negocios deixando as súas dúas fillas, de 9 e 12 anos, soas.

        A maior xogaba co ordenador, e a pequena escoitaba a radio. Entón, ao acender a televisión, escoitaron que unha vella con problemas mentais escapara dun psiquiátrico, que entrara nalgunhas casas e matara a varias persoas.

        As nenas, aterrorizadas, fecharon as portas e mais as ventás; pero esquecéronse da porta do garaxe.

        Pola noite elas foran deitarse a seu cuarto que tiña unha liteira. A maior, que durmía arriba, puxo os cascos para escoitar musica.e non molestar á súa irmá.

        Entón... a pequena empezou a escoitar: BUM BUM CHAS, BUM BUM CHAS”....

        Ela tiña medo e pediulle á súa irmá durmir con ela; pero non lle deixou subir.

        Volveu escoitar: BUM BUM CHAS, BUM BUM CHAS”...

        Ela volveulle pedir subir, pero súa irmá non lle deixou. Despois durmíronse as dúas...

        Ao día seguinte a IRMA PEQUENA APARECEU.... MORTA...! Desaparecera a parte inferior co seu corpo!.

        A irmá maior baixou aterrorizada da cama e veu escrito con sangue na parede:

A TÚA IRMA MORREU POLA TÚA CULPA.

SEN PERNAS, EU NON PODIA SUBIR Á LITEIRA DE ARRIBA.

        Á noite seguinte, MORREU A IRMA MAIOR, pois a vella xa tiña as pernas da nena pequena para subir á liteira...

Juan Ordóñez Galbán.

O GATO NEGRO

        Fai apenas 4 anos nunha noite de Samaín un home chamado Xosé ía para o traballo no seu coche e atropela un gato negro. Esa noite chega con sangue do gato no parachoques. O home límpao e mánchase a man, intenta límpala pero non sae. Xosé dándose por vencido vai para a cama, toca á súa muller coa man e esta  morre. Vai espertar ao seu fillo e ...  morre o home angustiado suicidase deixando unha nota.

        -Mátome porque son unha ameaza para calquera persoa coñecida. Adeus!.

         5 días despois encóntrase outra persoa morta.

        Son os encargados da Santa Compaña.

 Sergio Castaño Maneiro e Brais Rial Figueira

O SAMAIN NA ALDEA ENCANTADA

        Un home, que paseaba por unha aldea, vira a moita xente con ollos  adormecidos, e vestimenta rara. Cando unha señora o ve díxolle :

        -Vaite de aquí esta aldea está encantada e non queremos que ninguén máis sufra o que estamos pasando nós.

        O home asustouse e foise correndo para a súa casa. Ao chegar veu a moitas persoas na súa casa remexendo en todos lados,el colle o telefono e chamou á policía pero el non se daba conta de que lle cortaran o cable. Cando soubo que estaba aillado marchou da aldea. O home foise para Rianxo.

        Ao chegar ao pobo o primeiro que fixo foi ir xunto da policía e veu que a policía tamén estaba mal. Comprobou que esa enfermidade que teñen todos era contaxiosa e cando un dos enfermos o tocou e esbirrou pasaralle a enfermidade.  Pasou Anxo, un rapaz de 11 ou 12 anos , moi triste porque se perdera e botaba de menos a seus pais. Cando veu que toda esa xente estaba andando de xeonllos, correra todo o que puidera; pero vía que por todos lados había xente enferma e, aí, foi cando veu a seu pai e súa nai. Quixo ir xunto deles…..  marchou que eles non querían que tamén lle pasara o mesmo.

        O rapaz estaba moi triste e tivo que volver á policía. Un axente non estaba enfermo, cando o veu alegrouse porque xa sabía que non estaba só.  Anxo preguntoulle ao señor policía:

        -Que poderemos facer para que estas persoas volvan a estar outra vez ben?

        -Para que todas esas persoas volvan a estar ben terían que pasar por un monte moi perigoso, que daba moito medo porque se escoitaban voces .

        -Temos que pasar polo monte para poder salvar a todas esas persoas.

        Ao pouco tempo o rapaz e o policía chegaran ao monte e ao entrar, zas!. Unha sombra acabáballe de tocar o ombro ao señor policía e este asustárase .

        Cando se meteron no monte viran caras colgando das arbores, mans cortadas, pés… Pouco a pouco estaban mais asustados porque viran unha fantasma cun coitelo na man e cheo de sangue , viran uns morcegos que viñan a por eles. Tamén viron a fantasmas tirando cabazas, coitelos e moitas máis cousas.

         Cando, por fin, chegaron ao sitio no que tiñan que coller os xaropes, había un señor maior que dicía:

        -Vouvos matar….! Marchade de aquí….!.

        O rapaz asustouse moitísimo e o señor policía díxolle:

        -Señor nós só somos un rapaz pequeno mais un policía. Non fixemos mal a ninguén.

        Como o vello estaba agresivo, houbo que neutralizalo.

        Cando chegaron  ao seu destino, o lugar no que ían coller os xaropes foron agredidos pon unha pantasma que lle cravou un coitelo ao policía. O neno foise correndo e chegou na noite do SAMAÍN. O rapaz deulles ás persoas enfermas o xarope.

        Seus pais correron  xunta del a darlle un bico e unha aperta, contentos de que rematara aquel andazo

Fátima Figueira Galbán

SANTA COMPAÑA

        Esta  historia está na familia da miña nai desde hai moitos anos. A historia é da avoa da avoa de miña nai. A antepasada da miña nai era regateira e todas as mañás se tiña que espertar moi cedo para ir á praia  esperar ós mariñeiros.

        Un día, coma sempre, a antepasada de miña nai levantouse e saíu da casa. O camiño para ir á praia pasaba por diante da igrexa e a ela chamoulle á atención ver a igrexa aberta a esas horas e entrou nela. A igrexa estaba chea pero como antes non había luz eléctrica ela vía xente pero non lles vía as caras. Chamoulle á atención o cura que dicía a misa de costas á xente. Entón, do medio da xente, saíu alguén que a empurrou fóra da igrexa e díxolle que esa misa non era de vivos que era de mortos. Ela recoñeceu a voz de súa nai que había anos que morrera. A antepasada de miña nai non volveu pasar a esas horas por diante da igrexa ela soa.

 HELENA ORDÓÑEZ SAMPEDRO.

 

Historia 1.

        Esta historia contoulla miña bisavoa á miña avoa.  Sucedeu en Rianxiño, unha aldea de Rianxo, alá polo ano 1920. Naquel tempo ás mozas gustáballes moito ir ás festas. Para ir a moitas tiñan que ir camiñando un longo camiño.  Unha noite que viñan dunha festa tiñan que pasar polo cruceiro do Bosque. Alí atopáronse  cos que elas non sabían  que eran os homes, disfrazados  con sabas brancas, e dicindo que eran a Santa Compaña... Elas, cheas de medo, saíron correndo para as súas casas.

Historia 2.

        Hai máis de dous séculos en Abuín,  nunha zona preto do río Ulla, había unha aldea, logo chamada a Aldea Maldita porque todos os seus habitantes morreron da febre amarela.

        Dende entón ninguén pasa por alí, porque din que trae mala sorte.  E que todo o que se acerque por alí, morre...

PABLO BAHAMONDE SUÁREZ.

A historia do Pozo Bastón.

        Hai moito tempo os anciáns de antes contaban que no Pozo Bastón había unha meiga. Dicían que se te acercabas ao pozo, atraíache para o fondo.

ALONSO  GARRIDO MARTÍNEZ.

A Santa Compaña.

        A avoa contábame  que nos tempos de antes falábase moito da Santa Compaña. Sobre todo cando  había no pobo unha persoa que estaba a punto  de morrer, xa que a xente sabía, máis ou menos, cando esa persoa ía morrer:  pola forma de como ladraban os cans...

        Tamén dicían  que a Santa Compaña ía acompañar a estes moribundos cunha procesión de mortos a que sempre saía a partir das doce da noite; e que cando andaban sempre  deixaban un cheiro a cera e ían rezando.

        Tamén dicía miña avoa que a Compaña saía a noite de  todos os Santos ou para o día de San Xoán.

KEVIEL DE LOS SANTOS FANA.

 

O CEMITERIO ENCANTADO

        Naquela tenebrosa noite de Samaín, un grupo de rapaces foran a pedir polas casas. Paráronse nunha estraña casa. Na que as paredes estaban manchadas de algo vermello. Eles como pensaban que era unha decoración, non lle tiñan medo.

        Cando se dispoñían a chamar a porta, unha anciá apareceu de súpeto detrás deles cun coitelo cheo de sangue entre as mans. Esta ameazándoos co coitelo díxolles:

       -Saíde de aquí inmediatamente ou, senón, apareceravos a Santa Compaña a cada un de vós pola noite.

        Sen pensalo dúas veces botaron a correr. Como esa noite todo estaba a escuras viron o cemiterio da aldea cheo de veliñas. Decidiron entrar. Cando só deran un paso, escoitaron un ruído moi estraño, foran as portas que se pecharan de golpe. Como nese momento lle tiñan inda máis medo ao que pasara no cemiterio que a anciá, botaron a andar. Estaba todo escuro e só aquelas veliñas alumeaban aquel enorme cemiterio. Cando estaban case na metade, oíron soar tambores e viron sombras polos panteóns. Era a Santa Compaña e os espíritos daquela pobre xente xa falecida. Co medo que colleron, botaron a correr de novo, pero esta vez aínda máis rápido. Resulta que, de tanto correr, caeron a un pozo.

        Dende aquela non se volveu saber máis daqueles rapaces.

 Sabela Gey Lesende e Irene Rey Piñeiro

A IGREXA

        Nunha noite de samaín, fai algúns anos, cinco rapaces entraron nunha igrexa abandonada e ven un cadaleito aberto e un carreiro de sangue que vai ata el. Miran dentro a ver o que hai, encontran unhas escaleiras. Deciden baixar  por elas…  encontran cabezas colgadas en cordas e sen ollos. Teñen medo, pero deciden avanzar. Seguen por un corredor escuro, ata a seguinte habitación na que están os corpos das cabezas da habitación anterior sen corazón e, debaixo deles, hai un gran charco de sangue. Tamén ven botellas escachadas e cheas de sangue.

        De súpeto senten unha presenza detrás súa pero xa era tarde. O asasino desas persoas estaba detrás deles, xa preparado para matalos e quitarlles o corazón e a cabeza, como ao resto das persoas.

        Levantou o coitelo e cravoullo no corazón a cada un dos rapaces.

        Como é de supoñer, non se volveu a saber nada dos rapaces.

        Esta vez o asasino foi máis coidadoso e limpou toda a sangue e cerrou o cadaleito, para que ninguén máis o descubrira coma eses rapaces.

        Xusto ao acabar de limpar aparece un cura que quere restaurar a igrexa, ao ver todo limpo dáse conta de que non hai nada que limpar nesa igrexa e queda nela pero o asasino o ver que se queda decide matalo por si acaso o descobre

Lucía casal Lodeiros & Tofik Santiago Garrido

O PALLASO DO SAMAÍN

        Despois de moito buscar, por fin atoparon a casa dos seus soños. Xoán e máis a súa familia, por fin, ían vivir preto dos seus avós.

        Cando chegaron coas maletas á súa casa nova todo parecía moi tranquilo, pero esa tranquilidade ía cambiar porque esa era a noite do Samaín.

        Pola noite Xoán espertou con sede e baixou a beber, cando pasou polo salón veu que o cadro do pallaso. que antes tiña unha man aberta ensinando os cinco dedos, tiña un dedo baixado e só se lle vían os outros catro. Juan estrañouse un pouco, pero como estaba medio durmido non lle deu importancia, bebeu e marchou para a cama. Á mañá seguinte a irmá de Xoán apareceu morta en estrañas circunstancias.

        A partires dese ano, cada noite do Samaín, o pallaso baixa un dedo e un membro da familia de Xoán aparece morto do mesmo xeito ca súa irmá

Marcos Otero Romero

 

A Mansión

        Había unha vez unha familia de catro persoas que quixo mudarse a unha montaña alta onde había moito bosque.Os pais elixiron un lugar cerca dun río. A mansión era moi tenebrosa, pero aos pais gustáballe.

        A nena elixiu a habitación máis grande, pero tamén a máis sucia. O irmán, a mediana co teito alto, pero a mais achegada do monte. O pai e a nai, unha habitación grande que non tiña ventás e a porta non abría ben.

        Pasado un tempo desde que chegaran a aquelas paraxes a nena acercouse ao río, que estaba cheo de pirañas. O irmán, ao vela na auga, tirouse para intentar salvala pero morreu no intento.

        Os pais, ao saber o que lles pasou aos fillos, botaron  uns días chorando ata que unha corrente de aire cerrou a porta e non puideron saír de alí. O pai notou que faltaba aire na habitación. Os dous empezaron a sangrar polos ollos e pola boca ata que morreron asfixiados na habitación .

        Todos os veciños, amigos e parentes non souberon nada deles, ata que un día un neno foi beber ao río e viu o neno e a nena mortos, aboiando no río. Avisou á policía e a casa demoleuse. Mais a maldición desa casa sempre estivo viva .

Nerea Rodríguez Regueiro

A casa da que nunca se sae.

        Había unha vez unha nena que se chamaba Zoe e tiña moito medo aos fantasmas... Un día que resultou ser o dia do Samaín para supéralo entrou nunha casa encantada cuns amigos.

        Dentro da casa había cadeiras rotas, sangue polo chan... Un amigo, chamado Hugo, viu que había palabras talladas na madeira que poñían: ´´A xente que entra aquí nunca máis sairá.``

         Hugo sen falar sinalou a madeira escrita a Zoe e ao resto dos amigos.

        Cando o leron quixeron saír, pero non puideron...

        Ao final morreron por falta de comida e de bebida.

        Agora a xente que vive polo arredor desa aldea, chamada Abuín, en Leiro, escoita aos nenos gritar todos os Samaíns.  Se alguén volvera  a entrar nunca máis sairía, como lles pasou a eses rapaces.

NAZARET COSTAS CAMPAÑA.

 

HISTORIA DE SAMAÍN

        Fai moito Andrea estaba perdida no bosque. Pola noite chegou a unha aldea, e como tiña sono foi mirar si había alguén. Alí, encontrou un hostal e foi preguntar se había algunha habitación libre. O hostaleiro levouna a unha sala onde estaban a cear moitos das persoas que tiñan habitación no hostal. A sala estaba chea de homes e mulleres novos que estaban de paso antes de ir a gran festa do Samaín na cidade próxima. Cando acabaron de cear foron para as habitacións. Andrea tivo que compartir habitación con catro mulleres e dous nenos. Pola mañanciña, ela foi visitar o pobo como moitos homes; só había unhas casas vellas, un supermercado e unha cafetería.

        A hora de comer todos os turistas empezaron a marchar, xa era Samaín. A Andrea como lle gustaba o pobo quedouse, o que ela non sabía, e que nesa noite podía pasar de todo. Cando marcharon os últimos, o pobo empezou a cambiar. Andrea tiña medo e intentou marchar, pero de súpeto... un morto vivinte impediulle o paso.

        A pobre empezou a correr, o medo apoderarase dela. O hostal desaparecera e no seu lugar había unha bruxa. Ao vela, Andrea agachouse detrás dunha árbore e recordou o que a súa avoa lle dixera: “todo o que pase na noite de Samaín, cando saian os primeiros raios do sol desaparecerá”.

        Cando recordou isto intentou despistar aos seres alí presentes. Cunhas ramas fixo un boneco e púxoo diante da árbore e empezou a correr. No bosque apareceu un vampiro e un home lobo. Cando os veu correr cara a ela decatouse que faltaba pouco para o amencer, pero xa era demasiado tarde. Todos xuntos, o morto vivinte, a bruxa, o vampiro e o home lobo empezaron a atacala.

        Andrea toda desfeita, sen forzas e sangrando por todo o corpo veu coma os primeiros raios fixeron desaparecer a todos os seres, deixando a aldea como estaba ao principio. O hostal volvera e algunhas das persoas que foran á festa regresaran. O que si non cambiou foi o estado de Andrea, que acabara de morrer desangrada. Os homes descubriron o seu corpo tendido no bosque, pero nunca avisaron á policía porque crían que só era un boneco que tiraron despois de Samaín.

        Cóntase que cada noite de Samaín o corpo de Andrea asusta a toda a xente que pasa por alí; iso si, só asusta ou incluso mata á xente que aquel día de defuntos deixou tirado o seu corpo sen importarlle o que era.

Gloria Mirón Vicente

 

As trasnadas nunca acaban ben

        Contoume un tío meu que un  día moi distante, un coñecido del, dedicárase  a asustar, el máis os seus amigos, a toda a xente dunha aldea, a cal xa non existe. Non estaban no 31, senón que estaban na noite do 30 e o párroco dera rumores de que a Santa Compaña sairía antes de tempo...Todos, asustados, pensando que era a Santa Compaña a que facía eses grandes ruídos colleron machadas, fouciños, coitelos... Case que toda a xente da  aldea saíra da súa casa en silencio, en busca da Santa Compaña. Todos saíran sen  farois, e a noite era moi escura, non tiña lúa. Os rapaces chegaron á casa, fartos de asustar á xente. Os aldeáns seguían polos camiños, en busca da Santa Compaña, de noite...

        Os rapaces espertaron con moita ansia, para ir mirar como os aldeáns saíran asustados da súa casa.  O coñecido do meu tío baixou as escaleiras, as ventás seguían cerradas, seus pais aínda non as abriran... Un farol seguía aceso, colleuno e foi para a cociña. Non estaba súa nai nin seu pai. Foi ao cuarto principal... ninguén. Vestiuse e saíu da casa. O que viu ao saír deixouno petrificado... os cadáveres dos coñecidos encontrábanse polos camiños da aldea.

        Resulta que os aldeáns saíran para cazar á Santa Compaña, as escuras, e no momento que detectaron o movemento lanzáronse os uns contra os outros. Os únicos que se salvaran foron os rapaces,que se quedaran na cama... 

        Os rapaces, para que ninguén soubera o que pasara, queimaron a aldea, meteron os corpos na igrexa, a cal estaba ardendo. Saíron correndo daquela aldea en menos que canta un galo. 

        Aquela noite, a Santa Compaña, apoderouse das almas dos rapaces, mentres durmían. E nunca se encontraron os restos en cinzas dos aldeáns, nin os corpos sen vida dos rapaces

 Ismael Boga Aido

  

 

 

HISTORIAS DO SAMAÍN

Historia 1

        Tenme contado miña avoa que un día unha muller viña dun velorio pola noite. Ela, e  máis a súa amiga, viñan polo monte cando viron unha luz. A muller avisou a súa amiga de que era a Santa Compaña e  escapou pero a súa amiga non creu que era e seguiu o camiño . A muller que lle contou isto a miña avoa non viu a Santa Compaña pero ao día seguinte a súa amiga morreu.

Historia 2

        Isto ocorreu nun cemiterio. Uns rapaces saíron unha noite e foron ó cemiterio. Viron unha sombra branca e  moitos escaparon pero dous quedaron alí.  Pasou a noite e os amigos dos rapaces pola mañá foron mirar ao cemiterio que pasara alí, porque non volveran a ver ós dous rapaces en toda a noite. Cando  chegaron alí,  viron aos dous rapaces mortos.

Historia 3

        Isto ocorreulle a un amigo de meu pai.  Estaba el só na cociña é oía uns ruídos moi raros. Foi mirar por toda a casa, pero non viu nada .

        Foi ao garaxe e tampouco viu nada . Chegou outra vez á cociña e faltaba o vaso que tiña na mesa e a porta batíase, e ese día non había vento . Nunca soubo o que en realidade pasara pero supón que eran pantasmas.

Historia 4

        Isto ocorreu hai moito tempo.  Había unha nena que se comportaba moi mal e  seus pais para castigala encerrárona nun armario sen comida nin nada. Ao pasar moito tempo foron mirar e a nena estaba morta. Dise que o espírito desa nena sigue andando por ese lugar.

 Historia 5

        Hai tempo,cando meu pai era rapaz, ía sempre que o deixaban ver o cañeiro traballar e foi este o que lle contou o que lle pasara ó seu irmán.

        Seu irmán tiña 8 anos e empezou a deixar de comer, cada día estaba máis fraco, caíalle o pelo ,non tiña forza para andar e custáballe falar. Os pais levárono ao médico. Este mirouno de riba a baixo e non lle vía nada. Os pais estaban desesperados pois o rapaz consumíase pouquiño a pouco.Un día a veciña díxolles que o levaran  xunto  á vella Lola. A esta muller todos lle tiñan medo porque dicían que era unha meiga... Os pais aínda que cheos de medo levaron o rapaz.

        A vella non lles preguntou nada; só lles dixo:  poñede o rapaz deitado na cama e subídelle a camisa. A vella colleu unha folla de col e empezou a fregarlle a barriga ca folla á vez que dicía cousas que ninguén entendía. Ensinoulles  a folla ós pais, os que tremeron de medo ó ver a folla, pois nela estaba a imaxe dun gato que lles morrera e que o rapaz quería moito.

        A vella contoulles que o gato quería levar ó rapaz con el, por iso o rapaz se consumía sen explicación.

 Paula Ordóñez Castro

 

QUEN LLE LAMBEU A  MAN A RAPAZA?

        Un día unha rapaza, quedouse soa na casa porque seus pais marcharan ao cine. Máis tarde cansada apagou as luces e marchou pa cama. Durmiuse e ao pouco escoitou “pic, pic, pic”. Colleu, levantouse e foi mirar o que pasaba. Comprobou que a billa non estaba aberta nin nada parecido, así que volveu para cama e durmiuse outra vez. Ao pouco tempo volveu escoitar: “pic, pic, pic”, así que volveuse a levantar e a mirar todo,  pero non había nada e volveu para a cama. Deitouse e antes de durmirse, como facía todas as noites, viña o seu can e lambíalle a man para que durmise ben, e ao pouco durmiuse. E escoitou “pic pic, pic” outra vez.  Levantouse e nada outra vez,  pero para volver a súa habitación tiña que pasar por un corredor e alí no teito, cravado, estaba o seu can cun coitelo chantado, e o pic, pic, pic era o do seu  sangue.

        E aquí ven a pregunta: Se o can estaba morto cando soou o primeiro pic, quen lle lambeu a man a rapaza?.

 Iago H. Vázquez Figueira.

 

A PREMONICIÓN DA FIGUEIRA

        Unha veciña, moi amable, contoume a seguinte historia: Cando ela era rapaza a xente cría moito nas premonicións, nos adiviños e nas aparicións.

       Un día estando ela na cociña ca súa avoa entrou a présa súa nai que viña moi pálida e suando. Entón a avoa preguntoulle a súa nai:

       -Que che pasou muller? Cómo vés así? Parece que viches o demo!!

       -Ai, miña nai! Alguén vai morrer!!

       -Que dis? Tes cada cousa!

       -Mamá, cando viña andando, pola corredoira, unha póla da figueira de Manolo bateume na cabeza tres veces. Así como cho digo, dinme perfecta conta. (Ese día non facía vento).

       -Tranquila muller iso pareceucho a ti ou o mellor alguén che gastou unha broma.

       O caso foi que aos tres días o pai da miña veciña morreu repentinamente.

Diana Ramos Torrado. 1º B

 

 

 

UN MORTO MOI ESPERTO

        Outra veciña contoume que, cando ela era pequena, se morría alguén todos os familiares, veciños e amigos ían á casa do defunto para velado. Como daquela non había tanatorios os velorios eran nas casas.

        Un día un veciño morreu aforcado e quedáronlle os ollos abertos. A miña veciña conta que para pecharllos puxéronlle cera e dúas moedas nos ollos. Cando estaban no velorio de noite, de súpeto, marchou a luz, toda a xente empezou a murmurar en alto e agarrábanse uns aos outros, algúns baixaban á presa polas escaleiras que, ao ser de madeira facían que se movese o piso. Ao pouco volveu a luz e cando miraron cara o defunto, este tiña os ollos abertos. A miña veciña escapou correndo para a súa casa.

Diana Ramos Torrado. 1ºB

 

EMPEZANDO POLOS PÉS

        Era unha vez nun pobo, na noite do Samaín, cando dous nenos foron pedir. Chegaron a unha casa na que sempre lles daban moitos caramelos, pero ese día petaron e...........................

        Saíulles a mesma muller de sempre pero esta vez tiña algo raro. Non falaba igual, nin levaba a manta coa que se enrolaba. Unha luz cegadora deixou sen ver ós nenos e cando puideron ver, algo terrible lles apareceu. Un horrible monstro queríaos comer, empezando polos pés.

 ADRIÁN GALBÁN CESPÓN 

OS FIGOS PASOS

              Nunha noite do samaín hai uns cantos anos ocorreu isto.

      Eran dous homes que roubaron dúas caixas de figos pasos, e  foron comelos ao cemiterio. Pero non conseguiron  subir o muro porque era moi alto. Deixaron a metade fóra e subiron a outra metade. Puxéronse dentro do cemiterio a comelos. A Garda civil levábaos seguindo un cacho de tempo, aínda que eles non o sabían. Estaban fóra escoitando como os ladróns comían os figos. Cando acabaron, díxolle un ao outro:

      -Ti colles a tapa, eu a caixa e imos buscar aos que están fóra.

      Entón a Garda Civil pensando que eran defuntos que ían a por eles escaparon correndo. E os ladróns quedaron comendo os figos pasos tranquilamente.

 María del Mar Tubío Méndez

UN HOME CON MEDO

        Esta historia contouma miña avoa,a quen lla contou  súa nai cando era ela rapaza.

        Había un home que tiña moito medo pero a pesar diso era un home cruel que abusaba dos demais.Pero tiña alguén que mandaba nel,a súa muller a quen quería moito e non lle negaba nada.Un día a muller mandouno ir moer ao muíño de noite,xa que a anterior vez fora ela pero collera medo ao atallar polo camiño máis curto para chegar logo e decidiu non volver a ir.El non fixo caso e marchou pola porta pensando "está muller cada día está máis tola".

        Ía co saco ao lombo, e  tivo que pasar por un camiño moi escuro e cheo de silvas e unha silva enganchoulle no lombo entón  empezou a dicir gritando:

        -Déixame home déixame .- cheíño de medo-. O pobre do home pensara que era unha alma en pena que viña a por el.

        Cando se dou  conta proseguiu o camiño.Ao pouco algo se lle volveu enganchar no xersei e el que seguía cheo de medo disimulouno dicindo:

        -Bo outra silva, xa e a segunda.Mañá irei polo camiño máis largo.

        Cando botou a man ao lombo sentiu que algo lle tocaba e non era unha silva.

        Ao día seguinte foron buscar por el dado que ao amañecer non volvera á casa, pasaron polo camiño e alí tirado estaba o saco. O home xamais volveu a aparecer.

  María del Mar Tubío Méndez

 

 

UNHA PANTASMA

        Contoume meu avó que hai tempo había un  mozo que era un pouco revoltoso e sempre gastaba bromas á xente.

        Nun sitio do Pazo había un carballo na beira da estrada que tiña unha pola grande na que os rapaces se balanceaban nela pola mañá.Entón ao mozo ocorréuselle poñer unha saba pola cabeza e asustar á xente.

        Cando viñan as mulleres de noite para o mercado cara Rianxo, coa cesta na cabeza, el colgábase na póla e arrandeábase dun lado para outro. As mulleres tiñan medo, porque pensaban que era un pantasma de verdade, xa que naquel sitio non había luz.

        Un vello do Pazo, que xa sabía como era o mozo,tiña o muíño no río de Te e tiña que ir todas as noites para o muíño pasando pola estrada e oíu falar do caso ese, colleu o fouciño do monte e foise para alí.

       Cando chegou, a pantasma púxolle o fouciño no pescozo e díxolle

       -Ai, Sr. Manuel, non me mate que son eu.

       Nisto que o vello contestou.

       -Aii meu, neto, eu xa o sei, a ver cando cambiarás.

      E con isto acabouse o conto do pantasma, nunca máis volveu a aparecer

 María del Mar Tubío Méndez

 

SAMAIN

        Había unha vez un neno que non cría nas historias de medo cando llas contaban. Cando tiña 8 anos foi cos seus amigos a pedir o dia de samaín. Ao pasar por diante do cemiterio, escoitaron algo e escaparon a a fume de carozo

        -Iso é un home que nos quere dar un susto.- Brais

        -Si. E a luz esa tamén e un home .- Rafa

        -De súpeto aparece a Santa Compaña, non se lle vía a cara. Todos escapan a correr. Cando volven pasar por diante do cemiterio Rafa desaparece sen deixar rastro. Quédanse a buscalo, mais non o encontran. Pensan que marcharía para a caso

        Ao día seguinte aparece morto onde desapareceu

Aarón Figueira Galbán

 

A LENDA DO CAMPOSANTO

        Nesta noite tan esperada de bruxas, todos os nenos se dispoñen a saír a buscar doces e máis reunirse pa contar contos de terror…

         Pero está vez seria distinto pois ían a reunirse un cemiterio abandonado as aforas do pobo …

        O acabaren de ir por todas as casas, os nenos xuntáronse no cemiterio , un lugar que impuña silencio, fixeron unha roda, e no medio puxeron unha lámpada que alumeaba as súas caras.

        Un deles empezou a contar … Din que neste cemiterio foron enterradas tres bruxas, ás que lle gustaba comer nenos e asustar a xente, desde sempre na noite da bruxas as súas almas saen das tumbas para atormentar ao que non cren nelas.

        De súpeto... 

        -Quen está facendo eses ruídos? –pregunta un dos mais pequenos.- Hai alguén escondido? .

        Estaban todos inquietos e asustados, uns pensaban que eran os maiores que estaban escondidos para asustar os mais pequenos, pero non era así porque estaban todos xuntos . soaron as campas da igrexa , oíronse doce badaladas , os nenos xuntaron as mans co medo que tiñan , a lámpada caeu e apagouse , e o vento empezou a soprar . A lúa víase máis grande e tenebrosa que de costume .

        Un deles dixo, isto non ten ningunha graza , xa vai sendo hora de irnos pa casa , entón un deles grito:

-Meu Deus! Que é iso?

        De entre as tumbas saían flotando figuras fantasmais, cunhas formas estrañas, nunca se vira igual, rodeando aos neno .

        Os rapaces tiñan as pernas tan entumecidas polo medo, que non se podían mover, oíuse unha risa estarrecedora que lles puxo a pel de galiña e saíron todos correndo, daquel lugar tan tenebroso .

       Cando estiveron a salvo nas súas casas , ninguén contaría o que vira no cemiterio. Así que a partir daquela noite non volverán a rirse das historias que contaban na noite de samaín.

Christian Rodríguez Rodríguez

 

Aposta de Samaín

        Un día, o 31 de outubro, pola noite de Samaín, había un grupo de amigos que facían chamarse "Os valentes "

        Todos os anos, esa noite, os Valentes aceptaban a un novo membro no seu grupo. Ese ano esperarían aos novos aspirantes na casa do outeiro, una casa a que todos os rapaces lle tiñan medo. Ese ano a proba de acceso sería ir pedirlle "Truco o trato" aos Larson, (os habitantes da casa), que nunca se viran nin entrar nin saír, tampouco nunca viron unha persiana subida.

        Había cinco rapaces e una rapaza que querían acceder, cando Carlos (o xefe do grupo) lles dixo o que tiñan que facer, catro dos cinco nenos fuxiran correndo. Só quedaban Marta e Xurxo, o primeiro en entrar sería Xurxo, que fardaba sobre que ía ser el o novo integrante do grupo, pois, segundo el, as rapazas eran unas medicas, por iso, nos "Valentes", non había ningunha rapaza.

        Ás nove en punto, Xurxo entraría na casa. Xa eran as nove menos cinco, coas pernas tremendo dispúxose a entrar, colleu a lanterna e comezou a andar. Xa pasaran oito minutos e aínda estaba a medio camiño, chegou a porta dispúxose a petar,pero de súpeto … a porta abriuse emitindo un forte son, polo que Xurxo saíu correndo como se a vida lle fose niso, chegou xunta Carlos e díxolle:

        -Ríndome, que outro tolo entre nesa maldita casa embruxada! –dixo coas bágoas esvarándolle pola cara.

       Carlos riuse, e dixo:

        -Pois xa non queda ninguén máis, ímonos.

        -Aínda quedo eu - dixo timidamente Marta.

        -Acaso pensas que si Xurxo non puido superar a proba, que ti podes ?-contestoulle Carlos a rir.

        -Por que non ía poder ! -contestoulle Marta enfadada

        -Pois adiante, pero non te enfades si nos rimos mentres ti choras.

        -Esta ben, vou entrar.

        Eran as nove e media, dun 31 de outubro do 1994, Marta dispúxose a comezar a proba. Cando no gran reloxo da cidade se oíu un "Tolón", e Marta emprendeu o camiño.

        Xa case chegara á porta cando se lle ocorreu unha boísima idea, pois xa que os rapaces se riran dela, quería vinganza.

        Achegouse a porta da casa, que estaba entreaberta, entrou, ela non sabía porque todo o mundo lle tiña medo a aquel lugar, pois se estivese en mellor estado habería persoas que pagarían por vivir alí. Todo estaba cuberto por una sabana branca e una espesa capa de po.

        Subiu as escaleiras e entrou na primeira estancia que viu, semellaba que aquilo fora un antigo dormitorio. Xa aburrida de estar alí baixou as escaleiras cando sentiu una presenza, entón emitiu un forte xemido e saíu correndo en dirección a que nalgún momento fora a cociña. Carlos e o resto dos integrantes do grupo correron cara a casa. Unha vez dentro oíron un ruído nunha habitación na dereita, entraron e alí, tirada no chan da habitación, atopábase Marta os rapaces desesperados puxéronse a chorar enriba do suposto cadáver da rapaza. Oíron a un lobo ouvear a luz da lúa, que ese día estaba chea. Saíron correndo e alí na porta inexplicablemente, atopábase Marta, apoiada no marco da porta ríndose deles.

        Dende entón, é a líder do grupo, que pasou a chamarse "Todos somos valentes", e cada Samaín entran no club todos os rapaces que queiran, sen ter que pasar ningún tipo de proba.

Sara Tubío Rial 

 

 

 

A EXTRAÑA MORTE.

        Xulián estaba na casa da súa avoa. Ao arredor das 11 da noite tivo que ir ó baño. Ía camiñando polo corredor cando viu  que dun cadro saía unha cara que o mirou e logo desapareceu...

        Ao día seguinte, outra vez ao redor das 11 da noite, cando ía camiño do baño decatouse que no lugar do cadro había un cartel que poñía: " Alguén da túa familia vai morrer". Xulián non lle fixo ningún caso, pero ó abrir a porta do baño, alí estaba a súa avoa tirada no chan, morta.

PAULA OTERO IGLESIAS

XA NOS VEREMOS.

        Nunha aldea moi pequena vivía un home que lle encantaba falar cunha velliña que lle contaba un montón de historias de medo á vez que  lle ensinaba moitos remedios para enfermidades.

        Pero  o  noso home chegou a sentirse mal por tantas historias, polo que  quixo cambiar de lugar de residencia. Antes de marchar, foise despedir da velliña esta  díxolle:

        - Xa nos veremos máis adiante, mais asegúroche que non será aquí.

        El non a entendeu. Ó mes seguinte volveu para visitala, pero cando chegou xa a señora morrera.

        Pasado un tempo, viuna nun camiño e  parouse a falar con el... A señora xa  dixera: xa nos veremos, pero non vai ser aquí!

LÍA FIGUEIRAS VICENTE

 

Onde están?

        Había unha vez nunha pequena aldea uns meniños que xogaban ao agocho lonxe da escola. Soou o timbre pero os nenos non se decataron e seguiron xogando.

        Cando se deron conta de que estaban sós, asustáronse

        -Eh, Xabier, onde están os outros nenos ?- preguntou Mariña- E se xa tocou o timbre?.

         Os dous nenos correron á porta pero estaba cerrada e viron dentro ao conserxe… era un zombi!  Fixo tocar a campá e os nenos saíron das súas clases e cando viron ao conserxe ,fuxiron del.

         Xabier e Mariña correron tamén ao autobús. Cando entraron…   pecháronse as portas... o condutor era un zombi.

        Os nenos correron cara aos cadeiras traseiras, mais  o condutor papounos .

        Os pais dos nenos chegaron ao colexio e preguntáronlle ao condutor.

        -Onde están os nenos e as nenas ?-preguntou o pai Xabier .

         -Nun pozo sen fondo!-respondeulle o condutor.

        -Onde está ese pozo?-

            -No meu bandullo, ha,ha,ha…

Antía Outeiral Rodríguez

POR UNHA MOEDA.

        Esta historia contouma meu bisavó. Cando el tiña seis ou sete anos foi co seu irmán xogar á praia de Tanxil. Ao pouco tempo de estar alí decatáronse  de que na orela había un home tirado. Foron mirar e viron que era un afogado. Levaron un gran susto, pero como daquela a xente era moi pobre, antes de avisar, miráronlle nos petos e atoparon nun unha moeda.

        Pasaron uns días e parecía que pasara o susto cando os dous irmáns empezaron a escoitar polas noites ruídos de moedas. Os rapaces morrían co medo e non podían durmir. Tiveron que contarlle á súa nai o que de verdade pasara na praia.

        Ao día seguinte a súa nai foi á igrexa e coa moeda acendeu  candeas na memoria do afogado.

        Esa noite xa todos puideron durmir e descansar na casa do meu bisavó.

MANUEL SÁNCHEZ MARTÍNEZ

 

 

 

 

Os gritos

         Nunha noite, unha sombra escura pasaba, sen facer nada, só andaba, o timbre soaba, cando o home abriu a porta, quedou sen fala.

         Nunca vivistes esa noite na que non sabes o que facer e pensas no medo, nos espíritos e nas pantasmas? Pois esta é a túa historia.

         Nunha noite moi escura, que cadraba co Samaín, mentres a familia Figueira ceaba un forte grito retumbou nas paredes da casa. Foron á casa dos veciños, os de Costas, na que se encontraba Carlos, o dono da casa, tirado no chan, Lara, a muller de Carlos, estaba intentando axudalo a moverse pero o home non daba señais de vida. Coa axuda dos Figueira, a muller levou a Carlos a urxencias onde o reanimaron e axudárono a moverse. Pasou alí media hora. Cando volveron para a casa o home non falaba e Lara chamou aos seus fillos Xián e Inma que estudaban na universidade. cando os seus fillos apareceron por alí o seu pai deulles un forte abrazo, un bico, levantou a man cara ao ceo e caeu, deixou de respirar e, ao pouco tempo, xa estaba no tanatorio.

        Ao día seguinte repetíase a historia mentres os Figueira ceaban...AHHHHHHHH! outra vez escoitaron un grito, correron e correron pero non chegaron a tempo. Lara xa tiña o seu final co que pechar o capítulo da vida, co que se marcharía ao máis alá. Os seus fillos decidiron pasar unha noite máis alí e vender a casa. A noite seguinte oíronse dous gritos, Xián e Inma apareceran mortos.

        Cada noite de Samaín veñen e axudan a xente a facer diversas cousas e dinlle que non teñan o mesmo erro que tiveron eles.

        Nunca se souberon as razóns polas que morreron.

Irene Fernández Romero

 

        Érase unha vez unha rapaza que era moi mala, morreu nun accidente misterioso que ninguén sabia como pasara. O seu espírito aínda andaba polas rúas e, todos os días festivos, sempre morría alguén misteriosamente. 

        Un dia un grupo de rapaces que se dirixían de acampada a un lago preto da cidade, empezaron a sentir unha estraña presenza, sentían frío,tristeza e odio. Á mañá seguinte, cando espertaron, fixáronse que alguén escribira no coche con sangue (ides morrer!). Uns rapaces querían marchar e outros non porque crían que se trataba dunha broma pesada. Ao final decidiron quedarse. 

         Esa mesma noite empezaron a escoitar uns ruídos que viñan do lago. O maior foi mirar e... a súa cabeza chegou  rodando xunta aos seus amigos. Os demais escaparon a toda présa, coa mala sorte que, cando subiron no coche, este arrancou só e foi cara ao lago. O  coche meteuse na auga e afogaron todos menos un, que conseguiu escapar pola fiestra. 

      Ese rapaz correu ata chegar a unha casa onde lle contou á xente o que sucedera, con tan mala sorte que nesa casa vivía o avó da rapaza que morrera. O avó da rapaza contoulle a historia da morte da rapaza: unha mañá a súa neta quería ir de acampada co seu avó cando lles chegou a noticia que os pais da rapaza morreran nun accidente de coche. A rapaza, ao saber da noticia, volveuse louca e escapou correndo,e unha hora despois encontraron o seu corpo asolagado no lago e, sempre que é festivo, se alguén vai de acampada sucede algo. Xa puxeran un cartel no lago que dicía: prohibido acampar no lago os festivos.

     Nese intre a porta abriuse de golpe e era o espírito da rapaza que viña chorando pois quería salvar ao rapaz porque o asasino era seu avó, a historia que lle contara era mentira pois foi seu avó quen, nun momento de loucura, afogara á súa neta no lago. 

        O avó, ao ser descuberto, quixo matar o rapaz xa que fora tamén el quen matara aos seus amigos. Pero a rapaza impediullo e o rapaz conseguiu escapar. Cando o rapaz volveu con axuda non encontraron nada, nin a casa , nin os restos dos seus amigos. Só viron un cartel que dicía:prohibido acampar no lago os festivos.

 Noemí Ríos Lorenzo

 

XA NOS VEREMOS.

        Nunha aldea moi pequena vivía un home que lle encantaba falar cunha velliña que lle contaba un montón de historias de medo á vez que  lle ensinaba moitos remedios para enfermidades.

        Pero  o  noso home chegou a sentirse mal por tantas historias, polo que  quixo cambiar de lugar de residencia. Antes de marchar, foise despedir da velliña esta  díxolle:

        - Xa nos veremos máis adiante, mais asegúroche que non será aquí.

        El non a entendeu. Ó mes seguinte volveu para visitala, pero cando chegou xa a señora morrera.

        Pasado un tempo, viuna nun camiño e  parouse a falar con el... A señora xa  dixera: xa nos veremos, pero non vai ser aquí!

LÍA FIGUEIRAS VICENTE

 

A CASA EMBRUXADA.

        Unha noite  un rapaz entrou nunha casa. Soou o teléfono e, ao collelo, escoitou unha voz que lle dicía:

        -Vas morrer!

        O rapaz, asustado, colgou o teléfono. Nese intre viu  un coitelo, cheo de sangue, cravado nun tronco de madeira. Escapou escaleiras arriba e no alto atopou a cabeza dun home. Era moito o medo e baixou como un raio, no fondo da escaleira había un paxaro morto... Centos de cristais caéronlle encima. Puido  escapar e chegar á cociña. Tiña moita sede, abriu a billa, pero o que lle saíu non foi auga senón sangue.  Cando espertou e viu a súa nai, respirou aliviado.

CANDELA LUSTRES PÉREZ

Samaín

    Hoxe é o día de samaín, e teño que ir obrigado co meu irmán e co meu curmán a pasear pola noite coa cabaza na man por toda a vila. Eu, que teño 6 anos cumpridos, hai catro días, todas as historias que me contan, todas as creo: a da santa compaña, a do home lobo, a dos vampiros…

    Xa eran as 23:00 e nós estabamos de camiño ao polideportivo municipal, lugar do que iamos saír. Xa dentro meu curmán e meu irmán foron tomar algo á barra que puxeran para que mentres esperábamos para marchar non tivésemos sede. De súpeto meu curmán asustoume e díxome:

    -Veña, que xa hai que marchar que xa son as doce en punto. E por certo Martín non te creas todas as historias que che contan porque non son verdade – dicíame mentres se lle vía ganas de botar unha gargallada polo susto.

    -Xa o sei, pero… - dixen eu incómodo.

      Eu xa sabía que as historias que me contaban que eran mentira pero o meu cerebro dicíame o contrario. Cando íamos cerca das casas dos meus amigos Raimundo e Faustino, vimos ao lonxe unhas luces vindo cara a nós, unhas persoas cunha túnica e a cara tapada cunha carapucha. Eu co medo no corpo tremendo.... ïamosnos acercando... vimos que eran os meus amigos coas irmás e outros amigos. Eu estiven por deixar a cabaza no chan e pegarlles polo susto que me meteran, pero non o fixen porque, ao fin e ao cabo, fíxome algo de graza.

       Xusto cando íamos chegar de volta ao pavillón volvemos a ver unhas luces e unhas persoas pero esta vez era distinto porque o primeiro levaba unha cruz moi grande. Todos dicían:

       -Bo, xa están aquí os graciosos de todos os anos.

        Eu desconfiaba eran moi raros. Cando pasamos por diante deles démonos todos conta que non era unha broma senón que era a Santa Compaña, a de verdade.

        -Correde...!!!! - gritaba todo o mundo.

        Mentres a xente gritaba a Santa Compaña ía pasando a cruz entre a xente e todo aquel que a collía convertíase nun deles mentres non cambiara a cruz. Eu, meu curmán e meu irmán chegamos á casa ben.

         Á maña seguinte non se falou do que pasara pola noite e así quedou.

Adrián Vidal Lorenzo 

 

 

O CURA SEN CABEZA

        Hai xa tempo (xa choveu desde aquela), nun pobo de montaña, un mozo preguiceiro chamado Zacarías quedou durmido nun banco da igrexa tras a misa da tarde. O lastimeiro renxer da porta espertouno do seu plácido sono. Abriu os ollos lentamente e incorporouse con preguiza. Ante el, no altar, coas mans alzadas ao ceo e recitando a misa en latín, a figura dun cura sen cabeza deixouno petrificado. Quixo correr, berrar saír por patas, pero o seu corpo non respondía. O cura, presentindo as intencións de Zacarías púxose de xeonllos e rogoulle:

        - Por favor, Por favor agarda... Queda só esta noite, só necesito unha noite na que dar misa a unha persoa para cumprila miña condena de non crer en Deus en vida e beneficiarme dos bens do crego.

        Cando a primeira raiola de sol entrou pola cristaleira, o cura esfumouse como néboa que leva o vento. Zacarías marchou da igrexa cando o sancristán abriu a porta a primeira hora da mañá e non mencionou a ningué o que lle ocorrera esa noite.

Aida Barros Ces

 

HISTORIA DE TERROR

        Este ano na última semana de outubro todos os monstros e pantasmas saen dos seus agochos para asustar aos rapaces. Un rapaz chamado Gian axudáballe os seus pais coa cea cando….  chaman a porta. O rapaz, tranquilo, abre a porta e… desaparece...

        A nai búscao pero xa non esta na casa. O rapaz cando esperta ve que está todo escuro busca o móbil e mira o seu arredor en busca dos seus lentes. Estaban alá, xunta o que parecía unha porta pechada.

        Gian non sabia o que facer así que decide abrir a porta, e encontrase nun edificio a 400 metros do chan rodeado de escuridade e persoas sen rostro cunha capa gris.

        O rapaz asustado colle o ascensor e intenta baixar pero parase nos últimos pisos. Soben varias persoas e volve baixar. Cando chegan á entrada, a un cáelle  a capa e véselle o rostro… os ósos!. Sae a correr perseguido polo esqueleto e... esperta!

Zoran Conde Comojo

 

Os asasinatos

         Un día un señor con pinta rara tirou o cadáver dunha nena as vías do tren. A os poucos minutos pasou o tren, pero o maquinista non veu o cadáver e levouna por diante. Uns días despois foron reconstruíndo o seu corpo para enterralo.

        Ao cabo de 10 meses o fillo do home que matou á nena atreveuse a dicirlle que veu como a mataba, pero antes de poder dicirlle que non llo ía dicir a ninguén, matouno. O seu fillo maior nese momento estaba entrando na estancia, veuno todo por iso entonces, o pai colleu un coitelo e sacoulle o corazón. Os corpos enterrounos, pero o corazón do fillo maior utilizouno para facer estufado, que lle deu de cear á súa muller.

        Despois dun ano a muller deuse de que matara aos seus fillos e a unha nena. Nese momento entráronlle ganas de vingarse. Pola noite colleu unha navalla e quitoulle un ollo ademais de cortarlle a lingua para que non puidera delatala. Ao mes seguinte a muller acabou con el de todo. Pero descubrírona. Intentaron metela no cárcere, pero escapou. Foise da cidade e fíxose camareira, ao menos ata que lle rompeu unha botella de cristal na cabeza a un cliente. Cando foi a policía ao bar para arrestala, un policía recoñeceuna, que era a mesma que un ano antes se escapara, por matar ao seu marido.

        Ao final, foi condenada a que lle cortaran a cabeza cunha machada. Ela morreu e non volveu a matar

Lucía Casal Lodeiro & María Chouza Otero & Antía Rodríguez Costas

 

A Santa Compaña

        Había unha vez un neno de sete anos chamado Xián que a noite do samaín saíra cos seus amigos a pedir polas casas. Ese día, cando foron por xunta o cemiterio Xián que era moi chulo quixo ir alí pero os seus amigos non quixeron pero quedaron no acordo de esperalo aí porque Xiań quería ir ver a os seus defuntos. Mentres ía por entre os corredores do Camposanto veu un movemento estraño e foi a mirar. Era a Santa Compaña, que ao velo foron a por el. Cando o colleron foi con eles. Os seus amigos, ao ver que non daba saído, fóronse e nunca se soubo máis da existencia de Xián

Javier García Regenjo

 

O Samaín

        Un día polo samaín fun ao cemiterio ao carón das 12 da noite, de súpeto empezou a lostregar e a chover sen control.As portas pecháronse e non había por onde saír. Nese intre era a única que me atopa alí. Non sabia que facer, empecei a gritar, xa que hai casas ao redor a ver se se decataban dos gritos.Unha muller saíu á ventá, mais non me fixo caso. Seguro que pensaba que eran uns rapaces que se dedicaban a saír a pedir polas portas . Sentín unhas brisas ao redor do meu colo empeceime a poñer máis nerviosa do normal. Eu parei e pensei que, ao mellor, eran almas do purgatorio, xa que din que pola noite do Samaín saen das tumbas, ou iso e o que me dicía miña avoa.

        Parei a pensar e decateime de que ao mellor era meu avó que morreu fai 10 anos. Quen sabe, ao mellor, queríame dar un recado para os meus pais .

        Tras pasar alí a noite, debaixo dunha tumba,veu o enterrador a abrirme a porta.

        Ao final non pasou nada, só foi un susto.

Paula Iglesias Franco & Ainara Romero Alcalde

 

SOÑOS...

             Esta historia trata dunha rapaza, Celia. Esta nena era unha rapaza tímida e misteriosa, case non tiña amigos, mellor dito, non tiña ningún. Por iso esta historia non chegou a moitas mans...

            Unha noite, Celia durmiu, pero o seus tenebrosos soños non a deixaron en paz. Na súa mente era un día de outono no que se dirixía a casa da súa avoa cunha presa de castañas para asar. Chegou á casa, petou na porta, nadie lle abriu... Petou de novo, un novo silencio... Foi pola porta de atrás e atopou a súa nai chorando, a súa avoa falecera...

             Ao día seguinte (na realidade) chamáronnos á casa dándolles a nova da defunción de Dña. Carmela, a avoíña.

             Pola noite seguinte, os soños volveron reinar na mente de Celia. Agora estaba na escola, a última clase, o timbre de saída e seu pai esperando no coche, non ese día seu pai non estaba...

             Como Celia supuxo tras o acontecemento do día anterior, o seu pai morreu ao día seguinte da mesma “enfermidade” que a avoa. A nena xa non sabía que facer. Quen sería o seguinte?

             Xa sei o que estaredes pensando todos, despois a nai, o irmán, o can... Nada diso! Xa veredes...

                        Celia, metida na cama, tremía de medo. Non quería durmir, non quería soñar, non quería que morrese nadie máis... Pero o sono gañoulle. A verdade, nadie sabe quen soñou aquela noite, algúns din coa súa propia morte, outro co fin do mundo... O único que podo dicu¡irvos é que nunca se volveu ver a Celia, aínda que hai xente que di habela visto pasear por bosques, preto da súa vila... Pero sempre de noite e vestida cunha túnica branca.

             Tamén teño que añadir que se di que o que ven é a súa alma, e se acertas a adiviña que che fai a súa alma proporciónache unha noite de soños futuristas. Os que caen na súa trampa, presencian a morte deles mesmos.

Aida Barros Ces 

O EMISARIO DA MORTE

          Era unha noite tranquila na casa de Dona Serafina. En medio da noite, ás doce exactas chamaron á porta tres veces. Dona Serafina foi abrir, nadie tras a porta... Pecha outra vez e volven chamar, desta tanda catro veces, Serafina abre a porta e tampouco atopa a nadie, mais de súpeto danlle unha labazada tan forte que a tiran ao chan. Serafina Cerra a porta. Chaman de novo, agora cinco veces, Serafina tremelicando vólvese a cama e cóntallo ao marido.

            - Parvadas muller, parvadas...

            Consta dicir que Dona Serafina tiña sete fillos, pois ben, quedaron dous. Adiviñade por que.

Para os que non se enteren, o emisario da morte petou cinco veces na porta a última vez, cinco fillos que morreron nesa noite.

Aida Barros Ces 

 

O QUE NON QUEIRAS QUE CHE FAGAN A TI, NON LLO FAGAS AOS DEMAIS

        Nunha noite escura, sen estrelas nin lúa; sen farois acesos, nin ningunha alma camiñando pola rúa ,ía un grupo de amigos paseando e contando historias de medo, pois esa era a noite de SAMAÍN. Cando de súpeto Carlos que era o máis pequeno e o máis medica do grupo atreveuse a dicir :

        -Iso e todo mentira,unha farsa,e todo un engano-.

        Paulo, que era o maior, e o máis traste decidiu gastarlle unha broma coa axuda dos demais.

        Esa noite todos eles quedaron a durmir nunha casa encantada na cima da montaña; cando por fin estaban todos xuntos . Carlos tivo que ir a o baño, os amigos aproveitaron e puxeron en marcha o seu plan.

        Carlos regresou e non había ninguén, só un coitelo tirado no chan cheo de sangue, de súpeto escoitou un grito de dor e agonía , abriuse a porta e unha ráfaga de vento apagou as velas do redor.

        Carlos saíu correndo e os seus amigos saíron tras del; pero Carlos corría coma alma que leva o demo; con tan mala sorte que non se deu conta do precipicio que había; el caeu a rolos, tropezando finalmente coa cabeza nas rochas que había. Os amigos ao velo caer baixaron como puideron ata chegar onda el.

        Paulo tocou o corpo sen vida, o cal desapareceu deixando unha gran mancha escura da cor do sangue.

        Pasaron os anos e todos os amigos que formaban ese grupo foron morrendo en circunstancias moi estrañas; pero todos eles tiveron unha cousa en común a súa morte cadrou na noite de SAMAÍN...

GABRIEL FIGUEIRA NUÑEZ

 

AS LUCES DA SANTA COMPAÑA.

        Contoume miña avoa que cando ela era moza, polas noites, se se saía fóra podíase ver unhas pequenas luces tanto nas hortas como no mar. Dicíase que era a Santa Compaña, porque ao día seguinte morría alguén cerca de onde se viran esas  "luces da Santa Compaña".

ANTÍA CAAMAÑO IGLESIAS

 

A SANTA COMPAÑA.

        En Rianxo había unha  muller que ía  vender o peixe a Bexo. Saía da casa cedo, cando aínda era noite,  para chegar  a rompida do día a Bexo. Un día chegou algo antes e aínda era noite, viu a un grupo de xente cuns farois, entre eles ía un cura; era a Santa Compaña, pero como ela non o sabía, foi con eles. Entraron nunha casa, subiron á planta alta, onde había dúas mulleres nunha cama. O cura deulle a comuñón a unha delas e , de repente, apagáronse todas as luces e o grupo de xente desapareceu. A peixeira chamou polos da casa e contoulles e que pasara.

        Marchou  vender o peixe e cando rematou volveu pasar pola casa da visión, onde se enterou que a muller á que lle deran a comuñón, morrera.

LOIS GONZÁLEZ ALCALDE