ANDREA MACEIRAS

  

        O pasado Xoves 19 de Marzo os alumnos de 1º de E.S.O. do IES Félix Muriel de Rianxo tivemos unha conferencia con Andrea Maceiras autora de Volverás Golfiño!. O primeiro que fixo, despois de saudarnos, foi agradecer o noso esforzo  para realizar a banda deseñada sobre o libro. A verdade é que lle pareceu interesante.

        Logo contounos unha historia na que a protagonista era a Filla de Iris. Cóntase que houbo moitos naufraxios na Costa da Morte. E diversas cousas máis relacionadas co libro.

        A continuación chegou a quenda  das preguntas. Houbo algunhas que creo que non deberían estar. Sen embargo, outras eran interesantes, que deron como resultado: Que a escrita di moito da persoa; que fixo esta historia con golfiños porque lle gustan; que lle levou tempo escribir o libro, porque ademais de facelo había que buscar información; que non está a favor das celebracións do estilo do Día do Pai e tamén que fixo no último capítulo un resumo do que lle acontecía a Iris dende o comezo do instituto para non facer segunda parte, pero segundo dixo ela, a segunda parte xa nola contou co pequeno relato narrado.

         Xa para rematar asinounos os libros e volvemos cara ás nosas clases.

        A verdade é que foi unha conferencia interesante

Sergio Somoza Tubío