ANXO FARIÑA

  

Xoves, 19 de febreiro de 2015

        Hoxe tivemos a honra de ter xunto a nós a 2ª hora ao escritor/ilustrador dos Megatoxos.

        O certo e que a visita foi moi entretida e penso que todos gozamos dela (eu polo menos).

        O que máis me chamou a atención e que uns libros que me teñen moi boa pinta, dos que só tiven a oportunidade de ler un deles (A cara oculta da lúa),foran creados por unha simple e díficil aposta que Anxo cumpriu con éxito, aínda que penso lelos todos cando teña un ratiño libre.

         Ao seu traballo de escritor doulle un 10 xa que me encanta ler e tamén me gusta contar historias. Ao meu sobriño encántanlle as historias que lle conto aínda que nunca as escribín. Gustoume que Anxo Fariña dixera que el contaba historias e que máis tarde decidira pasar algunha a papel. O seu traballo como debuxante non podo aprecialo nin criticalo xa que se me dá horrorosamente mal o debuxo.

         Eu xa tivera a oportunidade de ver a Anxo Fariña, porque recordo que viñera ao colexio ADR Castelao, non recordo moito máis desa visita xa que eu era unha nena bastante máis pequena que agora.                                       Laura Sobradelo Nine

 

     

       O Xoves 19 de Febreiro do 2015, recén chegados das vacacións de Entroido, tivemos unha conferencia no Salón de Actos con Anxo Fariña, autor da saga dos Megatoxos.

        El foinos contando diversas historias como a do motivo pola que fixo a saga dos Megatoxos. Falounos sobre como podiamos facer historias con obxectos básicos como unha caixa de cartón de cor marrón. Para isto colleu a dous alumnos  e debuxou unha caixa “tuneada” e co exemplo doutro alumno debuxou dúas caixas “namoradas”.Tamén fixo un retrato transformando a un compañeiro da miña clase como se lle fixeran unha mutación. A verdade é que a Anxo lle quedou xenial!

        Logo veu a rolda de preguntas, e a verdade e que lle fixemos moitas. Agora mesmo está traballando nunha novela para maiores de 17 anos e nun conto de literatura infantil, que foi na que comezou na súa carreira como escritor e debuxante.

        Xa para rematar, aos poucos que trouxeramos o libro, asinóunolo e deixounos un debuxo para fotocopiar e repartir entre todos.                                                      Sergio Somoza Tubío