FOI O CAMPELO

X. Antón G Vilariño

FOI O CAMPELO

NOITE DE SAN XOÁN. (UNHA FESTA POPULAR).

1.  Que se celebra a noite do 23 de xuño de cada ano?.

2.  Que orixe ten esta celebración?

3.  Por que prohibe a garda civil  aos de Pradeda ir á sardiñada de Milleirós?

4.  Que decidiron os de Pradeda  despois da prohibición?

5.  En que sitio celebrarían a súa festa?

6.  Como reacciona a panda do Campelo á celebración no  seu pobo?

7.  Que plan argalla o Campelo co Pireirao?

8.  Cando se dá a voz de alarma de que falta o Manolo Pireirao?

9.  Que veciños se puxeron ao fronte das partidas que sairán buscar ao Manolo?

10. Que participación tivo na busca o can Lión?

11. Quen comía aos cristiáns segundo dixo o Gabán?

12. Que fixo a panda do Campelo coas burras do Antonio da Puza e do Manuel do Amadeo?

13. Que fixeron co carneiro do Pepe do Vilariño?

14. Para onde foron as cabras do Matías?

15. Que dixo a Carruxa que había no cemiterio?

16. Que fixeron os rapaces co Piriquiño do Gabán?

17. Que pensaron as mulleres cando viron as luces de cores?

18. A onde foron parar o grupo capitaneado polo Gabán?

19. Que fixeron os de Milleirós  cando  viron aparecer ós de  Pradeda?

20. Que arma colleu o Aquilino?

21. Que fixo o Pepe da Macedonia?

22.  Que fixo a garda civil ao chegar a Milleirós?

23. Cantos de Pradeda tiveron que durmir no calabozo? De que se lles acusaba?

24. Cal foi a multa aos de Pradeda?

25. Que resolución tomou o Gabán ante a multa?

26. Que pasou co carneiro do Pepe do Vilariño de volta á casa?

27. Por que a muller do Manuel do Amadeo tivo que pagar unha consulta ao veterinario?

28. Que pasou cos animais do Matías?

29. Onde seguían varios días despois da noite do San Xoán as plantas da Cuerva?

30. Que pasou entre a Cuerva e a señora Emilia?

NA ROMERÍA DO FARO

1.  Para que van  levar  ó Campelo ó Faro?.

2.  Completa a frase. Dixo a Aurita: "Por onde a Virxe do Faro pasa,....."

3.  Segundo a lenda, por que marchara a Virxe da aldea na que vivía?

4.  Completa. A Virxe subiu  ao monte máis alto: "......."

5.  Por que ía a señora Carmiña ao Faro?

6.  Que encargo lles fixo aos Campelos o Antonio da Puza?

7.  Que fixo o Campelo na Puza Grande?

8.  Que fixo o Pepe coas colmeas de Requeixo?

9.   Que é a  "Sanabarrigas".

10. A que lle achacou a Aurita a tranquilidade do Jesús do Xabelo?

11. Que viron no Campo das Pipas?

12. Como subías algunha persoas a Costa/Camiño da Virxe?

13. Que se facía cos panos cos que se tocaba o manto da Virxe?

14. Que intervención tivo o Campelo na primeira misa?

15. A que vino Jesús?. Que resposta  deu  o Xabelo?

16. Que lle mercaron ao cereiro de Guxeva?

17. Que fixo o Campelo na Fonte da Virxe?

18. Para que se colle a auga da Fonte da Virxe?

19. Que é unha Misa Cantada?

20.  Como se organiza a procesión no Faro?

21. Onde comeron os romeiros?

22. Que mercou o pai do Campelo para a comida?

23. Que viandas trouxeran tamén para o xantar?

24. Cal foi a primeira actividade que argallou o Campelo para aumentar os ingresos?

25. Que competición organizou no Faro o Campelo?

26. Por que tiveron que suspender a competición?

27. Que lles pasou aos nosos amigos coa garda civil?

28. A que os invitou o Pepe do Ferreiro?

29. Cal foi o resultado da invitación?

30. En que transporte volveron  para a casa?