"CASTELAO 2015"

RIANXO NA DITADURA FRANQUISTA 

 

        Rianxo na ditadura franquista (1939-1939) compléta a triloxía con Saúde e republica (Rianxo 1930-1936).Política e sociedade e Rianxo na súa historia. Consecuencias da guerra civil (1936-1939) que Xosé Comoxo Rodríguez e Xesús Santos Suárez  dedican á historia de Rianxo desde a proclamación da II República ata 1979, que remata coas primeiras eleccións democráticas para o Concello.

        Outros libros de Xosé Como e Xesús Santos son: Biografía de Arcos Moldes (1994). A heráldica nas terras de Rianxo: brasóns e liñaxes (1997). Con Xesús Costa publicaron Galiza na guerra civil. Campos de concentración de Muros, Padrón A Pobra e Rianxo (2007)

 

AMIGOS DA FUNDACIÓN CASTELAO

     

        O sábado 31 de xaneiro de 2015, no paseo da Ribeira, o presidente da Fundación Castelao, Carlos Mella, e o Alcalde de Rianxo fixeron a ofrenda ante o busto de A.D.R. Castelao para conmemorar os cento vinte e nove anos do nacemento do egrexio rianxeiro.

        Alfonso Daniel Manuel Rodrígue Castelao, fillo de Mariano Rodríguez Dios e Joaquina Castelao Gemme, nace en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886,sendo bautizado na igrexa parroquial de Santa Comba de Rianxo, polo párroco don José Magariños, o 30 de xaneiro e inscrito no Rexistrro Civil da localidade o 1 de febreiro de dito ano (T. 33, folio 64, secc.1ª).

        Rematada a ofrenda, celebrouse no Auditorio de Rianxo a asemblea xeral de amigos da Fundación Castelao