O Mundo Secreto de Basilius Hoffman:
Un faro na escuridade
Fernado M. Cimadevila & Iván Valladares
1.- Luces e sombras |
8.- Silencios e palabras |
2.- A baliza e o xuramento |
9.- A carta e a cadea |
3.-A promesa e o reloxo |
10.- Ceo e inferno |
4.- Sementes e traidores |
11.- Coraxe e covardía |
5.- Espellos fronte a espellos |
12.- Futuro e pasado |
6.- Doce e amargo |
13.- Vida e morte |
7.- Amizade e traición |
14.- Verdade e mentira |
A. Neste libro cóntanse cousas que pasan en "diversos" mundos... Como os organizas ti?. B. Fai unha relación dos/das personaxes do libro e di cal é o papel de cada un. C. Explica estas cuestións: - Que é o Argestes? - Que pasa coas linguas en Babel? - Que era a Lámpada Lúa? - Que é Avalon? - Que é un proverbio?. Cal se menciona no libro? - Que significan engala e euclidiar? - Cal é o segredo de Xonás e Juliet? - Que é o somnium? - Por que o Avó asegura que leva agardando por Peter máis de 50 anos?. - Segundo o Avó que son: - Os Traidores. - A Prisión do Soño. - Os Espertados. - A Cidade Eterna. - As Portas do Amencer. - A Máquina. - Por que Horacio traizoou a Peter? - Quen ten o Bastón de Mando? - Que poderes ten o Bastón de Mando? - Que significa Ynys Witrin? - Que lle pasou ao profesor Rinkin no bosque?
|
- Como descubriu Scott a Cidade dos Tellados? - Que idade tiña Scott cando chegou á Cidade dos Espertados? - Para Basilius que representa Duncan? - Que lles fai a Lámpada Lúa aos Traidores? - Onde se atopaba o Corazón da Máquina? Quen o atopou? - Quen son os pais de Gabriel? - Como se cumpriu o soño de Nicolai? - De que advirte Gabriel no último parágrafo do libro? D. Inspirándonos no libro. - Di o libro na páxina 98: "....algo non só é no agora, senón no que pode chegar a ser". Fai a túa biografía como se xa tiveras 80 anos. - Páx 128: "Todos somos historias que contan historias" Cal é a historia que máis che gustou do libro? Conta ti unha historia na que teñan un papel relevante un reloxo de peto e unha navalla suíza. Pon ti outra versión do que podería facer e contar o último Antigo. - Páx 140. Lixo? Que é lixo. Páx 141. De moda? Que é iso? Que che parecen as opinión de Liz? - Páx. 281. Foron reeducados. explica en que consiste a reeducación que di Horacio que fan os Traidores. E. Opinión. - Cal é a túa valoración do libro? - Que debe aclarar o autor?
|
|
|