E TI, QUEN VES SENDO E QUE FAS?
Guadalupe
Somoza Varela
é a miña tía. É avogada e ten un bufete propio -Bos
días -Bos
días -
De onde es ? -Do
Cotón , Asados -
En que centros escolares estudaches ? -Na
escola unitaria de Asados, logo no instituto de Rianxo e finalmente na
Universidade de Santiago de Compostela. -
Cal é o teu oficio actual ? -Avogada -
Por que te decidiches por esa carreira? -Pois
foi a última hora, porque tiña pensado facer filoloxía hispánica, pero na
semana que tiven que decidir polas carreiras, de súpeto, escollín facer
dereito. -É
difícil ? -É
complicado, a carreira ten moitas horas de estudo e unha vez que empezas a
traballar, nunca paras -Cal
foi a materia máis complicada ? -Dereito Romano, sen embargo a máis difícil para min foi Facenda Política
-Se
agora mesmo puideras cambiar, que outra carreira elixirías ? -Elixiría
Maxisterio -Por
que ? -Polos
anos que lle tiven que dedicar á carreira,
dereito eran 5 anos e maxisterio 3
anos, e a día de hoxe, aínda que me encanta a miña profesión, sei que boto
de menos a posibilidade de ser profesora, que foi a miña ilusión de pequena.
Maxisterio é máis tranquilo. -Quen
che apoiou máis ? -Son
moi autónoma, son unha persoa moi independente, e nunca necesitei o apoio de
ninguén. Si ben… si que é certo que sabía que tiña a meus país cando os
necesitaba. -Por
que te decidiches montar un bufete de maneira independente ? -Foi circunstancial. Estivera moitos anos traballando nun despacho como
colaboradora, pero por motivos persoais necesitaba a autonomía, que ter un
despacho propio implicaba,
eu podía decidir o meu horario. Foi por motivos
circunstanciais -Como
é a túa vida diaria ? -Moi
normal.
Levántome, almorzo e as nove da mañá estou no traballo. A partir de
aí, non sei a seguridade de que vou facer. Nunca sabes cando vas acabar.
Tampouco sabes se vai haber casos de última hora, e cando estás con garda de
detidos, pois dedicarlle as 24 horas do día. -
Tiveches estrés por algún caso xudicial ? -Si,
totalmente, e non só con un. Hai veces que es incapaz de non traer os casos á
casa. -
É certo que “entre tolos e porfiados imos mantendo os nosos estados” ? -Non
sei o que significa -
Cal pode ser un bo consello para ser bo estudante ? -Constancia -
Cal é a túa comida preferida ? -O
churrasco -A
onde irías de vacacións ? -A Italia, nun cruceiro polo Mediterráneo, ou a Roma , de feito algún día
irei. -Que
fas no fin de semana ? -Limpar, facer a compra e descansar, todo o que non podo facer durante a
semana. -
Se te aburres como matas o tempo ? -Lendo -
Gústache algún deporte? -Todo
o deporte en xeral.
-Cales
practicas? -Ningún en concreto.
Gústame pasear, nadar e vou ó ximnasio 4 horas á
semana -De
cal es afeccionada ? -Non me gusta ningún deporte, pero por obrigación, vexo os partidos do
Deportivo e moitos de voleibol . -
Tes mascotas ? Como se chaman as túas mascotas ? -Siiiiii.
Teño un gato que se chama Peluche e un can que se chama Lupo -Grazas
pola entrevista -Grazas
a ti por entrevistarme Sergio Somoza Tubío |
Falamos
con meu padriño, Sergio González Blanco,
co-fundador dunha empresa do Barbanza, -Sabemos
o teu nome real, pero creo que tes un mote, cal é? -Teño
varios. Algunha xente que me coñece chámame “Deejay” e outra identifícame
como “Pringo”. -Como
se che ocorreu abrir una tenda de electrónica? -Ben,
era una idea que me rondaba pola cachola xa facía moito tempo
dada a miña grande afección á electrónica dende cativo, ocorréuseme cubrir
un oco existente no Barbanza deste tipo de tenda. -Cando
se fundou? -Fundouse
no ano 1999, pero a súa apertura foi xusto o día 7 de xaneiro do 2000. -Tes
algún socio, cal é o seu nome? -Si,
a empresa chámase “Merktron Electrónica S.L.” que é una sociedade
limitada composta por dous socios. Un o servidor, e outro o meu socio Carlos Sánchez
Granja. Natal de Lalín, e residente en Rianxo, veciño deste instituto dende
hai relativamente pouco tempo. -
Tedes algún empregado? -Si,
actualmente temos dous empregados traballando a quenda completa na división de
reparacións da empresa. -Como
foron os comezos nos negocios? -Foron
moi duros, tivemos que traballar arreo sen percibir os nosos soldos para
facernos un oco no mercado tan complicado naqueles intres. -Cantas
horas traballas? -En
realidade un empresario dunha pyme como a nosa nunca descansa, sempre está
traballando, pero se te refires á horas de apertura da tenda direiche que
traballamos 9 horas diarias de Luns a Venres, e 3 horas e media os Sábados pola
mañá. -Fanse
moi longas? -Si,
hai semanas especialmente difíciles que se fan moi longas. -É
moi difícil o teu traballo? -Eu
non o chamaría difícil, eu chamaríao complicado, posto que teño que realizar
tarefas moi diversas que requiren eficacia e control. -Que
vendedes na vosa tenda? -Esta
pregunta tan corta ten una resposta moi pero que moi longa, posto que moitos dos
nosos clientes se sorprenden ó ver a cantidade de cousas diversas relacionadas
coa electrónica no noso establecemento. Vouche
numerar algunhas pero por familias: -Compoñentes
electrónicos. -Son
e iluminación profesional. -Instrumentos
musicais e os seus accesorios. Tamén
recentemente acabamos de incorporar una nova familia de produto na nosa
tenda,comercializamos discos voadores da marca “Wham-o” os famosos frisbees. -Que
outros servizos ofrecedes ó público? -Dispoñemos
dun excelente servizo de reparacións, no cal está incluído o servizo oficial
da multinacional “Roland”. -É
moi coñecida a vosa tenda? -É
moi coñecida no ámbito profesional, e cada vez máis para o grande público
grazas á presenza en internet por medio da nosa tenda online: www.merktron.com
e tamén nas redes sociais. -Que
tipo de xente acostuma ir ao voso establecemento? -De
todo tipo, aínda que teño que dicir que orixinalmente estábamos moi centrados
no sector profesional. Pero dende que fixemos a reforma da empresa alá polo ano
2006 conseguimos abrirnos ó público en xeral. -Por
que decidiches abrir una tenda en Boiro, e non en outro lugar? -Porque
nos parecía un pobo con moita proxección a nivel comercial na comarca do
Barbanza. -Para
este negocio fai falla algún estudo? -En
realidade para calquera negocio fan falla estudos, é moi importante alcanzar un
bo nivel de formación académico. -A
que se debe o nome de “Merktron”? -É
una composición de dúas palabras que son mercar e electrónica. -Que
oficio recomendas ás novas xeracións? -Eu
recomendo o oficio de artesán de instrumentos tradicionais galegos. -Por
último valora do 0 ó 10 o labor que ofrecedes á sociedade co voso servizo. -Penso
que podería ser un 8. -Nada
máis e grazas por atenderme. -Non hai de que. Foi un pracer. Miguel
Otero González |
José Ramón Freire Rodríguez é un mariñeiro xubilado de Ferrol - Con cantos anos comezou a traballar? - Empezei a traballar aos 16 anos. - En que traballou? -Traballei como especialista da Marina Española ( 5 anos), é dicir, facía maniobras dos barcos de guerra; en buques petroleiros como contramaestre (dirixía ao personal subalterno de cuberta), no manexo de guindastres, manexo de botes salvavidas e responsable de mantemento do sistema contraincendios de cuberta. Nisto pasei 33 anos ata que me xubilei con 55 anos. - Canto tempo bataba no mar? - Os primeiros dous anos foron 5 meses no mar e dous na casa; despois 4 meses embarcado e dous en terra e os últimos 4 anos, tres meses no mar e tres na casa. - Cal era o horario de traballo? - Levantábame ás sete e cuarto da mañá e empezaba ás sete e media. Comía ás once da mañá e ás doce volvía ao traballo ata as cinco da tarde. Ceaba ás seis da tarde, cando estaba de garda entraba ás once da mañá ata as doce, e, á tarde, de oito ás doce da noite. - Que países visitou? - México, Senegal, Dubai, Irak, Irán, Exipto, Túnez, Libia, Arxentina, Francia, Italia, Grecia, Bélxica, Holanda, Marrocos, Inglaterra, Xapón, Colombia, Estados Unidos, Venezuela, Sub África (Cidade do Cabo), Nixeria, Portugal, Turquía, Romanía, Bulgaria, Corea do Sur e... por suposto, moitos portos de España. - Que país foi o que máis lle gustou? - O que máis me gustou foi Xapón, porque a xente era moi amable e a limpeza da cidade (Nagasaki) - E o que menos? - Os países árabes (Golfo Pérsico). Sobre todo Irak, porque obrigan a cumprir as súas normas. Algunhas era: - Non comer carne de porco - Non tomar alcohol Estas normas tamén as había que cumprir na vida diaria no barco. - Que foi o que máis lle gustou do seu traballo? - Estar no mar. - Que produtos transportabades ? - Derivados do petroleo: tolueno, xileno,gasolina, gasoil, asfalto, metanol, fenol, fuel oil, nafta... Seguro que meu avó, outro día, me seguirá contando as súas vivencias... Nagore Ordóñez Freire |
Nieves
Somoza Méndez, Leiro,1951 -De que traballaches? -Aos 14 anos empecei andando os
berberechos,caramuxos,mexillóns... con meu pai á Ila de Cortegada para despois
vendelos. Aos 17 anos comecei traballando na fábrica de conserva do Castillo, e
desde Leiro viña andando, nesa fábrica traballei 21 anos.Despois de acabar
nesa conserveira empecei na fábrica de Cortizo,10 anos. -Canta xente traballaba? -Máis ou menos traballábamos 70 - 80 persoas -Como era a infancia de antes? -A infancia de antes era moi dura porque tíñamos que
traballar moito, como ir á leña ao monte, atender as vacas... -Cal era a túa afección de
rapaza e a de agora? -A miña afección de rapaza era xogar o peletre a saltar
á comba no momento que non tiña que traballar.A de agora xogar ás carta e ir
pasear. -Gustábache traballar? -Si, porque ganaba cartos para sacar á familia adiante. -Como facías para traballar e
atender á casa? -Levantándome cedo para facer a comida e deixar cousas
adiantadas. -Como era a Guadalupe de antes e
a de agora? -A Guadalupe de antes era máis divertida cá de agora porque non había o botellón no campo e podíase bailar toda a noite e estar ata as 9 da mañá sen ningún problema. Clara
Figueira Eiras |
Antonio RodrÍguez Aragunde, naceu en Catoira no 1949. -En cantos barcos traballaches? -Herema
(Balder,Hermon,Mariner,Subeyor,Splor
) e despois en Allseas en 3 barcos
(Lorelay,Togmor,Solitario)
-Levo traballado 30 anos -E dificil estar lonxe da familia? -Moi
dificil -A que partes do mundo foches? -Aos
cinco continentes -Cal che gustou máis? -Dubai. -Cal e a túa maior experiencia que non se che vai esquecer? -Pasei moitos tornados e unha ruta moi mala de Holanda ao Golfo de Mexico -De que traballas no barco? -Soldador -Dos barcos que traballaches cal che gustou máis? -Lorelay -Canto tempo botas en cada marea? -O normal son 8 semanas pero podo botar máis -Que tendes no barco? -Despois de traballar doce horas, quédame pouco tempo para dedicarme pero hai ximnasio, sala de cine...... -A que dedicas o teu tempo libre na casa? -Cando estou na casa, no meu tempo libre, vou de paseo que por certo e pouco que na casa tamén fago cousas. -Gústache a musica? Que tipo? E o baile? -Gústame moito a música,en xeral toda.O baile tamén. -Es afeccionado a algún deporte? -Si, ao fútbol, aínda que o deporte gústame todo. -Cal e a túa comida favorita? -Gústame todo pero prefiro o cocido e o bacallau - A túa bebida favorita? -Como
bo colleiteiro, o viño. -Grazas
por atenderme -Grazas a ti Clara
Figueira Eiras |
José Ramón Sóñora Romero naceu no Araño e na actualidade vive en Brión-Leiro -Cando empezaches na música? - No ano 1983 na Banda Infantil de Música de Taragoña. -Sempre te quixeches dedicar a esta profesión ou tiveches algunha influencia para tomar esa decisión? -Non, sempre me gustou a música e daquela ou se era albanel ou se era músico. -Que
instrumentos tocas? -Clarinete, saxofón alto e tenor, teclado e guitarra. -Cantos anos hai que estas en orquestras? -Dende 1991. -En que orquestras estiveches? -Manolito El Pescador, Orquestra Odisea e Orquestra Abanico? -Gústache a túa profesión? -Evidentemente si, senón non sería lóxico estar tantos anos na música? -Que é o que máis che gusta de ser músico? -Tocar cancións que sempre me gustaron e ver que lle gusta á xente que nos escoita. -Tes algunha anécdota divertida que che ocorrera nas festas? -Practicamente todos os día de festa pasa algo divertido. Un cantante unha vez, vendo que a xente non lle facía caso, púxose a falar con un can. -Cres que a profesión de músico está pouco valorada? -Fai máis de vinte anos cando os músicos chegaban ás festas eran tratados coma un máis da familia. Agora quedan poucos sitios non que che tratan así. -Tocando coa orquestra, soamente estiveches en Galicia ou fuches a máis sitios? -Practicamente toda Galicia, Portugal, Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra, Barcelona, Zaragoza, Burgos, Zamora, León e Suíza. Coa banda de música tamén fun a Madrid dous días. Tamara Sóñora Rubio |
José Laureano Ordóñez
Rivas traballa
en
STAC (Sistemas Técnicos e Compoñentes Accesorios), unha empresa
especializada na fabricación de produtos para o despacho de aluminio da
empresa, radicada en Padrón. En
cada unha das súas cinco divisións STAC coida o proxecto, intentando
satisfacer as esixencias de calidade e innovación que as demandas actuais do
mercado. Para iso utiliza o máis adecuado para as distintas liñas de produción
e adición especializada para a experiencia que se estableceu como un dos
obxectivos do equipo técnico do premiar nas súas instalacións do sector. -Que
posto desempeñas na empresa? -Son
director de produción na sección de extrusión. -Pódesnos
dicir que traballos realizas? -Son o
encargado de dirixir a produción, departamento de deseño e I+D (investigación
e desenvolvemento) da sección. -Que
tarefas desempeñas? -Coordinación
dos trabalos de produción efectuados dento das instalacións. Coordinación
dun equipo de deseño de novos proxectos pra os nosos clientes. Investigación
e desenvolvemento de novos sistemas de produción para integrar sistemas
mais eficientes e competitivos. -Todo
o traballo faise dentro da fabrica? -Non,
moitas veces téñome que desprazar a outros países para o asesoramento dos
clientes e ver novas tecnoloxías para a empresa. Teño estado en: China, Alemaña,
Italia, Polonia, Francia, á parte dedícome a percorrer boa parte de España
como: Barcelona, Madrid, Sevilla e moitos máis. -Cantas
persoas participan na fabricación do produto? -Oficina:
7 Produción:
25 Técnico
comercial: 1 En total
hai: 33 -Que
produtos fabricas? -Fabrico
perfiles técnicos de plástico. Estes poden ser de poliamida (é un material
coa que se fan a maior parte das prendas da roupa), PVC (Policloruro de vinilo),
EPDM (Caucho sintético feito con produtos de petróleo) como estes ai moitos
mais nos que non vamos a entrar en detalle. -Como
os fabricades? -En
resumen a fabricación de perfiles de plástico non difire moito da produción
dos churros ou regalices. Fúndase en premer un material sobre un molde que lle
da a forma que se queira. -Os
materiais que utilizades contaminan? Os
produtos que nos fabricamos son para as fiestras e as portas. Non e que os nosos
produtos contaminen senón que é a mala reciclaxe dos humanos o que contamina. -Tedes
que levar uniforme? -Si,
temos que levar unha bata co nome e o logo da empresa. Segundo a posición da
empresa hai dúas batas: unha vermella e azul e outra de cor vermella e verde. Sara Ordóñez Arias |
Sonia Somoza Varela A
miña nai é enfermeira e imos facerlle unas cantas preguntas sobre o seu
traballo: -Que che animou para escoller o teu traballo? -Eu quería ser mestra e enfermeira, e miña nai animoume para escoller
enfermaría. Estou encantada porque tamén imparto cursos sobre o meu traballo a
adultos e nenos. -Que pensas sobre o ébola? -O ébola é unha enfermidade da que se levan producido brotes dende o
ano 1972. Non houbo tanto medo ata o de agora porque nas outras ocasións, a
enfermidade aparecera en aldeas illadas polo que a infección nunca se
diseminara como está acontecendo na actualidade. O que penso, non só eu senón os organismos que miran pola saúde da poboación, é que a
única maneira de contela pasa por erradicala non países de orixe. De nada
serve gastar cartos en equipamentos nos países ricos se non se consegue vencer
a epidemia nos países africanos. Aí é onde se debe facer a inversión para
que isto non se volva a repetir o día de mañá. E non te quero aburrir máis. -Tiveches alguna información sobre cómo poñer os traxes? -Ó
061 correspóndenos o traslado dos pacientes sospeitosos de ébola dende o
centro médico onde se diagnostiquen ata o centro de referencia que é o
Hospital Meixoeiro de Vigo. Por iso estamos recibindo formación sobre equipos
de protección (4h teóricas e 8 prácticas). O complicado non é poñelos, xa
que están limpos, senón quitalos axeitadamente porque se estiveron en contacto
co doente están potencialmente contaminados. -Estarías disposta a atender a algún caso pola túa conta? -Atenderei ós casos que me toque atender, porque forma parte do meu traballo. -Qué farías ao volver do caso? -En
función da exposición, podería ter que permanecer illada para evitar
contaxios secundarios. -Que é o que máis che gusta do teu traballo? -Teño un traballo que me apaixona, no que nunca te aburres porque os
escenarios son moi variados (accidentes de tráfico, domicilios, igrexas,
praias…) e a maneira de chegar a eles tamén (en ambulancia e en helicóptero).
E teño a sorte de estar rodeada de moi bos profesionais. -Que sentiches a primeira vez que tiveches un caso? -Os
comezos foron duros principalmente no helicóptero porque só estamos un médico
e unha enfermeira (na ambulancia contamos coa axuda de dous técnicos). Isto
implica traballar en equipo, moita formación e asumir que ás veces fagas o que
fagas o final non vai ser feliz. Ata
aquí chega a entrevista á miña nai, grazas pola vosa atención. Raúl Rey Somoza |
Raúl Gil Burés Licenciado na Facultade Belas Artes de Valencia, é un artista consagrado e multipremiado. Natural de Taragoña, leva máis de vinte anos ensinando debuxo e pintura na comarca. Entrevistador:
Nome completo? Raúl: Raúl Gil Burés. E: Cantos anos levas pintando? R: Aproximadamente 35 anos. E: Que estilo de pintura che gusta máis: normal ou abstracta? R: Normal. E: Cantos premios gañaches pintando? R: De 120 a 130. E: Por que motivo se che ocorreu montar unhas clases de pintura? R: En principio a xente quería que eu lles ensinara e decidín facelas. E: Cantas horas ao día lle dedicas a arte da pintura? R: Dez horas ou máis. E: Estás interesado en algo máis a parte da pintura? R: Na música, na astronomía e nos deportes. E: Por que motivo? R: Porque a música é arte, o deporte porque se hai que coidar e a astronomía porque é moi interesante. E: Ías a clases de pintura cando eras pequeno? R: Só cando estudei a carreira. E: Que é o mellor que che ocorreu grazas a un dos teus cadros? R: Pillaron a un home moi pobre roubando para alimentar a súa familia e pediume que lle fixera un retrato da súa irmá para recordala sempre que quixera. Claramente non lle cobrei. E: Cando eras pequeno que oficio tiñas pensado facer? R: Xusto o que son. E: Gústache máis pintar a óleo ou a acuarela? R: A óleo. E: Onde che gusta máis dar a clase: no centro ou na túa casa? R: Na casa porque hai máis material. E: Acórdaste do teu primeiro retrato? R: Si, era dunha veciña miña cando acabara a carreira. E: Cal é o teu segredo para a pintura? R: Pensar, meditar, tratar de onde saen as cousas. E: Cal é a túa ``criptonita´´? R: Debuxar santos. E: Ti considéraste un artista? R: Si. E: Por qué? R: Porque trato de facelo o mellor posible, investigalo e melloralo sexa o que sexa. Luís Miguel Ramos Silva |
CARLA ORDÓÑEZ HERMO -Cal e o teu nome? -Carla Ordóñez Hermo -Cantos anos tés ? -Teño 22 anos -Cando empezaches a TOCAR? -No 2006, con 14 anos -Recordas quen foi o teu
primeiro mestre de música? -Daquela tiña 2 profesores . Un profesor de solfexo chamado Rafa e un profesor de
frauta traveseira que se chamaba
David -Sempre tiveches moi claro que
querías tocar o instrumento que tocas ou, á hora de elixir, houbo máis de un
candidato? -Non sempre
souben que quería tocar a frauta traveseira -Tocas algún instrumento máis? -Non ainda que
fai tempo sabía tocar o piano, pero non me lembro de como se fai xa que perdín
a práctica e esquecéuseme -Lembras a primeira vez que
actuaches en público? -Si que me acordo. Foi no Campo de Arriba no verán do
2007. Lembro que estaba moi nerviosa, tocaba na banda municipal -Ti, ao ser mestra e música,
pensaches algunha vez en dar clases de música? -Si que o pensei. E xa o fixen algunha vez -Se tiveras que recomendar a unha
persoa que non se lle dan moi ben os instrumentos, que instrumento lle
recomendarías? -Pufff… e que depende moito dos gustos da persoa. Eu o
que lle recomendaría e que si tivera a oportunidade probara varios instrumentos
dos que máis lle gustan e se decidira despois -Que outras afeccións tés a
parte da música? -Encántame ler, andar en bicicleta e facer sendeirismo -Que tipo de libros che gustan
ler? -As novelas policiais e tamén as románticas -Que prefires ler o libro ou ver
a película? -Ler o libro, sen dubida, xa
que considero que está moito mellor explicado no libro e que lle colles moito máis
cariño aos personaxes Laura Sobradelo Nine |
JOSÉ LUIS EIRAS EIRAS -Ola, bos días -Ola. -Cal foi o teu primeiro traballo? A que anos? -De recadeiro de un restaurante. Aos 12 -13 anos empecei. Dos 14-16 anos estiven de camareiro na casa dun familiar
en Canarias. Despois, retornado de aí, traballei nun bar en Vilagarcía é
Ribeira.,Cansado de traballar na hostalería, entrei na construción nunha
empresa familiar. -A que te dedicas actualmente? -Son sancristán, da igrexa parroquial de CORDEIRO. -Gustábache traballar de albanel? -Si, gustábame. Pero no ano 77 sufrín un accidente é
tiven que deixar. -Como matas o teu tempo libre? -Gústame ver as noticias é o deporte . -Tes algunha mascota? Cales? -Si, un can,é un gato. -Tes algunha anécdota dos traballos anteriores? Cales? -Non. -Cal é a túa comida favorita? É bebida? -A miña comida favorita é o carneiro ao forno. A miña
bebida favorita non sendo auga, gústame todo. -Fas ti o teu propio viño?, é o licor? -Si, son colleiteiro de viño e destilo licores. -Cantas horas lle dedicas a facer os licores? -Segundo que licor sexa.Pode levar un máis tempo que
outro. -Cal é o licor, do que fas ti, que máis lle gusta aos familiares? O que
non gusta? -O que máis lle gusta é o licor café é o de herbas. Gústanlle
todos. -Tes algunha afección máis? -Si ,son un pequeno apicultor. -Grazas por atenderme. Clara Figueira Eiras |
XOSÉ
RICARDO LOSADA VICENTE
-Foi raro nalgunha época pasada, cando se tiña un concepto do
escritor un tanto romántico, como se fose un ser especial, máis dotado de espírito
que de carne. Modas. No meu caso o deporte é prioritario. Se me preguntasen
cales foron as miñas primeiras lecturas, creo que diría o As e o Marca. Era
deses nenos que sabía as aliñacións de todos os equipos e os gañadores de
todas as medallas olímpicas, halterofilia e esgrima incluídas. Practiquei
deporte desde que nacín e creo que é a actividade que máis momentos de pracer
me deu na miña vida (da miña vida pública, claro, tampouco para iso son un
bicho raro). Xoguei a varios deportes de forma federada, e no fútbol mesmo
cheguei a xogar en categoría nacional, tanto xuvenil como senior. Aínda así,
os mellores recordos son da miña etapa no C.D.Unión. Aprendín moito, sobre
todo a nivel humano.
-Se tiveses que escoller so unha profesión,
cal sería escritor ou profesor?
-Encantaríame poder combinar as dúas, pero se tivese que escoller, optaría
por ser profesor. Despois de tantos anos ségueme gustando moito, e cando era
adolescente xa tiña claro que, se non podía ser velocista olímpico dos 100
metros, quería ser profesor. Imaxinaba que cando tivese a idade que teño
agora, é dicir, cando fose vello, se estaba rodeado de mozos novos, rexuvenecería.
Os escritores, sen embargo, parecen maiores do que realmente son.
- Cal é o teu libro favorito?
-Fixéronme moitas veces esa pregunta e sempre respondo un libro distinto.
Teño ducias de libros que me encantan, e de todos os xéneros, mesmo de todas
as calidades. Citarei os primeiros que se me ocorren agora, pero poderían ser
moitos outros: Ensaios de Montaigne, A
conduta da vida, de Emerson, Zuckermann
desencadeado de Philip Roth, O caderno
gris de Josep Pla, Páxinas escollidas
de Julio Camba. Dos autores rianxeiros, Retrincos de Castelao, Historias
e invenciones de Félix Muriel de Dieste e De catro a catro de Manuel Antonio.
- Cando comezaches a escribir?
-A escribir con intención de publicar, pasados os corenta. Foi unha vocación
tardía, aínda que sempre tiven a impresión de que acabaría escribindo. Encántame
ler e, normalmente, unha cousa leva a outra. Cando menos no meu caso.
- Que é o que che leva a escribir?
-Creo que escribo para sentirme acompañado e para facer amigos. Dúas moi
boas razóns, non cres? E cando o consigo é unha experiencia fantástica.
-Cales son as calidades ( que se reflicten nos textos) que máis valoras
dun escritor?
-Depende do xénero, pero cada vez valoro máis a claridade. Tamén me gusta
a mestura de xéneros, que os escritores reflexionen a partir da súa propia
experiencia persoal e que consigan converter as anécdotas en categorías de
forma natural e aparentemente espontánea. Pero, sobre todo, ese ton fluído e
disperso ao mesmo tempo, como de conversa amigable, que conseguen escritores
como Montaigne. E se lle dan un toque de humor, mellor que mellor.
-Cres que tes esas calidades? Por que ?
-Sería moi pretencioso pola miña parte dicir que teño esas calidades. O
que si podo dicir é que me gustaría telas e que para min son un horizonte ao
que me gustaría ir achegándome cada vez máis. Disfruto moito cando un amigo
me di que algún escrito meu lle recorda a un escritor que ten esas calidades.
- Como decidiches publicar o teu libro “O xene da chuvia”?
-Non me gusta recordalo. Un coñecido, que lera algunhas cousas que eu
escribira en revistas de festas, deume a oportunidade de publicar nunha
editorial na que tiña influencias. Cometín o erro de aproveitar a oportunidade
ao prezo de facer un libro con materiais dispersos que tiña acumulados nun caixón
e que, penso agora, non tiñan calidade suficiente para ser publicados. É un
libro prematuro. Non debín publicalo naquel momento, pero téñolle moito cariño.
Cumpriume o capricho de facerme sentir escritor, cando menos o día da
presentación, iso que se negou a estar.
-Das historias do teu libro “O xene da chuvia” cal e a que máis che
gusta ?
-O que máis me gusta dese libro é o enigmático título, pois dío todo
sobre as historias, tanto para o moito malo que contén como para o pouco bo.
Non creas que o digo por falsa humildade (odio a falsa humildade) senón por
ambición ben entendida: creo que o podo facer mellor.
-Tes algún novo proxecto, algún libro que estes escribindo, que vaias
a publicar...
-Este ano, se non hai contratempos de última hora, publico en Xerais unha
biografía de Faustino Rey Romero. Colaboro con varias revistas e co blog de Café
Barbantia, e estou rematando un libro de ensaios do que estou, por primeira vez
na miña vida, bastante satisfeito. Teño tamén dous libros no caixón (unha
pequena novela ambientada na Guadalupe e o Nadal rianxeiros, e un libro de
relatos), pero aínda non os dei por definitivamente rematados e non sei se
serei quen.
-Cal sería o consello que lle darías a aqueles aos que lle guste
escribir.
-O mesmo consello que daba o escritor arxentino Julio Cortázar. Para ser bo
escritor, dicía, hai que ler moito, escribir moito e tirar moito do que
escribes á papeleira. Polo menos, para os que non somos xenios, é un consello
perfecto.
LAURA LOSADA
|
ÁNGEL VICENTE
CARNEIRO FERNÁNDEZ -Por que elixistes esta
profesión? -Porque
se ganaban cartos. Canto empecei era o traballo que había. -Canto tempo levas de
albanel? -Empecei
aos 16 anos. -Se non traballases disto
de que che gustaría facelo? -Nunca
mo formulei, sempre me gustou ser albanel. Pero antes de dedicarme a isto,fun ao
mar con meu pai. -Que traballos acostuma a
realizar un albanel? -De
todo o referente á construción. -Que ferramentas non deben
faltar no maletín dun albanel? -Desde
un metro, caldeiro,casco, cartucheira, martelo… non sabería dicir unha
ferramenta. Todas son necesarias segundo o traballo que se faga. -Cal é a deferencia entre
peón e albanel? -O
albanel ten máis coñecemento e experiencia para levar a cabo un traballo. -Cales son as medidas de
seguridade para entrar nunha obra? -Casco,
luvas e zapatóns son imprescindibles para entrar na obra. Despois, segundo o
traballo a facer, fan falta arneses, cintos, chalecos reflectantes… -Para que traballades máis,
particulares ou empresas? -Hoxe
en día, para particulares. -Por que zonas
traballades? -A
empresa é de Boiro, así que máis ben polo contorno de Boriro. -Ás veces tedes que facer
cursos de albanelería, apréndese algo?Para que se fan estes cursos? -Sempre
se aprende algo. Os empresarios esixen que os obreiros teñan estes cursos. -Como ves o futuro da
construción? -MAL,
coma o resto dos outros traballos. -De quen cres que é a
culpa que nestes momentos non haxa tanto traballo na construción? -Goberno. -Levastes algún golpe no
traballo por non seguir correctamente as normas de seguridade? -Teño
levado algún golpe, pero por despistes ou confianza. -Hai competencia dunha
empresa a outra? -Si. -E entre compañeiros, hai
competencia? -Si. -Cres que che pagan ben? -Nestes
momentos creo que si, pero sempre queres algo máis. Vendo como está o tema do
traballo, non me podo queixar. Iván Carneiro Sobradelo |
XOSÉ
LUIS AXEITOS AGRELO -Lugar
de nacemento : -Asadelos-Asados (Rianxo),
10 de setembro de 1945 -Como
lembra o Asados de cando era neno?
-Sempre con nostalxia e
nin a escaseza daqueles anos esmorece a idea paradisíaca da miña aldea natal.
Cousas de vellos -Que representan: A Coruña, Asados, Isorna? A
Coruña: os traballos e os días. Asados:
lugar e rostros coñecidos e familiares Isorna:
Menosprezo de corte e gabanza de aldea. -Que
estudos realizou? -Románicas,
tal como se dicía daquela, unha rama de Filosofía e Letras. -De que traballou? -Case
sempre de profesor, excepto dous anos como bibliotecario. -Que afección ten no “tempo libre”?.
-Practiquei
diferentes deportes de mozo, agora limítome a xogar ao “tute” cos amigos
rianxeiros todas as fins de semana que podo. -Cando eras rapaz, tiñas o desexo de ser coma algún escritor? -Francamente,
non. Quería estudar para fuxir dos trafegos da terra e da emigración, tal como
me dicían meus pais. -Cal era o teu preferido -Na
miña casa non había libros nin bibliotecas á man. O primeiro libro de lectura
que chegou ás miñas mans era de Emilio Salgari, un agasallo que me fixeran
pola “ primeira comunión”. Fóra, claro, de catecismos, misais e libros
escolares, tan pouco rechamantes para un neno. -Que prefire escribir: galego ou castelán? -Sempre
en galego, por suposto. -Publicacións. Que obra destacaría? -A
obra completa de Manuel Antonio, que acabo de rematar
coa entrega do terceiro volume. -Recibiu algún premio? -Coido
que non porque nunca me presentei a ningún concurso. -En que proxectos traballa na actualidade? -Na
biografía de Manuel Antonio e rematando dous artigos que me encargaron, un sobre
Filgueira Valverde e outro sobre Valle Inclán. -Vostede é un dos grandes especialistas sobre o exilio, como se
interesou por este mundo? -Sempre
me interesou o mundo dos perdedores e, ademais, o exemplo de Castelao e Dieste,
entre outros moitos rianxeiros desterrados. -Que lle diría á xente nova do que representan Díaz Pardo : Un soñador para un pobo Rafael Dieste : A vida de Rianxo feita literatura. Unha fiestra para o
mundo. Carmen Muñoz : Albacea e arquiveira dos soños de Rafael Dieste. Non quixo ser outra cousa. Luis Seoane : Un artista que non fixo máis obra que redeseñar todos
os días o mapa de Fontán. Maruxa Seoane: Aquela muller loira que mirou con intelixencia
para Galicia e para o mapa que debuxaba Seoane. -As últimas enquisas mostran un descenso no uso do galego, como ve
vostede o futuro da lingua?. -O
galego necesita, coma os nenos pequenos, a protección da Lei, que o goberno da
Xunta lle nega. Non queda outra que loitar con teimosía falando e vivindo en
galego, tarefa nada doada. -O Día da Letras Galegas. Hai que facer algún cambio nesta data? -Partindo
da aceptación popular da festa da cultura que supón o Día, todo é posible. -No 2015 recordamos a Filgueira Valverde, como interpreta vostede as
reaccións que se produciron pola súa elección? -Xustificadas -A Real Academia Galega. Cal debe ser a súa función na Galicia actual? -Sendo
a institución máis antiga do país, a que nunca o traizoou, debería ter unha
función de referencia moral na defensa dos nosos valores culturais. -Que sente ao ser membro numerario da Real Academia Galega? -Unha
gran responsabilidade. -Como se realiza a elección dos membros da Academia?
-Por
cooptación. Un método non moi democrático -Que cargos desempeñou? -Fun
arquiveiro-bibliotecario e secretario. -De todos os membros da RAG, con quen querería facer un libro e
publicalo? -Queiramos
ou non, compartimos páxinas de libros e revistas case todos os académicos -Vostede coincidiu cos últimos presidentes, como definiría a: Fernández del Riego: un galeguista histórico e respectado. Barreiro Fernández: Un dignísimo historiador para Galicia e para o mundo. Méndez Ferrín: a patria enteira. Alonso Montero: un home que non cabe nos amplos horizontes de Manuel
Antonio malia ser pequeno. -Na aula comentamos o pregón da Guadalupe de 2014, que representou para
vostede ser o pregoeiro? -Ter
a oportunidade de tributar unha homenaxe á cultura popular, alicerce da nosa
identidade. -Quédalle algún desexo por cumprir? -Facervos
unha visita e facervos saber que tendes nas vosas mans o futuro do noso país e
da nosa cultura.. 1º D E.S.O. 2014-2015 |
EMILIO NOVÁS -Como te iniciaches en atletismo? -Inicieime con un amigo, díxome que fose a probar, e fun con el. Gustoume,
e aquí estou. -Con que club e cando empezaches? Cal é o actual club? -Comecei co Club Atletismo Cuntis, fai dous anos, en novembro de 2012. A
finais de outubro de 2013 fiche -Qué probas se che daban mellor cando empezaches? -O mediofondo e o fondo: carreiras de 600 metros, 1000 metros ou 3000
metros. -Cal é a modalidade que practicas? Desde cando? -Agora practico marcha atlética, das que máis medallas obtemos a nivel
mundial. Practícoa desde decembro de 2013. A primeira competición foi o
Campionato Galego de Inverno, onde me proclamei subcampión galego en dita
distancia. -Que é a marcha atlética? -A marcha é unha proba realmente dura, e pouco recoñecida. Das medallas
que consegue España no deporte, a maioría saen desta proba. A marcha é como andar, pero moi rápido, e debes manter ao menos unha perna
sempre estirada. Cando as dúas pernas estean flexionadas, os xuíces
ensinaranche unha tarxeta amarela, e ao acumular tres destas, serás
descualificado. Tamén che poden sacar unha tarxeta por “ir no aire”, é
dicir, cando perdes o contacto co chan coas dúas pernas. -Qué títulos tes a nivel autonómico? -Son tres veces subcampión galego, en aire libre, 5000 metros en pista e
10km marcha en ruta. Quedei campión do Circuíto Galego de Marcha – Memorial Josefina Romero, que é unha liga de marcha e tamén
obtiven o primeiro posto nos 10 quilómetros marcha en ruta do Gran Premio Internacional de Cantones da Coruña. Noutra competición tamén a nivel internacional, no Gran Premio
Internacional de Río Maior (Portugal), quedei subcampión da proba nos 5 quilómetros
marcha en ruta. -Qué obxectivos tes nesta nova temporada? Obter podio individual no Campionato de España de Inverno, que será en
Guadix o 7 de decembro; tamén me gustaría poder subir ao podio coa Selección
Galega, no Campionato de España por federacións autonómicas o 1 de marzo de
2014, en Murcia. E por último, o obxectivo principal é obter a marca mínima
de participación coa Selección Española para o Campionato do Mundo, que se
celebrará en Cali (Colombia), en xullo de 2015. -Qué probas practicaches a temporada pasada? A temporada fixen un pouco de todo, cross, velocidade, saltos, lanzamentos, carreiras de fondo e mediofondo... de feito, quedei primeiro no Criterium Galego de Heptatlón ou Probas Combinadas; esta proba componse de sete probas: 100 metros lisos, 100 metros con vallas, 1000 metros, salto de lonxitude, de altura, lanzamento de peso e de xavelina.
Fran Pouso Barral |
DOLORES TUBÍO GALBÁN -Ola, bos días. Gustaríame facerlle algunhas preguntas. En que traballaba? -Nunha tenda en Fincheira. -A que anos empezou? -Sobre
os doce anos. -Cantos anos estivo en activo? -Acabei
de traballar aos 60 anos. -Quen eran os propietarios antes de traballar vostede alí? -A
tenda era de meus país. -Que produtos se vendían? -Maioritariamente
comida. Tamén obxectos de droguería e moitas cousas máis. -Traballaba todo o dia? -Si,
a maior parte do día. -Gustáballe o seu traballo? -Gustábame
moito. -Na tenda , só traballaba vostede ou axudáballe alguén? -Traballaba
co meu pai, e, cando morreu, traballei soa. Moitas grazas por contestar as preguntas e ata logo. Paloma Sobradelo Mosquera |
JOSÉ MOSQUERA EROSA -Ola, bos días, queríalle facer algunhas, en que traballaba? -Traballei nos asteleiros de Rianxo facendo barcos. -Cantos anos estivo traballando ali? -Máis
ou menos 49 anos. -Gustáballe o traballo de carpinteiro de ribeira? -Si,
gustábame bastante. -Cal foi o barco mais bonito que fixestes? -O que mais me gustou foi o “Solimar”. -É o máis grande? -“El Dardo” -Cantas horas traballaba? -O
dia enteiro. -En que asteleiros traballou? -Empecei
en Asteleiros Catoira, despois en Asteleiros
Pepe Catoira, logo en Asteleiros
Iglesia Carracedo, e por último volvín aos Asteleiros
Catoira. -A que anos empezou a traballar? -Sobre
os 11-12 anos. Moitas grazas e ata logo Paloma Sobradelo Mosquera |
HADRIANA ORDÓÑEZ OTERO Onde
naciches?: -Nacín
en Taragoña. Onde
estudaches?: -Estudei
Psicoloxía en Santiago de Compostela e especialiceime en Sexoloxía en Madrid. Dubidou
entre varios estudos: -Ao
principio dubidei, tiña dúas opcións: Xornalismo ou Psicoloxía. Cal
era a súa materia preferida? E a menos “querida”? -A
miña materia preferida era historia, e a que menos me gustaba era matemáticas. Que
quería ser de pequena? -De
pequena quería ser bióloga ou arqueóloga. En
que traballas? Onde traballas? Canto tempo levas?
-Traballo en tres sitios: - Desde o 2011
traballo como Psicóloga en Acadar (Asociación de Mulleres con
Discapacidade de Galicia) en Santiago de Compostela. Nese posto móvome
polas catro provincias empoderando mulleres, dando accións formativas,
relatorios sobre a muller con discapacidade. - Desde o 2010
dirixo e xestiono un gabinete privado de sexoloxía en Rianxo como terapeuta
sexual e de parella. -Desde o 2011
traballo como concelleira de educación, cultura e normalización lingüística
polo BNG no Concello de Rianxo. En
que consiste o teu traballo? Como o describirías? -Consiste
en poñer en marcha iniciativas políticas nas áreas de cultura, educación e
normalización lingüística no concello de Rianxo en sintonía coa ideoloxía
partidista do BNG. Describiríao coma unha das mellores experiencias da miña
vida, porque grazas a iso estou aprendendo moitísimo, provocando cambios
sociais e medrando como persoa. Pero sobre todo unha grande
responsabilidade na valorización e mantemento da cultura local como patrimonio
propio. Partido
político? Cando empezou a súa militancia? Por que formou parte da candidatura? -Formo
parte do BLOQUE nacionalista galego e milito no partido desde fai 14 anos. Na miña
familia tiña un bo exemplo, porque meu tío Luís Álvarez Angueira tamén
forma parte do BLOQUE e é alcalde de Pontecesures. Para min foi un exemplo a
seguir. E fai 4 anos, entrei a formar parte da candidatura dado que era
unha moza nova con moita motivación para o cambio social. Entendo que viron en
min calidades e capacidades para poder chegar a ser concelleira. Cargo
no concello -
Concelleira de Educación, Cultura e Normalización Lingüística. En
que consiste a súa función? -
Consiste en levar a cabo as metas propostas no programa que presentamos na nosa
candidatura. Ademais busco sempre tentar innovar en canto á política cultural
municipal. Exemplo disto son dúas iniciativas que levamos a cabo como son o
‘Teatro express’ (onde mesturamos o teatro coa cultura local) e o
‘Programa Ferve a Lingua’ (onde mesturamos a cultura coa erótica e a
sexualidade). Cales
son os seus proxectos? -
O meu principal proxecto ou motivación é que a cultura local se promova
desde as bases da veciñanza sen ser preciso que ningún partido político teña
o poder porque tanto pode apoiala como destruíla... Quen debera mandar e apoiar
indiscutiblemente á cultura é toda a cidadanía rianxeira. Mais toda ela paga
uns impostos, un capital sobre o cal tamén pode decidir. Que
tipos de festa lle gusta preparar? - A
concellería de cultura non debera preparar festas, sería máis propio dunha
concellería de festexos. Aínda así recoñezo que as festas que máis me
gustan son as populares coma o magosto, o samaín ou San Xoán. Como
ve a “cultura” de Rianxo? - Espectacular, Rianxo ten
unha potencialidade enorme encanto a expresión e creación cultural como
se demostra na Guía de Creadores/as locais. Vostede
e unha persoa nova, como pensa que a xente “ve” aos políticos? -
Venos como uns innecesarios/as, como se non estiveramos capacitados como para
gobernar Rianxo, como uns ladróns… Algunha
vez “estivo saturada” co traballo? -
Sempre... Desde fai 4 anos, estou moi implicada en cada un dos meus traballos...
Hai momentos no ano con máis estrés, pero o que máis agobia e me doe e a crítica
destrutiva dalgunha xente... Percibo moita pasividade na xente, prefiren a crítica
fácil antes que involucrarse. Como
compaxina a vida familiar, actividade profesional e o cargo político? -
Con apoios para poder seguir conciliando e con moita crítica destrutiva. Pois
segue a ser moi criticado que unha muller teña máis responsabilidades que a
casa e a crianza... Lingua:
galego ou castelán? Outras… -Eu
falo galego e outras cando sexa necesario. A diversidade das linguas é unha
riqueza. Como
ve o futuro do galego? -Vexo
o galego no futuro, sempre cando a xente que fala galego non teña vergonza do
idioma. Senón amor ó propio. Lecturas: -Leo
literatura infantil e erótica. Música:
-Música
en galego (Sés, Guadi Galego, Dios que te Crew, Sacha na Horta...) e en castelán/catalán
(Vetusta Morla, Sidonie, Love of Lesbian...). Lugar
favorito: -Faro
de Corrubedo e a praia de Tronco. Tempo
libre, aficcións: -
Ir á praia coa miña filla Moraima e coa cadela mailo can (sobre todo á tardiña
en verán ou inverno), remar (aínda que xa fai anos que deixei o piragüismo...
a ver se volto..), e escribir poesía. |
BEATRIZ SOBRADELO NINE Antiga alumna do I.E.S. "Félix Muriel" -
Ola, bos días. -
Bos días. -
Cal
é o teu nome completo? -
O meu
nome completo é Beatriz Sobradelo Nine, pero sempre me chaman Bea. -
De
onde es? -
De
Rianxo. -
Onde
estudiaches? -
En
Rianxo. A educación infantil e primaria fíxena no Colexio Castelao, e a
secundaria no Félix Muriel. Logo os estudos universitarios fíxenos en Santiago
e en Coruña. -
Que
estudos universitarios tes? -
Estudei
Mestra Especialista en Educación Infantil en Santiago, e Mestra Especialista en
Audición e Linguaxe en A Coruña. -
Por
que elixistes esa carreira? -
Porque me
quería deadicar á educación, e a etapa que máis me gusta é a etapa de
infantil. -
Por
que decidiches facer unha segunda carreira, cando remataches a primeira? -
Para
empezar, porque non había moitas posibilidades de traballo, pero sobre todo,
porque non me sentía suficientemente preparada para comezar a traballar. De
todas formas tamén tiven o mesmo sentimento de falta de formación cando
rematei a segunda carreira. -
Por
qué elixiches Audición e Linguaxe? -
Estudando
Educación Infantil, descubrín, que ademais de gustarme a etapa de infantil,
gustábame axudar a aqueles nenos e nenas con dificultades de aprendizaxe. -
Pensas
que o instituto che preparou ben
para a universidade? -
Non de
todo. A ver, si explico isto ben: durante toda a miña etapa no instituto,
atopeime con profesores moi bos, pero tamén houbo moitos que só esixían, e
non ensinaban. Sobre todo en Bacharelato. Eran profesores que poñían exames
moi difíciles, presumían de suspender a case toda a clase, e non explicaban
nada ben. Sen o apoio da miña familia, eu non tería podido chegar á universidade.
Non sei como estará agora mesmo o Bacharelato no Félix Muriel, e con tantos
cambios lexislativos, menos. Ti xa vas estudar unha educación secundaria LOMCE.
Ou quen sabe, pode que volva a cambiar... He he he... -
Cantos
anos fai que remataches o Instituto? -
A ver, déixame
pensar... Rematei no 2005, así que vai facer 10 anos en xuño. Carai, xa fai 1
década. -
E
eras boa estudante? -
Ah, claro
que si, das mellores... he he he.. Había algún profesor que dicía que era
demasiado faladora, pero sempre fun moi estudosa e aprobaba todas. -
Como
foi para ti, o teu primeiro día na universidade? Sentiches que sería mellor
escoller outra opción? -
Foi un día
importante, xa que ata recordo o día: 3 de outubro de 2005. E non, non tiven
ese sentimento, pero ó certo é que non era o que me esperaba. -
Que
queres dicir, con que non era o que te esperabas? -
Imaxinábame
outras aulas, e outro tipo de ensinanzas. A Facultade de Ciencias de Educación
era moi vella. Aulas pintadas dun branco amarelento, cheas de mesas moi
pequenas, e mestres botando rollos desde o primeiro día. Pero tamén coñecín
a xente moi boa, e algún profe que me ensinou cousas que non se esquecen. Como
todo, hai un lado positivo e outro negativo. Non quero quitarche as gañas a ti
de ir á Universidade... he he he..
Pero, bueno, non era o que me esperaba nun primeiro momento. -
Estás
traballando? -
Si -
A
que traballo te dedicas actualmente? -
Actualmente
estou traballando de Mestra de Audición e Linguaxe no CPI Fonte Díaz, en
Touro. -
En
que consiste o teu traballo? -
A ver,
como cho digo de forma sinxela. Traballo con nenos e nenas con dificultades na
linguaxe: nenos/as que pronuncian mal, con pouco vocabulario, con deficiencias
auditivas... eu axúdolles a expresarse ben, a escribir, a ler... -
Tiveches
outros traballos? -
Si,
traballei de educadora infantil, durante 5 anos, nas escolas infantís da Galiña
Azul. -
Que
che gustaba máis dedicarte ao que te fas agora ou traballo de antes? -
Aínda
que todo pertence ó ámbito da educación, son cousas diferentes. Non sabería
dicir, porque aínda que ás veces boto de menos traballar con nenos/as de 0 a 3
anos, o meu traballo agora tamén é moi gratificante. -
Como
foi o teu primeiro día traballando na Escola Infantil? Estabas moi perdida? -
Sen dúbida.
Como xa dixen, non me sentía ben preparada. Pero bueno, os nervios foron
desaparecendo coa práctica. -
E
como foi o teu primeiro día traballando de mestra de audición e linguaxe? -
Igual de
nerviosa. De pequena pensaba que ser mestre era o máis fácil do mundo. Pero o
certo é que si queres ser unha boa profesional hai que traballar moito. -
Que
fas no teu tempo libre? -
A verdade
é que este ano tiven moi pouco tempo libre, e son moitas as cousas que me
gustan facer. Gústame xogar co meu neno pequeno, que só ten un ano; saír de
noite, ler, ir ao cine, viaxar, ir de compras... Xa ves, cousas de todo tipo. -
Bueno,
e xa para rematar, podes dar algún consello aos actuais estudantes do Félix
Muriel? - Uf! É un pouco difícil dar consellos. Aínda que xa faga 10 anos que acabei o instituto, aínda me parece que fai pouco era eu a que tiña que facer entrevistas en galego, para que Antonio me subira a nota. He he. Pero bueno, se o teño que facer diríalles que se esforcen por conseguir aquilo que lles gusta. Seguro que haberá momentos nos que se faga duro, e pareza que non merece a pena, pero sen dúbida, ao final, sempre hai unha recompensa, sobre todo a de tipo persoal. Laura Sobradelo Nine |
JOSÉ
RAMÓN CALVO BOUZAS É
xerente dunha empresa radicada en Boiro (ABC BOIRO). -Que
estudaches? -Fixen
electricidade( formación profesional) en Santiago de Compostela durante 5 anos,
FP2. Unha vez rematado os estudos empecei a traballar. -En
que empresas traballches? -O
primeiro ano como autónomo electricista, despois con 22 anos tiven a
oportunidade de ir traballar a unha empresa dedicada á venta de material eléctrico
ocupando o posto de comercial, traballo que desempeñei durante quince anos
percorrendo as provincias de A Coruña e Pontevedra. A partir de aí dei o paso
de montar a miña propia empresa que se dedica a venta de material eléctrico
radicada en Boiro, vendendo material eléctrico por toda a zona do Barbanza e
zonas limítrofes. -A
que se dedica realmente a empresa? -A
venta ó maior a profesionais electricistas. -Gústache
o teu traballo? -Pois
realmente si, porque tratas con moitísima xente tanto a nivel clientes como
provedores. -É
difícil dirixir unha empresa? -Nos
momentos actuais si que é moi complicado pola situación que estamos
atravesando. -Falando
disto, como ves o futuro? -Pois
parece que se estancou a baixada que viñemos atravesando durante estes anos e
da a impresión que hai unha certa melloría pero moi lenta. -Cantas
horas traballas o día? Todas,
un empresario sempre esta pensando na súa empresa. Nicolás Calvo Patiño |
JOSE ABELARDO ROMERO IGLESIAS “YESI” Sempre
ligado ao deporte: atleta, patrón de bateles é futbolista 1-A
que idade empezastes a practicar o deporte? -Empecei
aos 7 anos 2-Quen
che animou a practicar os deportes? -Un
antigo profesor meu que se chama Gómez 3-Como
facías para combinar cada deporte? -Pola
semana a mañá atletismo pois practicábao no colexio, a tarde remo e o sábado
fútbol 4-Cantos
anos practicastes cada deporte? -Atletismo
e remo 7 anos e o fútbol inda o sigo practicando, deixei porque me teño que
operar dun xeonllo, pero teño pensado seguir 5-Que
éxitos acadastes en cada deporte? -En
atletismo, a marca de España de colexios en 2000 metros pista. En
remo, campións galegos en xuvenís cas mellores ciabogas. En
fútbol, ascender co C.D.Unión a rexional preferente é xogar na selección
Galega,recordo que o ascender co Unión ata nos fixeran un recibimento no
concello,daquela pro Unión era algo moi importante. 6-Consideras
que podías haber chegado lonxe nalgún deporte? -Si,
considero que no fútbol puiden acadar maiores éxitos. 7-Cal
cres que foi o fallo? -Non
ter apoio,daquela era difícil pois nin os país te ían ver e non había quen
mirase por un como agora, eu creo que por ese motivo aquí perdéronse grandes
futbolistas. 8-Que
sentiches cando lle gañaches ao campión de España de colexios en atletismo? -Alegría
e satisfacción polo adestramento tan duro que tiña. Sempre é bo ver o esforzo
recompensado,a verdade e que a min e o meu compañeiro Lema,era moi difícil gañarnos,no
colexio botabamos a sorte quen ía gañar cada carreira. 9-Porque
deixastes o atletismo? -Porque
o profesor que me adestraba tivo que marchar e non quedou ninguén para seguir
cos adestramentos, un factor importante,tamén foi deixar o colexio e poñerme a
traballar con meu pai o mar. 10-Que
recordo gardas de atletismo? -A
amizade que tiñamos os compañeiros, tamén gardo un recordo moi especial, pois
custoume moito traballo que mas compraran,unas botas especiais para correr que
inda as teño gardadas e non quero desfacerme delas. 11-Ata
que idade practicastes o deporte de remo? Porque o deixastes? -Ata
os 14 anos. Por dedicarlle mais tempo ó fútbol 12-A
tua carreira deportiva mais longa foi o fútbol, en cantos equipos xogastes? E
en cal mais tempo? -Xoguei
no C.D.Unión e no C.D. Boiro. No club que máis tempo xoguei foi no C.D. Unión. 13-
Xogastes con algún xogador que se fixo famoso? -Si,
coincidín con Frán e José Ramón que acabaron xogando co Deportivo en 1ª
División. 14-Que
cres que quitastes positivo do deporte? E negativo? -Os
compañeiros e amigos. A perda de algún amigo 15-Que
relación tes co deporte? Practícalo? -Adestrador
na escola deportiva do C.D.Unión, inda que este ano por lesión collino de
descanso. Espero seguir tr 16-Como
te sentías cando xogabas no Unión? -Moi
ben,a verdade é,que eramos un equipo dentro e fora do campo, entonces sempre
había ganas de ir. Facíase larga a semana para o domingo xogar 17-Aparte
do deporte que afección tes? -Todas
as afeccións que teño,están dalgunha maneira ligadas ao deporte, e dicir, ou
practicalo, ou velo, pero ver calquera tipo de deporte, todo me gusta. 18-Que
sentías cando adestrabas? -Alegría
de ensinarlle a ser primeiro persoas e despois xogadores. Eu penso que no
deporte vai por diante compañeirismo e respecto para os teus compañeiros e
para os rivais, despois xogar e facelo o mellor que poidas. Para
rematar só dicirvos que vos animedes a facer deporte,o que vos guste,todos os
deportes enriquecen e engrandecen como persoas,a parte do bo que é para saúde.
ANIMO CHAVALES!. José Ramón Romero Muñiz |
XOSÉ COMOXO RODRÍGUEZ Vostede
naceu en:
-Nacín, cando a posguerra xa ía avanzada, nunha casa da Ribeira. Son
fillo de panadeiro-mariñeiro-emigrante, familia que viviu as penurias do
momento. De neno pasei pola maioría das escolas particulares existentes no pobo
(a de Nine, Soledad Arcos e as de Ruán); e de rapazote entrei na nacional do
mestre Manuel Bermúdez, natural de Viveiro, con fama de bo ensinante pero
cunhas “malas pulgas” terribles: non reparaba á hora de repartir trompazos.
Era o habitual naqueles tempos. A letra con sangue entraba... Cal
é a súa profesión:
-Estou xubilado. Traballei toda a vida nunha empresa punteira de
bebidas gaseosas: BEGANO S.A. Tiven que residir en Santiago, onde vivo coa miña
familia. Como
era o Rianxo da súa mocidade:
-A vida dos rapaces daqueles tempos era difícil e monótona. Non había
onde distraerse. Ou te anotabas na Fronte de Xuventudes para participar nos seus
“xogos”, ou procurabas outras distraccións pola túa conta. Foi o que
fixen. Xogar ao balón nos tempos libres (cando non había un lugar axeitado
para facelo), traballar e aprender a debuxar foron os meus pasatempos
preferidos. A
Pintura Por
que lle gusta a pintura, e cando empezou a pintar?:
-Todo comezou na miña etapa escolar. Recordo unha pregunta que me
fixo o mestre Bermúdez, cando tiña moi poucos anos; díxome ¿ti que vas ser
de maior? Non o dubidei, e a miña contestación foi rápida: pintor. O mestre
coñecíame como “Velázquez”, pola miña boa disposición para o debuxo e a
pintura; ao efecto dispuxo que na escola, en diferentes horas, pintase en
baldosas e cunchas de vieiras, nunha mesa preparada “case” ao efecto: a
“mesa dos apóstolos”. Como dicía, aí comezou todo. Debo facer fincapé de
que carecía do máis elemental, como eran libros de arte e material de pintura.
En Rianxo non había nada que facer ao respecto; se acaso, quen me solucionou
algo esa cuestión foi a Biblioteca Municipal, creada en 1955 nas dependencia do
Concello, onde cheguei a coñecer a historia da pintura e aos pintores
relevantes a través dos libros. Logo tiven que prepararme, sempre pola miña
conta: curso de debuxo por correspondencia (PARRAMÓN); asistencia a clases de
debuxo na Escola de Artes e Oficios de Santiago; clases particulares co pintor
Segura Torrella; e, sobre todo, visitas a museos e exposicións, nunha época,
repito, difícil.
As miñas visitas frecuentes á casa de Castelao (onde era moi ben
recibido por Josefina e Teresa Castelao) para ver os seus cadros, resultáronme
moi beneficiosas para a miña formación. Quedaba extasiado diante deles... Cal
dos seus cadros lle gusta máis?:
-Teño predilección por todos, xa que todos saíron do meu traballo.
Agora mesmo, gústanme todos; o que pasa é que de moitos deles xa nin me
acordo, e incluso non sei quen son os seus donos. Coas miñas exposicións, a miña
obra esparexeuse demasiado. Con todo, se os tivese diante, seguro que lle poñería
algunha tacha a moitos deles; e se puidese, daríalle un pequeno retoque.
Cal
é o seu pintor preferido?
-Hai moitos, pero debo dicir dous: Segura Torrella e Antonio López. Vostede
está recoñecido como un dos grandes coñecedores da historia de Rianxo. Por
que a historia?:
-Descoñécese case toda a historia de Rianxo. Eu sei tan só unha mínima
parte. Esa falta de historia escrita foi a que me impulsou, xunto co mestre Xesús
Santos, a investigar, todo con ánimo de desentrañar o pasado dos nosos
antepasados. Eu sempre dixen que nesta cuestión son un “intruso”. Os homes
de letras (salvo Xesús Costa) non se dedicaron nin un so intre a dar a coñecer
esa historia e decateime de que algo deberíamos facer. Foron demasiados anos de
investigación que, se o pensamos ben, non sei se mereceron a pena, máxime
cando deberíamos ter continuado coas nosas verdadeiras vocacións; no meu caso,
a pintura.
Pensade que cando iniciamos o estudo da Heráldica en Rianxo, alguén,
máis indocumentado ca nós, nos afirmou que esas labras heráldicas foran traídas
doutros lugares, e que nunca houbera fidalguía no municipio. A tanto chegaba a
ignorancia histórica...! Que
libros ten publicados?
-“Biografía de Arcos Moldes (1994); “A heráldica nas terras de
Rianxo: brasóns e liñaxes” (1997); “Saúde e República. Política e
sociedade” (2006); “Rianxo na súa historia. Consecuencias da Guerra
Civil” (2010) e “Rianxo na ditadura franquista” (2014) Cando
e por que se dedicou a investigar sobre a historia?:
-Como indiquei, polo meu interese en coñecer o pasado de Rianxo e
tendo en conta que apenas existían traballos ao respecto. De
que trata a súa última investigación?
-No noso último libro “Rianxo na ditadura franquista”, debullamos
un sen fin de acontecementos que retratan a vida relixiosa, social e
administrativa presidida polo nacional catolicismo. Estudamos os primeiros anos
da posguerra, os da fame e depuracións, así como a volta, lenta, ás diversións
e aos pasatempos de sempre. Dedicamos espazo a descifrar o mandato dos
diferentes alcaldes, que salvo excepcións, non destacaron nas melloras das
infraestruturas, en parte debido á mala situación das arcas do Estado e das
municipais. Como
definiría aos seguintes alcaldes de Rianxo. Mariano
Rodríguez:
-Un home que se meteu en política por ambición e pola súa amizade
co presidente da Deputación provincial, Ramón Tojo, cuñado de Don Ángel
Baltar. Manuel
Pérez
-Un home sen aparente interese pola política, compadre do conservador
Arcos Moldes, que se enrolou no partido liberal por querelo así o cacique noiés,
con casona propia en Rianxiño, Manuel Viturro Posse, secretario da Deputación,
dono e señor dos liberais locais. Martín
Gómez
-Un alcalde da ditadura franquista, durante a República afín aos
postulados do partido Unión Republicana, de Portela Valladares, con luces e
sombras durante o seu mandato de 19 anos. Foi a súa etapa, e grazas ao ingresos
pola venda de piñeiros dos montes catalogados de Utilidade Pública, a máis
sobresaínte en canto a infraestruturas, especialmente na mellora do entorno do
Campo de Arriba e de Abaixo. Vostede
publicou a biografía de Arcos
Moldes, que representa para Rianxo?
-Alguén catalogou a Arcos Moldes como a “brújula de la juventud
rianjesa, propulsor incansable de una cultura general, figura eminente y
rebosante de sentimientos nobles, que los rianjeses recordamos siempre, con cariño
y admiración”; coa particularidade de que traballou arreo por impulsar a
ensinanza, non só entre os rapaces, tamén nese campo, e no da música coral,
se interesou polos maiores, todo sen ánimo lucrativo.
Adianto que Xesús Santos e máis eu estamos a revisar e ampliar a súa
biografía con ánimo de que algún día poidamos sacala á rúa en forma de
libro. Vostede
foi coordinador da revista de Guadalupe, durante que anos?
-Fun o impulsor e coordinador hai máis de 30 anos. Daquela tiven que
convencer ao presidente da Comisión de Festas, o amigo Ramón Iglesias, para
editar esa revista, hoxe indispensable e que os rianxeiros desexan posuír
chegado o mes de setembro. Se algún ano faltase, sería un “desastre”... Quen
eran os colaboradores?
-Aparte de min, estaba Xesús Santos, Xesús Costa, Manuel Dourado,
entre outros. Tiñamos que solicitar colaboracións de personaxes da cultura
galega, que participaban desinteresadamente; recordo a Paz Andrade, Filgueira
Valverde, Díaz Pardo e Clodio González. Tivo
relación con Xosé Filgueira Valverde, como o definiría?
-Persoalmente non o tratei, si mediante carta, cando del solicitaba
algún traballo para a referida revista. Foi un estudoso da cultura galega e a
alma do Museo de Pontevedra. 1º D E.S.O. 2014-2015 |
Alberto
Iglesias Sánchez Un
albanel rianxeiro 1.
A que anos empezaches a traballar? Aos
doce anos de albanel. 2.
Onde? Na
empresa de meu pai, tamén estiven traballando en Francia nos anos 1963/1964 de
xefe de obra. Despois volvín para Rianxo e seguín traballando na empresa de
meu pai ata que morreu en 1970, e decidín montar a miña empresa. 3.
Como se chamaba? ALBERTO
IGLESIAS, eu era construtor, albanel e produtor. 4.
A que anos te xubilastes? Aos
65 no ano 2006. 5.
Cales foron as obras mais grandes? A
casa de J. Resúa e o edificio onde se encontra a hamburguesería “DANY”,
tamén fixen a fonte que agora está no paseo (con forma de estrela) que antes
estaba na Ribeira. 6.
A que te dedicas agora? Agora
dedícome á talla (mármore, pedra escaiola e algo de barro). 7.
Gústache o teu traballo? Encántame. 8.
Por que? Era
como o traballo da familia, meus irmáns tamén se dedicaban a iso. 9.
Era duro o traballo? En realidade non; nada é duro ou difícil se che gusta. Si, é verdade que empecei a traballar moi rapaz pero era porque eu quería; de feito a meu pai non lle parecía moi boa idea. Pero de todas formas eran outros tempos, moita xente empezaba a traballar á miña idade.
Nicolás Calvo Patiño |
Juan
José García García (Profesor
de Educación Física) ·
Por que decidiches
ser profesor? Porque
dende sempre axudar e ensinar á xente me gustou. ·
Onde traballas
actualmente? Traballo
no IES Ponteceso. ·
En cantos institutos
traballaches? Sobre
uns 15 diferentes. ·
A que cursos lle das
clase este ano? A
1º, 2º e 3º do ESO. ·
A que curso prefires
dar clase? Non
teño preferencias. Depende máis do grupo que da idade. ·
Traballastes en algo
na túa época de estudante? Si,
no inverno como monitor de baloncesto pola tarde e en verán como monitor de
natación. ·
Cando empezaches a
traballar? En
1992. ·
Que tiveches que
facer antes? Estudar
unha carreira universitaria de 5 anos. ·
Tiveches que facer
algunha proba? Tiven
que superar a selectividade, e superar 8 probas físicas para acceder ao INEF. ·
Canto tempo
estiveches adestrando para superar esas probas? Un
curso enteiro. ·
Adestrabas ti só? O
adestramento era para min só, pero ás veces adestraba con máis xente. ·
Que proba era máis
difícil? A
de flexibilidade. ·
En que consistía? Era
unha proba de flexión de tronco, na que tiñas que desprazar unha peza de
madeira cara atrás entre as pernas. ·
Cales se che daban
mellor? As
relacionadas coa forza. ·
Pódesme poñer algún
exemplo? Lanzamento
de balón medicinal e flexións na barra Raúl García Ferreiro |