O NOSO SAMAIN - 2014
|
||
O ASESINATO DE MARTA
Érase unha vez, unha nena de 12 anos chamada Marta, que vivía con seu
pai e con súa nai. Era moi feliz, xa que ao ser filla única cumpríanlle
todas os caprichos, ademais quitaba moi boas notas no colexio.
Era Nadal, e pedíralle aos Reis Magos un oso de peluche moi grande porque
o vira nunha revista e gustáralle moito. Os Reis trouxéronllo e durmía
todas as noites con el.
Un día levantouse de noite porque lle doía moito a barriga, e foi xunta
seus país adicirllo. Chegou
á habitación e alí non había ninguén. Asustouse moito pensando que
estaría soa. De súpeto, deuse a volta para mirar por toda a habitación
e alí estaban cada un con un coitelo na man.
Marta, comezou a gritar asustadísima mentres andaba lentamente para atrás.
Seus pais acercábanse cada vez máis a ela.
Súa nai, lanzou o coitelo e quedoulle xustamente ao lado do pé. Pero seu
pai aínda o tiña na man. Ao lado da porta había dúas maletas, pero
Marta nese intre non podía pensar. Que estaba pasando? Que facían seus
pais? Eran uns asasinos?
Entón, foi cando seu pai se acercou a ela, cravándolle o coitelo no
brazo sen querer matala.
Escaparon a correr, meteron as maletas no coche e marcharon, deixando
desangrarse a Marta.
Ela levantouse como puido, colleu o peluche e intentou ir á da veciña,
pero quedou no camiño. Ao día seguinte a veciña que ía dar unha volta
veu a Marta, pero xa non tiña pulso. Levouna ao hospital pero xa non
puideron facer nada. Buscaron aos pais e agora están no cárcere. Candela Lustres Pérez |
||
SECUESTRO
EN SAMAÍN
Era a noite de Samaín e Dani atopábase só na casa. Tiña moito medo.
Esperaba impaciente a que chegaran seus pais. Cando de repente timbraron
ó timbre. O rapaz asustouse moito e púxose a mirar pola ventá. Pero só
eran uns nenos pedindo caramelos. Abriulles a porta:
-Truco ou trato!!!! – Gritaron eles.
Dani saudounos e deulles caramelos. Eles déronlle as grazas e despedíronse.
Ó pouco volveu a soar o timbre. Dani pensou que serían máis nenos
pedindo caramelos. Pero non foi así. Abriu a porta e atopouse cun home
alto e forte vestido de negro. Botou un grito e tentou pecharlle a porta,
pero o home era moi forte e abriuna. Dani escapou a correr e o home
perseguiuno. Subiu as escaleiras e escondeuse no armario do seu cuarto.
Pero o home atopouno. Colleuno, meteuno no seu coche e fuxiu con el.
Cando chegaron os pais á casa, déronse conta de que o seu fillo non
estaba. Rapidamente chamaron á policía e ó momento abriuse unha
investigación. A policía pensou que se trataba dun secuestro a cambio de cartos, e estaban no certo, xa que ó cabo dun mes chegou unha carta dos secuestradores que dicía:
Ademais da carta tamén chegou unha foto de Dani co periódico dese mesmo
día. Iso quería dicir que seguía vivo.
Os seus pais atopábanse moi nerviosos. Non tiñan os tres millóns de
euros do rescate, pero ían a intentar conseguilos mediante préstamos,
axudas…
Cando chegou o día, os pais de Dani foron ó parque á hora acordada. Xa
tiñan os cartos, levábanos nun maletín.
Sentaron nun banco, e pouco despois chegou un home alto e forte. O mesmo
home que secuestrara a Dani na noite de Samaín.
Cando os pais de Dani estaban a punto de darlle o maletín ó
secuestrador, este meteu a man no peto do seu abrigo negro e sacou unha
pistola. Sen pensalo disparou ós pais de Dani e escapou co diñeiro.
Os policías tentaron investigar, pero non conseguiron pescudar nada del.
Uns meses despois atopouse un corpo, no soto da casa dunha señora maior.
Crese que esa señora era a nai do secuestrador e asasino de Dani e que o
seu fillo gardara o cadáver do rapaz alí, despois de apuñalalo. |
||
A MELLOR NOITE DE MEDO Fai moitos
anos para dicilo con exactitude o 31 de outubro de 1918, nun pobo chamado
Mistic Falls vivía unha nena de pelo alaranxado e ollos verdes como dous
rubís. Anabel vivía soa coa súa nai porque o seu pai morrera no mar. A ela
encantáballe o samaín e por iso ía coa súa mellor amiga Elisa a pedir
chuches, despois ían sentarse a un banco a comelas,aínda que, as súas
nais lles dicían que non
comeran moitas porque despois íalles doer a barriga pero elas non facían
ningún caso. Esa noite
a Anabel doeulle a barriga pero non quería dicirllo a súa nai porque
berraríalle. Foi prepararse un vaso de leite moi quente. Pouco a pouco
foille pasando a dor e, cando foi para a cama, veu algo pola
fiestra........... Un home
vestido cunha capa e unha carrapucha negra que se acercaba a un castelo
tenebroso ao que ninguén ía desde fai moito tempo porque lle tiñan
medo, coas fiestras cheas de pó e telas de araña, as escaleiras rotas e
a herba seca e morta polo redor. Ela quería
seguilo pero pensouno antes, e decidiu ir porque ela era valente e tiña
moita curiosidade, puxo unhas mallas e unha parca. Saíu e cando entrou, só
viu unha cabaza cunha cara pintada. Foi mirando habitación por habitación
ata que chegou a un salón enorme cun sofá verde no que estaba posto a
capa negra do home pero… Onde estaba el ? Viu unha
sombra no corredor e acercouse pero non viu nada, seguiu andando e veu un
home tirado no chan, atado e parecía morto, tiña tanto sono que quedou
profundamente durmida. Á mañá seguinte espertou e non estaba o home,
senón que había un rastro de sangue que levaba para a porta e aí perdíase
o rastro. Non quixo
seguir mais niso e volveu para a casa coa súa nai e recordou que a ese
home o vira nalgún álbum de
fotos e encontrouno, pero non sabia quen era. -Mamá
quen e este? -É o teu
bisavó. -E segue
vivo? -Non,
morreu fai 16 anos Ela quedou
moi entusiasmada por saber todo, pero deixouno para outro samain....... Sara Ordóñez Arias |
||
NOITE DE TERROR
Era de noite, e facía moito frío, cando chegaba á casa despois de
estar no cemiterio. Cando entramos no fogar, non había ninguén, e iso
estrañounos a min máis a miña nai. Onde poderían estar o meu
pai, e o meu avó? Non o sabiamos pero quixemos pescudalo. Fomos ao bar no
que é habitual que meu pai estea, xa que sempre vai ver os partidos.
Pero… non había ninguén! Era moi estraño, ninguén estaba nas súas
casas, só estabamos miña nai máis eu. Empezamos a pensar, pero non
eramos capaces de sacar unha conclusión, tiñamos moito medo. Queriamos
saír para fóra, pero a porta non se abría, e, de súpeto, oíuse un
golpe. Nese intre agarrámonos moi asustados e decidimos ir mirar o que
pasara. Unha vez na parte superior da casa vimos unha pantasma. Cando nos
descubriu asustounos, e queríanos papar. Era moi fea, grande e terrorífica.
Corremos de novo para o corredor principal. Que podíamos facer! Perseguíanos
una pantasma!
A nosa única maneira de saír de alí era rompendo o cristal da porta, así
que o fixemos. Xa no exterior corremos o máis rápido posible. Cando
vimos que a pantasma non nos perseguía paramos para volver a reflexionar.
Moi desconcertados mantivemos una charla.
-Mamá, que imos a facer?- dixen.
-Non o sei, Miguel.- respondeume.
-Ben nesta situación non podemos perder a calma. Pensemos e non nos poñamos
nerviosos- volvín comentar.
Tras un largo período cavilando, demos cunha posible boa resposta.
Pensamos que toda a xente podía estar no Castro Barbudo, e que a pantasma
que antes viramos na casa estaría revisando se quedaba alguén máis no
interior das vivendas. Tamén chegamos
á conclusión de que esa mesma pantasma tería máis aliadas.
Dito isto fomos camiño ó Castro. Unha vez alí vimos a toda a xente.
Agora tiñamos que pescudar a maneira de sacalos a todos de alí. Con
moitas follas que había polo chan fabricamos una especie de disfrace.
Cando as pantasmas estaban a punto de matar a todos, ocorréuseme una gran
idea. Ía a recitar unhas palabras que lera nun libro sobre o Samaín para
espantar ós espíritos malignos. Ao facer isto, as pantasmas comezaron a
esfumarse e puidemos salvar a todas as persoas que alí seguían
encerradas nunha gaiola. Esa noite nunca se esqueceu, fora terrorífica,
pero dende ese día o espírito do Samaín non volveu a aparecer. Cando
todo se solucionou, déronnos as grazas por salvalos e fomos facer una
pequena festa por esta vitoria. Miguel Otero González |
||
Historia terrorífica en Rianxo
O día 31 de outubro,
pola noite, todo o mundo estaba nas súas casas, todo o mundo estaba
durmindo. Eran as tres da mañá, cando foi ao cuarto de baño a miña
veciña, e se atopara cun espírito, pero non era o de un calquera, era o
do seu defunto marido falecido facía 10 anos.
A miña veciña Marga gritou tan forte que se lle oía en Boiro. Chamou á
policía, que enseguida chegou, e investigaron porque aparecerá alí
aquel espírito.
Xa ás catro da maña, aparecen fantasmas e espíritos no concello. Dende
Isorna ata Asados, todo inundado, ata a mesma Santa Compaña, que visitou
á casa do alcalde, e este está ingresado no hospital, por unha crise
nerviosa.
Tan grande foi este conflito, que ata tiveron que vir servizos médicos do
112, ambulancias, garda civil, policía nacional, bombeiros, cazadores de
fantasmas e espíritos e, como non políticos, e científicos do país.
A Casa do Concello estaba chea de policías atendendo chamadas de xente
con queixas pedindo a dimisión do goberno local, con xente asustada, e
tamén de compañeiros seus pedindo axuda, porque non daban feito.
Tanto que a Santa Compaña queimou o centro de saúde, entón os enfermos
alí atopados por crises nerviosas e desmaios, foron trasladados ao
hospital de campaña, situado no Pavillón Municipal de Deportes.
Os medios de comunicación tamén se fixeron Eco da Noticia. Dende a Voz
de Galicia ata a mesma BBC. todas as canles de televisión, tanto
nacionais, como internacionais, cortaron a Teletenda, para estar en
directo dende Rianxo.
Eran as seis da mañá cando o presidente do Goberno, chegaba a Rianxo.
Dixo que non volvería máis por aquí, porque ten medo.
O 1 de Novembro, chegou o equipo definitivo de cazadores de fantasmas que
exterminaron todo.
Rianxo volveu á normalidade, Marga, a miña veciña, xa está mellor. Os
policías e todo o mundo que participou nesta emerxencia, recibiron
diversos premios.
O alcalde, dimitiu, amañouse todo, Rianxo volveu á normalidade, aínda
que eu o pasei peor, porque había moita contaminación acústica, cousa
que a min e áa miña familia nos molestaba .
Foi unha noite para esquecer. Sergio Somoza Tubío |
||
A
boneca diabólica.
-Unha escaleira, dúas escaleiras, tres escaleiras…
-Catro, cinco, seis…
-Sete, oito, nove…
- BOO!!! MUAHAHAHA! -risa malvada-
- AHHHHH!! - soaba a voz
dunha rapaza-
Eran as dez da mañá, e ao ser un sábado Mónica deixouna durmir, pero
xa eran as doce e como lle estrañaba que Uxía non baixara aínda, subiu
a mirar que pasaba, en canto abriu a porta veu á súa filla morta, e ao
lado a boneca cun coitelo manchado de sangue. Irene Fernández Romero |
||
A
BONECA Era Nadal,
había moito que non se reunía toda a familia. Ao chegar todos lle daban
un regalo a Marta, a pequena da casa, filla única. Todos estaban alegres
e felices ata que soou o timbre. A nai de Marta abriu a porta, era o tío
da meniña ao que solo vía por Nadal xa que vivía no estranxeiro. Cando
entrou o frío da noite veu con el e a todos lles deu un calafrío. O tío
tiña fama de ser calado e misterioso, pero Marta quería o regalo, así
que se achegou a el. Era unha caixa de madeira sen envolver e que
semellaba antiga. Dentro había unha boneca de
trapo que lle encantou, pero a partir dese día, pasaron cousas raras na súa
casa. Os electrodomésticos acendían e apagaban sós, as portas abrían e
pechaban, algunhas cousas desaparecían e volvían a aparecer... Pero o
feito máis raro é que a boneca cambiaba soa de sitio... Unha noite había tormenta e
Marta tiña medo, quíxose abrazar á boneca, ca que fora para a cama,
pero non a encontrou. Tiña unha lampadiña acesa a carón da cama porque
lle daba medo a escuridade, pero cun raio a luz foise e todo quedou en
completa escuridade. Marta levantouse lentamente da cama e cacheou en
procura da porta. Saíu ao corredor e algo caeu, sobresaltada, Marta
comprobou que era algo de cristal pero non soubo dicir que era, encontrou
o pasamáns das escaleiras que ían á planta de abaixo. Foi baixando
banzo a banzo con coidado ata que conseguiu baixar e foi á cociña. Veu
horrorizada que o pavo estaba en pequenos cachos por todo o chan e cando
houbo un raio tamén veu que ao reloxo lle faltaban as agullas. Foi ao salón
onde a cheminea estaba prendida, sentouse ao seu carón, para mirar quentiña
como chisporroteaba o lume ata que cun trono se apagou de súpeto. Marta
saíu correndo, ía ir á habitación de seus pais pero veu que a porta
principal estaba aberta... Mirou fóra e viu coa luz da lúa, baixo a
chuvia, de pé, á boneca. A que xirou a cabeza pouco a pouco ata mirar a
Marta que se quedou quieta, moi quieta, ata que caeu ao chan. A policía sigue investigando que
lle pasou a Marta e ao cadro no que estaba toda a familia, que estaba no
chan do corredor roto en anacos, nos que Marta era a única que faltaba. A
boneca apareceu na cama da rapaza, mollada e sorrinte. En canto ao seu tío,
desapareceu, nunca máis o atoparon. Irene Conde Arcos |
||
A habitación do final do corredor
Era o día de Samaín, a familia Martínez alugara unha pequena casiña na
que pasar a noite, posto que a súa casa estaba fumigándose.
Os donos só lles puxeran unha prohibición: Non deberían entrar no
cuarto do final do corredor.
Xa chegara a hora de durmir, Mariña deulle un bico aos seus pais e foise
para a cama; estaba a piques de quedarse a durmir cando escoitou ruídos,
ao principio non lles fixo caso pois pensaba que era un soño, mais pouco
a pouco estes fóronse intensificando. Asustada foi xunta seus pais, pero
como estaban durmindo non os quixo espertar. Cada vez oíanse ruídos máis
fortes, mentres se dirixía a súa habitación, veu unha luz emerxendo de
debaixo da porta do final do corredor, e descubriu que o ruído saía dese
cuarto, disposta a rematar con ese ruído atormentador dirixiuse cara ela.
A medida que se acercaba os sons intensificábanse, levantou a man, púxoa
no pomo, abriu aporta, e ..... non
se soubo mais da rapaza.
Dende entón todas as familias con nenos que non saben o acontecido, e
alugan esa casiña acaban desaparecendo. Sara Tubío Rial |
||
A
CASA ENCANTADA Xa cumprira os vinte anos e coa
axuda de meus país e o meu traballo conseguirá o diñeiro suficiente
para comprarme una casa.Estaba nun barrio tranquilo pero con pouca luz,
enfronte había una casa que desde fora parecía que levaba anos
abandonada. Debía de ser por iso que estaba en venta. Era o 30 de outubro de 1954
chegaba de traballar moi cansada, pero fixeime que as luces da casa de
enfronte estaban acendidas e diante estaba un camión de mudanzas. Ao día
seguinte puiden comprobar que nela se instalara unha familia que tiña un
neno pequeno. Pasaron uns días e empezáronse a oír rumores de que nesa
casa había pantasmas, dicíase que a radio se acendía soa que os billas
e as portas se abrían e cerraban sos continuamente. Unha noite o neno
sentiu unha presenza ao seu carón , levantouse, acendeu a luz e veu que a
porta estaba cerrada. Saíu ao corredor pero alí non había ninguén. Nos
días seguintes ocorreulle o mesmo, pero por fin, un día ao erguerse da
cama, sentiu un cóxegas nas costas e, de súpeto, a ventá da súa
habitación abriuse e veu escrita con sangue unha mensaxe no espello do
armario: “Queres
ser o meu amigo?”
O neno armouse de valor e díxolle que si e fíxose amigo da
pantasma. Finalmente quedaron a vivir nesa casa e a pantasma deixou de
asustar ao neno e foron moi amigos. Laura Fernández Dieste |
||
Celeste Era unha tarde
coma calquera outra, eu coma sempre estaba a ver a televisión. Cando me
cansei, decidín xogar co ordenador, a un xogo chamado minecraft (era un
dos meus xogos favoritos), que trata de facer a túa propia vida pero, con
gráficos cadrados. Ese día en
concreto, recordo que meu curmán me presentou a unha boa amiga del
chamada Celeste, estibemos xogando os minecraft conectados. Celeste e mais eu
estibemos chateando un par de meses, de súpeto deime conta de que me
namorara dela. Entón decidín
coñecela en persoa e pedinlle quedar. Esperei un pouco a súa resposta.
Pasados uns minutos , que a min me pareceron anos, doume a súa resposta,
díxome que -SI!!!! Eu estaba incrédulo
xa que Celeste era a rapaza máis fermosa que un se poida imaxinar. Quedamos en
vernos no seguinte venres, como ía a aguantar hasta o venres se era
Martes. Cando por fin
chegou o Venres fun ao parque moi preocupado e se ela non sentía o mesmo? Estiven agardando
e Celeste non aparecía. Pasou por alí un home vestido de negro fun cara
él. E pregunteille se vira a unha rapaza morena de ollos azuis, pero el
non contestou. Nun pestanexo,
nunha milésima de segundo o home xa non estaba, de súpeto apagáronse as
luces do parque, non sei porque pero sentín un calafrío que me recorreu
todo o corpo, o corazón empezou a latexar como se quixese saírseme do
peito. Cando ía marchar
escoitei un grito terrorífico, provinte dunha das casas que estaban ao
lado, con moito coidado e intentado non bater con nada, acerqueime a
mirar, no chan vin un corpo sen vida, era Celeste, seguín mirando e de súpeto
apareceu diante miña, o home de antes vestido de negro, coa diferenza que
tiña a roupa chea de sangue, escapei a correr con tan mala sorte que
tropecei co cadáver, e cando o home de negro se acercou, enchinme de
valor e sen saber, nin tan sequera ter idea fíxenlle unha chave de
taikuondo, tirando con el e arrebatándolle o coitelo. Nese momento
Celeste levantouse, eu estaba tan asustado que nin pa ela mirei e sen
pensalo craveille o coitelo, o home díxome que era o seu irmán maior é
que era unha cámara oculta. A mañá seguinte
cando espertei dinme conta que todo fora un pesadelo produto da imaxinación,
acendín o ordenador ( polo aburrido que estaba) e púxenme a xogar ao
minecraft, nisto lín : -Ola son Celeste queres ser o meu amigo?- |
||
O
VELLO, O NENO E O MORTO Un día de
noite escura, estaba Xoán na súa vella cabana e oíu un"clack
,clack ". O son proviña da porta cando abriu só había un cesto cun
bebé no seu interior ,Xoán pensou nese intre : - Non podo
deixar a un bebé nesta escuridade . Ao día
seguinte Xoán buscou aos pais dos nenos por todas partes, pero non tiña
ningunha pista. Despois de buscar todo o día viu que había unha nota na
cesta que poñía -Se esta
lendo esta nota e seguramente porque o meu fillo está a salvo. Se non lle
é demasiada molestia cóideo ata que unha túnica reflicte a súa cara . -Pero que
se creu esta xuventude! Vai a acabar comigo! Supoño
que non terei máis remedio que coidar do neno, ao fin e ao cabo con pais
como eles estará mellor comigo . E así
pasaron os anos. Xoán xa era un vello e o bebé xa era un adulto chamado
Xosé . Un día que
os dous estaban amontoando leña, unha persoa dixo quitándose a túnica
que o cubría: - Chegou a
hora . A súa cara
era a de Xoán. Xoán ordenou rapidamente a Xosé que correse, pero de
nada lles serviu; esa copia de Xoán era moito máis rápido. O dobre de
Xoán dixo : - Resísteste
? Como te podes atrever? . Nese
momento Xoán morreu do susto por esa voz severa e o seu dobre levou a Xosé
pola forza . |
||
![]() ![]() ![]() |
||
Unha
traxedia inesperada -AAAAAAAHHHH!!!!!!! Henrique
entra na habitación. -Dánnolo
unha semana para que o coidemos e aí o tés, tirado no chan e morto!!!
-Di Enrique enfadado e asustado ao mesmo tempo.- -Eu pousárao
no sofá, logo púxenme a cortar a carne e escapóuseme o coitelo! -Dixo
María chorando.- -Só tiña
dous anos, aínda era un bebe! Como a dona se decate disto... De súpeto
soa o teléfono. RIIING, RIIING, RIIING,
RIIING... -Ola? -Ola! Son
María. -Aaaaaaahhhhh! -Que pasou? -Nada nada
, que me mordín a lingua. -Chamaba
para ver que tal estaba Genry. -Ben! Moi
,moi ben... Agora está comendo. -Pódesmo
poñer? -Non! Está
durmindo. -Non era
que estaba comendo? -Perdón
equivoqueime adeus! -Colga o teléfono- -Quen era?
-Preguntou Henrique- -María!!! -Cando dixo
que ía volver? -Non me
acordo!! DING DONG, DING DONG. Marilú foi
mirar polo buraco da porta para ver quen era. -É Maríaaaaaaaaaaaaaa!!!!!!!!!!!
Colle a pá e elimina as probas. DING DONG, DING DONG. -Vooooouuu!!!!!!! -Ola Marilú!
Onde está Genry?! Marilú tírase
ao chan e empeza a chorar. -Mateiiino!!! Estaba na cociña, esvaróuseme o coitelo e caeu enriba da túa cobaia!!!!! Síntoo!!!!! Luis
Miguel Ramos Silva |
||
O Samain Pasado Vouvos
contar unha cousa que me pasou
a min o ano pasado o 31 de Outubro, o día do Samain. Foramos todos
convidados a unha festa de disfraces na casa duns amigos de meus pais, eu
non puiden asistir xa que tiña exame o luns e meu pai convenceume para
quedar na casa a repasalo. Miña nai dixo que a chamara no caso de que
pasara calquera mínima cousa, que estaban a 10 minutos da casa... o típico
de todas as nais, pero o meu plan era non chamala aínda que lle prendera
lume a casa para que non se preocupara e viñera o máis tarde posible
mentres eu me quedaba falando polo whattshapp, vendo a tele e poñendo as
miñas cancións preferidas o máis alto posible, e xa repasaría ao día
seguinte o exame. Ás 21,30 sentinme a estudar propúxenme estudar unha
hora porque se non sabía que logo me arrepentiría de non ter estudado e
tería remordementos; ademais miña nai marchaba ás 22,00 e si no momento
de marchar me vía estudando e ela que marchaba para unha festa íase
sentir orgullosa, por así dicilo. Ás 22,30, xustamente, pousei os libros
no estante, prendín a tele e collín o móbil. Estaban botando un
programa especial do Samain en FDF e decidín velo mentres andaba co móbil
. Estaba pasando un pouco do programa e empecei a escoitar unha voz moi
calmada algo familiar e que non dicía unha sola palabra máis alta ca
outra , empecei a escoitar o que dicía parecía un anuncio destes que che
fan preguntas de cousas que odias e que ao final do anuncio danche unha
solución na que nalgúns casos aínda empeoran esas cousas que odias.
-Cansa de quedar soa na casa? ( que parvada, claro que non me encanta
quedar soa na casa )
-Canso de non poder estudar os Domingos ? ( aajjhjhhjhhhjh, eu si que teño
que estudar os domingos e daría o que fora por non ter que facelo )
Pois aquí esta a solución aos teus problemas porque hoxe ás 12 da
noite, ao comezo de Novembro, todas esas cousas que odias ou pode que non
odies desapareceran para sempre e o castigo por non poñerte a estudar
!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Nese momento caéronme os libros na cabeza que deixara no estante. Todo
fora un pesadelo que deu moiiiitoo medo, pero apaguei a tele e púxenme a
estudar como unha tola ata que souben todo, mellor incluso que a mestra. Pódese
dicir que no samain si que se xuntan os mundos, xa que non estou segura
que o mundo dos mortos pero si o dos soños. Aínda que non sei moi ben
como me puideron caer ese libro na cabeza sen que ninguén o empuxara . Laura Sobradelo Nine |
||
Eslenderman Esta historia é un feito real (os medicas mellor que xa non a lean): Non fai moito tempo en América uns sete ou oito amigos foron de
acampada ao monte. Chamaron a un rapaz que lles caía mal para que fora
con eles. Cando empezou a anoitecer foron para alí a preparar as tendas. Cando caeu a noite foron dar unha volta polo monte. Ao chegar a un
sitio moi escuro os sete rapaces aforcaron ao que lles caía mal e matárono.
O corpo deixárono tirado ao pé dunha árbore cunha nota que dicía:
“XA MATEI Á TÚA PERSOA MÁIS QUERIDA, AGORA TÓCACHE A TI ”. Os rapaces marcharon a correr para a comisaría para dicirlles que un
home matara ao seu amigo. Os policías pedíronlle que o describiran e os rapaces empezaron a mentir: -era moi alto e fraco, a cara era branca é non tiña nin ollos, nin
boca, nin nariz, nin cellas, non tiña nada. Vestía de traxe negro e
cunha gravata vermella. Os policías de alí non
tiñan fama de ser moi bos, é dicir, crérono. Ao día seguinte, os policía, foron a buscar o cadáver, e alí o
atoparon. Intentaron buscar pegadas e non as atoparon. Desde aquel día crese en ESLENDERMAN que significa: home esvelto. THE END En moi pouco propagouse a historia por Europa e en Alemaña outros rapaces fixeron o mesmo (tamén se creou un videoxogo ). DIEGO MIRÓN VICENTE |
||
I Esta historia pasoulle a
unha muller de Asados uns días antes de defuntos. Naquelas épocas púñanse
velas, como actualmente, pero como faltaban moitos días para chegar a esa
data, ela pasou por diante do cemiterio toda tranquila e veu unha luz
moverse dentro do recinto, e, asustada sen saber o que era, comezou a
correr. Ao pouco tempo de pasar de alí, pareceulle que a agarraran por
atrás e comezou a berrar: -Sóltame, sóltame ! Facendo forza , tirando del para escapar, soltouse e marchou para a casa a fume de carozo. Ao día seguinte fixo o mesmo recorrido á inversa de día. Ao pasar por onde a agarraran descubriu que o que pasara era que quedara enganchada nunha silva, e non era a Santa Compaña, e así pasoulle igual no cemiterio, posto que unha persoa estaba poñendo unha candea nunha tumba aquela noite , xa que pola mañá aínda estaba acesa. II Isto sucedeu alá polos
anos 40, ao rematar a Guerra Civil Española. Unha noite meu bisavó,
que daquela entón era serrador ( persoa que serraba madeira casa por
casa, cortando táboas ) cando viña de Isorna, el só, tiña que cruzar a
Leoira para chegar á casa que tiña na Marquesa en Asados. Como xa vos
dixen antes, el viña de Isorna, e alumeábase cun candil, posto que
naquelas épocas non había luz eléctrica. A media hora de saír,
mirou para atrás e veu que, detrás del, viña unha luz perseguíndoo ao
lonxe. Ell parou, a luz fixo o mesmo. El collera medo, pensou
que era a Santa Compaña e comezou a correr . Canto máis corría, a luz
tamén. Correu ata chegar case a súa casa , diante da posible Santa Compaña. Antes de chegar , aínda
no camiño, parou e colleu un pau de pino e agochouse .Tamén apagara o
candil, pero a luz seguía indo cara a el, e esperouna tremendo de medo. Cando a luz chegara case
ao lado del, saltou polo medio dos pinos e íalle dar co pau ao que
posiblemente era a Santa Compaña. Cando levantou o pau para
pegarlle, escoita unhas palabras : -Quieto! Non me deas, non
me pegues! El quedou asustado e
inmobilizado, esperando a ver que
pasaba .Resulta que era outro home que saíra tamén do mesmo sitio e viña
detrás del polo mesmo camiño e pasáralle o mesmo ca el, veu outra luz e
seguíaa pensando que era a Santa Compaña ata que se atoparon, e resultou
que eran veciños. Historias reais ocorridas
en Asados no século pasado Fonte de información:
Meu pai Sergio Somoza Tubío |
||
A
cabaza mutante Un
día meu pai mais eu fixemos una canbaza moi bonita e cando a veu meu irmán
botoulle lixivia. Puxémola na mesa da cociña e fomos dar unha volta.
Cando volvemos a cabaza desaparecera. No chan había unhas marcas moi
raras, eran as pisadas da cabaza, aínda que ao primeiro nós pensamos que
correspondían a un ladrón. Na
tele saíu a noticia de que había unha cabaza mutante pola cidade que ía
rompendo todo. Meu
irmán dixo que a única solución era matala, pero había que botarlle ácido
sulfúrico por riba. Buscámola
pola cidade e, cando a encontramos, así o fixemos. Francisco José Pouso Barral |
||
A
CASA FANTASMA DA NOITE DE SAMAIN Un día antes da noite de samain, estaba na casa dun amigo cando seu avó nos contou unha lenda que trataba sobre unha casa fantasma que só aparecía na noite de samain. A lenda dicía que quen entrara na casa fantasma morrería dentro e que un día uns rapaces foran pedir a esa casa e non saíran nunca dela. Ese día eu mais Carlos decidimos encontrar esa casa fantasma para descubrir que pasaba en realidade nela. Despois fomos a chamar aos amigos para preguntarlle si se apuntaban a “excursión”, 1º llo preguntamos a Mario e dixo que si, 2º llo preguntamos a Sonia e dixo que non lle apetecía (ou sexa, que tiña medo), 3º a Xoaquín que dixo que si, 4º a María que dixo que si. A Marcelo xa non llo fomos preguntar porque era un medica. Ao final imos ir Carlos, Mario, Xoaquín, María mais eu. Ao día seguinte que era o día de samain, xuntámonos todos pola mañá no Nampo de Maneiro para preparar todo o que iamos levar, que eran cinco lanternas, dúas pilas de recambio para cada un, unhas cantas barriñas enerxéticas e mais a bebida que levábamos dúas botellas de auga cada un máis unha botella de bebida enerxética para cada un. Tamén levamos un machete por si tiñamos que romper a porta para entrar mais unha corda por si era necesario. Cando chegou a noite subimos ata o Castro Barbudo e esperamos alí dúas horas ata que, de súpeto, apareceu alí a casa fantasma. Xoaquín quedara tan apampado mirando pa ela que case se desmaia. Ao final estabamos no certo en que tiñamos que usar o machete pero a Mario quedáralle na casa así que non puidemos entrar na casa fantasma. Así foi como acabou o noso samain. Iván Fernández Quintáns |
||
Muller custureira e home troiteiro, nin boa meda nin bo palleiro.
A lúa de outubro, sete lúas cobre, e se cadra, cobre nove.
Polo San Martiño, veranciño. Por santa Isabel, inverno a encher.
En novembro cavar non se che lembre; a aixada de cavar, emprégaa para aburatar.
Outono chegar, prados a verdexar.
Non se collen as troitas coas pernas enxoitas.
A verdura no seu outono Cómea o seu dono |
De boa nai, busca filla, da boa cepa enxerta a viña.
O que ten carro e muller, non lle falta que facer.
Lévame no teu carro, leva carreteiriño das uvas; lévame no carro leva, comerei das máis maduras
Corrín ca galiña, Corrín co galo, Corrín ca máis vella, Corrín ca menor, Corrín ca mediana Que é a que está mellor |
Moito tes que saber para os cogumelos coller.
O viño na adega, o gran na tulla e na lacena augardente da Ulla.
Outono chegar, porco cebar
A castaña do camiño é do veciño
Para espreitar as meigas, allo Para facer augardente, leña de carballo
No mes dos mortos , Mata os teus porcos
Sergio Somoza Tubío |
Castaña e a miña color favorita Amor que eu lle dou Son sempre protexida, Tamén non o estou Amor á terra que teño pois sempre caio ao solo Ñus non nos comen A min non me dan temor. (castaña) |
Cara teño, corpo non. Cabeza, por suposto, disfrazada no samaín estou. Algunha vez plantada na leira outra cunha vela no meu interior (castaña) |
Casi redonda son, cAsi coma un balón, saBor do samaín, fabA creme que non, cabeZa pode que si adivinAs??? Gabriel Figueira Núñez |
Non lle gusta beber viño, pero si a bebida roxa; non lle gusta nada o allo, algo de picor lle provoca (vampiro) |
Día especial, dóce é, pero maligno, tamén (samain) Gabriel Figueira Núñez |
Ten ollos de gato y non é gato, orellas de gato e non é gato; patas de gato e non é gato; rabo de gato e non é gato, miaña e non é gato. (gata) |
NOITE DE MEDO NA CASA DE UXÍA
Un grupo de rapazas,
aproveitando que era Samaín, decidiron xuntarse para facer unha festa de
pixamas e contar contos de medo. Podían ser inventados ou reais.
Ao final xuntáronse
catro amigas: Sabela, Uxía, Xiana e Ana. Todas traían a súa propia
historia, pero a que máis medo nos deu foi a de Xiana. De feito cada vez
que o penso teño máis medo.
A historia comeza cando
no pobo onde vive Xiana morreu un veciño atropelado por outro veciño,
xusto o día antes das festas que cada ano se celebran na honra da Virxe
dos Milagres.
Despois do enterro, a
familia e amigos acudiron a casa familiar para despedirse da viúva e dos
fillos do defunto. Á viúva non se lle ocorre outra cousa que poñerse a
ver fotos onde saía o seu marido. De súpeto, todos calaron e miraron uns
cara os outros con caras pálidas, déranse conta ao momento que na foto
que estaban ollando, que era da primeira procesión que houbera no pobo,
faltaba un cacho xusto da xente que ía detrás de Xosé (o veciño
falecido) . É dicir, decatáronse de que todos os que ían na precesión
foran morrendo en anos sucesivos e por orden segundo saían na foto e
sempre antes das festas do pobo. O veciño de Xiana debía saber que ese
ano lle tocaría a el e decidiu romper a foto, non sabemos si para romper
a cadea de falecidos ou para que non se soubese quen era o seguinte. O
caso e que todos os veciños estaban atemorizados e querían saber quen
estaba despois Diana Ramos Torrado |
||
Esta
historia transcorre o 31 de Outubro pola noite.
Xiana unha rapaza de 11 anos, quedou soa na casa sen saber que era a noite
do Samaín, mentres seus pais ían a unha cea. Esa noite escoitaba ruídos
raros e ela preguntábase porque os había, xa que nunca os
sentira.Tocaron á porta e antes de que ela abrira sentíase "SON a
PANTASMA DOS PESADELOS".Entón ela, morta do medo, meteuse na cama
correndo e desexando que seus pais chegaran preto pola porta.Cansa de
tanto esperar por seus pais a que chegaran, abriu a porta, posto que o ruído
continuaba. Foi abrir, mirou e mirou e non atopaba a ninguén. Entrou para
a casa e volveu deitarse na cama,tan pronto se deitou outro ruído sentiu
este dicía"ESTA NOITE ALGO CHE VAI PASAR, JAJAJAJAJJJJA!!!".
Ela non se levantou en ningún momento, cando de preto sentiu que andaban
na fechadura da porta.Ela preguntaba "QUÉN ANDA AÍ?" e
unha voz dixo: somos teus pais. Ela botou a correr polas escaleiras e
contoulle todo o que acontecera. Seus pais dixéronlle que, como era Samaín,
fora unha broma deles. Clara Figueira Eiras |
||
A casa encantada Érase unha vez unha grupo de nenos (dous nenos e dúas nenas ). Marta era un ano máis pequena que os demais, tiña o pelo castaño e rizado; Carla tiña o pelo tamén castaño, pero largo e liso; Carlos era roibo e tiña os ollos azuis; e por último, Antonio tiña o pelo castaño e os ollos marróns. Tiñan todos 11 anos menos Marta. Unha tarde ían polo monte, cando se fixo de noite. Non encontraban o camiño e perdéronse. Seguiron camiñando e dunha árbore caeu unha pelota, collérona e pesaba moito. Carla caeu nun buraco que alguén fixera no chan e despois dunha ou dúas cousas máis coma esta, pensaron que esas trampas fixéronas para que a xente non seguira por aí, pero tiñan tanta curiosidade que seguiron andando. Despois de camiñar un pouco máis chegaron a un grande castelo coas pedras todas vellas e cun aspecto que daba medo. Despois dun portal, había un céspede todo cheo de terra con dúas árbores, unha a cada lado do camiño. Entraron e as portas cerráronse detrás deles, facendo un ruído co que espantaron a case todos os morcegos que estaban colgados. Entraron ao castelo e todo estaba cheo de telas de araña. Chegaron ata o medio do recibidor e deron unha volta lentamente todos a vez para mirar o que había, e cando volveron a mirar cara adiante apareceu un neno. O neno tiña o pelo negro, coa cara pálida e de malo, vestía unha túnica. Os nenos déronse conta de que era un vampiro. Marcharon a correr, pero a porta estaba pechada e o neno perseguíaos sen dicir unha palabra. Saíron tamén pantasmas a perseguilos. Chegaron a unha habitación onde había un buraco e todos caeron menos Antonio. Seguiron correndo por abaixo porque tiña pasadizos e déronse conta de que faltaba Antonio. Volveron, e viron como estaban todos ao redor del, pero agora había tamén uns zombis. Foron correndo e colleron todos a Antonio e volveron por abaixo. El estaba moi asustado, pero iso non o impediu correr. Saíron por unha porta que había abaixo e seguiron correndo. A esas horas xa era case de día e un pouco máis lonxe estaban todos os seus pais buscándoos. Cada un marchou para a súa casa contándollo todo aos seus pais. Eles non os creron pensaban que se pasaran toda a noite de acampada, que lle estaban mentindo e castigáronos a todos. Adriana Romero Blanco |
||
|
||
A bo viño, non hai mal bebedor.
O viño de mal parecer, perde os ollos ao beber.
Outono presente, inverno na beirarrúa de enfrente. |
Cando se remata o viño, a bota non fai falta.
Non hai ruín viño con castañas asadas e sardiñas salgadas. |
O viño con mel, sabe mal e fai ben.
Quen é amigo do viño, de si é enemigo.
O viño con mel, sabe mal e fai ben Sergio Somoza Tubío |
HISTORIA
DE MEDO
Nun pobo fai moito tempo ocorreu unha terrible historia que deixou a todos
asustados.
Unha familia mercou unha casa nese pobo, como estaba un pouco vella,
restaurouna e foron vivir alí.
Pero naquela vila non lle agradaban a xente, pois pensaban que a familia
se cría superior a eles, porque tiñan máis diñeiro.
Á semana de estar alí comezaron a suceder feitos estraños, un día o
fillo da familia foi ao instituto e cando volveu seus pais non estaban,
pois foran traballar, mais na casa notou unha presenza estraña, cando foi
á súa habitación estaba todo revolto e faltaba o seu ordenador e
algunhas cousas máis. El estaba moi asustado e chamou a súa nai, que lle
dixo que avisara á policía. A policía foi á casa pero non veu a ninguén.
Entón comezaron unha investigación de quen entrara na casa. Pero toda a
familia sospeitaba dalgún veciño pois non lles caían ben.. Pero de súpeto
o pai decatouse de que puxera unha cámaras na casa. Veu as gravacións e
quedou pampo pois os obxectos movíanse, pero non había ninguén na
habitación. O pai comentoulle os sucesos á policía, estes dixeron que
era impresionante o que pasara. A familia non podía crelo e decidiron
buscar información sobre aquela casa. Atoparon con que naquela casa
aparecera morta unha muller que fora misteriosamente matade e buscaba
vinganza. A familia decidiu marchar
porque vivían asustados e detrás deles marcharon todos os veciños
temendo que a señora fora as súas casas. Paula Ordóñez Castro |
||
Pilonga, chámanme, dura e sen camisa, no Nadal cómenme ata na misa (castaña)
Suave ou peleón ás veces, mordo coma un león (viño)
Teño follas e non son libro, teño barbas e non son chibo. (millo)
|
Unha faixa é o meu vestido; se a teño posta estou morto; se mo quitan, arranco a bailar. Pés e mans non teño, lévanme nas palmas e aos nenos fago gozar (o trompo)
Asubío e non teño boca, corro e non teño pés, pégoche na cara e ti non me ves. (vento) |
Nun monte moi espeso, hai un home franciscano, ten dentes e non come, ten barba e non é humanao. (millo)
Branquiña son, negriña tamén, dóce coma o mel (uva)
|
Ao pasar a Santa Lucía , Encollen as noites e medran os días.
O verán de San Martiño , ou grande ou pequeniño
|
Un
podador podaba a parra e
outro podador que por alí pasaba díxolle : -Podador
que podas a parra que parra podas ? - Podas a miña parra ou a túa parra podas ? -Nin podo a túa parra, nin podo a miña parra , que
podo a parra de meu tío Bartolo |
Bendito mes que empeza por Santos, E acaba por San Andrés
|
A Santa Compaña Naqueles tempos non había
apenas reloxos, e unha señora equivocouse de hora, porque había moita lúa,
e saiu a unha da mañá a vender peixe. Encontrouse no camiño
coa Santa Compaña. Levaba moita xente, incluso sacerdotes. Ela seguiulles
para saber cara a onde ían. Entraron nunha casa, porque tiña a porta
aberta. Había dous enfermos, un menos grave ca o outro. Os sacerdotes déronlle
a Comuñón ao menos enfermo.Os sacerdotes e as xentes que o acompañaban saíron
e pecharon a porta. A muller quedou na casa ata ó amencer. Á mañá
seguinte,o home ao que lle deron a comuñón levantouse da cama e
preguntoulle á muller que facía ela na súa casa. A muller contoulle o que
pasara e deuse conta de que aqueles sacerdotes curaran ao enfermo. O
Monte Castro Esta lenda pasou nun
monte chamado Castro moi coñecido por todos nós. Neste monte , segundo oídas
, había unha raíña, que tiña moitos escravos. Moitos destes escravos non
lle traballaban ben ou non eran fortes e como a raíña era delgada ( ninguén
era tan delgada coma ela) mandoulle aos escravos que construirán un túnel
tan delgado como era ela, e os soldados fixérono. Cando algún escravo non
obedecía as súas ordes ou non traballaba pasábanos polo túnel, e, como
eles non cabían que eran máis gordos, quedaban atrapados. Horas despois viñan
uns bichos moi grandes e delgados , que os comían , nin sequera deixaban ós
ósos. Unha
aparecida Unha nai tiña tres
fillos, estaban casados. Un deles vivía con ela. Súa nai morreu, e como
ela tiña feita unha ofrenda á Virxe do Carme e non lle deu tempo a cumprir
a súa promesa, unha noite aparecéuselle o seu fillo máis. Polas altas
horas, presentóuselle o fillo. El oíu a voz dela, pero non lle deu
importancia; pareceulle un soño. O día
seguinte, o fillo foi ver ao seu irmán e contoulle o ocorrido a noite
anterior. Díxolle que se para a próxima noite aparecía, que se quedara na
casa, porque se era de verdade súa nai non tería porque terlle medo. Marchouse para a casa, e
a mesma hora que o día anterior pola noite: -Fillo meu , Fillo meu ! Son túa nai! El acercóuselle e díxolle : -Es miña nai ? Ben, non teño medo. A nai acercóuselle e empezoulle a falar: -Fixen unha promesa á Virxe do Carme; por favor, pon unha
misa no meu nome para que se poida cumprir a miña promesa; estou penando no
purgatorio. -Vaite, nai miña-díxolle seu fillo- Que mañá,
tan pronto que me levante, irei
á igrexa e poreiche unha misa. Á mañá seguinte, o home foi ao seu irmán e contoulle o
que dixera súa nai .O irmán estivo de acordo e ofreceron unha misa por súa
nai. Súa nai dende o máis alá alegrouse moito, e puido
entrar finalmente na igrexa triunfal. Unha lenda Tamén me contaron que
unha muller pasou polo cemiterio ás doce da noite e dixo que oirá gritos e
voces . Despois de motos, que aos
pobres non os deixan descansar en paz. A Santa
Compaña Segundo esta lenda , a
Santa Compaña son unas luciñas que si un señor ou outra persoa soña
cunha persoa en un soño vence esas luciñas, ó día seguinte more a persoa
coa que soñou . Unha noite ían dous
homes, xa cansados, por un camiño da súa aldea. Un deles ía algo bebido e
caeu ao chan como se fose a morre . O outro ó velo caer tan inesperadamente
; botouse a correr cara a aldea, para avisar á muller. Cando chegaron alí
os tres, o home non estaba . O único que había era a súa roupa.Todos
alarmados, correron á aldea para contarllo á xente e ao alcalde , pero
cando chegaron , toda a xente se lle quedaba mirando para a cara das dúas
mulleres e do home, porque a tiñan rabuñada e sangrando; eles non se daban
conta porque non pelearan con ninguén. Todo o malo que pasou foi outra obra
da Santa Compaña Revista Voces
Rianxeiras do ADR Castelao de Rianxo, publicada no ano 1985 Sergio Somoza Tubío |
||