PARTIDO
LIBERAL
Eduardo Gasset y Chinchilla
Rafael Gasset y Chinchilla
José
Ortega Munilla
Concello de Rianxo
Manuel Pérez
José Cubeiro
Don Pepito (José) Varela Abades
Concello
de Padrón
Luis
Piñeiro Legerén Tanis Pérez
Artime
Concello de Rois
Eduardo Fernández Abelenda Joaquín
Canabal
Redactores
Buenas Noches
José
Barreiro
José Mª Varela
Torrado
José Romero
O Partido Liberal, no distrito de Padrón,nos primeiros anos do século XX,
estaba presidido pola irmáns Eduardo e Rafael Gasset y Chinchilla. Eduardo
Gasset, desde as súas residencias no Pazo das Xunqueiras
na Pobra do Caramiñal e de Brandeso en Arzúa, será a persoa que dirixa
o partido Liberal na provincia de A Coruña desde os seus cargos de Deputado
(Betanzos, Padrón...) e Senador do Reino. Rafael Gasset,desde os seus cargos de
ministro Agricultura e Ministro de Fomento (en diferentes etapas) en Madrid, será
o gran impulsor da política de embalses para regadío, estradas e camiños de
ferro secundarios. O seu cuñado José Ortega Munilla, pai do filósofo José
Ortega y Gasset, era o deputado
polo distrito de Padrón en 1912.
En Padrón, o representante dos liberais é o industrial do téxtil
Carlos Varela Pazos. Luis Piñeiro Legerén, un caldense que veu taballar á
notaría de Padrón despois dunha breve estancia na Arxentina, ocupará o cargo
de Alcalde durante 14 anos(en dúas etapas), tendo como Tte. de Alcalde
a Estanislao “Tanis” Pérez Artime (que sustituirá a Carlos Varela
na dirección do partido á morte de este); Jesús Gómez, como secretario; e
Enrique Otero, como recaudador.
En Rois, os representantes liberais serán o alcalde Manuel Grela Pazos,
o médico municipal Eduardo Fernández Abelenda e Joaquín Canabal, que desempeñará
os cargos de Secretario Municipal en Rois e Dodro, concello no que será alcalde
Ramón Suárez"
En
Rianxo, Manuel Viturro Posse, secretario de A Deputación de A Coruña nos últimos
anos do século XIX e primeiro cuarto do XX, será a personaxe clave. O “Pazo
de Rianxiño” será o símbolo do poder durante moitos anos. O alcalde Manuel
Pérez García; o secretario municipal, José Cubeiro; os conselleiros José
Losada, Francisco Otero e o médico municipal i exalcalde Pepito Varela levarán
a cabo as directrices do partido liberal desde o Concello.
“Buenas Noches”, entre o 17 de xuño de 1911 e o 28 de
setembro de 1914, a través dos 124 números publicados será o órgano de
propaganda dos liberais do distrito
padronés. A súa redacción estará formada por Xosé Barreiro Fernández,
secretario suplente do xulgado de Rianxo; Xosé María Torrado, funcionario municipal que deixou o
traballo no Concello durante o tempo que foi alcalde Mariano Rodríguez Dios; e
Xosé Romero Ríal, señor do “Pazo dos Calote” do Araño, que será “Xuiz
Municipal” en diversas etapas.
Fotografías cedidas por :
Filomena de la Serna Gasset
Museo de Pontevedra
Ernesto Baltar Feijoo
Familia González Romero
Carlos Rego e Lolita Millán
Francsico Canabal
José Luis Herbés Piñeiro
Xosé Comoxo- Xesús Santos
Rianxo, 2010
Xosé Antonio Calvo Ces
Daniel Calvo Rey